|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| INICIO | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||
ATLAS DOS ANFIBIOS E RÉPTILES DE GALICIA |
![]() |
Despois de seis anos de traballo, por fin saíu á rúa o Atlas dos Anfibios e Réptiles de Galicia, editado pola Sociedade Galega de Historia Natural, que ven a ser unha actualización do primeiro Atlas de Vertebrados de Galicia referido aos nosos herpetos. Gracias ao esforzo de 120 altruístas colaboradores para a obtención de 5.426 datos de anfibios e 3.224 de réptiles. A obra está composta por un limiar do presidente da S.G.H.N. Serafín González Prieto, unha introdución de Xosé Lois Rey Muñiz e Moisés Asensi Cabirta na que se especifica a metodoloxía do Atlas e unhas primeiras conclusións, un texto de Santi Bas López, que foi un dos coordinadores do primeiro Atlas, referido aos vinte anos de período inter-atlas, e finalmente os textos das catorce especies de anfibios e vinteseis de réptiles da nosa xeografía, realizados por Manuel Arzúa Piñeiro, Moisés Asensi Cabirta, César Ayres Fernández, Martiño Cabana Otero, Xabier Prieto Espiñeira e Xosé Lois Rey Muñiz. Os textos das especies están estruturados en seis apartados: Distribución mundial; distribución en Galicia; comparativa co anterior Atlas; hábitat; poboación, ameazas e conservación; catalogación. A representación está feita de tal forma que nun só mapa aparecen os datos do presente Atlas, os datos do Atlas anterior e os datos bibliográficos. PUNTOS DE VENDA DIRECTA (prezo 9,95 € c/u)FERROL
OURENSE
PONTEVEDRA
SANTIAGO DE COMPOSTELA
VILAGARCÍA DE AROUSA
VENDA POR CORREO (prezo 9,95 € c/u + gastos de envío)Pedidos ao enderezo electrónico sghn@sghn.org:
|
|
|
|
PRESENTACIÓN DO “ATLAS DOS ANFIBIOS E RÉPTILES DE GALICIA” |
|
| A presentación tivo lugar o 16 de setembro de 2011, a partires das 20:30 horas, no Salón de Actos do novo local da SGHN-Ferrol na ”Casa do Coronel” (Praza de Canido, s/n), cunha grande asistencia de público | |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|
![]() |
Descuberta unha poboación de Osga (Tarentola mauritanica) en Vilagarcía de Arousa |
|
![]() |
A osga é un saurio de mediano tamaño que, aínda que pode acadar os 19 cm de lonxitude total, non soe sobrepasar os 15 cm, dos cales a metade corresponden á cola. Tanto a cabeza como o corpo (incluso a base da cola) están aplanadas. A cola e o corpo teñen multitude de tubérculos aquillados que lle dan un aspecto espiñento. Os dedos, anchos e redondeados na súa punta, posúen unhas laminiñas que fan o efecto de ventosas, sendo visibles soamente as uñas do terceiro e cuarto dedo. Os ollos presentan, de día, a pupila vertical, o que da unha indicación dos seus hábitos crepusculares. A súa coloración é pardo grisácea (especialmente críptica no hábitat que frecuenta) máis ou menos clara segundo incluso a hora do día, e cunhas bandas transversais algo máis escuras, especialmente na cola. |
Na súa distribución orixinaria é unha especie de hábitos lapidícolas, aparecendo en rochedos, pedregais, afloramentos rochosos e incluso troncos de árbores. Sendo unha especie bastante antropóxena, é moi habitual atopala en muros de casas onde, especialmente pola noite á luz dos farois, é doado observalas na procura de insectos, base da súa alimentación. A súa distribución mundial comprende todos os países ribeireños mediterráneos, aparecendo por todo o norte de África e desde Grecia ata a Península Ibérica en Europa. En España a maioría das poboacións están no centro, sur e leste, así como nas Baleares, faltando ou habendo moi poucas citas na zona cantábrica. En Galicia, segundo o Atlas de Anfibios e Réptiles de Galicia que a Sociedade Galega de Historia Natural está a piques de publicar, hai citas na provincia de Ourense, nas comarcas de Valdeorras, de Verín e na capital da provincia. Ademais, non é rara a aparición de individuos illados procedentes de introducións accidentais na provincia de Pontevedra (Vigo, Tui,…) cun vector de transmisión que pode ser o tren, os barcos ou as caixas de froita. |
![]() |
|
