logo

Logo_astronomia

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

entomoloxia@sghn.org

line decor
  INICIO  
line decor
 
 
 
 


PROGRAMA ESENGA

 

LIMIAR

Dentro do traballo de investigación de base que desenvolve a SGHN, na liña do Atlas de Vertebrados de Galicia e dos Censos de Aves Invernantes, encetouse o cobizoso proxecto de cartografa-la entomofauna galega.

Este proxecto ten como obxectivo último o coñecemento da biodiversidade entomolóxica galega, tanto na biodiversidade alfa (riqueza en especies) e a biodiversidade gamma (hetereoxenidade xeográfica).

O programa ESENGA naceu en 1984, como primeiro obxectivo da entón recén creada Sección de Entomoloxía. Dentro do contexto da cativa investigación de base que se estaba a realizar en Galicia sobre este campo, considerouse prioritario coñecer que especies estaban presentes e cal era a súa distribución xeográfica.

Inicialmente encetouse a traballar sobre uns grupos moi concretos: Familias Nymphalidae e Pieridae (Lepidoptera), Lucanidae (Coleoptera) e a subfamilia Carabinae (Coleoptera), e posteriormente engadiuse a orden Odonata. Estes grupos posúen xunguen a peculiaridade de, dentro do que é a taxonomía entomolóxica, ser accesible unha determinación doada e estar considerados bioindicadores da saúde de varios biotopos.

Aínda cando o proxecto pódese considerar moi cobizoso, a necesidade de, polo menos, intuír o que se tiña nesta área xeográfica era e é aburante. Incendios forestais, minicentrais hidroeléctricas que decotan o fluxo de especies nos ríos, destrucción da vexetación do país e un longo etcétera, son unha parte dos problemas que inciden directamente sobre a entomofauna, e desenvólvense sen ter datos de como afectan ós insectos e invertebrados en xeral, máxime cando descoñecemos que abrangue a entomofauna galega.

 

ANTECEDENTES

Os primeiros traballos organizados encamiñados a un cartografado entomolóxico partiron da iniciativa de John Heath e Jean Leclerq, que aportaron as directrices básicas para a recollida de información, o seu manexo e publicación.

En diversos paises de Europa publícanse non só atlas, senón tamén revisións dos mesmos, o que implica unha labor inxente e de alto nivel científico e inconmensurable participación de moitas persoas nun só sentido. Destaca neste eido as Illas Británicas e Bélxica e o proxecto Millenium Atlas onde dez mil voluntarios recolleron máis de millón e medio de rexistros (Munguira in Shilap 30(118)). Diversos paises van publicando os seus atlas, sendo un dos últimos o Atlas de Rhopalocera de Bulgaria de Abadjiev.

Dentro da fauna peninsular encetáronse estes traballos coa publicación do Atlas Provisional Lepidopteros del Norte de España (1977) por Gómez de Aizpúrua e o Atlas Provisional Lepidopteros de Madrid (1987), do mesmo autor, seguidos doutros traballos posteriores.

Con estes antecedentes e sendo Galiza o límite occidental de moitas especies pola súa condición de finisterrae, xustifícase sobradamente a necesidade de contribuír á concreción deste proxecto.

 

OBXECTIVOS

  1. Cartografar e publicar toda a entomofauna galega en cuadrículas UTM de 10 x 10 km. O traballo inicial céntrase nas Familias Nymphalidae e Pieridae (Lepidoptera), Lucanidae (Coleoptera), subfamilia Carabinae (Coleoptera), e a orden Odonata. Paralelamente á recollida de dados dos grupos citados, tómanse tódolos dados posibles de outros grupos para crear un banco de datos sobre entomofauna en xeral que sirva de base a posteriores traballos ou estudios.
  2. Determinar a fenoloxía e requisitos ecolóxicos dás especies tratadas.
  3. Como resultado da información recollida, potenciar os estudios de biodiversidade entomolóxica.
  4. Crear unha biblioteca especializada, aberta a consultas, sobre traballos e estudios de entomofauna galega.

 

RECOLLIDA E VALIDACIÓN DE DATOS

Levar a cabo este obxectivo esixe unha metodoloxía clara. A información recóllese nun modelo de ficha normalizado, que contempla 26 campos de información, aínda que os datos mínimos son os que identifican a especie, data, lugar e recolector (10 campos).

Para facilita-lo traballo de campo, en prospeccións intensas nunha mesma área, cóntase cunha segunda ficha, que permite a recollida e arquivo de grande número de datos cun mínimo esforzo de gabinete.

Aparte dos rexistros de localización toponímicos, o sistema de localización dás especies tratadas está baseado na proxección U.T.M. (Transator). Este sistema, aparte dás cualidades prácticas no seu manexo, é o adoptado polo Comité de Cartografiado dos Invertebrados Europeos, o que permite a comparación da información. O tamaño elixido dás cuadrículas para publica-los datos é de 10x10 Km, pero a toma destes recoméndase que sexa en cuadrículas de 1x1 Km.

Os datos fornecidos pasan por unha primeira peneira, baseada en dous criterios de aceptación:

  1. Os datos subministrados cumpren os mínimos requiridos.
  2. Non menos importantes son as garantías dunha correcta determinación. Existe un experto de grupo que cando se procede á unha publicación, contrasta os datos que lle poidan presentar dúbidas razoables da súa identificación
 

 

CRITERIOS ÉTICOS PARA A RECOLECCIÓN DE ESPECIES

A SGHN considera que a investigación ten que ir parella da divulgación e protección. Dentro desta liña é necesario recorrir á captura e/ou sacrificio de exemplares para a súa determinación ou recollida de datos sobre biometría, etc.

O principal problema de conservación dos invertebrados, non é tanto a captura de individuos para estudios como a degradación medioambiental do seu medio, que afecta negativa e radicalmente á biota.

Nembargantes, propugnamos que a captura de exemplares vivos sen liberación posterior, débese limitarse ós exemplares imprescindibles, e dentro desta tónica evitar a sobrecaptura de exemplares da mesma especie en períodos moi curtos de tempo no mesmo lugar ou cando puideran haber indicios sobre a sustentabilidade da poboación.

Os criterios débense axustar a cada especie e lugar concreto, tendo en conta se pertencen a especies catalogadas en convenios de conservación.

 

LISTADO DE TAXAS A EMPREGAR

Lepidoptera-Rhopalocera

Coleoptera 

Odonata

 

 

 

A páxina web da SGHN-Entomoloxía atópase en proceso de reestructuración e migración ó dominio www.sghn.org.

Premendo eiquí http://perso.wanadoo.es/e/carlosrey2/index.htm

hai dispoñible un vínculo provisorio á anterior páxina web da Sección