logo
Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

museo@sghn.org

line decor
INICIO
line decor
 
 
 
 


 

EXPOSICIÓNS ITINERANTES DO MUSEO DE HISTORIA NATURAL

As exposicións itinerantes naceron como un xeito de achegar a un público o máis grande posible a esencia do "Museo de Historia Natural". Este desexo ten máis valor nestes momentos nos que temos arquivados en caixas a maioría dos fondos, mentres outros están máis expostos ás inclemencias metereolóxicas e perigos diversos, que ás miradas do público.

Estas exposicións chegan tan lonxe como o permiten basicamente as posibilidades económicas, xa que os medios son sempre limitados e como é evidente, mover todo este material supón un esforzo considerable, tanto humano como de financiamento. No traslado dos fondos que se van a expoñer participan voluntarios da SGHN, que moven pezas, moitas veces cun peso elevado, como é o caso dos cranios de cetáceos. En algunha ocasión chegouse a expoñer gran parte dos esqueletos dun Rorcual Común e dun cachalote. Cranios de grandes animais aparecen con frecuencia en moitas destas mostras.




Todo aquelo relacionado cos Mamíferos Mariños está representado nestas exposicións, non só restos óseos, senón tamén a historia da súa caza, aceptada social e legalmente fai uns anos en gran parte dos países e afortunadamente prohibida hoxe. Desa parte da nosa historia, que non podemos borrar, aínda que si rexeitar, o Museo de Historia Natural posúe un fondo de artigos diferentes, procedentes todos eles da actividade baleeira e do aproveitamento dos corpos dos animais. Nas exposicións itinerantes pódese ver espermaceti de cachalote e graxa de balea, elaborados segundo métodos tradicionais e utilizado como lubricante, na fabricación de xabóns e velas. Tódolos aqueles produtos que se precisaban para esas fabricacións e algúns exemplos da importancia que tiveron especialmente na primeira parte do século XX os subproductos derivados da caza da balea.




Nas mostras aparecen tamén quelónidos mariños, habituais na nosa costa, tartarugas mariñas e de coiro, cos seus esqueletos e dermoplastias son o exemplo presente das dificultades que estas especies teñen para sobrevivir nun océano cada vez máis acosado pola contaminación e pola explotación excesiva dos recursos mariños. Peixes e quenllas, con algúns exemplares que se poden trasladar sen sufrir deterioro importante e unha pequena mostra da gran colección malacolóxica con que conta o Museo de Historia Natural, pódense atopar nestas exposición itinerantes.




A ornitoloxía, o punto forte da orixe da SGHN, formada a partir do Grupo Ornitolóxico Galego no ano 1973, deixa como testemuña unha grande e variada colección de aves momificadas, cranios e plumas, recollidos ó longo de estes xa case corenta anos da nosa historia.  Na mostra itinerante aparecen cranios e aves momificadas, unha técnica de conservación que non fomenta a utilización dos cadáveres como adorno, utilizada en moitos museos de ciencias naturais do mundo pola súa utilidade científica e didáctica, na que se obteñen facilmente biometrías e patróns de coloración.




Da bioloxía terrestre aparecen cranios de herbívoros, peles de mamíferos, cornas e unha mostra da colección de rastros e sinais tanto de aves, como carnívoros e herbívoros.

En moitas das mostras itinerantes amósase tamén ampla información sobre astronomía, o inmenso mundo do sistema solar, os planetas, as nebulosas e a visión da terra desde o universo. Materiais para a observación e exemplos do que podemos ver cando nos asomamos a ese mundo tan descoñecido.




De tódolos fondos mencionados existen carteis e fichas técnicas adicionais que complementan a información cara ós visitantes, apta para a comprensión tanto de nenos como de adultos.

Pódense ver, a continuación, algunhas das exposicións dos últimos anos.

Máis información:   http://sghnferrol.blogspot.com/search/label/Exposici%C3%B3ns%20itinerantes

 

EXPOSICIÓN ITINERANTE "A NATUREZA GALEGA" NO XXIII CONGRESO DA ENCIGA

.ENCIGA_2

A exposición itinerante do Museo da Natureza da SGHN: “A Natureza Galega” colaborou coa Asociación dos Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA) no seu XXIII Congreso celebrado nos Institutos de As Telleiras e Terra de Trasancos de Narón, cunha mostra na que destacou parte do esqueleto dunha balea de máis de 18 metros, maquetas, cranios de cetáceos, quenllas e rastros e sinais da fauna terrestre.

A exposición prevista inicialmente para os días de celebración do Congreso, ampliouse ata o 22 de Novembro e incluíu visitas guiadas con monitores da SGHN"

ENCIGA_1
ENCIGA_3
ENCIGA_4
ENCIGA_5

 

Spinnaker_2010


Exposicions_5

Exposicions_4

Exposicions_3

E2xposicions_

Exposicions_1