logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

botanica@sghn.org

line decor
INICIO  
line decor
 
 
 
 


Novo proxecto de SGHN

Atlas de flora exótica invasora en Galicia

Pontevedra, 23-11-2015

A importancia intrínseca da biodiversidade baséase na historia evolutiva que representa, na capacidade de resposta ante perturbacións e na diversidade de ambientes que xera. Dada a proliferación de especies exóticas invasoras (EEI) son un problema a escala mundial e considérase que a difusión efectiva da información relativa a estas especies é algo prioritario para intentar frear a súa expansión, polo que a SGHN lanza a realización do “Atlas de flora exótica invasora de Galicia”.

A realización deste traballo inspirase no sistema británico, que fomenta a participación de colaboradores tanto profesionais como afeccionados para elaborar un traballo común a beneficio da xeración presente e das futuras.

OBXECTIVOS

O obxectivo xeral deste atlas sería coñecer situación das especies exóticas invasoras (EEI) presentes en Galicia e os obxectivos específicos son os seguintes:

  1. Identificar as EEI presentes en Galicia.
  2. Coñecer a distribución xeográfica das EEI.
  3. Informar do impacto das EEI sobre a biodiversidade.

A consecución destes obxectivos é gradual e dependente dun proceso de colaboración por elo formúlanse a priori resultados esperados pouco ambiciosos e indicadores de consecución de obxectivos que manifestarán a evolución do proceso.

COLABORACIÓN

A participación dunha persoa neste proxecto ten como propósito remitir datos para poder publicar o “Atlas de flora exótica invasora de Galicia”, igual que outros precedentes ("Atlas de anfibios e réptiles" e "Atlas e libro vermello de Carabini, Cychrini e Lucanidae (Insecta, Coleoptera)"), e acadar os obxectivos sinalados anteriormente. Este Atlas será froito dunha recompilación de datos propios da SGHN, dos remitidos polos colaboradores e da bibliografía existente. O proceso de colaboración entre a SGHN e as persoas que o desexen, investigadores, naturalistas, profesores, estudantes, persoas interesadas na conservación da natureza etc., realizarase en base as normas que se indican no documento que se pode descargar premendo AQUÍ.

FICHAS DE IDENTIFICACIÓN DE FLORA EXÓTICA INVASORA