|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| INICIO | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
ir a tartarugas mariñas |
Aínda que o contacto da sección de Mamíferos Mariños da SGHN con lobos
mariños e tartarugas non era algo inusual, foi dende o ano 2000 cando a
Sociedade Galega de Historia Natural, iniciou traballos de recuperación con
lobos mariños nas súas instalacións de Ferrol. Estas tarefas de asistencia á
fauna mariña ameazada inclúense no marco dun convenio de colaboración da
Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños (CEMMA) coa Consellería de
Medio Ambiente da Xunta de Galicia. A SGHN, a través da sección de
Mamíferos Mariños, coordina un grupo de traballo para a asistencia e
recuperación de mamíferos mariños e unha "Unidade de Coidados Intensivos
para Lobos mariños e tartarugas" en Ferrol, en primeira fase de
recuperación, no marco dun convenio de colaboración da Coordinadora para o
Estudio dos Mamíferos Mariños (CEMMA) coa Consellería de Medio Ambiente da
Xunta de Galicia. |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
A asistencia clínica especializada está dirixida polos veterinarios da
CEMMA Jósep M. Alonso e María Llarena, especialistas na asistencia a lobos
mariños e tartarugas. Os coidados e manexo o están polo Coordinador de
Mamíferos Mariños da SGHN Juan Ignacio Díaz da Silva. Os voluntarios da
SGHN participan nas distintas tarefas de recuperación, alimentación,
enfermería e limpeza. Nesta primeira fase o animal precisa tratamento
veterinario e coidados especiais, xa que polo xeral os animais chegan moi
débiles e non saben ou non poden alimentarse por eles mesmos. O tempo
estimado de estancia na UCI para as focas é aproximadamente de 15 a 30 días,
excepcionalmente pode ser superior. No caso das tartarugas e a causa da súa
lenta recuperación, pode ser de varios meses. |
|
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Catro dos dez xéneros de fócidos que existen en todo o globo, pódense atopar
nas costas de Galicia. Xeralmente trátanse de exemplares inmaturos que se
afastan das colonias de cría nun proceso natural de dispersión. Cinco
especies en total, que poden aparece con maior ou menor frecuencia: Foca
común, Foca anelada, Foca barbuda, Foca de capelo e Lobo mariño cincento,
dependendo das condicións climatolóxicas e da densidade das poboacións. |
|
![]() |
|
Tódolos anos chegan as nosas costas, procedentes das colonias de cría de
Irlanda, Illas Británicas e Bretaña francesa, a partir do mes de novembro e
ata abril ou maio, Lobos mariños cincentos (Halichoerus
grypus) xuvenís, entre dous e seis meses de idade. A dispersión das
crías é un
fenómeno natural, que sucede cando as focas se afastan da costa e os ventos
dominantes do norte e a forte corrente do Golfo, poden facer que moitos
destes xuvenís non podan regresar aos seus hábitats e tras días sen
alimentarse chegan ata terra. Os exemplares máis fortes procuran abrigo en
portos, estuarios ou rías, outros se achegan á costa sen apenas forza para
botarse ao mar ante calquera perigo. |
![]() |
![]() |
No verán poden aproximarse outras focas como a Foca de capelo (Cystophora
cristata) de máis de trinta quilos de peso e aproximadamente catro ou cinco
meses de idade, procedente das augas árticas de Groenlandia e Terranova.
Durante o período estival esta especie, pode achegarse ata as nosas costas
impulsada pola forte corrente do Golfo. Polo xeral son exemplares xuvenís
que tras unha longa viaxe chegan desorientadas ata a costa, co inconveniente
de que as nosas augas son demasiado quentes para estes animais de zonas
frías, potenciando as posibilidades de ter hipertermia cando quedan varadas
en terra. |
Na rede de varamentos estruturada pola CEMMA participan distintos corpos
oficiais, Servizo de emerxencias 112, Protección Civil, Garda Civil,
policias locais e autonómicos, Gardería da Xunta de Galicia, e como no a
valiosísima colaboración cidadá. A rápida intervención pode ser vital, pero
tamén unha boa coordinación entre os distintos corpos oficiais que
participan no rescate. |
|
![]() |
![]() |
O traballo con Tartarugas mariñas iniciouse en 2006 de xeito
continuado. En anos anteriores, a SGHN actuaba como mediadora, recollendo
exemplares que entregaba á CEMMA, quen por entonces xa recuperaba estes
animais. A marioría dos quelónidos que ingresan na UCI corresponden á
especie Tartaruga mariña común (Caretta caretta), animais cun tamaño
aproximado de 15 ata 60 centímetros. A Tartaruga de coiro (Dermochelys
coriacea), frecuente nas costas galegas e da que existen rexistros de
aparicións de animais vivos, nembargante non se coñecen recuperacións no
territorio galego, aínda que é unha especie que sofre con frecuencia
capturas accidentais. O seu gran tamaño suporía un reto para o noso
traballo, no caso de recibir o ingreso dun exemplar de Tartaruga de coiro,
unha as especies máis ameazadas de tódolos réptiles mariños. A Tartaruga
Verde (Chelonia mydas) é unha especie susceptible tamén de chegar as nosas
augas, aínda que frecuenta de xeito especial as augas cálidas, de feito na
UCI da SGHN-CEMMA tivemos un exemplar deste tipo de tartaruga. |
|
![]() |
![]() |
|
|
Antes de iniciar un percorrido polo acontecido na UCI de Lobos Mariños e Tartarugas da SGHN-CEMMA dende os seus inicios, coas dificultades e aínda así satisfaccións que nos reportou o coidado dunha serie de animais que ano tras ano arriban as costas da nosa comunidade en dificultades, quixéramos dar o noso agradecemento de xeito moi especial ós veterinarios Andrés Somaza e Arantxa Pérez, en quen atopamos unha valiosísima axuda na recuperación de moitos animais.




A súa colaboración ben de lonxe. Naqueles tempos nos que non existían aínda centros de recuperación da fauna salvaxe dependentes da Xunta de Galicia e na SGHN de Ferrol nos afanabamos por sacar adiante a cantos animais chegaban a nosa porta.


Andrés e Arantxa aportaron o seu coñecemento e profesionalidade de xeito desinteresado para curar ós pequenos amigos, especialmente paxaros con intervencións, tratamentos, asesoramento e por riba de todo afecto, como todos aqueles Araos dos Cons recollidos na catástrofe do Mar Egeo en 1992, bufos pequenos, Garzas reais, curuxas, buxatos e tantos outros, que gardamos na memoria.