Nembargantes, o pasado día 27 de marzo, e grazas ás indicacións de Diego Manuel Diz Meixús (Integrante da Unidade de Recollida de Animais do concello de Vilagarcía de Arousa, co que hai unha estreita relación na captura e posterior solta de exemplares de cobras que aparecen en vivendas e que dan aviso ao Servizo de Emerxencias), foi descuberta unha poboación de osga nunha parroquia deste concello costeiro. A poboación, aínda supondo que o máis probable é que proceda dunha introdución accidental, como o resto dos outros datos da provincia de Pontevedra, si ten unha diferenza sustancial, e é que está composta polo menos por 12 individuos (10 adultos e 2 xuveniles de diferentes tamaños e idades), o que pode dar a pensar que se trata dunha poboación consolidada e que moi probablemente críe na zona. A situación da poboación ubícase a máis de 2 km do porto e da estación do tren. Haberá que facer posteriores estudos de poboación, comportamento e xenéticos para poder comprobar máis exactamente o tamaño real da poboación, a verificación ou non da cría e, de ser posible, a orixe xeográfica dos individuos. |
PARA PROTEXER UNHA POBOACIÓN DE PÍNTIGA RABILONGA |
Cando as cousas se fan ben e as administracións actúan como deben, os estudios de avaliación de impacto ambiental (AIA) revélanse como unha ferramenta decisiva para protexer o patrimonio natural. Un exemplo recente é o acontecido coa modificación dunha rotonda da estrada Forzáns-Ponte Caldelas-A Lama en Caritel (Pontevedra) para salvar o hábitat ocupado por unha poboación de píntiga rabilonga (Chioglossa lusitanica), endemismo mundial existente só no noroeste da península ibérica. Neste caso, ademais, á boa nova dun estudio de avaliación de impacto ambiental ben elaborado e ó que a administración fai caso, únese tamén o feito de que a prensa deu unha ampla e boa cobertura á información como se pode ver en http://www.lavozdegalicia.es/pontevedra/2011/01/11/0003_8957985.htm. Un arquivo PDF da noticia pódese descargar tamén aquí. |
Dentro do traballo de investigación de base que desenvolve a SGHN, na liña do Atlas de Vertebrados de Galicia, Censos de Aves Invernantes e Atlas de Insectos de Galicia, pasados vinte anos do remate do 1º Atlas, evidenciase o interese de retomar unha revisión do mesmo.
Dentro do espíritu inicial do primerio Atlas, a recollida de datos e a elaboración do mesmo está aberta ó maior número de persoas posible, vinculadas ou non á SGHN.

A captura dos hérpetos debe realizarse evitando danos innecesarios ós animais e liberando os exemplares capturados, salvo autorizacións administrativas específicas das autoridades competentes.
A lexislación actual sobre a captura de anfibios e réptiles esixe unha autorización administrativa para a captura e manexo destes grupos. A SGHN, para quen o solicite con destino a colaborar neste traballo, xestionará perante a administración a obtención desta autorización
Presentamos unhas breves indicacións para interpreta-lo cartografiado que estamos a empregar. Esta información pódese ampliar no excelente traballo “Cartografiado biológico” de Pascual, F & Monserrat, V.J. in Bases para un curso práctico de Entomología de la AeE.
Para identificar unha cuadrícula, podemos usar un mapa topográfico ou un GPS (teñen doble opción: sistema UTM ou lonxitude/latitude). Os mapas modernos do Instituto Geográfico Español ou do Ejercito Español, veñen marcados coas cuadrículas UTM correspondentes. Se tomamos un mapa topográfico de escala 1:25.000, veremos que o reticulado trae uns números en cada columna do eixo de abcisas e outros no eixo de ordeadas (segundo o ano de edición do mapa, hai lixeiras variacións).
As tres primeiras cifras do eixo de ordeadas e as dúas primeiras de abcisas identifican á cuadrícula de 100x100 km. Estas cifras usualmente son transcritas cun código de letras, que é o indicado no mapa anexo. A cuarta e terceira cifra (ordeadas e abcisas, respectivamente) indican a cuadrícula 10x10 km e así sucesivamente, podendo detallar ata o mm ou máis (posible, pero non práctico). A numeración vai do 0 ó 9, tanto no eixo de ordeadas como no de abcisas.
Para identificar numéricamente unha cuadrícula, indicaremos o huso e a súa división transversal (29T para Galiza), seguido das letras equivalentes as cifras explicadas antes.
NH: referencia cuadrícula 100x100 km (equivalente a 05 46)
72: referencia unha cuadrícula de 10x10 km
7229: referencia unha cuadrícula de 1x1 km
723291: referencia unha cuadrícula de 100 x 100 metros.
Todo seguido (que é a forma correcta de escribilo) 29TNH723291.
Tamén podemos atopar outra forma de transcripción, que sería a habitual nun GPS, aínda que serían dúas liñas con sete díxitos cada unha (darían a localización dunha cuadrícula de 1 x 1 m.).
