logo

Logo_astronomia

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

astronomia@sghn.org

line decor
INICIO  
line decor
line decor
 
 
 
 


 

PUNTEIROS CELESTES

 

Espazo profundo: Nebulosa da Águia

Ferrol, 30-11-2017

Entre as constelacions de Saxitario e Ofiuco, atópase a constelación de Serpens Cauda e nela localízase M16, conxunto astronómico que está conformado pola Nebulosa da Águia e un cúmulo estelar aberto asociado con ela denominado NGC 6611. Aínda que a todo o conxunto denomínaselle de ambos xeitos, M16 e Nebulosa da Águia.

Trátase dunha nebulosa de emisión das denominadas rexións HII, autenticos viveiros estelares, onde estrelas novas fórmanse dentro de nubes de pó e gases ionizados, que emiten radiacións ultravioletas. Atópase a 7.000 anos luz, o seu tamaño aparente é dunha Lúa chea, aínda que o real é de 70 x 50 anos luz, estímase que ten unha antigüidade de 5,5 millóns de anos. A súa magnitude aparente é de 8,0.

Foi citada por primeira vez polo astrónomo suizo Jean-Philippe Loys de Chéseaux en 1745, que a relacionou cun simple cúmulo de estrelas. Poucos anos despois a nebulosa foi descuberta por Charles Messier o 3 de xuño de 1764, describíndoa como un grupo de pequenas estrelas enredadas nun débil resplandor.

É coñecida tamén como: IC 4703, Nebulosa da Estrela Raiña, A Agulla, Sharpless 49, RCW 165, Gum 83, Collinder 375, C 1816-138 e CTB 51. O nome de Nebulosa da Águia provén da forma da nebulosa, que se asemella a unha águia con ás estendidas e as garras abertas, como podemos apreciar na foto dos nosos compañeiros de Fotografía Ferrolterra e da SGHN. As garras da águia correspóndense coas coñecidas nubes chamadas os Alicerces da Creación, xigantescas columnas de gas e pó de hidróxeno que teñen entre 2 e 3 anos luz de longo. En 2007 un estudo observacional suxeriu que puideron ser destruídas pola explosión dunha estrela fai uns 6.000 anos, e que en realidade estas columnas xa non existen, polo que dentro de 1.000 anos os humanos verán un espectáculo inusual, unha supernova.

A rexión do ceo na que se atopa M16 é rica en obxectos astronómicos que a rodean, uns simples prismáticos pódennos axudar, pero cun telescopio pequeno poderemos ver M9, M11, M17, M18, M21, M23, M25, M26 e outros máis. Invitámosvos a descubrilos!

Arriba

Espazo profundo: Nebulosa do Veo

Ferrol, 01-11-2017

Na constelación do Cisne, un pouco por debaixo da estrela Giennah, fai ao redor de 8.000 anos epareceu de súpeto o que parecía unha nova estrela no ceo case tan brillante como unha Lúa Chea, e que permaneceu visible durante semanas para ás persoas que vivían nos albores da historia rexistrada.

En realidade foi a explosión de supernova dunha estrela 20 veces máis masiva que o noso Sol. Antes de estalar expulsou un forte vento estelar que provocou unha gran cavidade no gas interestelar circundante. As grandes cantidades de enerxía liberadas a consecuencia da explosión orixinaron que os restos se movan a velocidades de 600.000 quilómetros por hora, creando frontes de choque que quentan o gas circundante a millóns de grados.

Os restos de dita supernova os coñecemos hoxe como a Nebulosa do Veo ou o Lazo do Cisne. O seu tamaño aparente é de sete lúas cheas, aínda que o seu tamaño real estímase en 110 anos luz. Atópase a unha distancia de 2.100 anos luz e a súa magnitude aparente é de 7.

A Nebulosa do Veo ten tres partes principais: o Veo do Leste, o Veo do Oeste e o Triángulo de Fleming. Na foto dos nosos compañeiros de Fotografía Ferrolterra e da SGHN, podemos ver o Veo do Oeste, tamén coñecida como: Nebulosa da Escoba da Bruxa, Nebulosa Filamentaria, Nebulosa do Dedo de Deus, Nebulosa do Veo Nupcial, Nebulosa do Cirro, ou Caldwell 34. No Novo Catálogo Xeral ten a designación NGC 6960. A estrela do centro da imaxe é 52 Cygni de magnitude 4,22, o que a fai o suficientemente brillante como para ser vista sen prismáticos, pero non está físicamente asociada co remanente da supernova.

Para Astrónomos e astro-fotógrafos, a Nebulosa do Veo é un obxecto frecuente de estudo, xa que é grande, está relativamente preto da Terra, constitúe un bo exemplo dun remanente de supernova e é un dos obxectos máis espectaculares no ceo do norte.

Arriba

 

Espazo profundo: Nebulosa de Norteamérica

Ferrol, 04-10-2017

Na constelación do Cisne, tamén coñecida como a Cruz do Norte, atópase a nebulosa de emisión (NGC 7000, Caldwell 20) tamén coñecida como Nebulosa de Norteamérica, situada 3º ao leste da estrela Deneb (Alfa Cygni).

Trátase dunha nube de gas interestelar ionizado por estrelas novas e quentes incrustadas dentro da nebulosa. As partículas de pó interestelares en parte desta nube absorben a luz emitida polos átomos de recombinación das devanditas estrelas. A súa forma aseméllase claramente ao continente de Norteamérica. A orientación da nebulosa ao norte celestial coincide co norte "real" do continente norteamericano. Á dereita da Nebulosa de Norteamérica, hai outra nebulosa coñecida como o Pelícano, menos luminosa e designada IC 5067-70.

As dúas nebulosas miden aproximadamente 50 anos luz de largura, atopanse a uns 1.500 anos luz de distancia e están separadas por unha nube de absorción escura denominada LDN 935, que corresponde co Golfo de México, que tamén forma parte do complexo nebuloso completo. Os pequenos cúmulos abertos de estrelas NGC 6997 e Cr 428 aparecen incrustados dentro da nebulosa, pero en realidade non están relacionados con ela. A magnitude do conxunto é de 4, ocupa un área aproximada de entre 4 e 5 Lúas cheas.

NGC 7000 foi descuberta por William Herschel o 24 de outubro de 1786 e fotografado por Max Wolf o 12 de decembro de 1890.

Na fotografía dos nosos compañeiros de Fotografía Ferrolterra e da SGHN, podemos ver este obxecto de ceo profundo, situado dentro dunha rexión rica e expléndida da Vía Láctea. Esta nebulosa tamén se pode observar a primeira ollada ou cuns simples prismáticos, baixo ceos transparentes e escuros.

Arriba

 

Espazo profundo: Nebulosa da Lagoa

Ferrol, 04-09-2017

Nunha noite escura e con pouca contaminación lumínica, si miramos a uns cinco graos á dereita da estrela Kaus Borealis, na costelación de Sagitario, notaremos unha mancha no ceo similar á pegada dun cometa. Trátase de M8, coñecida como a Nebulosa da Lagoa.

Está formada por unha vasta nube de gas e pó interestelar ionizado que ocupa un área do espazo duns 140 por 60 anos luz. Trátase dunha nebulosa de emisión, que emite luz en diferentes cores a lonxitudes de onda non sempre visibles para o ollo humano. A súa fonte de enerxía é a ionización dos fotóns de alta enerxía emitidos por dúas estrelas moi quentes, 9 Sagitarii e Herschel 36 que excitan o hidróxeno circundante e fai que brille. No seu interior tamén se atopan a nebulosa NGC 6523 (o Reloxo de Area), e no seu lado esquerdo atópase o cúmulo aberto NGC 6530, un grupo de centos de estrelas novas e solitarias que parece que se separan da nebulosa.

Atópase a 5.200 anos luz de nós e a súa magnitude é de 6, foi descuberta polo astrónomo italiano Giovanni Battista Hodierna sobre 1654 e redescuberta polo astrónomo francés Guillaume Le Gentil en 1747.

Os arredores da Nebulosa da Lagoa, que vemos na foto dos nosos compañeiros de Fotografía Ferrolterra e SGHN, conteñen gran cantidade de obxectos, que poden observarse con prismáticos ou con telescopios pequenos. Por exemplo: medio grado ao norte atópase a nebulosa Trífida, e nas proximidades o Cúmulo aberto M21, e os Cúmulos pechados NGC 6544 e NGC 6553. Na rexión do ceo comprendida estre as constelaciones de Escorpio e Saxitário podemos atopar todo un mundo astronómico a descubrir, tan só temos que animarmos.

Arriba

 

Espazo profundo: Nebulosa Trífida

Ferrol, 02-08-2017

Situada na constelación de Saxitario, esta bela nebulosa é unha nube dinámica de gas e pó onde nacen desde fai uns 300.000 anos moitas estrelas. No centro da nebulosa atópase unha destas estrelas masivas que naceu fai aproximadamente 100.000 anos (HD 196692) e que podemos ver cun pequeno telescopio.

Atópase a 5.200 anos luz, aínda que os científicos disputan a distancia da nebulosa, pero xeneralmente coinciden en que está entre os 2.200 e 9.000 anos luz. O seu tamaño estímase nun diámetro de entre 30 e 50 anos luz. A súa magnitude é de 6,8.

A Nebulosa Trífida é unha combinación inusual dun cúmulo aberto de estrelas (C 1759-230), situada no centro dunha nebulosa de emisión de cor vermella, que á súa vez está rodeada por unha nebulosa de reflexión de cor azul e dentro da nebulosa de emisión unha nebulosa escura. Trátase dunha densa nube de gas, na súa maioría hidróxeno ionizado, e pó.

Foi descuberta por Charles Messier o 5 de xuño de 1764 e deulle o número 20 do seu catálogo (M20). William Herschel observouna o 12 de xullo de 1784 e considerou que se trataba de tres nebulosas débilmente unidas, que forman un triángulo e de aí o seu nome de “Trífida”. No Novo Catálogo Xeral é NGC 6514.

A Nebulosa Trífida é un obxecto popular entre os astrónomos afeccionados porque é bastante brillante e fácilmente observable en pequenos telescopios. É visible desde finais de primavera ata comezos do outono.

A zona de Saxitario na que se atopa está chea de obxectos para observar cuns simples prismáticos. Na parte superior esquerda da foto obtida por membros da SGHN e Fotografía Ferrolterra, podemos ver tamén o cúmulo aberto de M21.

Arriba

 

Espazo profundo: o Saco de Carbón

Ferrol, 30-06-2017

No Hemisferio Sur e entre as constelaciones da Cruz do Sur, Centauro e Mosca, atópase o Saco de Carbón, a nube escura máis destacada do ceo. Fácilmente observable a primeira ollada destaca sobre o brillo das estrelas da Via Lactea.

É unha nube escura de gas frío e po que se atopa a unha distancia de entre 600 e 800 anos luz do Sol. A sua largura estímase entre 30 e 35 anos luz.

A notable escuridade do Saco de Carbón é debida a grosas nubes de gas e po con auga conxelada, nitróxeno, monóxido de carbono e outras moléculas orgánicas simples, que evitan en gran medida que a luz visible pase a través da nube cósmica. A escuridade da nebulosa é o resultado de partículas de po que bloquean a luz visible das estrelas de fondo. A pequena luz que se pode ver a través das grosas nubes aparece avermellada porque o po absorbe e dispersa a luz azul, quedando só un 10% da luz orixinal nun ton negro avermellado.

É coñecida polos aboríxenes australianos dende fai 40.000 anos. En Europa é descrita por vez primeira en 1499, por Vicente Yañez Pinzón. Americo Vespucio chamoulle “Canopo Fosco”. Tamén foi coñecida como “A Nube Negra de Magallanes”. O seu nome científico é C-99.

Dentro de varios millóns de anos, as grosas nubes de po serán combustible que se fusionará baixo a atracción da gravidade, para dar orixe a novas estrelas que iluminarán esa zona de ceo. Na fotografía, obtida por un membro da SGHN e de Forografía Ferrolterra, podemos ver O Saco de Carbón. A estrela máis brillante é Acrux na constelación da Cruz do Sur. Tamén podemos ver O Cúmulo do Xoieiro.

Se temos a sorte de ir ao Hemisferio Sur cuns simples prismáticos, poderemos gozar de toda a súa beleza.

Arriba

 

Espazo profundo: Pequena Nube de Magallanes

Ferrol, 30-05-2017

A Pequena Nube de Magallanes é a menor das dúas galaxias irregulares que conforman as Nubes de Magallanes. Atópase na constelación do Tucán no Hemisferio Sur.

Estas dúas galaxias orbitan a Vía Láctea unha vez cada 1.500 millóns de anos, e entre si cada 900 millóns de anos, ainda que observación recentes din que podería estar movéndose demasiado rápido para orbitar a Via Láctea. Atópase a 210.000 anos luz de distancia e estímase entre 3.000 e 4.000 millóns o número de estrelas que a forman. Ten unha magnitude aparente de 2,7.

O seu nome vén do navegante portugés Fernando de Magallanes, que as observou na súa viaxe ao redor do mundo en 1519. A súa abreviatura SMC vén do seu nome en inglés “Small Magellanic Cloud”. Outros nomes son: NGC 292, PGC 3085, Nubecula Minor, ISO29-21 e IRAS 00510-7306.

Algunhas observacións suxiren que podería ser unha galaxia de disco barrada, deformada por interaccións gravitacionais coa Vía Láctea e a Gran Nube de Magallanes. A existencia da corrente de Magallanes, unha cola de gas que se desprendeu do sistema de SMC-LMC, proporciona unha evidencia das interaccións entre estas tres galaxias. Recentes estudos din que tras SMC, e separada uns 30.000 anos luz, atópase un remanente de esta coñecido como Mini Nube de Magallanes (MMC).

A astrónoma norteamericana Henrietta Swan Leavitt, facendo un estudo sobre estrelas variables en SMC, descubriu a relación entre o período e a luminosidad das estrelas “Variables Cefeidas” o que permitiu a determinación das distancias aos obxectos no Universo. As nubes de Magallanes son visibles a primeira ollada, pero hai que desprazarse ao hemisferio sur para poder velas. De momento invitámosvos a gozar SMC nesta foto obtida en Chile por un compañeiro da SGHN e de Fotografía Ferrolterra, na que tamén podemos ver na parte superior o cúmulo globular 47 Tucanae.

Arriba

 

 

Espazo profundo: Gran Nube de Magallanes

Ferrol, 04-05-2017

A Gran Nube de Magallanes é unha galaxia satélite da Vía Láctea e que vemos no Hemisferio Sur, entre as constelacións de Dourado e Mensa e que percibimos como unha débil mancha leitosa. É citada por primeira vez polo astrónomo persa Abd Al-Rahman Al Sufi no seu libro sobre as Estrelas Fixas no ano 964. Pero o seu nome recíbeo de Fernando de Magallanes, que na súa viaxe de circunnavegación as cita para o coñecemento xeral. Atópase a 163.000 anos luz e ten uns 30.000 millóns de estrelas, o seu diámetro é de 14.000 anos luz. A súa abreviatura LMC ven do seu nome en inglés “Large Magellanic Cloud”.

Considerábamola como unha galaxia irregular, pero ten unha barra central prominente. É posible que fose unha galaxia espiral como a Vía Láctea, pero un paso próximo coa nosa galaxia distorsionou a súa forma borrando a formación espiral. Hoxe adóitamos denominala como do tipo espiral barrada interrompida. Durante moitos anos os astrónomos pensaron que as Nubes de Magallanes orbitaban a Vía Láctea, pero medicións recentes mediante o telescopio espacial Hubble poden demostrar que podería estar movéndose demasiado rápido para iso.

A Gran Nube de Magallanes ten grandes bolsas de gas e pó que está dando orixe a unha formación estelar permanente. De feito, algunhas das rexións de formación de estrelas máis grandes e activas xamais observadas atópanse aquí, na zona comprendida entre a nebulosa da Tarántula, o viveiro estelar máis brillante do noso vecindario cósmico, ata LHA 120-N 11, con gran cantidade de estrelas xigantes e superxigantes.

En 1987, unha supernova (SN 1987 A) detonou na Nebulosa da Tarántula. Foi a supernova máis brillante vista nos últimos 300 anos. Durante un breve período de tempo, a supernova foi visible a calquera que mirase para LMC. O remanente da supernova séguese estudando a medida que continúa evolucionando e expandíndose.

A Gran Nube de Magallanes é visible a primeira ollada, non é necesario un telescopio. Vémola como unha débil nube no ceo nocturno, cun bo par de prismáticos pódese ver moito mellor, e é aínda máis grande e brillante nun pequeno telescopio. Esta sorte téñena os habitantes do Hemisferio Sur, ou calquera de nós que se desprace a esa zona, como fixo un compañeiro da SGHN e de Fotografía Ferrolterra, que nos permite gozar desta magnífica imaxe.

Arriba

 

Espazo profundo: Nebulosa do Bufo

Ferrol, 02-04-2017

Na Constelación da Osa Maior e a só 2,5 grados da estrela Merak, atopamos un obxecto que simula parecer a cara dun bufo que parece mirarnos fixamente. Trátase dunha nebulosa planetaria, unha supernova, os restos dunha estrela que chegou á súa fase final.

A explosión da supernova tivo lugar fai uns 8.000 anos, expulsando as capas gaseosas que rodean á enana branca residual de magnitude 16 que se atopa no centro da nebulosa, e que ten unha masa algo maior que a mitade da do Sol, pero só un 1% do seu tamaño e é 150 veces máis brillante, a súa temperatura é duns 125.000ºC. Atópase a 2.030 anos luz de nos, o tamaño total é de algo menos dun ano luz, ten unha magnitude aparente de 9,9. Outros nomes son: Nebulosa da Coruxa, Messier 97, M97, NGC 3587, PN G148.4+57.0, GCRV 6897. Estase expandindo a unha velocidade aproximada de 27 a 39 km por segundo e desaparecerá dentro duns miles de anos.

Foi descuberta polo astrónomo francés Pierre Méchain, amigo e colega de Charles Messier, o 16 de febreiro de 1781. Messier incluíu o obxecto no seu catálogo O 24 de marzo de 1781. En 1848 o astrónomo inglés William Parsons, terceiro conde de Rosse debuxou unha ilustración do obxecto logo de observalo co seu reflector de 72 pulgadas, e a nebulosa pareceulle a cabeza dun bufo ou dunha coruxa, de aí o seu nome.

Na extraordinaria foto de "Fotografía Ferrolterra", entidade que colabora coa sección de Astronomía da SGHN, podemos apreciar as súas cores, verde azulado no interior e vermello no exterior. O hidróxeno proporciona o vermello nos arredores e o osíxeno o verde azulado no interior. Na foto tamén podemos ver arriba á esquerda a galaxia M108. Son obxectos para ver cun telescopio de máis de 8 pulgadas, aínda que as súas fermosas cores só os podemos ver nunha foto de longa exposición.

Arriba

 

Espazo profundo: M51

Ferrol, 26-02-2017

Na Constelación de Canes Venatici (Os cans de caza) atópase a galaxia M51, tamén coñecida como Messier 51 o Remolino ou o Bulebule. Foi observada por primeira vez por Charles Messier o 13 de outubro de 1773, cando observaba cometas, agregando o obxecto ao seu catálogo como Messier 51. Foi a primeira galaxia recoñecida como unha espiral, por William Parsons, terceiro conde de Rosse na primavera de 1845, que a observou co seu telescopio reflector de 72 polgadas, por iso ás veces tamén se lle chama "Galaxia de Rosse".

Aínda que se atopa na constelación de Canis Venatici, para localizala usaremos a estrela máis próxima, que é Alkaid na punta da cola da Osa Maior. E a 3,5º en dirección á estrela Cor Caroli en Canis Venatici atoparemos M51.En realidade M51 son dúas galaxias M51a e M51b, que interaccionan entre si. Son coñecidas tamén como NGC 5194 e NGC 5195. Esta última foi descuberta en 1781 por Pierre Méchain, discípulo de Charles Messier. A magnitude aparente do conxunto é de 8,4, e atópase a unha distancia de 23 millóns de anos luz. O seu diámetro é de 75.000 anos luz e estímase que a súa masa é a duns 160 mil millóns de masas solares.

