logo

Logo_mamiferos

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

mamiferosmarinos@sghn.org

line decor
INICIO  
line decor
 
 
 
 


PRESENTACIÓN DA SECCIÓN DE MAMÍFEROS MARIÑOS

A sección de mamíferos mariños da SGHN ten unha longa e fructífera historia. Promoveu campañas de concienciación, loitando para defender os ecosistemas mariños galegos.

Xornadas_mamiferos_1981

Realizou estudos sobre mamíferos mariños en Galicia, organizando as "Primeiras Xornadas Ibéricas" e nese coñecemento participou activamente na loita internacional contra a caza das baleas desde do ano 1977, tendo un peso moi significativo na paralización desta actividade en Galicia, que rematou coa moratoria do ano 1982.

Cartel_baleas_1Cartel_baleas_2

A Sección colabora coa CEMMA, dende o ano 1993, no estudio das poboacións de mamíferos mariños, tartarugas e quenllas na comunidade galega, con dúas actuacións fundamentais: varamentos e avistamentos de exemplares a todo o longo da costa, para o que conta con as pertinentes autorizacións da Xunta de Galicia.  Esta sección nutre de xeito moi considerable os fondos biolóxicos do "Museo da Natureza", conseguíndose*unha das máis completas coleccións de cetáceos da Península.



Dende o ano 2000 a sección de mamíferos mariños ven a realizar traballos de recuperación de lobos mariños e tartarugas na delegación de Ferrol. Estas tarefas de asistencia á fauna mariña ameazada inclúense no marco dun convenio de colaboración da Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños (CEMMA) coa Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Fosiles_cifios

As liñas de traballo da sección inclúen ademais dos cetáceos, tartarugas, quenllas, peixes e lobos mariños. Existe tamén desde o ano 2006, un importante proxecto de investigación con cranios fósiles de cifios, en colaboración cun equipo europeo de paleontólogos.