logo

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

entomoloxia@sghn.org

line decor
  INICIO  
line decor
 
 
 
 


  

 

Concello e Consellería non respostan nin aos ofrecementos de colaboración

SGHN pide amparo ao Valedor para protexer ao Cerambyx cerdo en Caldas

Pontevedra, 18-08-2014

Lamentable e novamente a SGHN tivo que recurrir ó Valedor do Pobo (PDF-1, PDF-2) para que a administración dea contestación ós escritos presentados. Nesta ocasión trátase de sendos escritos presentados o 07-02-2014 diante da Consellería de Medio Ambiente (PDF) e o Concello de Caldas (PDF) por mor da intención do concello de Caldas de Reis (Pontevedra) de eliminar a presenza do legalmente protexido Cerambyx cerdo dunha carballeira sita nesta vila.

Os primeiros escritos seguén sen contestación a pesares do ofrecemento de colaboración da SGHN.

 

Novo Atlas de fauna galega:
Atlas e libro vermello de Carabini, Cychrini e Lucanidae (Insecta, Coleoptera) de Galicia

 

Vilagarcía de Arousa, 23 de xuño de 2014

A SGHN ven de publicar un novo atlas, o primeiro en Galicia sobre dous grupos de Carabidos e a Familia Lucanidae (á que pertencen as coñecidas vacalouras).

Este libro nace dun proxecto empezado hai moitos anos e inclúe o estudo doutros grupos de insectos como os odonatos (libélulas e cabaliños do demo) e lepidopteros (bolboretas) que verán a luz proximamente. Paralelamente outros grupos de insectos son obxeto de atención e traballo de campo para publicar os resultados no futuro.

As 164 páxinas do libro están organizadas en varios capítulos introductorios sobre a historia da investigación dos carábidos en Galicia, a bioclimatoloxía básica galega, criterios de traballo e conclusións. Cada especie (consta da revisión de vinte especies) é analizada en un capítulo independiente que recolle un mapa coa distribución coñecida, tanto a bibliográfica como os datos aportados por diversos colaboradores, faise unha breve revisión da súa distribución galega, ibérica e mundial, a súa bioloxía, requerimentos ambientais, bibliografía revisada e as táboas cos datos dispoñibles, tanto de datos inéditos coma os recollidos de diversas publicacións. Cada capítulo compleméntase cunha análise do seu estado de conservación baixo os criterios da UICN (libro vermello) e unha fotografía da especie tratada.

Compre destacar que esta publicación foi posible gracias ó esforzo altruista dos colaboradores e foi financiada única e exclusivamente cos fondos da SGHN. A súa distribución será gratuita entre os socios e colaboradores e poderá ser mercada directamente na SGHN ou en librarías colaboradoras: en Santiago de Compostela son Libraría Couceiro e Librería Follas Novas..

 

Situación da carballeira de Caldas de Reis

Caldas de Reis, 09-02-2014

A Sección de Entomoloxía da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) presentou con data 07-02-2014 sendos escritos por rexistro dirixidos ó Concello de Caldas de Reis (PDF) e Conselleria de M.A., Territorio e Infraestruturas (PDF). Neses escritos solicitábanse unha serie de medidas para mellorar a situación da Carballeira de Caldas de Reis, así como unha reflexión pausada sobre a actuación sobre un insecto presente nos Carballos da zona é ó que se quere responsabilizar da situación da Carballeria. O Citado insecto é un escarabello denominado Cerambyx cerdo que está amparado por varias figuras de protección e catalogación como:

  • Categoría UICN: Vulnerable A1c+2c
  • Anexo II e IV da Directiva 92/43/CEE relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres. O Anexo II contén as especies para as cales é necesario designar zonas especiais de conservación e o Anexo IV é para as especies que requiren proteción estricta.
  • Anexo II do Convenio de Berna de 1979, como especie de fauna estrictamente protexida.

O normal para esta especie é que as súas larvas se alimenten de madeira morta de árbores xa debilitadas pois este insecto non provoca o debilitamento da árbore e o podrecemento da madeira. Nunha inspección ocular na zona observouse un proceso de podrecemento da raizames, que unido ós temporais pasados, doadamente é a causa principal da caida de varias árbores da zona.

Na Carballeira observouse tamén certa deixadez que non favorece á saúde das árbores, como diverso cableado pendurado das árbores e nalgún caso o arame estrangulando a codia da árbore, o que provoca a restricción ou eliminación do movemento da salvia na zona do xilema e floema provocando a morte ou debilitamento das partes superiores das árbores.

Se ben pódese observar un debilitamento xeral da saúde da carballeira, sen dúbida, este debilitamento non se debe ó Cerambyx cerdo ou como moito ten unha influencia mínima nesta situación.

Por estos motivos SGHN solicitoulles ao Concello e á Consellería:

  • Que non se empreguen tratamentos fitosanitarios indiscriminados no arborado desta carballeira.
  • Que nos estudos que de fagan sobre a situación fitosanitaria da carballeira, tamén se inclúa a determinación da posible presenza de patóxenos no solo, por se houber algún problema fúnxico ou similar no mesmo.
  • Que se proceda á reposición do arborado faltante con exemplares de orixe xenética certificada galega, ó obxeto de reducir contaminacións xenéticas.
  • Igualmente proponse que se tome nota do que se fai noutros parques europeos, como por exemplo o Tiergarten de Berlín. É habitual empregar as polas e árbores que sexa necesario podar por seguridade para os usuarios do parque, para acumulalas en determindas zonas para que as larvas de diversos insectos xilófagos as empreguen no seu ciclo vital. A SGHN ofreceu a súa dispobilidade, gratuita, para deseñar paneis informativos sobre os motivos e ciclos vitais destes interesantes e protexidos insectos.
  • Que se retire o cableado aéreo.

 

PROGRAMA  ESENGA

O programa ESENGA naceu en 1984, como primeiro obxetivo da entón recén creada Sección de Entomoloxía.

Inicialmente encetouse a traballar sobre uns grupos moi concretos: Fam. Nymphalidae e Pieridae (LEPIDOPTERA), Fam. Lucanidae e SubFam. Carabinae (COLEOPTERA), posteriormente engadiuse a Orde Odonata.

ENTOMOFAUNA

 

Coenagrion mercuriale (Charpentier, 1840)

Aínda que non temos moitos datos desta especie parece ser frecuente en Galicia, así temos rexistrada a sua presencia nas catro provincias. A nivel europeo está en regresión en moitos paises e xa desapareceu dalgúns. (ver mais)

ANUARIO

Agrius convolvuli (Linnaeus, 1758)

O Grove:   Oservada unha eiruga deste  ESFINXIDO  alimentandose  de Convolvulus sp. 17/10/04. C. R. Rañó.

 

 

A páxina web da SGHN-Entomoloxía atópase en proceso de reestructuración e migración ó dominio www.sghn.org.

Premendo eiquí http://perso.wanadoo.es/e/carlosrey2/index.htm

hai dispoñible un vínculo provisorio á anterior páxina web da Sección