|
|||||||||||||||||||||||||||||||||
| INICIO | |||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||
FÓSILES MARIÑOS |
Doazón de novos cranios fósiles de cifios para o Museo da Natureza |
|
|
O Museo incorporou aos seus fondos tres novos cranios de tres especies novas de cifios descoñecidos pola ciencia. Dúas delas corresponden a un xénero e especie novos e unha especie nova descubertas recentemente e que serán publicadas proximamente na revista "Geodiversitas" dependente do Museo Nacional de Historia Natural de Francia. Dende a SGHN queremos agradecer a doazón a Gerardo González e Carmen Rodríguez, así como ao "IES Punta Candieira de Cedeira", ao seu director Carlos Breixo e ao Departamento de Ciencias, pola súa magnífica colaboración e boa disposición en todo momento. Estes novos espécimes servirán para os novos estudos xa iniciados sobre paleobiodiversidade, filoxenia, anatomía funcional e morfoloxía da familia Ziphiidae.
|
Reunión do equipo de investigación de fósiles mariños na SGHN |
|
|
O equipo de traballo de investigación de fósiles mariños de cetáceos formado por Olivier Lambert do “Museum National d'Histoire Naturelle de Francia”, Giovanni Bianucci da “Università di Pisa”, Klaas Post do “Natuurhistorisch Museum de Rotterdam e o noso compañeiro Ismael Miján Vilasánchez, reuníronse desde o día 4 ó 10 de xaneiro para realizar a revisión de tódolos especímenes que entran no estudo e elaborar o borrador final do traballo que podería publicarse ó longo deste ano. Examináronse exemplares fósiles en distintos museos europeos de España, Portugal, Italia e Bélxica, así como coleccións de particulares en Portugal e Galicia, onde traballaron os últimos tres días. A SGHN sinte unha gran satisfacción por participar deste proxecto, que enriquece por igual os fondos museísticos do Museo da Natureza como a apaixonante posibilidade de avanzar no coñecemento da historia evolutiva dos cetáceos en xeral e dos cifios en particular. |
|
![]() |
Novos exemplares para a investigación en curso |
|
|
A Sección de Mamíferos Mariños e o Museo da Natureza recibiron un novo aporte de fondos, de xeito especial para o apartado de investigación de fósiles de cifios, neste momento no que esperamos a visita do equipo de investigación europeo integrado por Olivier Lambert do “Museum National d'Histoire Naturelle de Francia”, Giovanni Bianucci da “Università di Pisa” e Klaas Post do “Natuurhistorisch Museum de Rotterdam. O novo colaborador, José Antonio González Villano, dedicou parte da súa vida a faenar no mar, atesourando na súa casa, en Cedeira, gran cantidade de fósiles, agasallos do océano prendidos nos aparellos pesqueiros do seu barco “Brual” . Estes exemplares, cedidos temporalmente para o seu estudio, axudarán a avanzar no coñecemento da historia evolutiva dos cifios e dos mamíferos mariños en xeral. Agradecemos a José Antonio a confianza en depositar nas nosas mans aqueles ósos saídos do mar, como picos de paxaros, que a imaxinación dos mariñeiros converteu en restos de Archaeopteryx jurásicos que foron a morrer no mar e que sen unha definición clara, foron salvados do retorno ás augas e levados a terra como testemuñas das duras xornadas de pesca. |
|
![]() |
Colaboración do Centro Oceanográfico de Gijón coa SGHN-Sección Mamíferos Mariños |
|
O doutor Javier Cristobo, Director do Centro Oceanográfico de Xixón (Instituto Español de Oceanografía) colabora coa SGHN na investigación de fósiles mariños, cedendo temporalmente e para o seu estudo, un exemplar recuperado no proxecto “Indemares. Banco de Galicia 2010”. Desexamos agradecer a boa disposición do Centro Oceanográfico en permitir este préstamo que se incluirá na investigación aberta sobre cifios ibéricos, e un agradecemento moi especial ó seu Director, Javier Cristobo, de quen recibimos sempre apoio para a consecución de proxectos relacionados co medio mariño. |
|
|
![]() |
A historia evolutiva dos cetáceos é escasamente coñecida e as pezas conservadas no mundo fan pensar que a diversidade taxonómica dos cetáceos era superior á que é na actualidade. Os cetáceos modernos aparecen a finais do Oligoceno onde se produce a transición entre os arqueocetos e os neocetos. A suborde Archaeoceti (dentro da orde Cetacea) abrangue os cetáceos primitivos que viviron no Eoceno e Oligoceno, entre 55 e 30 millóns de anos cando os primeiros mamíferos comezaron a facer do mar o seu medio natural. Parece existir unha forte conexión entre os cetáceos e os artiodáctilos dos cales derivarían os primeiros, de feito os estudios moleculares indican que os cetáceos e os artiodáctilos Hippopotamidae son taxóns moi próximos filoxenéticamente.