As dúas galaxias están sometidas a unha gran atracción gravitacional que activa a formación estelar, sobre todo na galaxia principal que, como moitas outras galaxias, ten un buraco negro supermasivo no seu núcleo, rodeado de aneis de po. Este núcleo é bastante activo, convertendo a M51, nunha "galaxia Seyfert", que son as chamadas así en honor do astrónomo norteamericano Carl Seyfert, quen en 1943 chamou a atención sobre algunhas galaxias espirales cuxo núcleo moi brillante presenta liñas de emisión moi intensas.

M51a e M51b están unidas gravitacionalmente, e tamén visualmente por unha ponte de gas e pó. Achéganse entre si para acabar fusionandose, pero non antes de varios centos de millóns de anos. Podemos velas nesta fantástica foto de Fotografía Ferrolterra, que colabora coa Sección de Astronomía da SGHN.

Arriba

 

Espazo profundo: M81 e M82

Ferrol, 31-01-2017

Na Constelación da Osa Maior, atópanse as galaxias M81 e M82. Aínda que están incluídas no catálogo Messier, foron descubertas polo astrónomo alemán Johann Elrt Bode en 1974, por iso é polo que tamén son coñecidas como galaxias Bode.

M81, Messier 81 ou NGC 3031, é unha galaxia espiral moi parecida á Vía Láctea, pero máis pequena. A súa magnitude aparente é de 6,9, atópase a unha distancia de 11,8 millóns de anos luz. O seu diámetro é de 92.000 anos luz e estímase que a súa masa é a duns 50 mil millóns de masas solares.

M82, Messier 82, NGC 3034 ou Galaxia do Cigarro, é un prototipo de galaxia irregular e de galaxia starburst, é dicir, cunha taxa de formación estelar anormalmente alta. Ten unha magnitude aparente de 8,4. Atópase a 11,5 millóns de anos luz e o seu diámetro é de 37.000 anos luz. A súa masa estimada é de 50 mil millóns de masas solares.

M81 e M82 son parte do Grupo Local de Galaxias, ao que pertence a Vía Láctea. O par atópase aproximadamente a 10 grados ao noroeste da estrela da Osa Maior Dubhe (Alpha Ursae Majoris). A separacién entre as dúas é de 31 minutos de arco, pero a distancia que as separa é de 150.000 anos luz.

As dúas galaxias interactúan fortemente, xa que a forte gravidade de M81 fai que en M82 prodúzase un intenso nacemento de estrelas. Estanse achegando, e nuns millóns de anos fusionaranse dando orixe a unha nova galaxia.

M81 e M82 vense durante todo o ano, aínda que mellor na primavera. Podemos velas na magnífica foto de Fotografía Ferrolterra, que colabora coa Sección de Astronomía dá SGHN. No entanto son visibles ata con prismáticos, pero impresionantes cun telescopio pequeno.

Arriba

 

Espazo profundo: Nebulosa de Orión

Ferrol, 09-01-2017

Orión é seguramente a máis recoñecible das constelaciones do inverno no ceo do norte, tal vez só superada pola Osa Maior.

En Orión atopamos “A Nebulosa de Orión”, que é un dos obxectos máis interesantes do ceo nocturno. A primeira ollada, vese aparentemente como un suave resplandor difuso que rodea a unha estrela situada na parte da constelación coñecida como a espada. Cuns prismáticos pódese ver como unha nube algo máis nítida e brillante. Cun telescopio pequeno veriámolo mellor e xa notaríamos unha das caracteristicas da nebulosa, que é un conxunto de catro estrelas coñecidas como “O Trapecio”.

Crese que se trata dunha enorme rexión de formación estelar a uns 1630 anos luz de distancia. O resplandor da parte máis brillante da nebulosa é o producido por moitas estrelas luminosas e recentemente nadas, que iluminan a nube de gas circundante da que naceron. O conxunto da nebulosa ten unha magnitude de 4. Na observación directa vémola sempre en tons grises, pero cunha exposición fotográfica, podemos apreciar as súas cores, fundamentalmente vermellos, pero con matices verdosos, azuis e violetas.

É coñecida tamén como: a Gran Nebulosa de Orión, Messier 42, M42, NGC 1976, LBN 974 e Sharpless 281. En mitoloxía representa a espada que colga do cinto do cazador Orión.

Na extraordinaria foto de "Fotografía Ferrolterra", entidade que colabora coa sección de Astronomía da SGHN, podemos ver a súa espectacularidade, así como o resto de nebulosas que a acompañan. Sobre ela M43, un pouco máis arriba NGC1977, debaixo NGC 1980. Máis arriba e á esquerda, rodeando á estrela Alnitak, podemos ver o conxunto formado pola Nebulosa da Cabeza de Cabalo e a nebulosa da Flama, pero estas merécense outro capítuo. Agora invitámosvos a gozar dunha nova visión e a primeira ollada.

Arriba

 

Espazo profundo: Cúmulo das Pléiades

Ferrol, 06-12-2016

As Pléiades, que en grego significa “bandada de pombas” ou “navegantes”, é o cúmulo aberto de estrelas máis brillantes visibles a primeira ollada. Componse de máis de mil estrelas brillantes, quentes, novas e de cor azul, que se formaron entre 2 e 100 millóns de anos dentro dunha gran nube de gas interestelar. Esta nube débese ao po moi fino que aínda permanece logo da súa formación, e reflexa preferentemente a luz azul das estrelas que compoñen as Pléiades. Atópase entre 390 e 460 anos luz de distancia, na constelación de Tauro. O cúmulo é moi coñecido en todas as culturas, e ten outros nomes, polos que tamén é coñecido: As Sete Irmás, as Sete Cabriñas, as Sete Deusas, as Sete Mulleres, o Carro pequeno, etc. O seu nome científico é Messier 45 ou M45.

Na mitoloxía grega, as Pléiades son as sete fillas do titán Atlas e da ninfa mariña Pléyone, os seus nomes eran: Maya, Electra, Taigeta, Alcíone, Selene, Estérope y Mérope (que son os nove nomes das estrelas mais brillantes do cúmulo). As Pléiades eran as compañeiras de Artemisa, deusa da caza e da agricultura. Orión o cazador, namorado da beleza das sete irmás, adicouse durante anos a perseguilas para obter os seus favores. Seu pai Atlas pídelle a Zeus que protexa ás súas fillas. Zeus enviou un touro para protexelas, Orión enfróntase ao touro e vénceo. En resposta Zeus enviou un escorpión para librar ás Pléiades de Orión. Por iso cando no ceo do leste aparece a constelación de Escorpio, Orión ponse polo oeste. Outra lenda da mitología di que para evitar a persecución de Orión, Atlas pide axuda a Zeus, e este converteunas en pombas, tras do cal pousáronse sobre o lombo do Touro, que se constitúe en gardián das irmás pasando así a formar parte da constelación de Tauro.

Na mitoloxía grega, as Pléiades son as sete fillas do titán Atlas e da ninfa mariña Pléyone, os seus nomes eran: Maya, Electra, Taigeta, Alcíone, Selene, Estérope y Mérope (que son os nove nomes das estrelas mais brillantes do cúmulo). As Pléiades eran as compañeiras de Artemisa, deusa da caza e da agricultura. Orión o cazador, namorado da beleza das sete irmás, adicouse durante anos a perseguilas para obter os seus favores. Seu pai Atlas pídelle a Zeus que protexa ás súas fillas. Zeus enviou un touro para protexelas, Orión enfróntase ao touro e vénceo. En resposta Zeus enviou un escorpión para librar ás Pléiades de Orión. Por iso cando no ceo do leste aparece a constelación de Escorpio, Orión ponse polo oeste. Outra lenda da mitología di que para evitar a persecución de Orión, Atlas pide axuda a Zeus, e este converteunas en pombas, tras do cal pousáronse sobre o lombo do Touro, que se constitúe en gardián das irmás pasando así a formar parte da constelación de Tauro.

En practicamente todas as civilizacións, As Pléiades foron comparadas con topacios dentro dun xoieiro tapizado de azul. A beleza da súa luz non deixará de namorarnos. A primeira ollada son espectaculares, uns prismáticos ou un telescopio de baixa potencia deixarannos unha imaxe conmovedora. Na foto de Fotografía Ferroltera, que colabora habitualmente coa Sección de Astronomía da SGHN, podemos ver a súa espectacularidade.

Arriba

Espazo profundo: Galaxia de Andrómeda

Ferrol, 12-11-2016

A Gran Galaxia de Andómeda, é o obxecto máis afastado do espazo visible a primeira ollada. Atópase situada case no centro da constelación de Andrómeda, a Gran Galaxia de Andrómeda, tamén é coñecida por Messier 31, M 31, NGC 224, UGC 454, PGC 2557, etc.

A primeira ollada aparece como unha gran mancha borrosa fácilmente visible, ata cunha cantidade moderada de contaminación lumínica. Con prismáticos aparece como unha pequena nube ovalada. Cun telescopio pequeno tamén se mostrarán M32 e M110, as súas dúas principais galaxias satélites.

Ten unha magnitude aparente de 3,4, o seu diámetro é de 220.000 anos luz e, aínda que hai moita controversia respecto diso, calcúlase que pode ter ao redor de cincocentos mil millóns de estrelas. É en tamaño máis do dobre que a Via Lactea, aínda que menos masiva. Atópase a 2,5 millóns de anos luz de nós.

Foi sinalada por primeira vez no ano 961 polo astrónomo persa Abd-al-Rahman Al-Sufi, que no seu libro sobre as estrelas fixas a describe como “unha pequena nube”. É vista por primeira vez a través dun telescopio en 1612 polo astrónomo alemán Marius. En 1764 Messier introdúcea no seu catálogo co número 31. En 1887 Isaac Roberts obtén a primeira fotografía na que xa se aprecia a súa forma espiral, e ata principios do século XX creíase que era unha nebulosa, de aí o seu nome de Gran Nebulosa de Andrómeda. En 1912 o astrónomo Slipher do Observatorio Lowell, xa a considera como un obxecto externo á Vía Lactea.

A Galaxia de Andrómeda está en rumbo de colisión. Mentres que a maior parte do resto do Universo está a afastarse da nosa galaxia, Andrómeda desprazase ao azul, o que significa que se está movendo cara a nós. Tanto a Vía Láctea como Andrómeda móvense unha cara á outra a unha velocidade de 140 quilómetros por segundo, e calcúlase que entrarán en colisión dentro de 5.000 millóns de anos. A colisión durará 2 mil millóns de anos e baixo a súa mutua atracción darán orixe a unha nova e única galaxia elíptica. Durante a colisión, as estrelas dentro de cada galaxia están tan lonxe que non van chocar unhas con outras. Con todo, as estrelas serán arroxadas en diferentes órbitas ao redor do novo centro galáctico.

A foto que vemos foi efectuada por Fotografía Ferrolterra, que colabora coa Sección de Astronomía da SGHN. Nela observamos que a Galaxia de Andrómeda é impoñente, nunca nos defraudará, tanto se a vemos a primeira ollada, con prismáticos ou cun telescopio pequeno. Sempre nos falará da inmensidade do Universo e dos segredos que podemos atopar.

Arriba

 

Alioth

Ferrol, 30-09-2016

Alioth é a estrela máis brillante da constelación da Osa Maior. Unha das constelacións máis importante nos ceos do hemisferio norte, e para nós visible durante todo o ano, dada a súa condición de circumpolar visible.

É a trinta e tres estrela máis brillante do ceo nocturno, a súa distancia ao Sol é de 81 anos luz, ten 5 veces o seu diámetro e a súa masa e 4 veces maior. A súa superficie ten unha temperatura de 9.000 graos, e é 108 veces mais luminosa, de co branca- azulada e tén unha magnitude de 1,76. É un tipo de estrela variable debido a que palpita, o que a fai variar de tamaño. O seu período palpitante ten unha duración de 5,1 días.

Alioth atópase na cola da Osa Maior que representa á ninfa Calixto, ao seu lado atópase a Osa Menor que representa ao fillo de Zeus e Calisto Arca. Para salvalos da ira de Hera, Zeus os transforma en osos e botando man das súas colas, lanzounos aos ceos. Na longa viaxe, as colas alongaronse, o que explica por que estes osos teñen longas colas a diferenza dos osos terrestres. A orixe do seu nome é incerto, a primeira vez que aparece o nome de "Alioth" para esta estrela é nas Táboas Alfonsinas. Ten tres significados posibles deribados do árabe. Alyat (a cola gorda da ovella), Al Hawar (a parte branca do ollo) e Al Jawn (o cabalo negro ou o touro negro). Outros nomes son: Aliot, Allioth, Alabieth, Alaioth, Alhiath, e Alhaiath. O seu nome científico é Epsilon Ursae Majoris.

Alioth forma parte dun asterismo moi coñecido, o Setestrelo (as sete estrelas) que é o seu nome en Galicia. Pero o seu nome mais famoso é o Carro, e Alioth sería a estrela que une a cabezalla có chedeiro do carro. Tamén é conhecido como o Cazo, o Cucharón ou o Arado.

Arriba

Estrelas Gardas: Kochab e Pherkad

Ferrol, 05-09-2016

Despois da Polar, as estrelas máis brillantes da Osa Menor son Kochab e Pherkad. Kochab atópase a 130 anos luz do Sol, ten unha magnitude aparente de 2,1, é 25 veces mais grande que o Sol e ten 4,5 veces a súa masa, a súa temperatura é de 4.000 ºC e é de cor amarelo-laranxa, atópase na última fase da súa vida. O seu nome vén do arabe Al-kaukab que significa a estrela, pero antigamente o seu nome era Al Kaukab al Shamaliy, a “estrela do norte”, xa que antes atopábase mais preto do norte celeste que a estrela Polar.

Pherkad atópase a 490 anos luz do Sol, ten unha magnitude aparente de 3,05, é 15 veces mais grande que o Sol e 1100 veces máis luminosa, a súa temperatura é de 8.200ºC e é de cor branco-azulado, pódese clasificar como unha estrela superxigante. Ten unha compañeira visual de magnitude 5,8, pero non son unha verdadeira estrela binaria. O seu nome vén do arabe Farqad que significa o año.

O nome de estrelas Gardas, ven de que durante moitos séculos os mariños valéronse delas para calcular a hora. Non é sinxelo calcular a hora con este reloxo astronómico, pero cun pouco de práctica basta coñecer a data para calcular a hora con bastante precisión. Así este reloxo, foi utilizado por Colón na súa viaxe a America. No seu diario, o día 30 de setembro di: “Nota que las estrellas que se llaman guardias, cuando anochece, están junto al brazo de la parte del Poniente, y cuando amanece, están en la linea debajo del brazo del Nordeste, que parece que en toda la noche no andan salvo tres líneas, que son 9 horas, y esto cada noche”. Para iso utilizábase unha figura simbólica, o "Home do Polo ou Home do Norte”, e que os mariños imaxinaban representado de costas no ceo, o seu corazón era a Polar e os seus membros quedaban figurados polas Gardas. As posicións, designábanse da forma seguinte:

  1. Gardas na cabeza.
  2. Gardas no ombreiro esquerdo.
  3. Gardas no brazo esquerdo.
  4. Gardas debaixo do brazo esquerdo.
  5. Gardas nos pés.
  6. Gardas debaixo do brazo dereito.
  7. Gardas no brazo dereito.
  8. Gardas no ombreiro dereito.

A figura representa ao “Home do Polo” dibuxado sobre o céo do norte, nas proximidades da illa de San Salvador (Bahamas), no solpor do día 30 de setembro de 1492.

Arriba

 

Perseidas 2016

Ferrol, 01-08-2016

Outro ano máis no mes de agosto visítanos a choiva de estrelas coñecida por todos como As Perseidas ou Bágoas de San Lourenzo. Son quizais a máis populares das choivas de meteoros do ano, non son as máis intensas, xa que as Xeminidas en decembro ou as Cuadrántidas en xaneiro adoitan ser máis espectaculares.

Teñen a súa orixe nas pequenas partículas de po, coñecidas como meteoroides, desprendidas polos cometas ao longo das súas órbitas ao redor do Sol. A corrente de partículas desprendidas forman as coñecidas colas, que se dispersan no espazo, e cada ano na súa orbita ao redor do Sol, a Terra pasa a través delas. Durante o mes de agosto cruzamos os restos do cometa Swift-Tuttle, que ten un período de 133 anos. A última vez que pasou este cometa cerca do Sol foi en 1992. O nome de “Perseidas” vén de que o seu radiante atópase na constelación de Perseo.

A actividade das Perseidas ocorre do 17 de xullo ao 24 de agosto, o máximo terá lugar entre os días 11, 12 e 13 de agosto, pero, aínda que con discrepancias, espérase que a mellor data para observalas sexa a noite do 12 ao 13. Este ano espérase un máximo especial, que podería alcanzar os 160 meteoritos por hora.

Estas partículas entran na atmósfera, cunha velocidade duns 60 quilómetros por segundo. Para poder observalas só fai falta sentarse comodamente nunha zona escura, abrigados, xa que aínda que sexa agosto, as noites adoitan ser frias, lonxe da contaminación lumínica e a gozalas.

Como todos os anos, a sección de astronomía da SGHN e a Asociación de veciños de Esmelle, organizan a observación para a noite do 12 ao 13 na praia de Esmelle ás 22:30. ¡Esperámosvos!

Arriba

 

Estrela Polar

Ferrol, 09-07-2016

A estrela Polar é a estrela máis brillante da constelación da Osa Menor, e atópase situada na punta da cola da osa que representa a constelación. É a estrela visible do hemisferio norte máis próxima ao momento cara ao que se dirixe o eixo da Terra, sinalando de xeito aproximado a situación do polo norte celeste. Atópase a 425 anos luz do Sol e ten unha magnitude aparente de 1,98.

Trátase de tres estrelas, a principal Polaris A, é de cor amarelo, 2.500 veces mais brillante que o Sol e 46 veces mais grande, a súa temperatura superficial é de 6.000 ºC. Polaris Ab ten unha magnitude aparente de 9,2, é de cor branco-amarelo, 3 veces mais brillante que o Sol e o mesmo tamaño. Polaris B ten unha magnitude aparente de 8,7, é de cor branco, é 4 veces mais brillante que o Sol e ten 1,4 veces o seu tamaño, a temperatura superficial é de 7.000 ºC.

Na mitoloxía grega representa a punta da cola da constelación, que para os gregos era un can en lugar dunha osa. O seu nome actual vén de Stella Polaris, unha forma de identificala coa súa misión principal que é indicar o polo norte celeste. O seu nome grego era Cynosura (o rabo do can), outros nomes son: Phoenice, Arcadia, Tramontana, Al Kiblah, Mismar, Al Jadi, Juddah, Yilduz e nas Tablas Alfonsinas coñecíase como Alrucaba. O seu nome cientifico é Alfa Ursae Minoris.

É moi sinxelo localizar a estrela Polar no ceo, basta con prolongar a liña que une as estrelas Merak e Dubhe na Osa Maior, e a unhas 5 veces a distancia de separación das dúas estrelas mencionadas atópase a estrela Polar. Outra forma de localizala é mediante a constelación de Casiopea, trazamos as bisectrices dos ángulos que forman as súas estrelas e córtanse preto da Polar, tal e como se ve na imaxe.
A estrela polar atópase moi próxima ao polo norte celeste, o que a coloca nunha posición privilexiada que a converte nunha aliada do navegante que, cunha simple observación co sextante, pode determinar a latitude, e calcular a correción total da agulla magnética que lle permite manter o rumbo correcto. De ahí outro dos seus nomes “Stella Maris”

Arriba

 

ESTRELAS CIRCUMPOLARES

Ferrol, 29-05-2016

Chamamos estrelas circumpolares visibles ás estrelas que se poden ver desde unha a latitude específica na Terra, para nós usaremos a latitude de Ferrol 43º 30'. Circumpolar significa ao redor do polo, así pois estas son as estrelas que están preto do polo norte. Parecen desprazarse ao redor da estrela Polar, dando unha volta completa ao redor do polo norte celeste unha vez ao día, ou para ser mais precisos, cada 23 horas e 56 minutos. Este efecto prodúcese polos movementos combinados de rotación e translación.