05723
46291
Nótese que a numeración vai intercalándose e que existe unha equivalencia entre NG e as dúas primeiras cifras (05 e 46). Se collemos un mapa Topográfico de escala 1:25.000, tendremos en conta que o cero non vai aparecer, pero que o debemos transcribir para evitar erros de interpretación.
As vantaxes esenciais sobre outros sistemas son dúas:

As informacións previas publicaranse en boletíns informativos e na páxina web da SGHN (www.sghn.org) para facilitar o seguimento e evolución do estudio.
Alomenos presentarase ós colaboradores un informe anual, resumindo a situación e marcando obxectivos preferenciais para o ano seguinte.
Está previsto adicar dende 2005 a 2008 á recollida de datos de campo e encetar a redacción no 2009, aproveitando este ano, na medida do posible para recoller os últimos datos.
A publicación tratará cada especie individualmente como un artigo, sinando a redacción de cada artigo a persoa/s que o redacten, tal como se fixo no primeiro AVG.
Debemos lembrar que outro dos obxectivos do proxecto e crear unha base de datos, polo que a recollida de rexistros continuará despois das publicacións co obxecto de ampliar información e contrastar a evolución das poboacións dos grupos analizados.

Ponderación positiva: (10*n)+(1*s), sendo n o número cuadrículas non repetidas por especie (independentemente de que outra persoa tamén aporte a mesma especie/cuadrícula) e s o número de citas por cuadrícula e mesma especie.
Para facilita-la identificación das especies, relacionamos as taxas a empregar. O autor corresponde ó taxon da subespecie nominal, no caso de haber varias.
CLASE: AMPHIBIA
CLASE: REPTILIAORDEN: URODELA O CAUDATA
Familia: SalamandridaeORDEN: ANURA
Chioglossa lusitanica (Bocage, 1.864)
Salamandra salamandra (Linnaeus, 1.758)
Lissotriton boscai (Lataste, 1.879)
Lissotriton helveticus (Razoumowsky, 1.789)
Triturus marmoratus (Latreille, 1.800)
Familia: Alytidae
Alytes obstetricans (Laurenti, 1.768)Familia: Pelobatidae
Discoglossus galganoi (Capula, Nascetti, Lanza, Buini & Crespo, 1.985)
Pelobates cultripes (Cuvier, 1.829)Familia: Bufonidae
Bufo bufo (Linnaeus, 1.758)Familia: Hylidae
Bufo calamita (Laurenti, 1.768)
Hyla arborea (Linnaeus, 1.758)Familia: Ranidae
Pelophylax perezi (Seoane, 1.885)
Rana iberica (Boulenger, 1.879)
Rana temporaria (Linnaeus, 1.758)
ORDEN: CHELONII
Familia: EmydidaeORDEN: SQUAMATA
Emys orbicularis (Linnaeus, 1.758)Familia: Bataguridae
Trachemys scripta (Schoepf, 1.792)
Mauremys leprosa (Schweiger, 1.812)
Familia: Gekkonidae
Tarentola mauritanica (Linnaeus, 1.758)Familia: Scindidae
Chalcides bedriagai (Boscá, 1.880)Familia: Lacertidae
Chalcides striatus (Cuvier, 1.829)
Iberolacerta monticola (Boulenger, 1.905)Familia: Anguidae
Timon lepidus (Daudin, 1.802)
Lacerta schreiberi (Bedriaga, 1.878)
Zootoca vivipara (Jacquin, 1.787)
Podarcis bocagei (Seoane, 1.884)
Podarcis hispanica (Steindachner, 1.870)
Podarcis muralis (Laurenti, 1.768)
Psammodromus algirus (Linnaeus, 1.758)
Psammodromus hispanicus (Fitzinger, 1.826)
Anguis fragilis (Linnaeus, 1.758)Familia: Amphisbaenidae
Blanus cinereus (Vandelli, 1.797)Familia: Colubridae
Coronella austriaca (Laurenti, 1.768)Familia: Viperidae
Coronella girondica (Daudin, 1.803)
Rinechis scalaris (Schinz, 1.822)
Malpolon monspessulanus (Hermann, 1.804)
Natrix maura (Linnaeus, 1.758)
Natrix natrix (Linnaeus, 1.758)
Vipera latastei (Boscá, 1.878)
Vipera seoanei (Lataste, 1.879)
Sería interesante que todos os posibles colaboradores indicasen qué cuadrículas están interesados en facer, par así adxudicarllas e canalizar ós seguintes colaboradores hacia outras cuadrículas, optimizando de esta maneira os recursos humáns de que dispoñemos.
Tódolos datos que os colaboradores queran enviar para a confección do Atlas, poderán facelo as seguintes direccións:
Correo ordinario: Apartado de correos 303. 36600 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Correo electrónico: herpetoloxia@sghn.org
Mapa de distribución cuadrículas UTM 10x10.


|