Dende hai uns anos vimos comprobando a existencia de xacementos fósiles de cetáceos modernos nos fondos mariños da plataforma continental. Fundamentalmente os restos son levantados en artes de pesca en caladoiros ubicados no talude continental cunha profundidade que oscila entre os trescentos e os mil metros. A erosión do borde da plataforma continental deixa ao descuberto estratos do Neoxeno cunha datación de entre 5 e 25 millóns de anos de antigüidade, na súa maioría en excelente estado de conservación, de estratos fangosos, fosfatados e cunha escasa concentración de carbonato cálcico. Este feito, aínda que non é illado, é moi pouco coñecido e se da noutras partes do mundo compartindo similitudes, nas costas do Atlántico Sur, Pacífico, etc. Neste senso as actividades pesqueiras son o único xeito de acceder ás pezas, polo tanto a concienciación dos pescadores e a súa colaboración é esencial.



A familia que predomina nos xacementos mariños da costa galega corresponde a Ziphiidae (Gray, 1865) dos que temos rostros e no mellor dos casos, partes do cranio, a explicación a este fenómeno atopámola na propia morfoloxía dos cifios con predominio dunha alta paquiostose rostral. Os fósiles proceden dos caladoiros próximos ao talude continental, sobre todo A Selva e As Paredes; non obstante, non podemos falar dun xacemento localizado, senón que a presenza de cetáceos fósiles distribúese ao longo da plataforma cantábrica e atlántica peninsular, con restos atopados na costa de Asturias e sur da portuguesa.


O estudio dos restos fósiles establécese sobre a base da morfoloxía do cranio e, sobre todo do vértex. Isto representa un problema nos casos en que soamente se conservan rostros como o caso do Eboroziphius sp. (Leidy, 1877) e Mesoplodon longirostris (Cuvier, 1823), esta última trátase dunha especie determinada sobre a base de rostra e elementos non diagnósticos. Os resultados que se obteñen dos estudios dos fósiles axudan á recomposición da cladística e das relacións filoxenéticas, axudan a entender a evolución dos cetáceos, a súa morfoloxía, a diversidade do mundo mariño, etc. Coas pezas conservadas no "Museo da Natureza" estúdiase a taxonomía, anatomía comparada, anatomía funcional e bioloxía evolutiva, entre outros.


A localización por parte da Sección de Mamíferos Mariños da SGHN en Ferrol dalgúns destes cránios en moi bo estado de conservación deu como resultado a apertura dunha investigación a finais de 2006 que transcendeu a nivel internacional coa publicación dos primeiros resultados na Revista de Biología Marina y Oceanografía dependente da Universidade de Valparaíso en Chile. http://www.revbiolmar.cl/resumenes/v423/423-253.pdf

Actualmente un equipo de investigación europeo integrado por Olivier Lambert do "Museum National d'Histoire Naturelle de Francia", Giovanni Bianucci da "Università di Pisa", Klaas Post do "Natuurhistorisch Museum de Rotterdam" e Ismael Miján da "Sociedade Galega de Historia Natural", traballa na investigación de fósiles de cetáceos do Mioceno da península ibérica. A investigación en curso aborda filoxenia, morfoloxía, anatomía comparada e anatomía funcional da familia Ziphiidae. Esta investigación suporá unha importante aportación respecto do coñecemento da historia natural dos cetáceos revelando a alta diversidade de zifios que existiu durante o Neoxeno sendo, probablemente, a familia con maior diversidade dos cetáceos.


A día de hoxe coñecemos 12 especies distribuídas en 8 xéneros de cifios, determinadas indubidablemente con base na osteoloxía do cranio en augas do Atlántico Norte, algunhas delas de distribución trasatlántica, como o caso do Tusciziphius (Bianucci, 1997). Nos fondos do "Museo da Natureza" consérvanse dous holotipos, unha nova especie de Choneziphius e un novo xénero moi próximo a Tusciziphius, ademais de restos óseos fragmentarios de diversas especies de odontocetos e misticetos, dentes de cachalotes, tímpanos de misticetos, etc.