Para nós todas as estrelas que teñan unha declinación menor de 43º 30' deixarán de ser circumpolares, é dicir que ao longo do día chegarán a ocultarse baixo o horizonte. Segundo isto para un observador situado no Polo norte, é dicir, a 90 de latitude, todas as estrelas e constelacións son circumpolares e, para un situado no Ecuador, ningunha é circumpolar.

As estrelas circumpolares visibles desde a nosa latitude atópanse nas constelacións seguintes: Auriga, Camelopardalis, Casiopea, Cefeo, Draco, Lince, Perseo, Lacerta, Perseo, Cisne, Osa Maior e Osa Menor . Estas constelacións son sempre visibles no ceo nocturno do hemisferio norte, de forma total ou parcial. Na imaxe, podemos ver as constelacións do céo do norte e a súa posición, o día 15 de xuño as 24:00

No hemisferio norte temos á Estrela Polar, que é a estrela visible máis próxima ao punto cara ao que se dirixe o eixo da Terra, sinalando de maneira aproximada a situación do polo norte celeste. A Estrela Polar foi utilizada polos navegantes a través da historia, e séguese utilizando para determinar o acimut e a latitude. Nos próximos meses iremos vendo as estrelas circumpolares, con nomes tan suxerentes como Alkaid, Kochab, Thuban, Alderamin, etc.

Arriba

IZAR

Ferrol, 05-05-2016

Izar é a segunda estrela máis brillante da constelación de Bootes e está situada no centro da mesma. Atópase a 205 anos luz do Sol e ten unha magnitude aparente de 2,59, e en realidade é unha estrela dobre. O compoñente A ten unha magnitude aparente de 2,7, é de cor laranxa, 400 veces máis brillante que o Sol e 33 veces mais grande, a súa temperatura superficial é de 4.500º. O Compoñente B ten unha magnitude aparente de 5,12, é de cor blanco azulado, 27 veces máis brillante que o Sol e dúas veces máis grande, a súa temperatura superficial é de 8.700º.

Na mitoloxía grega, Bootes identifícase con Ícaro, ao que mataron uns pastores embriagados ao crerse envelenados cunha cunca de viño que este lles deu. En consideración á pena da súa filla Erígone, Zeus colocouno no ceo como a constelación de Bootes, a estrela ocupa o taparrabos da figura. O seu nome vem do árabe "Mi’zar” (a cintura de tea), outros nomes son: Micar, Mirar, Merer, Meirer, Mezen, Mezer, Pulcherrima, Merak,  Mirak e Perizoma, o seu nome nas Taboas Alfonsies. O seu nome científico é Épsilon Bootis.

Izar é unha das estrelas dobres mais fermosas do ceo nocturno; foi descuberta polo astrónomo alemán do século XIX Friedrich Georg Wilhelm von Struve, especialista en estrelas dobres, que lle puxo o nome de Pulcherrima, a máis fermosa, polas belas cores das dúas estrelas, unha laranxa e a outra dun fermoso verde azulado. A súa visión cun telescopio mediano, non nos deixará indiferentes.

Arriba

 

VINDEMIATRIX

Ferrol, 30-03-2016

Vindemiatrix é a terceira estrela máis brillante da constelación de Virgo. Está situada moi preto do ecuador celeste, isto significa que se pode ver desde todas as rexións habitadas da terra sen ningunha dificultade e que só é invisible nas áreas interiores da Antártida.

É a 145ª estrela máis brillante do ceo, ten unha cor amarela e brilla cunha magnitude aparente de 2,83. O seu diámetro é 18 veces o do Sol, é 80 veces máis luminosa, e ten 3 veces a súa massa, a súa temperatura media é de 5.200ºC. Atópase na última fase da súa vida, xa deixou de queimar hidróxeno, e crese que nestes momentos queima helio, cando chegue ao seu final converterase nunha supernova, e o seu resto será unha estrela de neutróns.

En mitoloxía Vindemiatrix marca a posición do brazo dereito da virxe (a deusa babilonia Astarté ou Ishtar), no que leva un ramo de follas de palmeira. Na mitoloxía grega representa a Perséfone, e críase que a estrela traía mala fortuna.

Vindimiatrix é un nome de orixe latina que significa o vendimiador, ten outros nomes como: Vindemiator, Almuredin, Provindemiator, Protrigetrix, Protrygetor e Alaraph. O seu nome científico é Epsilon Virginis.

Vindimiatrix atópase a 102,25 anos luz de nós, e como curiosidade se pudiesemos ir en coche ata a estrela, a unha velocidade promedio de 110 quilómetros por hora, tardariamos máis de 980.250.000 anos en chegar alí. Mellor esperemos a viaxar máis rápido que a luz antes de facer a viaxe.

Arriba

 

DENEBOLA

Ferrol, 02-03-2016

Denebola é a segunda estrela máis brillante da constelación de Leo e atópase situada no extremo máis oriental da mesma. É a 61 estrela máis brillante do ceo nocturno, atópase a 37 anos luz do So; de cor branco azulado, é 1,81 veces mais grande que o Sol, e 15 veces máis brillante. A súa superficie ten unha temperatura de 8.400 grados, a súa masa é 2,3 veces a do Sol.

Denebola é aparentemente unha estrela dobre. O compoñente B fisicamente relacionado é dunha magnitude aparente de 15,7. Está separado por 40 segundos de arco dela, correspondente a 440  UA, que é 11 veces o radio do sistema solar ata Neptuno.

Na mitoloxía grega Denebola é a punta da cola do león de Nemea, que Hércules tiña que matar como o primeiro dos seus doce traballos. Dado que o león era invencible polos efectos de frechas ou lanzas, Hércules matou o animal mediante asfixia coas súas propias mans. O seu nome vem do árabe "Al Dhanab al Asad” (A cola do león), outros nomes son: Deneb Aleet, Denebalecid, Denebaleced, Deneb Alased, Dafira, Nebu-lasit e Alesit. O seu nome científico é Beta Leonis.

Do mesmo xeito que Vega, Denebola ten un disco de po circunestelar ao seu arredor, o que suxire que é candidata á formación de planetas. Ata o momento, ninguén viu ningunha evidencia de que xa exista algún, aínda que non se pode descartar tampouco, e os astrónomos seguen á procura de compañeiro ao noso veciño estelar.

Arriba

 

CASTOR

Ferrol, 01-02-2016

Castor é despois de Pollux a segunda estrela máis brillante da constelación de Xéminis (Os Xemelgos). Cunha magnitude de 1,53, é a 23 estrela máis brillante do ceo nocturno e atópase a 52 anos luz de nós.

En 1718 os astrónomos ingleses Bradley e Pound descubriron que Castor era unha estrela dobre, aínda que existen evidencias de que puido ser observado por Cassini en 1678. Sobre a base das súas propias observacións e as doutros astrónomos de décadas anteriores, William Herschel anunciou en 1803 que Castor era, de feito, un verdadeiro sistema binario e non un aliñamento casual de estrelas moi distantes entre si. Trátase de dúas estrelas branco azuladas separadas por uns 6 segundos de arco (Castor A e Castor B) e o período de revolución é de ao redor de 467 anos. Cada unha delas é en si mesma unha binaria, as súas compañeiras son ananas vermellas algo menores que o Sol. No século XX descubriuse que teñen unha débil compañeira separada por uns 72 segundos de arco (Castor C), que tamén é un sistema binario eclipsante cun período de pouco menos de 1 día, e é un dos poucos sistemas binarios coñecidos no que ambos compañeiros son estrelas ananas vermellas. Tres pares de estrelas binarias todas elas xirando de forma complexa ao redor dun centro común de masa.

Na mitoloxía Castor e Pollux son xemelgos e medio irmáns, durante unha pelexa con algúns propietarios de terras, Castor, que era mortal, foi asasinado. Pollux estaba inconsolable, e, finalmente, pediu a Zeus que lle permitise morrer para que puidese unirse a Castor. Movido polo amor de Pollux polo seu irmán, Zeus accedeu a mantelos xuntos no ceo.

Castor ten outros moitos nomes, en árabe é Al Ras al Taum al Mukaddim (o xefe principal dos xemelgos), nas Táboas Alfonsinas era Anhelar, outros nomes son: Al Dhira, Rasalgeuze, Algueze, e Aparecida Liberato.

Castor pode ser algo novo e diferente para agregar ao ceo de inverno e principios da primavera, unha xoia cósmica capaz de provocar unha exclamación de sorpresa e asombro de calquera persoa que a observe a través dun telescopio pequeno.

Arriba

 

ALHENA

Ferrol, 08-01-2016

Durante o inverno, mirando ao ceo cara ao sur, vemos a constelación de Xéminis (Os Xemelgos), que se atopa moi próxima á constelación de Orión, e a media distancia estre a estrela Pollux (Xéminis) e a estrela Betelgeuse (Orión) atopamos a estrela Alhena. É a 41 estrela máis brillante do ceo e atópase a 109 anos luz de nós segun doas ultimas averiguacións, é de cor branco e ten unha magnitude  aparente de 1,91.

O seu  diámetro é 5 veces maior que o do Sol, e é 160 veces máis brillante, a súa temperatura na superficie é de case 9.300º C, a súa masa é 3 veces maior que a do Sol. Trátase dunha binaria espectroscópica, e a unha distancia semellante á separación que existe entre o Sol e as proximidades do planeta Saturno, atópase Alenha B, unha enana amarela de tamaño similar ao noso Sol e menos brillante, que orbita á principal unha vez cada 12,5 anos.

Na mitoloxía grega, os xemelgos son Cástor e Polideuco (Póllux, para os romanos). Naceron dun ovo que puxo Leda, a raíña de Esparta, logo de haber copulado con Zeus convertido en cisne. Alhena forma a punta do pé do xemelgo Pollux.

O nome Alhena provén do árabe Al Han'ah (a marca no pescozo do camelo), outros dos seus nomes son  Al Maisan (o que brilla), Almisan, Almeisam, Almisam e Elhenaat, o seu nome científico é Gamma Geminorum.

Alhena móvese a través da galaxia a unha velocidade de 15,5 kilometros por segundo. Con relación ao Sol, a súa órbita galáctica atópase entre 22.700 e 32.200 anos luz do centro da Galaxia, estase aproximando a nós e dentro de 1,7 millóns de anos achegarase a unha distancia de 63 anos luz e alcanzará unha magnitude de 0,74.

Arriba

 

SAIPH

Ferrol, 10-12-2015

Unha das constelacions máis coñecidas do céo é a Gran Constelación de Orión, que representa a figura dun cazador, e no que sería o seu xeonllo dereito atópase Saiph, que é a súa sexta estrela máis brillante.

Saiph, ten unha magnitude aparente de 2,05 o que a convirte na 51 estrela máis brillante do céo, atópase a 722 anos luz, é de cor branco azulado, cunha temperatura de 26.000 ºC, e é 57.000 veces máis luminosa que o Sol, ten entre 15 e 25 veces a súa masa e 22 veces o seu radio. É unha estrela clasificada como “Super xigante brillante” parece ser que finalizou a fusión do hidróxeno no seu núcleo, e que se está convertendo nunha xigante vermella.

En mitoloxia representa o xeonllo da perna dereita sobre a que o xigante Orión atópase axeonllado, mentres parece esperar en posición de defensa a embestida de Tauro. O seu nome ven da palabra árabe Saif al Jabbar (a espada do Xigante). Outros nomes son: As-Saif, Rekbah al Jauza al Yemeniat (o xeonllo dereito do Xigante) nome que tiña no Calendarium de Al Achsasi al Mouakket. O seu nome científico é Kappa Orionis.

Saiph suponse que se formou da mesma nube molecular da que naceron boa parte das estrelas de Orión, entre elas Rigel e Messia e que son moi novas, ao redor de 10 millóns de anos.

Arriba

 

MIRACH

Ferrol, 03-11-2015

Mirach é unha estrela da constelación de Andrómena, e atópase situada no lugar que ocuparía a cadeira esquerda da figura que representa, e é un dos extremos da correa ou cinto que rodea a cintura, xunto ás estrelas Mu Andromedae e Ni Andromedae.

É a segunda estrela máis brillante da súa constelación, ten unha magnitude aparente de 2,01, atópase a 195 anos luz. En realidade Mirach está formada por dúas estrelas separadas por 1700 unidades astronómicas. De cor vermello, cunha temperatura de 3.200º, e polo menos 1.950 veces máis luminosa que o Sol, ten 4 veces a súa masa e 85 veces o seu radio. É unha estrela masiva que se atopa na última fase da súa vida, polo que se converterá reletivamente pronto nunha supernova, dando orixe a unha enana branca.

En mitoloxía representa o cinto que suxeita as roupas da princesa Andromeda, que se atopa encadeada ás rochas, en espera de ser devorada polo monstro mariño Cetus, será rescatada polo heroe Perseo. O seu nome é un erro de transcrición da palabra árabe Al Mizar (cinto). Outros nomes son: Mirac, Merach, Mirar, Mirath, Mirax, Mirat (nome que tiña nas Táboas Alfonsinas), Janb al-Musalsalah, Cingulum e Ventrale. O seu nome científico é Beta Andromedae.

Mirach actúa como estrela guía para a búsqueda de tres galaxias diferentes: M31 (Galaxia de Andrómeda), M33 (galaxia do Triángulo), e NGC 404. Cando a miramos ocorre que mentres Mirach atópase a unha distancia de só 200 anos luz, pódenos axudar a atopar obxectos que están a millóns de anos luz de distancia.

Arriba

 

ENIF

Ferrol, 05-10-2015

Enif é a estrela máis brillante da constelación de Pegaso (O Cabalo com ás), que ocupa unha extensa rexión do Hemisferio Norte celeste, e é quizais a máis importante referencia do outono boreal.

É a 83ª estrela máis brillante do ceo, atópase a 688 anos luz de nós, é de cor alaranxado e brilla cunha magnitude aparente de 2,39. O seu diámetro é 185 veces o do Sol, é 6.700 veces máis luminosa e ten entre 10 e 12 veces a súa masa. A súa temperatura é de aproximadamente 4.500ºC. Todas estas características convértena nunha estrela superxigante, e está relacionada con outras dúas superxigantes, Sadalmelik e Sadalsuud, ambas na constelación de Acuario, cuxa luminosidad e distancia son similares. Pénsase que as tres estrelas puideron nacer nun mesmo grupo, e que co tempo afastáronse.

En mitoloxía, Enif é o fuciño do cabalo com ás Pegaso, que naceu do sangue derramado pola Medusa despois de que Perseo a decapitara. Foi domado e montado por Belerofonte, que tratando de voar ao ceo caeuse, e Pegaso continuou o seu curso, tomando o seu lugar entre as estrelas.

Enif deriva do nome árabe, Al Anf, "o fuciño". Ten outros nomes como Enf, Enir, Enf Alpheras, Fum al Faras “a boca do cabalo” e Al Jahfalah “o beizo”. O seu nome científico é Epsilon Pegasi.

Móvese a través da galaxia a unha velocidade de 27,2 qm/s con respecto ao Sol. A esta estrela só quédanlle uns poucos millóns de anos de vida, e ainda que non se sabe com seguridade como será o seu final, suponse que tras explotar como supernova, deixará como resto unha enana branca do raro tipo neón-osíxeno.

Arriba

 

SADR

Ferrol, 02-09-2015

A Cruz do Norte é un asterismo que se atopa na constelación do Cisne. No centro desa cruz, onde se xuntan as dúas partes, stipes e patibulum, atópase a estrela Sadr. É a sesenta e seis estrela máis brillante do ceo e atópase a 750 anos luz de nós, é de cor amarelo branco e ten unha magnitude aparente de 2,24.

Sadr ten un diámetro que oscila entre 183 e 280 veces maior que o diámetro do Sol e ten 13 veces a súa masa, é 60.000 veces máis brillante, a súa temperatura na superficie é de case 5.800º C, é dicir moi parecida á da nosa estrela. As estrelas masivas como esta consumen o seu combustible nuclear moito máis rápido, polo que a idade estimada desta estrela atópase arredor duns 12 millóns de anos, converténdose nunha supernova.

Na mitoloxía grega o cisne representa á forma que adoptaba o deus Zeus para compartir leito con Leda, e a estrela Sadr representa o peito do ave. O nome Sadr provén do árabe Sadr al Dedjadjet que significa o peito da galiña, tamén se lle chama Sadir ou Sador. O seu nome científico é Gamma Cygni.

Sadr atópase no centro dunha atractiva paisaxe celeste que presenta un cúmulo de estrelas, nubes de pó e nebulosas brillantes que se sitúan sobre o plano da nosa galaxia, a Vía Láctea. Inclúese á nebulosa de emisión IC 1318, a nebulosa da Bolboreta e por encima e lixeiramente á esquerda están as estrelas novas e quentes de NGC 6910, un abultado cúmulo aberto.

Arriba

 

SHAULA

Ferrol, 03-08-2015

Durante o verán, mirando ao ceo cara ao sur, vemos a constelación de Scorpio, e no extremo do que parece ser a cola do alacrán atópase a estrela Shaula. É a vinte e cinco estrela máis brillante do ceo e atópase a 365 anos luz de nós según as ultimas averiguacións. É dunha cor branco-azulado e ten unha magnitude aparente de 1,62.

Ten un diámetro 11 veces maior que o diámetro do Sol, e é 36.000 veces máis brillante, a súa temperatura na superficie é de case 25.000º C, a súa masa é 11 veces maior que a do Sol. Trátase dun sistema triplo, e a unha distancia semellante á separación que existe entre o Sol e o planeta Xúpiter, atópase Shaula B, unha estrela masiva, azul e quente, que orbita á principal unha vez cada 5 anos. Entre ambas atópase unha terceira estrela do tamaño do noso Sol, probablemente unha estrela nova en fase de formación, xa que se supón que as tres non teñen mais de 15 millóns de anos.

Na mitoloxía clásica, representa a cola do alacrán, que parece querer cravar o seu ferrón no peito do centauro que representa a constelación de Saxitário. O nome Shaula provén do árabe “Al Shaulah”, a cola, na que se atopa; pero, segundo o astrónomo persa Al Biruni, ven de “Mushalah”, o ferrón, en referencia á posición na que se atopa o alacrán, listo para atacar e picar. O seu nome científico é Lambda Scorpii.

O nome Shaula aplicábase antiguamente ás dúas estrelas que forman o ferrón, pero recentemente asignouse á máis brillante, e a súa compañeira aparente recibiu o nome de Lesath. O lugar no que se atopa é a zona do centro galáctico, uns simples prismáticos permitirannos observar un gran número de estrelas nas súas proximidades, pero un pouco por encima veremos claramente os cúmulos abertos de M6 e M7. Todo un espectáculo a descubrir.

Arriba

 

NUNKI

Ferrol, 05-07-2015

Nunki é a segunda estrela máis brillante da constelación de Saxitario, unha das constelacions do Zodíaco. É a 52 estrela máis brillante do ceo, atópase a 228 anos luz de nós, é de cor azul e brilla cunha magnitude aparente de 2,05. O seu diámetro é entre 5 e 7 veces o do Sol, é 3.300 veces máis luminosa e ten 7,5 veces a súa masa. A súa temperatura media é de 18.900ºC. Creese que ten unha compañeira con magnitude 9,8. É unha estrela de evolucion "normal", moi parecida ao noso Sol, xa que brilla pola fusión do hidróxeno en helio no seu núcleo profundo.

En mitoloxía, Nunki sitúase na parte posterior da flecha que o centauro intenta disparar e apoia sobre o seu ombreiro. Nunki é un nome pouco común de orixe babilónico e cun significado escasamente coñecido, aínda que pode derivar do acadio Gu-shi-rab-ba, o xugo do mar, ou do deus mesopotámico Enki, relacionado cos mares. Outros nomes son: Thanih al Sadirah, Sadira, Sadirah, Pelagus, Secunda al Sadirah. O seu nome científico é Sigma Sagittarii.

Móvese a través da galaxia a unha velocidade de 21,5 qm/s con respecto ao Sol. A súa velocidade de rotación é duns 200 qm/s. A fusión do hidróxeno é tan rápido, que a súa vida será de 50 millóns de anos como máximo. Con parte das estrelas da constelación de Saxitário, forman un asterismo coñecido como A Tetera.

