logo
Logo_museo
Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

ornitoloxia@sghn.org

line decor
INICIO  
line decor
 
 
 
 


 

GRUPO DE ANELAMENTO DA SGHN

S.G.H.N. desenvolve traballos de anelamento dende cáseque a súa constitución,  ben de xeito individual  ou como  grupos de anelamento. Dende 1994 os aneladores galegos socios da S.G.H.N xunguíronse nun só grupo que actúa baixo  a dirección dun coordinador que organiza o traballo  a realizar. Ademais dos aneladores, existen unha serie de socios colaboradores que axudan dun xeito moi importante coas tarefas  de anelamento no campo.

Actualmente o grupo consta de 5 aneladores que desenvolven a súa activade  en varias localidades galegas como : A Estaca de Bares, Ferrolterra, Cabo Touriñán, Sobrado dos Monxes, Bertamiráns, A Illa de Arousa, Complexo Umia-Grove, Gándaras de Budiño, Comarcas de Verín e Valdeorras, Vigo, Baixo Miño e o Miñor.

Os traballos máis relevantes levados a cabo durante este tempo foron a colaboración no Proxecto Corvo Mariño no que se marcaron máis de 1.300 Corvos mariños cristados (Phalacrocorax aristotelis) e que serviu para coñecer os movementos da especie e establecer criterios de manexo e xestión das súas poboacións cara a súa mellor conservación (Velando 1997, 1999, 2000). Tamén dentro dun estudio do comportamento sexual da Gaivota patiamarela (Larus cachinnans), se marcaron máis de 2000 aves en diferentes localidades da costa galega (Alonso, C.) Por outra banda estase a traballar nun programa de toma de datos de biometrías de aves galegas dentro do programa ibérico de BIOMETRÍA que coordina o Centro de Migración de Aves.

Outro estudo en marcha e con interesantes resultados ata o momento é o programa de anelamento e seguimento do Paiño do Mal Tempo (Hydrobates pelagicus) e da Pardela Cincenta (Calonectris diomedea). 

Circus