logo

Logo_mamiferos

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

mamiferosmariños@sghn.org

 
line decor
INICIO  
line decor
 
 
 
 


PUBLICACIÓNS

NARIGA na "National Geographic" (Maio 2012)

O lobiño mariño (Halichoerus grypus) recuperado na nosa UCI en febreiro deste ano, foi protagonista da revista "National Geographic", ocupando unha páxina do número de Maio 2012.

A fotografía foi realizada polo noso compañeiro o fotógrafo Víctor Rivera Jove, que participou nas labores de asistencia ó animal. A instantánea recolle o momento de contacto co lobo mariño e describe á perfección a delicada situación de saúde na que se atopaba, nese xesto entre expectante e confuso tralos grandes ollos escuros, incapaz de escapar das rochas nas que ficaba esgotado.

Baixo estas liñas podemos ver outra fotografía do autor, transportando ó animal cantil arriba, cara ó faro de Punta Nariga que deu nome o Lobo Mariño.

 

Publicación na “Enciclopedia virtual de los Vertebrados Españoles”

O noso compañeiro da SGHN, Ismael Miján Vilasánchez, participou novamente no proxecto web do Museo Nacional de Ciencias Naturales de Madrid: "Enciclopedia Virtual de los Vertebrados Españoles", coa publicación dos capítulos dedicados á Orca (Orcinus orca PDF) e ó Cifio de Blainville (Mesoplodon densirostris PDF).

Autores: Ismael Miján Vilasánchez (SGHN-Ferrol) - Alberto Suárez-Esteban (Estación Biológica de Doñana, CSIC).

Enlace á Enciclopedia Virtual: http://www.vertebradosibericos.org/

Enlace ó capítulo da Orca: http://www.vertebradosibericos.org/mamiferos/orcorc.html

Enlace ó capítulo do Cifio de Blainville: http://www.vertebradosibericos.org/mamiferos/mesden.html

 

“Ballenato de Cuvier – Ziphius cavirostris” na “Enciclopedia virtual de los Vertebrados Españoles”

O noso compañeiro da SGHN, Ismael Miján Vilasánchez, participou no proxecto web do Museo Nacional de Ciencias Naturales de Madrid: “Enciclopedia Virtual de los Vertebrados Españoles”, coa publicación do capítulo dedicado ó “Ballenato de Cuvier – Ziphius cavirostris” (PDF).

 

 

 


 

“Hallazgos de restos fósiles de Hyperoodon sp. (Cetacea, Ziphiidae) en las costas gallegas (NO España)”

“Hallazgos de restos fósiles de Hyperoodon sp. (Cetacea, Ziphiidae) en las costas gallegas (NO España)”, na “Revista de Bioloxía Mariña e Oceanografía” 42(3): 253 – 260, decembro de 2007 .Publicación de Ismael Miján (SGHN). (PDF).