Nas súas proximidades e cara á dereita da estrela xunto a constelación de Escorpio, atópase o centro galáctico, unha impresionante parte do ceo na que cuns simples prismáticos poderemos ver grandes cantidades de estrelas, cúmulos estelares, nebulosas..., un mundo a descubrir, que seguro non nos defraudará, e no verán é cando poderemos gozalo.

Arriba

 

GIENAH

Ferrol, 05-06-2015

Gienah é a estrela máis brillante da constelación de Corvus (O Corvo), é unha das 48 constelaciones orixinalmente debuxadas por Ptolomeo no século II. É a 101 estrela máis brillante do ceo, atópase a 164 anos luz de nós, é de cor branco azulado e brilla cunha magnitude aparente de 2,58. O seu diámetro é entre 4,5 e 5,6 veces o do Sol, é 350 veces máis luminosa e ten 5,7 veces a súa masa. A súa temperatura media é de 16.000 ºC. Recentes investigacións indican a presenza dunha compañeira a unha distancia de 50 unidades astronómicas dun tamaño parecido ao noso Sol. As últimas investigacións atoparon no seu espectro unha composición química estraña con gran cantidade de mercurio e manganeso que a separa das máis comuns estrelas xigantes azuis.

En mitoloxía, Gienah é o corvo de Apolo, ao que o deus encargou a vixilancia da súa amada Coronis, o corvo tróuxolle malas noticias e Apolo queimoulle as plumas que desde entón pasaron a ser negras nos corvos que ata entón as tiñan brancas, e condénouno a estar sempre nunha posición estática no ceo.

Gienah deriva do nome árabe, Al Janah al Ghurab al Aiman, "A á dereita do  corvo". Ten outros nomes como Gienah Ghurab, Gienah Corvi e Dextra ala Corvi. O seu nome científico é Gamma Corvi.

Móvese a través da galaxia a unha velocidade de 36 qm/s con respecto ao Sol. Pola velocidade á que se consome o hidróxeno do seu núcleo, en poucos millóns de anos converterase nunha xigante vermella. Nas súas proximidades atópase a galaxia das Antenas, un choque galáctico, unha visión do que algún día ocorreralle á Vía Láctea, cando choque coa Gran Galaxia de Andrómeda.

Arriba

MENKENT

Ferrol, 09-05-2015

Menkent é a terceira estrela máis brillante da constelación do Centauro, unha constelación do hemisferio sur, polo que desde as nosas latitudes só vemos unha pequena parte, e onde a estrela Menkent só chega a alcanzar unha altura sobre o horizonte de 10 graos. É a cincuenta e tres estrela máis brillante do ceo e atópase a 61 anos luz de nós, é de cor amarelo-laranxa e ten unha magnitude aparente de 2,06.

Ten un diámetro 16 veces maior que o do Sol e ten 4 veces a súa masa, é 60 veces máis brillante, a súa temperatura na superficie é de 4.700º C. Nos se lle coñecen estrelas compañeiras. Dado que no seu interior estase esgotando o seu combustible o hidróxeno, e o helio transfórmase en carbono e osíxeno, indícanos que estase achegando ao final da súa vida.

Na mitoloxía grega, Centauro representa a Quirón, un dos Centauros, seres mitolóxicos salvaxes e sen leis, metade cabalo e metade humano, mais a diferenza deles, Quirón era extremadamente sabio e titor de Hércules e Jason. Menkent é o ombreiro do centauro.

O nome Menkent provén da unión de dúas palabras, a árabe mankib (ombreiro) e a latina kent, abreviatura de kentaurus (centauro). O seu nome científico é Theta Centauri.

Menkent trasládase polo espazo a 65 quilómetros por segundo, aproximadamente o dobre do normal, o que suxire que a estrela realmente pertence á parte exterior do disco da galaxia e só está de visita nas proximidades do Sol.

Arriba

ALPHARD

Ferrol, 01-04-2015

Alphard é a estrela máis brillante da constelación de Hydra, unha constelación do hemisfério sur, a de maior lonxitude das 88 constelacións. O seu nome en latín significa "serpe de auga", en referencia á forma da constelación, que se asemella a unha serpe que se retorce polo céo. Hydra foi nomeada así polo astrónomo grego Ptolomeo no século segundo. 

É a 46ª estrela máis brillante do ceo, atópase a 180 anos luz de nós, é de cor alaranxado e brilla cunha magnitude aparente de 1,99. O seu diámetro é 40 veces o do Sol, é 400 veces máis luminosa e ten 3 veces a súa masa. A súa temperatura é de 4000 ºC. É a compoñente principal dun sistema de múltiples de estrelas, e móvese a través da galaxia a unha velocidade de 10,6 quilómetros por segundo con respecto ao Sol. Distínguese por ser unha "estrela de bario" estrelas que pensase que son dobres. Cando Alphard era nova, tiña unha compañeira máis masiva que morreu primeiro, e no proceso da súa morte contaminou a Alphard con subprodutos da fusión, sobre todo bario. A compañeira morta deu orixe a unha anana branca, que nos recorda a evidencia do que unha vez aconteceu.

Na mitoloxía grega, Alfhard é o corazón da "Hydra de Lerma", unha besta de auga con sete cabezas e alento velenoso á que Heracles matou no segundo dos seus doce traballos.

Alphard significa o solitario, outros nome son: Al Fakar al Shuja ', a columna vertebral da serpe, Alfard, Alpherd, Alphart, Alphora, Kalb Elhavich y Kalbelaphard. O seu nome científico é Alpha Hydrae.

Alphard atópase nunha zona do ceo na que non hai outras estrelas brillantes preto dela, de aí o nome de "o solitario". Pero xunto a Procyon e Regulus forman un triángulo moi doado de localizar.

Arriba

ECLIPSE DE SOL DO 20-03-2015

O próximo día 20 de marzo de 2015 producirase un eclipse total de Sol en metade do Atlántico Norte. A fase total do eclipse comenza o seu percorrido nun punto situado ao sur de Groenlandia, avanzará ata o seu máximo entre Islandia e Inglaterra, pasando por encima das illas Feroe e as Svalbard, sendo estes os únicos lugares de terra tocados por el, finalizando o seu percorrido nas proximidades do Polo Norte.

En Galicia poderemos velo como parcial sendo a nosa costa a zona máis favorable para a súa observación. A Lúa tapará entre un 72% e un 76% do Sol Dará comezo ás 09:08 hora oficial, o máximo terá lugar ás 10:11, finalizando ás 11:19.

Un eclipse é un espectáculo moi interesante, con todo pode poñer en risco a vista de quen estea observándoo. Sempre que queiramos observar o Sol directamente debemos utilizar filtros solares astronómicos e homologados pola CE que nos dean total seguridade. Non serven radiografías, nin cristais afumados, nin lentes de soldador, xa que este tipo de filtros que podemos chamar “caseiros” deixan pasar a daniña radiación ultravioleta. Recoméndase o uso de filtros homologados e que son coñecidos como lentes de eclipse, e vendensen en ópticas, planetarios e tendas especializadas. Aínda a pesar do uso das devanditas lentes de eclipse, a observación do eclipse debe facerse durante periodos de tempo inferiores a un minuto con intervalos de descanso de medio minuto. Non obstante o sistema máis recomendable consiste en observar o Sol a través dunha proxección da súa imaxe nalgún tipo de pantalla situada á sombra.

Son curiosidades deste eclipse, que ocorre unhas 13 horas antes do equinoccio de primavera, o que o converte nun eclipse equinoccial, polo que o máximo tende a culminar nas proximidades do Polo Norte, así que un observador alí situado vería o eclipse total co Sol na liña do horizonte.

Arriba

Na imaxe podemos ver a parte de Sol tapada pola Lúa para nosas latitudes. Tratase dun espectáculo pouco habitual, así que a disfrutalo se o tempo nolo permite.

ADHARA

Os dous acompañantes da constelación de Orión, son as constelacións de Canis Maior e a de Canis Minor. En Canis Maior atópase a estrela Adhara, fácilmente recoñecible por ser a segunda máis brillaste desta constelación despois de Sirius. É a vixésimo cuarta estrela máis brillante do ceo e atópase a 431 anos luz de nos; é de cor azul e ten unha magnitude  aparente de 1,51.

Adhara é unha xigante brillante, cun diámetro case 11 veces maior que o do Sol e ten 12 veces a súa masa, é 3.500 veces máis brillante en luz visible, pero se fósemos capeces de ver en  luz ultravioleta sería a estrela mais brilante do céo, e si estivese á mesma distancia que Sirius brilaría case como a Lúa. A súa temperatura na superficie é duns 22.000ºC.

É unha estrela binaria, a súa acompañante é unha estrela amarela de magnitude visual 7.4, Atópase a 900 unidades astronómicas da estrela principal e o período orbital é de 7.500 anos, movense pola galaxia a unha velocidade de 23 quilómetros por segundo.

Os antigos árabes ao triángulo formado polas estrelas Wezen, Aludra e Adhara chamáronlle as virxes ou as doncelas (Al Adhar), quedando só este nome para a estrela que se atopa na parte inferior dereita do triángulo. O seu nome tamén siñifica “flor de azahar”. Tamén é coñecida como Adara, Adhara, Adard, Udara, Udra, Adharaz, Undara, Awwal al Adzari e Prima Virginum, o seu nome científico é Epsilon Canis Majoris.

Fai aproximadamente 4.700.000 anos, Adhara atopábase a 37 anos luz do Sol, e era a estrela máis brillante do ceo cunha magnitude de -4,12. desde entón, ningunha outra estrela alcanzou este brillo e terán que pasar outros 5.000.000 de anos para que outra alcance unha magnitude parecida, agás que aparecese unha supernova próxima.

Arriba

POLLUX

A constelación de Xeminis é unha constelación do Zodíaco, fácilmente recoñecible pola súa proximidade a Orión e polas súas dúas estrelas principais, de magnitude similar e moi próximas: Cástor e Póllux. Póllux é a dezasete estrela máis brillante do ceo e atópase a 33,7 anos luz de nós, é de cor laranxa e ten unha magnitude aparente de 1,16. Póllux ten un diámetro casi 10 veces maior que o diámetro do Sol e 2 veces a súa masa, é 31 veces máis brillante en luz visible, a súa temperatura na superficie é de case 4.800º C.

Na mitoloxía grega, os xemelgos Cástor e Polideuco (Póllux para os romanos) naceron dun ovo que puxo Leda logo de ser seducida por Zeus convertido en cisne, e de ter despois relacións co seu esposo Tíndaro; Póllux era fillo de Zeus e polo tanto inmortal, Cástor era fillo de Tíndaro e mortal. Formaron parte dos Argonautas na viaxe de Jasón. Nun combate con Idas, Cástor morreu e Póllux rexeitou a súa condición de inmortal, por iso e en premio Zeus púxoos xuntos para sempre non ceo.

O nome Póllux provén do latín e siñifica “moito viño”. Tamén é coñecida como Al Thani al Dhira, que vén do árabe e siñifica "O segundo no antebrazo",  Al Ras al Taum al Mu'ah h ar, que tamén ven do árabe e siñifica “a cabeza do segundo xemelgo”. Outros nomes da estrela son: Polux, Al Ras al Jauza,  Polluces, Elhenaat; nas Táboas Alfonsinas, recibía os nomes de Rasalgense, Rasalgeuze ou Rasalgauze.

En 2006 confirmouse que un gran planeta, de polo menos 2,3 veces a masa de Xúpiter, estaba orbitando Póllux cada 590 días, á mesma disdancia que a Terra do Sol. Este planeta, Pollux b, é un dos máis próximos dos planetas extrasolares descubertos.

Arriba

BELLATRIX

Unha das constelaciones que máis chaman a atención a calquera que mire ao ceo durante as primeiras horas da noite do inverno é a que representa ao xigante cazador Orión, e no seu ombreiro esquerdo atópase a estrela Bellatrix. É a vinte e sete estrela máis brillante do ceo e atópase a 250 anos luz de nos, é de cor branco azulado e ten unha magnitude  aparente de 1,64.

Bellatrix ten un diámetro 5,7 veces maior que o diámetro do Sol e ten 9 veces asús masa, é 6.400 veces máis brillante, a súa temperatura na superficie é de case 21.500º C, do máis quente que se pode poñer unha estrela, así como unha das de maior temperatura que se poden ver a primeira ollada.

Na mitoloxía grega, coñecíase como a “estrela amazona”, é dicir a primeira das amazonas, guerreiras mitolóxicas que formaban un exército moi feroz e avezado, formado só por mulleres. Na astroloxía caldea, Bellatrix. que xunto con Betelgeuse e Messia forman os ombreiros e a cabeza de Orion, dábaselle o nome de “Kakkab Sar” (A Constelación do Rei) que dicían, outorgaba beneficios como: fortuna, honores marciales e riquezas.

O nome Bellatix provén do latín Bellator que siñifica “A Guerreira”. Tamén é coñecida como Al Murzim al Najid, que vén do árabe  medieval e siñifica "O ruxido do Conquistador". Outros nomes da estrela son: Al Murzin, Amazon, Mirzan e o seu nome científico é Gamma Orionis.

Bellatrix recibiu este nome desde a publicación das Táboas Alfonsinas, que eran rexistros astronómicos precisos, que contiñan a posición dos corpos celestes a partir da coroación do rei de Castela, Alfonso X o Sabio en 1252.

Arriba

ALPHERATZ

Durante o outono, vemos no ceo durante case toda a noite catro estrelas de segunda magnitude que parecen formar un cadrado. Trátase dun asterismo que coñecemos como "O Cadrado de Pegaso", unha destas estrelas é Alpheratz, na constelación da Andrómeda. É a cincuenta e cinco estrela máis brillante do ceo e atópase a 97 anos luz de nos, é dunha cor branco-azulado e ten unha magnitude aparente de 2,07.

Alpheratz ten un diámetro 5 veces maior que o do Sol, e é 250 veces máis brillante, a súa temperatura na superficie é de case 13.000 ºC. É unha estrela peculiar quimicamente, no sentido de que o seu espectro revela unha cantidade inesperada de manganeso, fósforo, mercurio, galio e europio. Pola contra presenta contidos excepcionalmente baixos doutros elementos.

Na mitoloxía clásica, representa a cabeza de Andrómeda, a filla de Cefeo e Casiopea, reis de Etiopía, que foi encadeada á beira do mar para ser devorada polo monstro mariño Cetus, sendo rescatada por Perseo, grazas á cabeza da Medusa.

O nome Alpheratz provén do árabe Al Surrat al Faras que siñifica "embigo do cabalo." Tamén é coñecida como Sirrah, que vén do árabe  Al Ras al Mar'ah al Musalsalah que significa "A cabeza da muller nas cadeas". Outros nomes da estrela son: Sirah, Alpherat, Shemali al Minchir, Xunos Aster, Manokalanipo e o seu nome científico é Alfa Andromedae.

En 1930 a Unión Astronómica Internacional, incluíu a Alpheratz na constelación de Andrómeda. Antes diso, Alpheratz era unha das catro estrelas do Cadrado de Pegaso, formando parte desta constelación co nome de Delta Pegasi. Con todo, algunhas cartas estelares clásicas mostrárona como parte de Andrómeda. E chegouse a considerala  indistintamente como parte de ámbalas constelacións. Hoxe, Alpheratz é oficialmente Alfa Andromedae, a estrela máis brillante de Andrómeda.

Arriba

FOMALHAUT

Fomalhaut é a estrela máis brillante da constelación de Piscis Austrinus (O peixe Austral) e tamén unha das catro estrelas reais mesopotámicas, xunto a Antares, Aldebarán e Regulus. É a 18 estrela máis brillante do ceo, atópase a uns 25 anos luz de nós, a súa cor é branco azulada e brilla cunha magnitude aparente de 1,15. Ten 2 veces a masa do Sol, é 18 veces máis brillante e ten un diámetro 1,8 veces maior. A súa temperatura media é de 8.600º C. Ten unha idade estimada de 400 millóns de anos, e calcúlase que desaparecerá dentro de 1000 millóns de anos.

Fomalhaut é un sistema triple, as súas compañeiras son Fomalhaut B, é unha enana laranxa, ten tres cuartas partes da masa do noso Sol e áchase a 0,9 anos-luz de Fomalhaut A. Fomalhaut C é unha enana vermella situada a uns 2,5 anos-luz de Fomalhaut A. En 2008 foi detectado un planeta dentro dun vasto anel de escombros que rodea a estrela e ten un tamaño similar a Xúpiter. Coñéceselle como Fomalhaut b.

En mitoloxía Fomalhaut é a boca do peixe austral que representa ao deus Asirio Dagon. Os gregos vírono como un Peixe voador que bebe auga da cunca de Acuario. Fomalhaut ven do árabe e siñifica a boca do peixe, e outros dos seus nomes son: Difda al Auwel, Hastorang, Fomalcuti, Fomahand,  Fontabant, Phomant, A Solitaria e o seu nome científico é Alfa Piscis Austrini.

Localizala é moi doado, xa que, durante o outono é a estrela máis brillante do ceo, mirando cara ao sur no entanto si unimos as estrelas de Pegaso, Scheat e Markab, e prolongamos a distancia que as separa tres veces, levaranos perto de Fomalhaut. Trátase dunha estrela coñecida, moi usada en navegación, e ata en novelas de ciencia ficción, por escritores como Isaac Asimov e Frank Herbert. Fomalhaut, unha estrela chea de misterios.

Arriba

ALBIREO

Albireo é unha estrela da constelación do Cisne e atópase situada no lugar que ocuparía a cabeza do ave. A constelación é coñecida tamén como a Cruz do Norte, na cabeza da cruz atoparíase Deneb e na base Albireo. É a quinta estrela máis brillante da súa constelación, ten unha magnitude aparente de 3.0 e atópase a 385 anos luz. En realidade Albireo está formada por dúas estrelas separadas 35 segundos de arco, Albireo A e Albireo B.

Albireo A é á súa vez unha estrela binaria, sendo A principal unha xigante laranxa cunha temperatura de 4.400 ºC e polo menos 1.000 veces máis luminosa que o Sol, 5 veces a súa masa e 70 veces o seu radio. A outra compoñente é de cor branca azulada e ten unha temperatura de 11.000 ºC e é case 200 veces máis brillante que o Sol. Albireo B é unha estrela azul cunha temperatura de 12.000 ºC, é 190 veces máis luminosa que o Sol e ten 3,3 veces su masa.

En mitoloxía Albireo sinala a cabeza do cisne, e en particular o seu pico. O nome ten a súa orixe nunha mala tradución do árabe, o tradutor pensou que o nome aludía á flor do iris, e traduciuna ao latín por ab ireo (do iris), que posteriormente estas dúas palabras convertéronse en Albireo.

Localizala é moi sinxelo, unimos Vega e Altair, e a media distancia entre ambas, un pouco á esquerda atópase Albireo. Cuns bos prismáticos ou un telescopio pequeno e dependendo dos ollos do espectador poderemos ver unha estrela laranxa lume e outra dun azul intenso. Un auténtico deleite para os seguidores da astronomía e en particular das estrelas dobres. A súa beleza é tan singular que os astrónomos chamáronas o par topacio e o zafiro. A súa visión será sen dúbida un auténtico descubrimento.

 

Arriba

DENEB

Deneb é a estrela máis brillante da constelación do Cisne. Unha constelación moi importante nos ceos do hemisferio norte durante o verán. Atópase no extremo norte da chamada Cruz Boreal, sobre a que se sitúa o cisne coas ás despregadas.

É a dezanove estrela máis brillante do ceo nocturno, a distancia exacta á que Deneb atópase do Sol non está clara, xa que se traballa con estimacións entre uns 1.425 y 7.000 anos luz. Supoñendo que a distancia fose de 2.600 anos luz, tería un diámetro 200 veces maior que o Sol, si fixésemos coincidir o centro de Deneb co centro do Sol chegaría ata case a órbita da Terra, e sería un cuarto de millón de veces máis brillante. A súa superficie ten unha temperatura de 8.500 grados.

