XEIRA NATURALISTA POLA DEVESA DA ROGUEIRA
26 DE NOVEMBRO DE 2011 |
A devesa da Rogueira é a xoia botánica de Galicia, da que o Padre Merino, autor da Flora descritiva e ilustrada de Galicia dixo a principios do século XX "garda as galas da antiga edá".
Agacha unha grande diversidade vexetal: O Courel constitúe o 1% do territorio de Galicia e nel están representadas o 40 % das especies botánicas da nosa Comunidade. Na Rogueira esta característica é máis evidente por sucedérense distintos tipos de solos (louseiros, cuarcíticos e calizo-calcáreos), pola amplitude do seu rango de altitudes (750 m-1400 m) e orientación, e debido tamén á súa situación na confluencia de áreas vexetais de influencia Atlántica e Mediterránea.”
(http://www.siam.medioambiente.xunta.es/publicacions/doc.asp?id=169)
Pois sí, por fin chegou o día da visita ó 26/11/2011, despois do aplazamento pola previsión de choivas ó anterior sábado, o día foi moi, moi agradable dende tódolos puntos de vista, tamén climatolóxico. No horario previsto xuntámonos no Alto do Couto 22 persoas pertencentes ás Delegacións de Ferrol, Ourense e Pontevedra, ademáis da central de Santiago e, despois das presentacións, comenzamos a nosa xornada.
Aínda que o inicio foi algo apresurado deseguida atopamos motivos para entreter a xornada: a paisaxe impresionante, rastros de lobo, teixos, acibros ..... |

Vista do pobo de Céramo dende a pista que sube ó Pico Formigueiros. |

Vista do Rego das Maseiriñas. |

Detalle de Acivro (Ilex aquifolium) |
E subindo, subindo pola pista logo apareceron outros compañeiros, para a súa localización contábamos cun gran “olleador”: Adrián, que incluso localizou unha musaraña dando boa conta dun xuvenil de Lacerta lepida. Apareceron tamén algún anfibio, varias lagartixas moi escurridizas, unha cicindela e incluso lepidópteros. |

Femia de Limpafontes verde (Triturus marmoratus). |

Lagartixa galega (Podarcis bocagei). |
Algúns destes compañeiros víronse sorprendidos e rodeados polos “paparazzi” como se pode ver nas fotos. |

Grupo de “paparazzi” ... |

... e volvoreta sufridora (Aglais urticae). |
As paradas son ben aproveitadas por todos, bó momento para “bocata” de media mañá, a esquerda temos a dous dos protagonistas da xornada os máis cativos sentados son Lucía e Alberto (só 6 anos) que se portaron como campións, ás veces sorprendidos polas lecciós dos “mestres” maiores e ás veces disfrutando dos seus xogos. Por certo Alberto xa é un “vello” coñecido que participou na saída por terras de Viana “Na procura do Abellaruco” (pódese ver nesta mesma páxina no apartado “Outras novidades”: Excursión a Viana de SGHN-Antela).
Recuperadas as forzas, dende a pista que leva o Pico Formigueiros baixamos, por unha senda entre uces, unha ladeira de forte pendente meténdonos pouco a pouco na parte alta da fraga, apreciando xa un ambiente cada vez máis húmido e oscuro no descenso e observando a secuenciación da vexetación coa aparición dos primeiros bidos e cancereixos en zonas puntuais. |

Descanso matinal e recuperación de folgos tras dura subida polas abas do Pico Formigueiros. |
 |
 |

Vistas do inicio da baixada á Fonte do Cervo,.. |

....perdéndose os caminantes entre a vexetación. |

A senda chega á Fonte do Cervo ou Fonte da Fame. |

A fonte posúe unhas características únicas xa que da mesma rocha brotan dous mananciais, un con augas ferruxinosas e o outro de augas calcáreas. |
Como parece que estas augas estimulan o apetito non quedou outra que buscar un sitio axeitado para instalar o comedor, esta vez fóra das zonas máis húmidas ó longo dunha pista. |

Comida á raxeira... |

... en restaurante de moito postín |

Frente a nós a paisaxe prolóngase en múltiples horizontes. |
E .... xa recuperadas as forzas, aparece outro insecto que tamén nos interesa. O noso especialista entomólogo Xosé Lois apunta deseguida: Steropelus .... de especie a determinar pero apresúrase a explicarnos que é unha femia e que emprega o seu largo oviscapto para “labrar a terra” como un arado para poñer os seus ovos. |

“Paparazzi” ... |
.jpg)
... e femia de Steropelus sp. (Véxase dedo índice da man dereita de entomólogo experto). |

"Miradores" no mirador... |

...e o que os "miradores" miran. |
| E xa toca ir voltando, que os días son moi curtos e queda aínda bastante camiño. |

Detalle do bosque e interior da Devesa da Rogueira (Bidos, Cancereixos, Avelairas, Carballos, Faias, Teixos, Acibros, Pradairos, Salgueiras, Cerdeiras, Rebolos, Aciñeiras, etc.) |

Pili, Saleta, Soco, Adrián, Isa, Alberto, Carmen, María José, Brais, Alberto, Marcos, Serafín, Jose, Xosé Lois, Lucía, Celso ... e faltan os de Ferrol .... os “marchosos” (Xan, Paula, Pedro, Quino, e duás persoas máis que se incorporaron desde o camping de Seoane do Courel) |

Agalla de Taxomya taxi, que con ese nome só podería estar nun teixo (Taxus baccata). |

Vista da Devesa da Rogueira e do camiño de Moreda. |
A volta fíxose polo camiño que percorre a parte alta da Devesa e aproveitamos para agruparnos (só escaparon da foto de grupo os compañeiros de Ferrol que levaban moita marcha) o pé dunha fermosa faia para despedirnos do bosque ata a próxima ocasión.
Para rematar a xornada nada mellor que botar unhas parrafadas na cantina do camping, comentar asuntos de interese e intercambiar opinións sobre temas varios ..... estamos de acordo non sería mala idea organizar dúas salidas xerais o ano a diferentes zonas, ... traballaremos no tema e esperamos poder contar convosco para a próxima.
E para rematar, unha cantiga “tradicional” adicada á Devesa ... da Rogueira:
Devesa me, Devesa me mucho
Como si fuera, Rogueira, la última vez
Devesa me, Devesa me mucho
Que tengo ganas, Rogueira, de verte otra vez
... |