logo
Logo_museo
Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

ornitoloxia@sghn.org

line decor
INICIO  
line decor
 
 
 
 


 

ORIXE DA SECCIÓN DE ORNITOLOXÍA

S.G.H.N. naceu en 1973 como Grupo Ornitolóxico Galego (GOG) que, conscente de que a conservación das aves era inseparable da conservación de todo o medio natural, converteuse pouco despois na actual Sociedade Galega de Historia Natural.

Xa que logo, a Sección de Ornitoloxía da SGHN é a herdeira directa do Grupo Ornitolóxico Galego e segue a desenvolver as actividades que éste comezara, como os Censos de Aves Acuáticas Invernantes e o anelamento científico de aves.