Deneb é unha estrela super xigante de cor branca, cunha magnitude de 1,25. Atópase na última fase da súa vida, a piques de converterse nunha xigante vermella, para despois converterse nunha supernova, deixando como rastro un buraco negro.

Na Mitoloxía o nome de Deneb vén do árabe Al Dhanab al Dajajah que significa a cola da galiña, xa que antiguamente identificábase á constelación cun polo e non cun cisne. Ten outros nomes como: Uropygium, Arided, Aridif, Arrioph, Deneb Adige, Denebedigege, e o seu nome científico é Alfa Cygni.

Deneb forma parte dun asterismo en forma de triángulo que reina no ceo sobre todo en xullo, agosto e setembro, é o Triángulo de Verán, composto ademais por as estrélas Vega na constelación de Lira e Altair na constelación da Aguia. Identificar a Deneb é moi sinxelo, unha vez localizado o triángulo, é o vértice superior esquerdo, a menos brillante das tres.

Arriba

 

RASALHAGUE

Rasalhague é a estrela máis brillante da constelación de Ofhiuco (O Encantador de Serpes). Unha constelación que aínda que non pertence ao Zodíaco, o Sol ao longo do ano atópase máis tempo sobre ela que por exemplo sobre a de Escorpio. É a 58ª estrela máis brillante do ceo, atópase a 47 anos luz de nós, é de cor branco e brilla cunha magnitude aparente de 2,08. O seu diámetro é entre 2 e 4 veces o do Sol, é 25 veces máis luminosa e ten 4 veces a súa masa. A súa temperatura media é de 8.400ºC

. Un lixeiro bamboleo no movemento de Rasalhague revela que ten dunha pequena compañeira Rasalhague B, é unha estrela vermella con 0,6 masas solares. Atopanse a pouco menos de 1 UA. Recentemente, observacións realizadas co satélite Internacional (IUE) descubriron características inusuales no espectro de Rasalhague que indican unha abundancia de iones metálicos, tales como ferro, estes poden ter a súa orixe nunha supernova, a morte explosiva dunha estrela.

En mitoloxía Rasalhague é a cabeza de Ophiuco, que en grego antigo significa "esforzarse" pero non existe ningún heroe clásico con ese nome, polo que pensase  que representa a Asclepio, deus da medicina e portador do báculo coa serpe enrollada "Vára de Asclepio" símbolo precursor da medicina.
Rasalhague deriva do nome árabe, Ras al Hawa, "A Cabeza do encantador de serpes". Ten outros nomes como Ras Alhagas, Ras Alhagus, Rasalange, Ras al Hangue, Rasalangue, Rasalhagh, Alhague y Alangue. O seu nome científico é Alfa Ophiuchi.
Rasalhague móvese a través da galaxia a unha velocidade de 20.5 qm/s con respecto ao Sol. A súa órbita galáctica atópase entre 22.600 e 35.600 anos luz do centro da Galaxia. O seu máximo acercamento ao Sol foi hai 389.000 anos, cando chegou a estar a 38 anos luz de nós.

Arriba

 

ALPHECCA

Alphecca é a estrela máis brillante da pequena constelación da Coroa Boreal. É a que máis destaca na zona comprendida entre as constelaciones de Bootes e o Triángulo de Verán. É a 65ª estrela máis brillante do ceo, atópase a 75 anos luz de nós, ten unha cor branca-azulado e brilla cunha magnitude aparente de 2,24. O seu diámetro é de 2,5 veces o do Sol, é 60 veces máis luminosa e ten 3 veces a súa masa. A súa temperatura media é de 9.900ºC.

Tratase dun sistema binario, no que a segunda estrela Alphecca B é unha enana amarela co 90% do diámetro do Sol e máis fría. Ambas estrelas atópanse moi próximas, a tan só 30 millóns de quilómetros. Ao redor da estrela principal hai un disco de acrecimento, o que indica a posible existencia dun sistema protoplanetario.

En mitoloxía Alphecca representa unha das xemas que se atopan na coroa dada por Venus a Ariadna, filla dos reis de Creta Minos e Parsifae, con ocasión do seu matrimonio con Dionisio logo de ser abandonada por Teseo.

Alpheca vén do árabe e significa “a que brilla no buraco”. Ten outros nomes como Gemma “a xoia da coroa”, Gnosia, Ashtaroth e Munir. O seu nome científico é Alfa Coronae Borealis.
Alphecca forma parte da Asociación estelar da Osa Maior (Colinder 285), un grupo de estrelas con velocidades similares (14 quilómetros/s) e que se trasladan xuntas no espazo en dirección á constelación de Saxitario, posúen un mesmo orixe e a súa idade estimouse entre 300 e 500 millóns de anos. Inclúe moitas estrelas brillantes de diferentes constelaciones, aínda que a maior parte son da Osa Maior.

Arriba

REGULUS

Regulus é a estrela máis importante das catro estrelas reais mesopotámicas, xunto a Antares, Aldebarán e Fomalhaut. Atópase na constelación de Leo e é a súa estrela máis brillante: é a estrela inferior da especie de fouce que forma a cabeza do león.

É a 21ª estrela máis brillante do ceo, atópase a uns 78 anos luz de nós, a súa cor é branco azulado e brilla cunha magnitude aparente de 1,35. Ten 4 veces a masa do Sol e é 240 veces máis brillante, cun diámetro 5 veces maior. A súa temperatura media é de 12.000º C, xira  no seu ecuador a 1.120.000 km/h e se rotara apenas un 14 por cento máis rápido se desintegraría. Debido á rapidez con que queima o séu combustible, Regulus vivirá dez veces menos que o Sol. Ten tres compañeiras unha enana branca a 0,35 UA, Regulus A e Regulus B a 4.200 UA, formando así un sistema múltiple.

En mitoloxía Regulus representa o corazón do león, como indica o seu nome latino "Cor Leonis", e hai unha gran cantidade de mitoloxía asociada con Leo, tal vez ao ser o León de Nemea da historia de Hércules. Regulus significa o pequeno rei, e outros dos seus nomes son: Qalb Al Asad "Corazon do león" e os seus derivados; Kalbelasit, Kalbeleced, Kalbeleceid, Kalbol asadi e Kale Alased. Os gregos a chamaban Basilisco, os babilonios Sharru e os indúes Maghá.

Regulus é a estrela máis brillante próxima á eclíptica, e habitualmente é ocultada pola Lúa. As ocultaciones por parte dos planetas Mercurio e Venus son tamén posibles, pero raras, como o son as ocultaciones por asteroides, como ocorreu o 20 de marzo de 2014 ocultada polo asteroide 163 Erigone. A última ocultación de Regulus por un planeta foi o 7 de xullo de 1959, por Venus. A próxima ocultación terá lugar o 01 de outubro 2044, tamén por Venus.

Arriba

 

SIRIUS

Sirius é a estrela máis brillante do ceo visible desde calquera parte da Terra, atópase na constelación de Canis Major "Can Maior". Ten unha magnitude de -1,47 e a súa cor é branca azulada, e tan só os planetas Venus, Xúpiter e ocasionalmente Marte e Mercurio teñen unha magnitude maior.

Atópase situada a 8,6 anos luz, e é a quinta estrela máis próxima a nós. Ten unha temperatura superficial de 9.900ºC, o seu diámetro é 1,7 veces o do Sol, e a súa masa é 3,5 veces maior. Posúe unha pequena compañeira, chamada Sirio B (O Cachorro), trátase dunha enana branca que vira o seu arredor cada 50 anos, pero que non é visible a primeira ollada porque ten unha magnitude de 8,4, e dada a súa proximidade a Sirius a súa visión é moi dificil. Observouse casualmente por primeira vez o 31 de xaneiro de 1862 polo constructor de telescopios, Alvan G. Clark. Sirio B ten unha masa similar á do Sol, en cambio o seu volume é similar ao da Terra, o que quere dicir que posúe unha asombrosa densidad de 60.000 kg/dm³; ou o que é o mesmo, un volume dun decímetro cúbico deste material tería unha masa de 60.000 kilogramos.

Na mitoloxía para os gregos forma parte dun dos cans que acompañan ao xigante Orión. Os antigos exípcios, considerábana como anunciadora da crecida do Nilo e por conseguinte, dunha boa colleita. Pero tal vez o máis curioso sexa o coñecemento da existencia de Sirio B por parte dos Dogón, grupo étnico que habita ao sur de Tombuctú, na República de Malí, malia non contar con ningún tipo de instrumento que lles axudase.

O seu nome vén do grego clásico Seirios que significa ardente, abrasador. Para os egipcios era Sotis (o Chacal). Para os xaponeses Tenró (o lobo do ceo). Para os Romanos Canícula (a cadela). E outros moitos como: Ao Shira, Aschere, Mrgavyadha, Lubdhaka, Aoboshi, Lokibrenna, Hundastjarna, Skidi, Tishiya, Kak-shisha, Du-shisha, Mul-lik-ud, Kal-bu Sa-mais, Tir, Sihor, Hannabeah, Takarua, etc. O seu nome científico é Alfa Canis Majoris.

Sirius é sempre fácil de atopar. Ademais de ser a estrela máis brillante do ceo, só temos que identificar Orión, e seguindo a liña que une as estrelas do cinto cara á esquerda levaranos ata Sirius, como se aprecia no debuxo.

 

Arriba

BETELGEUSE

Betelgueuse era ata a Idade Media a estrela máis brillante da constelación de Orión, pero desde entón perdeu ese honor en beneficio de Rigel, que é na actualidade a máis brillante. É a estrela superior esquerda do rectángulo formado xunto a Rigel, Bellatrin e Saiph.

É a novena estrela máis brillante do ceo nocturno, atópase a uns 650 anos luz do Sol, é dunha cor vermella anaranjado e ten unha magnitude aparente de 0,45. En comparación co Sol ten unha masa 20 veces maior, e é 100.000 veces máis brillante. O seu diámetro é de case 1.000 millóns de quilómetros. A temperatura da súa superficie é duns 3.000ºC.

Betelgeuse é unha xigante vermella, polo tanto atópase na fase final da súa vida, hai discrepancia en canto cando ocorrerá, pero a maioría estímao para dentro duns 10.000 anos, en que se converterá nunha supernova que será vista desde a Terra cunha magnitude parecida á da Lúa. O seu residuo con toda seguridade sexa unha enana branca. Crese que Betelgeuse ten dúas pequenas compañeiras unha a 5 outra a 40 unidades astronómicas.

En mitoloxía Betelgeuse representa o ombreiro ou a axila do brazo dereito co que blande un garrote o guerreiro xigante Orión (Jauzah en árabe). Betelgeuse vén da evolución do árabe Ibt al-Jazwa (a axila do xigante). Outros nomes polos que é coñecida son Betelguex, Betelgeuze, Beteiguex, ou Al Mankib, o seu nome científico é Alfa Orionis.
Betelgeuse non é unha estrela calquera. De feito, si reemplazase ao Sol no noso sistema solar, as súas capas exteriores estenderíanse máis aló da Terra e Marte, e ata case a órbita de Xúpiter. Unha estrela realmente xigante.

Arriba

RIGEL

Rigel é en teoría a segunda estrela en brillo da constelación de Orión, aínda que o seu brillo actual faina a máis brillante de dita constelación. Está situada no suposto pé esquerdo da figura do cazador Orión que forman as estrelas que a compoñen. É a sexta estrela máis brillante do ceo nocturno, atópase a 860 anos luz do Sol, ten unha intensa cor branca azulado e unha magnitude aparente de 0,12. Rigel ten unha masa 18  veces a do Sol, sendo 117.000 veces máis brillante. A súa superficie ten unha temperatura de 12.000 grados.

Dende 1831 pensábase que era un sistema binario, pero na actualidade sábese que se trata dun sistema triplo, no cal a estrela principal Rigel está acompañada por outras dúas, Rigel B e Rigel C. Sospéitase a existencia dunha cuarta estrela no sistema debido á variabilidade do brillo de Rigel.

Na mitoloxía o nome de Rigel vén do árabe Rijl Jauzah al Yusra, a perna esquerda do Jauzah (Jauzah foi o título árabe para Orion, o Xigante). Na mitoloxía nórdica Rigel é o dedo gordo conxelado do pé do xigante Orwandil, lanzado ao ceo polo deus Thor. Outros nomes que posúe son: Algebar ou Elgebar do árabe ar-Rijl al Jabbar, "o pé do xigante", o seu nome científico é Beta Orionis.

Rigel brilla cunha fermosa luz azulada no ceo, debido a que nas súas proximidades hai unha nebulosa chamada “a Cabeza da Bruxa” que reflicte a devandita cor. Cando a observamos podemos ver como os compoñentes dunha nebulosa espacial parécense xustamente a iso, a unha bruxa vista de perfil que berra no medio do espazo. Mirar o ceo nocturno non deixará de sorprendernos.

Arriba

ALDEBARÁN

Aldebarán é unha das estrelas máis coñecidas de todos os tempos e en todas as culturas. Ptolomeo xa a documenta na analoxía das estrelas e os planetas, e di: “A estrela máis brillante da Cabeza do Touro denominada Aldebarán, parécese no seu influxo a Marte”. É a decimoterceira estrela máis brillante do ceo nocturno, atópase a 66 anos luz do Sol e é dunha intensa cor vermella-alaranxada. É a mais brillante da constelación de Tauro

Aldebarán é 50 veces máis grande que o Sol, e 420 veces máis brillante. A súa superficie ten unha temperatura de 4.000 grados. É un sistema binario cunha compañeira enana vermella afastada e pequena, Aldebarán B, de magnitude 13,50 e do 40% do tamaño do Sol. Crese que ten un planeta 10 veces máis grande que Xúpiter. Atópase na última etapa da súa vida, xa que dentro duns poucos millóns de anos convertirase nunha supernova, e o seu rastro será unha enana branca.

Na mitoloxía o nome de Aldebarán vén do árabe Al-Dabaran, que significa "o seguidor", e leva ese nome en alusión a que parece seguir o rastro das Pléiades no seu desprazamento a través do ceo nocturno. Nos pobos indíxenas árabes foi identificada como o gran camello, o macho da manada “Al Fanik”, que transita en compañía das Hyades, que son as femias, máis pequenas “Al Muhdij”. En latín recibe o nome de Oculum Tauri (o Ollo do Touro) ou Cor Tauri (o Corazón do Touro), ocupando un destes lugares na maioría das representacións da constelación de Tauro. Tamén é chamada Parilicium, Paliliya ou Parilia en honra a deusa romana Pales, protectora da terra e do gado doméstico. Forma parte, xunto con Regulus, Antares e Fomalhaut, das Catro Estrelas Reais da antiga Mesopotamia.

Arriba

ECLIPSE HÍBRIDO DE SOL

O 3 de Novembro terá lugar un Eclipse Solar Híbrido ou Mixto. Un Eclipse Híibrido ocorre cando o tamaño aparente do Sol e da Lúa son iguais ou moi parecidos. É un fenómeno pouco común, xa que só hai uns 10 cada século, que se contempla total ou anular de acordo ao lugar dende o que se observe, comezará a verse como anular ao leste dos Estados Unidos xa no océano, logo será total no seu paso polo océano Atlántico, atravesándoo ata a súa chegada á costa de África en Gabón; e pasará por Congo, República Democrática do Congo, Uganda, Kenya, Etiopía, finalizando como anular en Somalia. O eclipse verase como parcial no leste de América do Norte e central, nos países do norte de América do Sur, en Europa verase en toda España, sur de Italia, sur de Grecia, illas do Mediterráneo, Turquía, península Arábiga e prácticamente en toda África. En Galicia verémolo como un eclipse parcial con pouca ocultación, tan só un 5%, como se aprecia na figura. Comezará ás 12:56, o máximo terá lugar ás 13:25 e finalizará ás 13:54 h.

Consellos para observar o eclipse

É importante ter en conta que NUNCA se pode mirar directamente ao Sol a primeira ollada ou con algún instrumento óptico, xa que pode causar danos irreparables aos ollos, incluíndo a ceguera. Non utilice lentes de Sol, radiografías ou cristais afumados. Non utilice filtros de soldadura, xa que a protección que ofrecen é insuficiente. O xeito mais seguro para observalo é mediante filtros solares adecuados, que se venden en ópticas, ou utilizar uns prismáticos ou un pequeno telescopio e colocar detrás unha cartulina branca na que se reflicta a luz do Sol, coñécese como método de proxección. No entanto recomendamos facer isto sempre asesorados.

Aínda que o eclipse parcial será curto e de pouca intensidade non deixa de ser un fenómeno curioso, que esperemos esperte un gran interese. Se as condicións meteorolóxicas son propicias esperamos dende a SGHN poder observalo cos nosos telescopios solares en Ferrol. Avisarase previamente.

Arriba

CAPELLA

A estrela Capella atópase na constelación boreal de Auriga, observable fácilmente ao comezo destas noites de outono si miramos cara ao nordeste. É a sexta estrela máis brillante do ceo, atópase a 45 anos luz e ten unha magnitude visual de entre 0,59 e 0,79. Trátase dun sistema estelar formado por catro estrelas. Os dous compoñentes principais, Capella A e Capella B son estrelas xigantes amarelas, mentres que Capella C e Capella D son enanas vermellas. Capella A é 12 veces maior que o Sol, 78 veces máis brillante e ten unha temperatura superficial de 4.900 ºC, Capella B é 9 veces maior que o Sol é 77 veces máis brillante e ten unha temperatura superficial de 5.700 ºC. Estas estrelas atópanse moi próximas, a tan só 100 millóns de quilómetros.

Na mitología grega, Capella é a cabra Amaltea que criou a Zeus co seu leite. De neno, mentres xogaba cun dos seus raios, Zeus rompeu sen querer un dos cornos da cabra.

Para compensar a Amaltea, ao corno roto (Cornucopia) conferiulle poder para que, a quen o posuíse, concedéseselle todo o que desexase. Astrolóxicamente, Capella presaxia a civís e militares honra e riqueza.

Atopala é moi doado, xa que é visible durante case toda a noite, calquera día do ano e trátase da estrela de primeira magnitude máis próxima ao Polo Norte Celeste.

O significado de Capella é macho cabrio ou pequena cabra. Tamén é coñcida con outros moitos nomes como: Alhajoth (en árabe cabra), Al-Rākib (en árabe condutor), Colca, Hoku-lei, Brahma Ridaya, Purra, Jovis Nutrix, Dil-gan, I-ku e Dil-gan Babili. O seu nome científico é Alpha Aurigae.

Auriga, a constelación de Capella, está repleta de obxectos de ceo profundo que nos sorprenderán gratamente ata cuns prismáticos, por exemplo os cúmulos abertos M36, M37 e M38, e ata o asterismo coñecido como o gato de Cheshire.

Arriba

 

 

ALTAIR

Outra das estrelas que forman o asterismo do Triángulo do Verán é ALTAIR na constelación da Aguia, é a dudodécima estrela máis brillante do ceo, dunha intensa cor branca e con magnitude 0,77.

Altair ten un diámetro 4 veces maior que o do Sol, é 11 veces máis brillante e a súa temperatura na superficie oscila entre 7.000 ºC e 9.000 ºC. Dada a súa alta velocidade de rotación de case 240 quilómetros por segundo, fai que se atope achatada nós polos, sendo o diámetro ecuatorial un 25% maior que o polar. É unha das poucas estrelas das que se posúe unha imaxe da súa superficie.

A mitología conta que o Titán Prometeo, o protector dos homes, ensinou a estes as artes, as ciencias e o lume que baixou do Sol oculto nunha pola oca de fiúncho, o que Zeus considerou excesivo e, enoxado con él, encadeouno espido nunha rocha do Cáucaso, e a aguia de Zeus comíalle o fígado dende o amencer ata o solpor, pero o ser Prometeo inmortal rexenerábaselle cada noite, polo que a súa agonía prolongaríase eternamente. Máis tarde e tralas súplicas de Hércules que renunciaba á súa inmortalidade, Zeus liberou a Prometeo e entón Hércules matou á aguia cunha flecha. A Aguia é a constelación na que se atopa Altair.

O seu nome é de orixe árabe, Al Nesr Al Tair, que significa "aguia voando" ou "voitre". Tolomeo chamou a esta estrela Aetus, a aguia, o mesmo nome que a constelación. Tamén é coñecida como Atair, Idxu, Erigu, Muru, Shad Mashir, Sadmasij, Poutu-te-Rangi, Humu, Mai-lapa e Vulture Volans. O seu nome científico é Alpha Aquilae.

Localizala é moi doado, xa que só temos que mirar ao ceo cara ao sur e o Triángulo de Verán aparecerá ante os nosos ollos. A estrela mais próxima ao horizonte das tres é Altair.

Arriba

 

VEGA

Durante o verán, vemos no ceo durante case toda a noite tres estrelas de gran magnitude, que parecen formar un triángulo. Trátase dun asterismo que coñecemos como "O Triángulo do Verán"; unha destas estrelas é Vega, na constelación da Lira. Trátase da quinta estrela máis brillante do ceo e atópase a 26 anos luz da Terra, é dunha cor branco-azulado e ten unha magnitude de 0,03.

Vega ten un diámetro 2,7 veces maior que o diámetro do Sol, é 37 veces máis brillante Ea súa temperatura na superficie é de case 10.000º C. Foi a primeira estrela da historia en ser fotografada en xullo de 1850. A súa vida será 10 veces mais corta que a do Sol. Na súa fase final, dentro duns 500 millóns de anos, crecerá ata converterse nunha xigante vermella, e trala súa morte nunha supernova, quedará unha enana branca.

Debido ao movemento de precesión da Terra, Vega foi a polar fai uns 14.000 anos, e volvera a selo, dentro de 13.700 anos.

Na mitoloxía clásica, trátase da lira das Musas, que Hermes regalou a Apolo en desagravio por un roubo que cometeu contra este. Apolo á súa vez cedeuna a Orfeo, e este, trala súa morte a Zeus, que converteu a Lira en constelación. Vega representa o mango do arpa.

O seu nome é de orixe árabe, e ten dous posibles significados: A aguia que vira coas ás plegadas ou tamén da palabra árabe waqi, que significa "caendo" ou "aterrando". Tamén é coñecida como Al Waki e Bera. O seu nome científico é Alpha Lyrae.

Localizala é moi doado, xa que só temos que mirar ao ceo cara ao sur e o Triángulo de Verán aparecerá ante os nosos ollos. A estrela mais brillante das tres, que se atopa no vértice da dereita, é Vega.

Arriba

 

SPICA

Durante os primeiros días do verán e logo da posta do Sol, poderemos ver durante unha horas á estrela Spica. Trátase da decimoquinta estrela máis brillante do ceo, ten unha magnitude de 0,95, ten unha intensa cor azul e é a estrela máis brillante da constelación de Virgo (a Virxe) unha das doce constelaciones do Zodiaco que se atopa sobre o ecuador celeste.

Spica trátase dun sistema binario a 260 anos luz da Terra. Formado por estrelas moi próximas que se orbitan entre si. É 7 veces mais grande que o Sol e 1700 veces máis brillante.

Spica é a palabra latina que significa “espiga”, en termos xerais refirese a unha espiga de trigo que a virxe leva na súa man esquerda. A estrela e a constelación de Virgo en si, asócianse ás veces coa deusa grega da colleita Deméter, en latín Ceres. Pensase que é a estrela que utilizou Hiparco para predecir a precesión dos equinoccios.

Spica ten outros nomes, como Aurora, Tasmien, Sumbela, Sumbala, Alarph, Alaraph. Pero o alternativo é Acimech, que provén do árabe “Simak a o-a'zal” que siñifica a solitaria, a desprotexida, a indefensa, en relación a sua posición solitaria entre as demais estrelas da constelación. O seu nome científico é Alpha Virginis.

Para localizala con facilidade, recorreremos á Osa Maior, unindo as estrelas da súa cola, e desde alí, e mantendo o arco que forman, pasaremos por Arturus, e si continuamos un pouco máis chegaremos a Spica, Como podemos apreciar no debuxo.

Durante estes días, e un pouco á súa esquerda, poderemos ver ao planeta Saturno. Unha boa ocasión para apreciar a diferenza entre estrelas e planetas.

Arriba

 

ANTARES

A estrela superxigante vermella Antares destaca no ceo do verán, situándose no centro dunha das máis notables constelacions: Scorpio, o escorpión, unha das doce do Zodíaco. Trátase da 16ª estrela máis brillante do ceo, atópase a 550 anos luz, é a estrela máis vermella das visibles a primeira ollada e ten unha magnitude de 1,09.

É unhas 9.000 veces máis brillante que o Sol e ten unhas 15 veces a súa masa, e o seu tamaño, é duns 800 radios solares, unhas 3.7 veces a distancia media Sol-Terra. Xa que logo, si fose a estrela do noso sistema solar, a súa atmosfera ocuparía o medio interplanetario ata as proximidades de Xúpiter. Trátase dun sistema binario cunha estrela branco-azulada chamada Antares B, o espazo entre ambas estrelas é de aproximadamente 550 UA.

Antares atópase na última fase da súa vida, e espérase que nun millón de anos se convérta nunha espectacular supernova, podendo deixar como remanente unha estrela de neutrons ou un buraco negro. Os habitantes da Terra que vivisen nese momento, verían algo impresionante.

En mitología o astrónomo greco-egipcio Ptolomeo refírese a ela na súa obra Syntaxis como o Anti-Ares, ou o rival de Ares, que era o nome grego do deus da guerra, para os romanos Marte, de onde deriva Antares. Isto débese ao frecuente achegamento entre o planeta Marte e a estrela, o que unido o seu similar cor e brillo, fai que se confundan a miúdo.

Atopala é moi sinxelo, calquera día do mes de xullo ás 24 horas, si miramos cara ao sur, veremos bastante baixa, a pouca altura sobre o horizonte, unha estrela de intensa cor alaranxado, fácil de ver en lugares como praias e montes nos que o horizonte do sur atópese o máis despexado posible.

Ten outros nomes como Cor Scorpii, Kalb ao Akrab, Scorpion's Heart, (todas significan o corazón do escorpión), e Vespertilio (o morcego). O nome científico é Alfa Scorpii.

Mirar Antares cuns prismáticos descubriranos ao seu ao redor, un espazo cheo de estrelas, cúmulos, nebulosas e as proximidades do centro galáctico.

Arriba

 

ARTURUS

Comezamos hoxe unha nova serie dedicada ás estrelas, os seus nomes, as súas características, as súas lendas etc. Comezamos por Arturus, a cuarta estrela mais brillante do ceo, ten unha magnitude de -0,04 e é dunha intensa cor amarelo dourado. Atopase na constelación de Bootes, o Boyero (o condutor dos bois), unha constelación do hemisferio norte, visible ao longo de toda a primavera e o verán.

Arturus atópase a unha distancia de 37 anos luz, e é 28 veces mais grande que o Sol, aínda que ten unha masa parecida, polo que se supón que se atopa nunha fase parecida á que se atopará o Sol dentro de 5.000 millóns de anos, xa próxima a sua conversión en supernova.

É unha das estrelas mais estudadas desde a antigüidade, e xa foi nomeada polo poeta grego Hesiodo no século VIII a.C. O nome significa o gardián das Osas, e refírese ao mito do Boyero que persegue eternamente ás Osas ao redor do polo norte. Críase que era unha estrela que presaxiaba as tormenta, pero posteriormente e segundo os mitos converteríase nunha estrela xeradora de benestar.

Ten outros moitos nomes como: Alramech, Abramech, Hokule’a, Papsukal, Ruawahia, Aremoi, Haris-o-sema e Maye/Andres, pero o científico é Alpha Boötis.

É fácilmente identificable, xa que durante este mes é a estrela mais brillante do ceo. No entanto para identificala, só temos que partir da cola da Osa Maior, como se aprecia no debuxo. Unha vez identificada a gozala, e si vémola cuns prismáticos, xusto debaixo atopámosnos o asterismo do Capeu de Napoleón.

Arriba

 

 

COMETA PAN-STARRS

Dende xaneiro de 2007, en que puidemos ver ao cometa C/2006 P1 (McNaught), pasaron seis anos sen poder observar cometas a primeira ollada. Este ano con todo é posible que podamos gozar dun novo cometa facilmente visible. Trátase do C/2011 L4 (PANSTARRS).

Descubriuse en xuño de 2011 polo telescopio PAN-STARRS situado no cumio do volcán Haleakala, na illa hawaiana de Maui. A primeira vez que se observou tiña unha magnitude de 19. A mediados de 2012 esperábase que para o momento do seu perihelio (distancia máis próxima ao Sol), brillase con magnitude 0, é dicir, como a estrela Vega. Durante o mes de outubro as expectativas aumentaron de forma espectacular e esperábase que puidese alcanzar a magnitude -4, é dicir como o planeta Venus. Pero a día de hoxe 3 de marzo, non se espera unha magnitude superior a 2 ou 3.

Durante o mes de marzo a traxectoria transcorrerá, como se pode apreciar no mapa, polas constelaciones de Acuario, Cetus, Piscis, Pegaso e Andromeda. Pasará a unha distancia mínima da Terra de 165.000.000 km (1,1 UA). Alcanzará o seu máximo brillo entre os días 8 e 12, e o día 10 estará no perihelio, a unha distancia do Sol de 45.000.000 km. Estímase que a súa órbita arredor do Sol dura 110.000 anos.

No entanto este ano, durante os meses de novembro e decembro, espérase outro cometa con boas expectativas de observación. Trátase do ISON (C/2012 S1) para o que algunhas estimacións falan dun brillo de ata -13, magnitude que o faría máis brillante que a Lúa Chea (-12.7). Pero de momento centrémonos en C/2011 L4 (PANSTARRS) que pode darnos algunha boa noite de observación.

Arriba

 

OS CAMIÑOS DE ORIÓN

Para abrirse camiño entre as estrelas e poder identificalas, hai que elixir como punto de partida calquera constelación coñecida. E non temos dúbida que durante o inverno, e para poder identificar as estrelas mais brillantes, a constelación de Orión é a mais axeitada. O pasado mes, aprendimos a recoñecela, polo que unha vez localizada no ceo, pasaremos a descubrir a gran cantidade de camiños que nos abre, para localizar outras constelaciones, estrelas e cúmulos de estrelas.

Comecemos coas tres Marías, e tracemos unha liña imaxinaria cara á nosa dereita. Levaranos ata Tauro e á súa estrela mais brillante Aldebarán, de cor vermella-laranxa e magnitude 0,8 formando parte do cúmulo das Híades. Si continuamos un pouco máis, levaranos ao cúmulo das Pléyades, e entre ambos cúmulos e durante este mes, atoparémonos có planeta Xupiter.

Si trazamos unha liña cara á esquerda das tres Marías, levaranos á constelación de Canis Maior e á estrela máis brillante do ceo, Sirirus, de cor branca e magnitude -1,5.

Si unimos Mintaka con Betelgeuse, levaranos á constelación de Xéminis e á estrela Castor de cor branca-azulada e magnitude 1,9. Á súa esquerda atópase Pollux, de cor amarela e magnitude 1,2.

Unamos agora Bellatrix con Betelgeuse e iremos á constelación de Canis Minor, coa súa brillante estrela Procyon, de cor branca-amarela e magnitude 0,4, a oitava mais brillante.

Para finalizar unamos Rigel con Bellatrix, chegaremos á constelación de Auriga, onde se atopa a xigante Capella de cor amarela e magnitude 0,1, o que a fai a sexta estrela máis brillante do ceo.

Os camiños no ceo non están trazados, pero cun pouco de procura atoparémolos e levarannos a ver lugares fantásticos, perdidos nunha noite estrelada.

Arriba

 

ORIÓN. A CATEDRAL DO CEO

A constelación de Orión (O Cazador), é unha das máis destacadas no firmamento. As súas estrelas son visibles deNde os dous hemisferios. Está formada por catro estrelas principais de gran magnitude, que forman un rectángulo, que sería o corpo do cazador, son: Betelgeuse, Bellatrix, Rigel e Saiph. Pero o seu trazo máis distintivo é unha agrupación de tres estrelas no centro da constelación, coñecidas como o Cinto de Orión, As Tres Marías ou Os Tres Reis Magos: son as estrelas Alnitak, Alnilam e Mintaka. Delas parece colgar unha espada, que forman as estrelas Hatsya, Mizan Batil e entre elas a Gran Nebulosa de Orión.

Entre as estrelas Betelgeuse e Bellatrix atópase Messia que xunto a outras que a rodean, forman a cabeza do cazador. Un grupo de estrelas sobre Betelgueuse, de pequena magnitude, forman o brazo dereito, que parece agarrar unha maza. Á dereita de Bellatrix un grupo de estrelas parecen formar un arco parecido a un escudo, que suxeita o brazo esquerdo: son as estrelas Tabit, Al Taj I, II, III, IV e V. 

En mitoloxía son moitas son as versións que podemos atopar, tanto en Grecia como en Roma, así como noutras culturas de todos os continentes. Pero a máis aceptada é na que aparece como un gran cazador que alardea de poder matar calquera animal. A deusa Gea, en castigo pola súa presunción, mándalle un escorpión para que o mate. Durante o enfrontamento Orión consigue esnaquizalo, pero o escorpión crávalle o seu aguillón, polo que este tamén morre. Para recordalos os deuses colocaron a Orión e ao escorpión no ceo, en extremos opostos da bóveda celeste, de forma que cando Escorpio sae polo horizonte do leste, Orión ocúltase polo oeste.
Pero os mitos son universais, non só agora senón ao longo da historia do home: en diversas civilizacións podemos ver como esta agrupación de estrelas foi obxecto de admiración, devoción e ata inspiración na construción de complexos arquitectónicos como as pirámides.

Agora xa só queda que na próxima noite estrelada mirar ao ceo en dirección sur para atopar a este gran xigante brillante, coñecido por moitos como a Catedral do Ceo, que é a constelación de Orión.

Arriba

 

A GRAN GALAXIA DE ANDRÓMEDA

Case todos oímos algunha vez falar da Gran Galaxia de Andrómeda, pero moi poucos saben que se trata do obxecto celeste máis afastado visible a primeira ollada, e que nas noites sen Lúa, en lugares de pouca contaminación lumínica, podemos distinguir como unha pequena e tenue nebulosidade de forma elíptica situada na constelación do mesmo nome. Coñecémola tamén como M31, xa que é o obxecto número 31 do catálogo de Messier, ou no Novo Catálogo Xeral NGC224.

Para localizala, podemos usar constelacións como referencia. Primeiro usaremos o cadrado de Pegaso, Uniremos a estrela Markab, con Alpheratz, prolongando outro tanto esta distancia, o que nos levará á estrela Mu Andromedae, e a uns catro graos á dereita, atopámonos coa galaxia. Outra forma de localización, é usar a constelación de Casiopea, uniremos a estrela Seguin con Rukbha, prolongando a distancia que a separa tres veces, e uns catro graos á dereita atópase Andromeda. A primeira ollada veremos unha especie de mancha difusa, se nos axudamos cuns prismáticos, veremos como unha pequena nube ovalada e alargada, cun núcleo máis redondeado e lixeiramente máis brillante, cun telescopio pequeno poderemos vela enteira, xunto ás súas galaxias satélites M32 e M110.

A súa forma e as súas dimensións convértena nunha versión ampliada da Vía Láctea, está formada por uns 450.000 millóns de estrelas, atópase a 2,5 millóns de anos luz. Móvese a uns 300 quilómetros por segundo en dirección a nós, polo que dentro duns 5.000 millóns de anos, ambas as galaxias chocarán, dando lugar a unha galaxia elíptica xigante. Cando isto vaia ocorrer, a vista de Andrómeda será algo espectacular, pero como vai ser un pouco difícil esperar a ese momento, invitámosvos a gozar agora buscándoa no ceo.

Arriba

 

URANO

A maioría das persoas pensou, algunha vez, a posibilidade de poder ver con medios propios ao planeta Urano. A dificultade é moito menor do que en principio nos poida parecer. Uns simples prismáticos, poden, coñecendo a súa localización no fondo de estrelas, permitirnos a súa observación.

Ata finais do século XVIII, pensábase que Saturno era o último planeta do sistema solar, pero na noite do 3 de marzo de 1781, William Herschel divisou un astro de sexta magnitude que en lugar de parecer un punto brillante e luminoso, mostraba un disco de tamaño apreciable dunha unha cor gris verdoso. No entanto demostrouse posteriormente que outros astrónomos como Lemonnier e Bradley vírono e rexistrarono, pero confundíndoo sempre cunha estrela.

Para localizar ao planeta durante os próximos meses, recorreremos a dúas constelacións facilmente recoñecibles, Pegaso e Cetus, xa que Urano atópase na constelación de Pisces, bastante difícil de identificar. Unha vez situadas as constelacións uniremos as estrelas Diphda en Cetus, con Algenib, no cadrado de Pegaso, e a metade de camiño, un pouco cara a Algenib, atopámonos cun disco moi pequeno duns 3,5" de arco de diámetro e de cor gris verdoso, debido a súa profunda atmosfera de metano, cos bordos moi esfumados. O traballo de localización farémolo mellor cuns prismáticos, para despois mediante o telescopio, apreciar máis en detalle, e canto maior sexa este, poderemos chegar ata a ver as súas lúas Titánia e Oberón, con magnitude 14.

Pero o máis importante é dispor dun ceo moi escuro afastado das cidades, adecuar a nosa vista á escuridade total durante varios minutos, evitar fontes de luz que nos ceguen, usar o método de observación baseado en visión periférica e gozar das imaxes que a noite ofrécenos. Urano, por suposto, non nos defraudará.

 

Arriba

 

PAKAN-3

Na nosa procura de asterismos, o ceo nocturno nunca vai deixar de sorprendernos con novas sensacións e experiencias visuais que sempre encerra unha noite estrelada.

Na constelación de Monoceros, unha débil constelación á esquerda de Orión e sobre o Can Maior, atopamos unha cadea de estrelas que parecen adquirir a forma dun número 3. É coñecido como “Pakan's 3” ou “Harrington star 18”. Describiuna por primeira vez o astrónomo canadiano Randy Pakan, pertencente á Real Sociedade Astronómica de Canada (RASC), e publicouse por primeira vez polo profesor de astronomía norteamericano Philip S. Harrington no seu libro "O ceo profundo - Unha introdución".

Para localizalo partiremos da estrela máis brillante do ceo, Sirius, na constelación do Can Maior. Uniremos esta estrela con Kartajan na constelación de Monoceros, e xusto na metade atopámonos o asterismo.

Esta formado por 15 estrelas de magnitudes comprendidas entre 9 e 10, o que lles dá un brillo moi homoxéneo, sendo a máis brillante TYC 5383-1122-1 con magnitude 8,7. Imposible de ver a primeira ollada, pero moi fácil con calquera telescopio.

Pero o ceo nocturno non deixará de sorprendernos, e o obxectivo é seguir buscando eses pequenos secretos que o espazo garda.

 

 

Arriba

 

A TRENZA DE ALLY

Outro asterismo que podemos localizar con relativa facilidade é a Trenza de Ally, un grupo de estrelas que parecen espallarse como dunha trenza, dende o Cúmulo das Pleiades (M45). Para localizalo partiremos da constelación de Tauro e da súa estrela máis brillante, Aldebaran, e dela e sempre cara á dereita, ata alcanzar o cúmulo das Pleiades, como podemos ver no debuxo. Dunha das súas estrelas máis brillantes Alcyone, parte en dirección sur unha especie de fervenza de 8 estrelas. De aí recibe o seu nome, Ally é a abreviatura da estrela, e a trenza, da que a fervenza que parece pender da estrela Alcyone como se dunha trenza se tratase.

Foi nomeada por primeira vez polos astrónomos afeccionados Stephen Saber e Steve Coe, os dous pertencentes ao SAC (Saguaro Astronomy Club) de Arizona USA, e atópase rexistrado no seu Catálogo de Asterismos.

As estrelas que o forman son de magnitudes entre 7 e 10, e reciben os seguintes nomes:

  • HD23631 de magnitude 7,3.
  • HD23632 de magnitude 7.
  • HD23609 de magnitude 7.
  • HD23643 de magnitude 7,8.
  • HD 23654 de magnitude 7,8.
  • HD23665 de magnitude 8,8.
  • USNO-A2 1125-01272849 de magnitude 10.
  • USNO-A2 1125-01274143 de magnitude 10.
  • HD23753 de magnitude 5,4.

Outro pequeno tesouro do ceo, fácil de atopar e que nos permitirá  desexar seguir identificando os segredos dunha noite estrelada.

 

Arriba

 

CONXUNCION: XÚPITER-LÚA-VENUS

Como anunciabamos no artigo do pasado mes de marzo, A Lúa, Venus e Xúpiter íannos a dar un gran espectáculo a finais de mes. A realidade é que calquera expectativa foi superada con fartura, co espectáculo que a natureza nos ofreceu.

O día 25, unha fantástica Lúa Cincenta atopábase á dereita de Xúpiter, e un pouco sobre eles Venus, o conxunto permitía observar no ceo un espectáculo pouco habitual e sobre todo cuns simples prismáticos, que nos permitiron gozar dunha Lúa cincenta onde toda a circunferencia lunar podía ser identificada, podendo distinguir sen dificultade a parte iluminada polo Sol e a parte iluminada pola Terra.

O día 26, a Lúa atopábase ao lado esquerdo de Venus, e baixo elas o planeta Xúpiter. A parte da Lúa iluminada polo Sol xa era maior que o día anterior, pero aínda permitía sen dificultade ver a Lúa cincenta, e xa cuns prismáticos era posible ver algún dos seus cráteres.

O espectáculo continuou o día 27. A Lúa xa se atopaba mais alta e afastada de Venus cara á súa esquerda, moi próxima á estrela Aldebaran na constelación de Tauro. O conxunto Xúpiter, Venus, Lúa e Aldebaran formaba un arco no ceo do suroeste, ademais entre a Lúa e Venus atopábase o cúmulo aberto das Pleiades. O conxunto case insuperable.

Nas fotos podemos ver a posición da Lúa con respecto aos planetas Venus e Xúpiter.Foron tres atardeceres cheos de espectáculo, para todos os afeccionados á Astronomía, ou para todos aqueles que só lles guste mirar ao ceo e poder gozar de algo diferente e sobre todo sorprendente.

.

Arriba

 

O HEXÁGONO DE INVERNO

Unha boa parte das estrelas de primeira magnitude, visibles no ceo do hemisferio norte, atopámonolas se miramos cara ao sur durante unha noite calquera de inverno. Sete delas, forman un asterismo coñecido como o Hexágono do Inverno. Estas estrelas son: Rigel, Aldebarán, Capella, Pollus/Castor, Procyón e Sirius.

  • Para localizalas, partiremos da constelación de Orión, que é sen dúbida o mellor semáforo do ceo durante o inverno, e no seu extremo inferior dereito atópase Rigel, a estrela máis brillante da constelación, de cor azul e magnitude 0,15.
  • Seguindo con Orión, trazaremos unha recta imaxinaria polo cinto das tres Marías, se a prolongamos cara á dereita atopámonos con Aldebaran, na constelación de Tauro, de cor amarela e magnitude 0,85.
  • Se prolongamos a recta cara á esquerda lévanos ata Sirius, na constelación de Canis Maior, trátase da estrela máis brillante do ceo, de cor azul e magnitude -1,45.
  • Se unimos Rigel con Bellatrix, lévanos ata a brillante Capella na constelación de Auriga, de cor vermella alaranxado e magnitude 0,05.
  • Se unimos Rigel con Betelgueuse e prolongamos, lévanos ata as proximidades do conxunto Castor e Pollux, na constelación de Xéminis, Castor é de cor branca e magnitude 1,9, Pollux é de cor vermella alaranxado e magnitude 1,15.
  • Para finalizar se unimos Bellatrix con Betelgueuse e prolongamos, lévanos preto da estrela Procyón, na constelación de Canis Minor, é de cor branca e magnitude 0,4.

Se unimos agora todas estas extrellas, observamos que forman un hexágono, quedando cada unha delas nun vértice, e que no centro atópase outra estrela moi brillante, Betelgueuse, a segunda máis brillante de Orión, de cor vermella e magnitude 0,45.

Calquera noite fría de inverno, ou amencer de principios de outono, salgamos a un lugar con pouca contaminación lumínica, e quedaremos cdeslumbrados por esta colección de estrelas, que sen dúbida non nos deixase indiferentes. Ademais se nos fixamos veremos como todo o conxunto é atravesado polo tenue brazo de Orión da Vía Láctea.

Arriba

 

AS HONRAS DE FEDERICO

Nun punto intermedio entre as constelacións de Casiopea, Andrómeda, Pegaso e Lacerta, atopamos un grupo de cinco estrelas de cuarta magnitude, que forman un triángulo. Tratase do asterismo coñecido como As Honras de Federico.

Atópase dentro dos límites da constelación de Andrómeda, e formaba parte da constelación Gloria Federici, que creou en 1787 o astrónomo alemán Johann Elert Bode en honra de Federico II o Grande, rei de Prusia, que falecera un ano antes. Para iso non dubidou en mover a man de Andrómeda, para colocar a súa nova constelación, que consistía na coroa, a espada unha rama de loureiro e unha pluma. A nova constelación non foi recoñecida polos astrónomos, e dela só queda o asterismo das Honras de Federico, que forman a empuñadura da espada. Foi catalogado polo astrónomo afeccionado Peter Berren no seu libro "Objects in the Heavens".

Para localizalo uniremos as estrelas Shedir en Casiopea con Sheat en Pegaso, e Alrediph en Cefeo con Alpheratz en Pegaso, e onde se corten ambas rectas atópase o asterismo. As cinco estrelas que o forman son:

  • Psi Andromedae, de cor amarela e magnitude 4,95.
  • Lambda Andromeade, de cor amarela e magnitude 3,82.
  • Kappa Andromedae, de cor branca e magnitude 4,14.
  • HIP 116582, de cor azul e magnitude 5,8.
  • Manus Catenata  ou Keff al-Salsalat (a man da muller encadeada), representa a man da princesa de Andrómeda encadeada a unha roca formada polas outras estrelas, é de cor azul e magnitude 4,3.

Nunha noite despexada e clara, é visible a primeira ollada, pero cuns prismáticos poderemos observala con toda claridade.

Arriba

 

LEÓNIDAS 2011

Dentro de pouco, deixaremos de falar das Leónidas, como unha das choivas de estrelas máis intensas do ano. Isto deberase a que o cometa que as produce, o Tempel-Tuttle na súa orbita de 33 anos, verase afectado polo planeta Xúpiter, o que fará que todo o sistema de restos do cometa se afaste o suficiente para previr o encontro coa Terra, polo que se espera unha diminución na intensidade das choivas para os próximos 100 anos, e en consecuencia non teñamos nese período, tormentas de 3.700 por hora como foron as de 1999.

Este ano comezarán o día 6 de novembro, ata o día 30, esperándose entre o 16 e o 18, tres posibles máximos. O primeiro terá lugar o día 16 ás 23:30 T.U. cunhas 200 por hora. O segundo espérase o día 17 ás 21:00 T.U. cunha taxa de 70-80 por hora. O terceiro será o día 18 ás 23:00 T.U. cunha taxa de 30 por hora. Este sería o máis favorable para a nosa posición.

O radiante atópase na constelación de Leo, sobre a cabeza, como se aprecia no debuxo, saíndo as estrelas fugaces en calquera dirección. Se conseguimos ver algunha, sorprenderannos as súas características, xa que estes meteoros son moi rápidos e adoitan ter unha cor avermellada ao principio, deixando un ronsel de cor verde que persiste durante uns poucos segundos. Este ano a lúa chea impediranos velas con máis intensidade. E se saímos a observalas, non esquezamos que estamos a mediados de outono e a temperatura pode ser extremadamente fría. No entanto, como sempre, se temos a sorte de ver un bólido producido por Leónidas, sorprenderanos gratamente, xa que realmente son extraordinarios.

Arriba

 

O GATO DE CHESHIRE

A procura de asterismos é unha divertida actividade, que permite a calquera observador do ceo nocturno que dispoña dun mínimo equipo, como uns prismáticos ou un telescopio pequeno pero cargado dunha gran dose de imaxinación, a oportunidade de ver algo que para outros pasou desapercibido.

É o caso do asterismo “O Gato de Cheshire”, descuberto polo astrónomo afeccionado Ben Cacace, de Nova York. Que o 7 de novembro de 2002, viu na constelación de Auriga, unha das características máis singulares do personaxe do gato de Cheshire que aparece no libro de Lewis Carroll “Alicia no país da Marabillas”, que consistía en que podía desaparecer lentamente, ata que só quedaba o seu amplo e pícaro sorriso.

Para localizalo buscaremos a constelación de Auriga, e uniremos as estrelas Capella con Alnath e Kabdhilinan con Mahasim, e onde se crucen ambas as rectas atoparemos o Gato de Cheshire.

Esta formado polas seguintes estrelas:

  • Mirando cara á figura e de esquerda a dereita, os ollos serian HIP 25476, de cor vermella e magnitude 6,2. HIP 25343 de cor amarela e magnitude 6,5.
  • O sorriso estaría formada por: HIP 25733A de cor azul e magnitude 6,9. HIP 25735 de cor vermella e magnitude 6,8. HIP 25672 de cor vermella e magnitude 6,6. PHI AURIGAE de cor vermella e magnitude 5,1. HIP 25472 de cor branca e magnitude 5,9. HIP 25363 de cor amarela e magnitude 6,7.
  • Se continuásemos a forma do sorriso, de dereita a esquerda e case formando parte dela, levaríanos a M38, un cúmulo aberto, facilmente visible.

Invitamos a todos a mirar ao ceo con axuda duns simples prismáticos, e quen sabe se cun pouco de imaxinación somos capaces de ver nas estrelas o que outros ata agora non viron, ou non foron capaces de ver.

Arriba

 

A CABEZA DO TOURO DE PONIATOWSKI

Este asterismo, forma parte dunha constelación xa desaparecida chamada o Touro de Poniatowski, creada en 1777 polo abade Poczobut de Vilna para honrar a Estanislav Poniatowski, quen foi rei de Polonia entre 1764 e 1795. A constelación estaba formada por estrelas das constelacións de Ofiuco, Cola da Serpe e Aguia, As correspondentes a Ofiuco son as que forman a cabeza do touro.

As estrelas que o forman son de magnitude 4,5 e 6, facilmente localizables. E para logralo uniremos as estrelas de Ofiuco Helkath con Cebalrai, e Rasalhague con Tang da constelación da Cola da Serpe, e onde se corten ambas as rectas atoparemos a Cabeza do Touro de Poniatowski. Ten forma de V, igual que o Cúmulo da Hyades que forma a cabeza da constelación de Tauro.

As estrelas que forman a cara do touro son:

  • Fellah de cor azul e magnitude 3,9.
  • 66 Ophiuco de cor azul e magnitude 4,8.
  • 68 Ophiuco de cor branca e magnitude 4,5.
  • 70 Ophiuco de cor vermella e magnitude 4,1.

Os cornos están formados por:

  • Phorbaceus de cor branca e magnitude 3,7.
  • 71 Ophiuco de cor amarela e magnitude 4,6.
  • HIP 89772 de cor vermella e magnitude 5,4.

Como sempre os punteiros celestes lévanos a pequenas sorpresas escondidas na profundidade dun ceo nocturno.

Arriba

 

CÚMULO DE ET

En Casiopea atopamos unha das imaxes máis curiosas que o ceo nocturno ofrécenos. Trátase dun grupo de estrelas de varias magnitudes que forma o chamado "Cúmulo de ET". En realidade é coñecido como NGC457, un cúmulo aberto descuberto por William Herschel en 1787, e son máis os nomes que recibe, tanto de astrónomos como de afeccionados, como:

  • Cúmulo de Phi Casiopeae, por ser esta a estrela máis brillante do grupo.
  • Caldwell 13, dentro do cátálogo dese nome.
  • Cúmulo do Bufo, polo parecido con este animal.
  • Cúmulo da Boneca Kachina, tamén polo parecido a unha boneca ritual dos indios Pobo de Norteamérica.
  • Pero sen dúbida o nome máis curioso é o de Cúmulo de ET, polo seu parecido ao personaxe extraterrestre de Steven Spielberg.

Para localizalo partiremos da constelación de Casiopea, uniremos as estrelas Seguin e Ruchbah, cunha liña que continuaremos un terzo máis da distancia que as separa, e un pouco ao sur, aproximadamente dous graos de arco, atoparemos o cúmulo NGC457, cunha magnitude aparente de 6,4 e a 9.900 anos luz do Sol. As súas estrelas máis importantes son:

  • Phi Casiopeae, de cor branca e magnitude 5.
  • HIP6229, de cor azul e magnitude 7, xunto coa anterior forma os ollos de ET.
  • TYC 3681-1437-1 de cor amarela e magnitude 9,5, no peito.
  • IP6231 de cor amarela e magnitude 8,5, no brazo esquerdo.
  • TYC 3681-1664-1 de cor branca azulado e magnitude 9,5, no brazo dereito.

A primeira ollada, tan só veremos a estrela Phi de Casiopea, cuns prismáticos lograremos ver unhas 20 estrelas, pero cun telescopio pequeno, veremos máis de 100 estrelas, de todas as cores, o que o fan o cúmulo máis brillante da constelación de Casiopea, moito máis que os do catálogo Messier M103 e M52. O cúmulo de ET, é outro asterismo oculto no ceo do norte.

Arriba

 

A SORPRENDENTE LÚA

Durante os últimos tres cursos escolares, Temos colaborado dende a SGHN, co Concello de Ferrol, na actividade “Coñecendo o Universo”, destinada a que os alumnos de Colexios e Institutos de Ferrol, teñan un mellor coñecemento do ceo nocturno, e as marabillas que este encerra.

Unha destas marabillas é o descubrimento da Lúa, o noso satélite, algo que para a maioría non deixaba de ser máis que unha luz no ceo, unha rutina que de cando en vez se vé bastante ben, e nada máis.

A maior parte dos centros escolares que pasaron por Reciclaterra, puideron obserbar a Lúa, en cuarto crecente ou en cuarto menguante ou Lúa chea ou Lúa Cincenta; cada unha destas fases garda o seu encanto, tanto a primeira ollada como cuns simples prismáticos. Pero, sen dúbida, o que non os deixou indiferentes foi a vista da Lúa a través do telescopio. As exclamacións eran talles como ¡Uau, ten cráteres! Ou ¡Como brilla! Ou ¡Que pasada! Ou ¡Parece que podes tocala! En definitiva, que case ninguén quedaba indiferente diante do espectáculo que se observaba a traverso do telescópio.

A imaxe que vemos corresponde ao día 10 de febreiro de 2011, as 20:00 horas, visitábanos ese día o Coléxio Compañía de Maria. A Lúa atopábase en cuarto crecente, tal vez a mellor fase para poder observar os detalles da superficie lunar, onde se aprecian con gran nitidez cráteres, cráteres dentro de cráteres, chairas, sombras, etc. 

O sorprendente desta foto é que foi feita coa cámara dun teléfono móbil, e algún dos alumnos, puido levar á Lúa de recordo para a súa casa dentro de seu móbil. Así de sinxelo é a práctica da fotografía astronómica co noso satélite, un telescopio pequeno e  a cámara do teléfono, e a gozar das imáges que a Lúa nos brinda.

Arriba

 

O COMETA DE KEMBLE

Entre as constelacións de Camelopardalis e Casiopea,atopamos un grupo de estrelas que forman como un diamante, do que pende unha especie de cordon, que lle dan unha forma moi parecida á dun cometa que voase polo ceo. Este asterismo é coñecido como o cometa de Kemble.

O seu nome en inglés Kemble?s Kit, foille dado polo frade franciscano Lucian J. Kemble (1922-1999), astrónomo afeccionado nacido en Alberta Canadá, que fixo un catálogo de asterismos descubertos por el.

Para localizalo partiremos da Osa Menor, trazaremos unha linea que partindo da estrela Pherkad, pase pola estrela Polar, e prolongando xustamente a distancia que as separa deixaranos sobre o asterismo de Cometa de Kemble.

Está formado por 14 estrelas de 7ª, 8ª e 9ª magnitude, sendo as características das máis importantes as seguintes:

  • HIP 16048 de cor amarela e magnitude 7,1.
  • HIP 16420 de cor branca e magnitude 8,4.
  • HIP 126432 de cor branca e magnitude 8,2.
  • HIP 16319 de cor vermella e magnitude 6,4 o que a fai a mais brillante do asterismo.
  • HIP 15959 de cor azul e magnitude 7,6.
  • HIP 15796 de cor azul e magnitude 8.
  • HIP 15754 de cor amarela e magnitude 7,6.

Non é visible a primeira ollada, nin tampouco cun telescopio, dado o seu tamaño de máis de 2º, case catro lúas cheas, pero se usamos uns prismáticos poderémola ver na súa totalidade.

Os Punteiros Celestes lévannos sempre a eses recunchos do ceo aos que sen eles nos sería case imposible chegar, podendo atopar asterismos que máis que mostrarnos obxectos estraños, preséntannos o reto de descubrilos e axúdannos a explorar o ceo, ese gran descoñecido.

Arriba

 

O CAN DE DAVIS

Na constelación de Tauro atopámonos cun asterismo que parece representar a un can pequeno de afiado fuciño, estilizado corpo, longo rabo e curtas patas que camiña polo ceo, formado por estrelas de 4ª,5ª e 6ª magnitude, non fáciles de ver a simple vista, pero facilmente identificables cuns pequenos prismáticos, xa que ocupan no ceo 3,5 graos.

Foi descuberto polo astrónomo afeccionado de Massachusetts USA Jhon Davis, e é descrita no libro de Phil Harrington “The Deep Sky”, É coñecido polos nomes de Can de Davis ou Harrington 16.

Para localizalo, uniremos a estrela Aldebaran co cúmulo das Pleiades, e case na metade do camiño un pouco ao oeste das Hyades, próximo a estrela Ain, atoparémonos co Can de Davis.

Está formado polas seguintes estrelas:

  • Omega Tauri de cor branca e magnitude 4,9 (o fuciño do can).
  • 53 Tauro de cor azul e magnitude 5,5 (o ollo dereito do can).
  • 51 Tauro de cor amarela e magnitude 5,6 (unha orella).
  • 56 Tauro de cor branca e magnitude 5,3 (outra orella).
  • HD27533 de cor azul e magnitude 7,1 (pescozo do can).
  • HD27524 de cor azul e magnitude 6,6 (pescozo do can).
  • HD27639 de cor vermella e magnitude 6 (unha pata dianteira).
  • HD 27742 de cor azul e magnitude 6 (outra pata dianteira).
  • Kappa Tauri 1 de cor branca e magnitude 4,2 (traseiro do can).
  • Kappa Tauri de cor branca e magnitude 5,3 (traseiro do can).
  • HD28033 de cor amarela e magnitude 7,3 (unha pata traseira).
  • HD28226 de cor branca e magnitude 5,7 (outra pata traseira).
  • Ipsilon Tauri de cor branca e magnitude 4,3 (cola do can).
  • 72 Tauri de cor azul e magnitude 5,5 (final da cola do can).

Cando miremos a constelación de Tauro durante o comezo dunha noite de inverno, poderemos gozar da observación do conxunto que forman As Pleiades, As Hiades e o asterismo coñecido como o Can de Davis.

Arriba

 

“TOADSTOOL” O COGUMELO VELENOSO

Na constelacion do Golfiño, atopámonos cun asterismo dificil de localizar, e talvez isto sexa o seu maior interese para intentar descubrilo, pero unha vez atopado acharémonos ante un dos agrupamentos de estrelas que nos producirá unha maior satisfacción, cando se mostre no obxectivo do noso telescopio algo parecido a un cogomelo, e de aí o seu nome en inglés “Toadstool”.

Foi descuberto polo astronomo afeccionado B. Alessi, pero é incluído no catalogo de asterismos de Sue French, por iso é polo que tamén fai que sexa coñecido como French 1. Tamén recibe o nome de “Os Diamantes do Golfiño”.

Para localizalo recorreremos á constelación do Golfiño, da que forma parte, e uniremos a estrela Rotanev con Delta Delphini, e a distancia que as separa prolongarémola tres veces e media, e levaranos ás proximidades do asterismo. Ali atoparémonos cun grupo dunhas once estrelas, entre magnitudes 9 e 11, que estan situadas de tal xeito, que unindoas parecen adoptar a forma dun cogomelo. As máis importantes destas estrelas son: HD 201195 de magnitude 8,8 e TYC 1649-2401-1 de magnitude 9,7 que forman a base do pedunculo. HD 201095 de magnitude 8,9, HD201117 de magnitude 8,9 e TYC 1649-728-1 de magnitude 10,2 que forman o chapeu.

Localizalo é bastante dificil, sobre todo con prismáticos, a mellor forma de facelo é cun telescopio pequeno e cunha optica de 30 m/m, aínda que cunha de 24 m/m poderemos obter uns resultados similares, as coordenadas son Ascensión Recta = 21h 07m 20s, Declinación = 16º 19’.

Cando teñamos o asterismo no obxetibo, se nos fixamos na base do pedunculo do cogomelo á beira da estrela TYC 1649-2401-1, observaremos a galaxia NGC 7025, que aínda que non é moi luminosa, xa que a súa magnituid é 13, permítenos aumentar o interese por este belo agrupamiento de estrelas, “Toadstool” ou cogumelo venenoso, outro tesouro do ceo nocturno.

Arriba

 

DIAMANTE DE VIRGO

Chamamos asterismo a un grupo de estrelas que se poden ver nunha determinada zona do ceo e que parecen formar unha figura, pero que non corresponde a ningunha das 88 constelacións convencionais segundo definiunas a Unión Astronómica Internacional.

Un destes asterismos é o chamado Diamante de Virgo ou Gran Diamante. Definido por Hans A. Rey (1898-1977)  no seu Astronomía Popular. Abarca unha zona do ceo que nos pode parecer pouco interesante, xa que non parece que acha nada de interese no interior da zona delimitada polas catro estrelas que o forman. Estas estrelas son: Cor Caroli, a estrela alfa da constelación de Canes Venatici, estrela de terceira magnitude (2,9) e a menos brillante do grupo. Denébola, a estrela beta da constelación de Leo na cola do león, de segunda magnitude (2,1). Spica, a estrela alfa da constelación de Virgo, dunha intensa cor azul e de primeira magnitude (1,0). Arturus, a estrela alfa da constelación de Bootes, dunha intensa cor ouro e de primeira magnitude (-0,04, o que a converte na cuarta estrela máis brillante do ceo.

Se unimos estas estrelas mediante liñas, darán lugar a unha figura de forma romboidal, que se asemella bastante a un gran diamante. Deixando no seu interior, como dixemos, unha zona do ceo aparentemente sen interese, pero que na sua parte superior dereita atopamos unha tenue mancha de estrelas que pertencen á constelación de Coma Berenices.  É o chamado cúmulo de estrelas Coma, trátase do terceiro cúmulo estelar máis próximo á Terra e ao Sol. É un cúmulo aberto, unha colección de estrelas que se manteñen xuntas pola gravidade. Estímase que o cúmulo Coma está a 288 anos luz de distancia e ten polo menos 37 estrelas coñecidas de ao redor de 400 millóns de anos.

Pero tamén se atopa dentro do diamante, unha das zonas máis notables do ceo, é o chamado cúmulo de galaxias de Coma-Virgo e que é o cúmulo de galaxias máis próximo a nós. Áchase entre 50 e 300 millóns de anos luz e vese entre as constelaciónes de Virgo e Coma. Contén, nunha zona de 10 millóns de anos luz, máis de 2.000 galaxias, moitas delas en fase de formación.

Estes cúmulos son observables, con relatiba facilidade, xa que o de estrelas podémolo ver cuns simples prismáticos. No entanto para poder gozar o de galáxias, necesitaremos un telescopio, que nos permitirá obserbar algunha delas, sobre todo 16 do catálogo Messier como M58, M88, M100, etc.

Arriba

http://sghnastronomia.blogspot.es/img/DiamanteVirgo.jpg

 

KEMBLE 2 (MINI CASIOPEA)

Quen non coñece a constelación de Casiopea? Case todo o mundo que teña unha pequena idea acerca das constelacións que iluminan a noite atopará sen dificultade, no ceo do norte, a forma de M ou W que caracteriza esta constelación. Pero o que non sabe a maioría é que relativamente cerca, na constelación de Draco, temos a súa réplica en pequeno, unha mini Casiopea.

Para poder localizala utilizaremos a Osa Menor, trazaremos unha diagonal sobre o cadrado da Osa, dende a estrela Kochab ata Anwar al Farkadain, e prolongaremos unha vez e media máis esta distancia, que nos levará ata as proximidades da estrela Batentaban Borealis da constelación de Draco, e aproximadamente a un grao dela en dirección á estrela Tyl, tal como se aprecia na imaxe,  atoparémonos cun grupo de estrelas que forman unha figura similar á de Casiopea, e que recibe o nome de Kemble 2 ou Mini Casiopea. Foi chamada así en honra do astrónomo canadense afeccionado Lucian Kemble.

Trátase dun grupo de seis estrelas de magnitudes entre 7 e 8 bastante brillantes e de cor vermella; os seus nomes son:

  • HIP 91039 con magnitude 7,50
  • HIP91163 con magnitude 6,80
  • HIP 91121 con magnitude 7,34
  • TYC 4438-981-1 con magnitude 8,35
  • TYC 4438-942-1 con magnitude 8,50
  • TYC 4438-1203-1 con magnitude 8,70

Entre elas non hai unha relación de proximidade, xa que se atopan a moi diferentes distancias, polo que non podemos consideralas como un cúmulo, tan só son unha casualidade máis do ceo, un asterismo.

Para unha boa visión é suficiente cuns bos prismáticos ou cun telescopio pequeno con poucos aumentos. A figura que vexamos enfróntase á súa irmá maior, se as observamos simultaneamente darémonos conta do seu gran parecido, que sen dúbida non deixará de sorprendernos.

Arriba

Mini_Casiopea

 

NORTE CELESTE

Comezamos este mes unha nova experiencia tendente a localizar estrelas, constelacións, puntos singulares, etc, xa que orientarse no ceo pode resultar para quen o faga por primeira vez bastante desalentador, dada a dificultade de poder recoñecer formas e figuras. Pero en realidade non é máis difícil que ler un mapa de estradas calquera. As estrelas durante calquera noite do ano, parecen que camiñan suavemente polo ceo, e ao día seguinte parecerá que se atopan practicamente no mesmo lugar.

Pero, como saber atopar o camiño adecuado a un punto dun ceo tan inmenso e abarrotado de estrelas? Moi sinxelo, trátase de usar como referencia unha delas ou un grupo de estrelas e de ahi pasar dunha a outra.

Hoxe comezaremos coa localización do Norte Celeste, e para iso intentaremos localizar a estrela Polar, que é a que se atopa máis próxima do punto cara ao que se dirixe o eixo da Terra. A estrela Polar non se atopa exactamente no Polo Norte celeste, senón a 1 grao del. A causa do movemento de Precesión do eixo de rotación da Terra, no 2012 a Polar atoparase á mínima distancia con respecto ao Polo Norte celeste (ao redor de medio grao) e despois afastarase de novo.

A localización da Polar no ceo non é difícil, só hai que localizae en primeiro lugar, a constelación denominada Osa Maior. Esta constelación é a mais coñecida do hemisferio norte, así que a súa localización será moi fácil., tan só temos que localizar un grupo de sete estrelas de magnitude semellante que simulann non unha osa, senon un cucharón, un cazo ou un carro, catro delas forman un cuadrilátero (a cunca) e tres delas unha cola (o mango). As duas estrelas do cuadrilátero, opostas á cola chamadas Dubhe e Merak, van ser o punteiro que nos vai a dirixir cara á estrela Polar. Trázase unha liña imaxinaria prolongación de ambas e multiplícase por cinco a distancia que as separa, e, nese lugar, está a Polar.

http://sghnastronomia.blogspot.es/img/locaPolar.jpg

Outra forma de localizala é atopando primeiro á constelación de Casiopea, formada por cinco estrelas principais cunha figura que ten forma de W cando está baixa no horizonte e M cando está alta, . Se trazasemos as bisectrices dos ángulos formados pola M ou a W, as prolongacións das mesmas cortaríanse preto da estrela Polar.O feito de estar a Polar no norte xeográfico, significa que a altura da Estrela Polar sobre o horizonte non é máis que a Latitude, e, mantendo unha latitude navégase por un paralelo, este, era o segredo das grandes travesías realizadoas por Colón: A Polar observando e polo paralelo navegando.

Cando navegamos ou efectuamos actividades ao aire libre en lugares ás veces descoñecidos, a orientación é imprescindible. A definición de orientación sería recoñecer a situación do Norte e por conseguinte dos demais puntos cardinais, así como o rumbo que debemos de seguir. Se sempre estamos orientados, será dificil que nos podamos perder.

Arriba

 

OSA MENOR

Unha das constelacións das que case todo o mundo ten oído nomear pero que case ninguén é  capaz de localizar é a Osa Menor. Constituída por estrelas de escasa luminosidade, para poder vela ben é necesario un ceo moi claro e sen contaminación lumínica. O astrónomo Tales  escribiu cara ao ano 600 a.C. que os mariños fenicios a utilizaban para a navegación. O motivo é que contén a estrela Polar (Polaris) e atópase aproximadamente a 10 do Polo Norte celeste, sendo utilizada desde a antigüidade para guiar os navegantes debido a que case non cambia de posición ou o fai moi pouco, posto que case coincide exactamente coa prolongación do eixo da Terra; é dicir, márcanos o norte xeográfico.
http://sghnastronomia.blogspot.es/img/osamaior.bmp

É moi ampla a mitoloxía que rodea á Osa menor, e practicamente sempre en unión á Osa Maior, procedente de todos os continentes e de culturas totalmente opostas que ás veces son asombrosamente coincidentes. Son tantas que cada unha delas merecería un capítulo á parte. Dentro da mitoloxía grega hai diferentes versións que afectan á Osa Menor, e talvez a máis coñecida sexa esta: Zeus  encapríchase con Calisto ninfa da deusa Diana e, disfrazado desta deusa, chegou a facer o amor coa ninfa, deixándoa embarazada. Decatada Diana, apartou a Calisto do resto das ninfas. A esposa de Zeus, Hera, deuse de conta de que Calisto parira ao seu fillo Arkas, polo que, nun ataque de ciumes, a converteu nun oso. Anos despois, Arkas atopou un oso ao que, por medo, intentou matar. Zeus, sabendo que se trataba de nai e fillo, tomounos e colocou entre as estrelas como dúas resplandecentes e veciñas constelacións. Hera, enoxada por isto, mergullouse no océano en busca de Thethys e Océanos, aos que contou a historia e pediu un favor: que o oso (a Osa Maior) nunca tocase a auga. Por iso, segundo a mitoloxía, a Osa Maior nunca toca o horizonte.

As súas estrelas máis importantes son:

  • Polaris (estrela do polo), á que os árabes chamaban Al Kutb (o eixo), unha estrela superxigante de cor amarela e magnitude 2,0.
  • Kochab ou Kokab (a estrela), de cor vermella e magnitude 2,1.
  • Pherkab (o xato), de cor branca e magnitude 3,0.
  • Yildun (a estrela), de cor branca e magnitude 4,2.
  • Alifa al Farkadain (o máis tenue dos xatos), de cor branca e magnitude 4,2.
  • Anwar Al  arkadain (o máis brilante dos xatos), de cor amarela e magnitude 5,0.

As estrelas Kochab e pherkad eran coñecidas polos navegantes da época dos descubrimentos como As Gardas, xa que, xunto ao resto das estrelas da Osa Menor, formaban a agulla dun gran reloxo celeste que, con centro na Polar, lles marcaba cada un dos cambios de garda durante a navegación  nocturna. Así, o “Diario” de Colón di o domingo 30 de setembro de 1492: “As estrelas que se chaman As Gardas, ao anoitecer, están xunto ao brazo da parte de poniente, e cando amanece están na liña debaixo do brazo ao nordeste, que parece en toda a noite non andan agás tres liñas, que son nove horas e isto cada noite”. Quen sitúa a Osa Menor saberá para sempre situar correctamente o norte xeográfico.

Arriba

PAU E PELOTA DE GOLF

Durante o outono, se miramos ao sur a media noite poderemos ver tres constelacións moi diferentes entre si. Pegaso, grande e facilmente localizable, Andromeda pegada á anterior pero máis dificil de identificar, e a pequena constelación do Triángulo. Entre estas dúas, atópase un asterismo singular. Trátase do Pau e A Pelota de Golf, formado por unha cadea de estrelas brillantes que se estenden dende o noroeste ata o sureste, e que foi definido por primeira vez polo astronomo afeccionado John Davis de Massachusetts USA.

Para localizalo axudarémonos das constelacións de Andrómeda e o Triángulo. Partiremos da estrela Alpheratz primeira de Andromeda no Cadrado de Pegaso. Á súa esquerda atópase a estrela Sadiradra, un pouco máis á esquerda Mirach e un pouco máis Almaak. Por baixo destas dúas últimas atópase a constelación do Triángulo, e se trazamos desde a súa estrela Deltotum, unha perpendicular á recta que une Mirach e Almaak, a metade de camiño atoparémonos cun grupo de estrelas que forman o asterismo do Pau de Golf. Estas estrelas son:

  • HIP 8423 de cor vermella e magnitude 5,9.
  • HIP 8734 de cor amarela e magnitude 6,8.
  • HIP 8805 de cor amarela e magnitude 7,5.
  • HIP 8930 de cor vermella e magnitude 6,3.
  • HIP 9001 de cor vermella e magnitude 5,8.
  • 56 Andromeda (HIP 2091) de cor amarela e magnitude 5,7.

As tres primeiras forman a varilla e as tres últimas a cabeza, dando forma ao pau de golf, á esquerda destas atópase o cúmulo aberto NGC 752 que contén unhas 70 estrelas con magnitudes superiores a 9, no entanto o cúmulo ten unha magnitude de 5,7, sendo éste a pelota que o pau parece querer golpear.
Este asterismo non deixa de ser outra máis das moitas marabillas que garda un ceo estrelado.

Arriba

Pau_de_golf

 

PICOT 1 (O Chapeu de Napoleon)

O ceo non deixa de mostrarnos pequenas sorpresas ocultas entre os miles de estrelas que enchen unha noite de comezos do verán. Hoxe referímonos ao asterismo coñecido como Picot 1, tambien chamado Napoleon’s hat (Chapeu de Napoleon) ou Emperor’s hat (Chapeu do Emperador). Consiste nun grupo de sete estrelas de magnitudes entre 9,4 e 10,6, moi próximas á estrela Arturus na constelación de Bootes (o condutor dos bois). Para localizalo tan só teremos que prolongar un pouco as lineas que unen a estrela Izar ou a estrela Rho Bootis con Arturus, e baixo ela a menos de 45’ de arco atópase Picot 1.

Este asterismo foi descrito recentemente polo astrónomo afeccionado francés Fulbert Picot que lle deu o nome do Chapeu do Emperador ou o Chapeu de Napoleón, polo parecido co típico chapeu usado en Europa e América, sobre todo entre os militares, a finais do século XVIII e principios do século XIX, unha evolución do anterior tricornio, nesa época convertido en bicornio.

As súas estrelas son:

  • TYC 1472-320-1 de magnitude 9,8.
  • TYC 1472-718-1 de magnitude 9,4.
  • TYC 1472-162-1 de magnitude 9,7.
  • TYC 1472-684-1 de magnitude 10,6.
  • TYC 1472-305-1 de magnitude 9,5.
  • TYC 1472-83-1 de magnitude 9,4.
  • TYC 1472-330-1 de magnitude 10,4.

Non gardan ningunha relación de proximidade entre elas, xa que se atopan a diferentes distancias. A súa única relación é a figura aparente que forma no ceo. A súa localización non é dificultosa, xa que se atopan moi preto de Arturus, pero esa proximidade, e dada a luiminosidad da estrela pode facela máis custosa se utilizamos uns prismáticos, pero nunca sairemos defraudados se o facemos cun pequeno telescopio.

Arriba

Chapeu_Napoleon

 

POLO SUR

Durante estes últimos anos, na nosa sección de efemérides astronómicas fomos estudando cada unha das constelacións do hemisferio norte, ou aquelas do sur que vemos totalmente ou unha parte maior ou menor delas. Para comezar a falar desas constelacións o primeiro que debemos facer é situar o Polo Sur Celeste, e atopámonos cunha primeira dificultade, xa que nas proximidades do polo sur, non existe ningunha estrela con magnitude adecuada para facelo facilmente identificable, como si temos no norte coa estrela Polar.

Polo_Sur

Para iso recorreremos como sempre á axuda das constelacións coñecidas, e sen ningunha dúbida a máis coñecida do hemisferio sur é a constelación da Cruz do Sur. Trátase da constelación máis pequena do ceo, pero é fácil de identificar e o símbolo por excelencia dos habitantes do sur. Situada en plena Vía Láctea, rodeada pola constelación de Centauro e formada por catro estrelas principais:

  • ACRUX (Alfa da Cruz) de cor branca e magnitude 0,8.
  • MIMOSA (a flor da acacia) de cor azul e magnitude 1,3.
  • GACRUX (Gamma da Cruz) de cor vermella e magnitude 1,6.
  • DECRUX (delta da Cruz) de cor azul e magnitude 2,8.

Forman no ceo unha cruz, definida así por primeira vez no século XI polo astrónomo árabe Ao-Biruni que a chamou Sula (a viga da crucifixión). Pois ben, para localizar o Polo Sur Celeste, uniremos Gacrux con Acrux, e a distancia que as separa prolongarémola 4,5 veces, o que nos indicará aproximadamente o lugar no que se atopa o sur. Tamén podemos facelo unindo as estrelas de Centauro Rigel Kent con Hadar, e pola metade dela trazaremos unha perpendicular que nos sinalará a posición do polo, como podemos ver no debuxo. Nas súas proximidades, aproximadamente un grao, atopámonos a estrela Sigma Octantis, na constelación do Octante, de cor amarela e magnitude 5,4, o que a fai dificilmente observable, e pouco útil para a identificación do sur. No entanto coñecela como Polaris Australis.

O ceo do sur ábrenos outras posibilidades, completamente diferentes ás do ceo do norte ao que estamos afeitos. Se podemos algunha vez desprazarnos un pouco máis ao sur, por exemplo a Canarias, descubriremos que o ceo segue sendo un mar de sorpresas, sempre diferentes, e sobre todo canto máis ao sur moito mellor.

Arriba

 

STARGATE

Entre as constelacións de Virgo e Corvus atópase un cúmulo aberto, coñecido como STF 1659. Trátase dun conxunto de seis estrelas, que forman dous triángulos, un pequeno interior e outro máis grande exterior. Algunha das súas estrelas foron catalogadas polo astrónomo alemán Friedrich Georg Wilhelm Struve en 1832, pero o conxunto non queda perfectamente definido ata 1909.

A finais do século XX o astrónomo afeccionado norteamericano John Wagoner, dálle o nome de "Stargate Cluster" Cúmulo da Porta Estelar, debido ao parecido coa porta estelar que utilizaba o heroe de cómic Buck Rogers e os seus amigos, cando cruzaba ao hiperespacio. “Non ten nada que ver coa película ou a serie de televisión do mesmo nome”. Quedando así convertido nun asterismo.

Stargate

Para localizalo uniremos as estrelas Porrima da constelación de Virgo con Algorab da constelación de Corvus, e a un terzo da distancia desde Algorab, un pouco á esquerda atópase o cúmulo STF 1659 Stargate, como podemos observar con detalle no debuxo. As estrelas que o forman son:

  • HIP 61486 de cor amarela e magnitude 6,6.
  • HIP 61449 de cor vermella e magnitude 6,7.
  • HIP61466 de cor amarela e magnitude 7,9.
  • HIP 61465 de cor amarela e magnitude 8,3.
  • TYCHO 5531-01190-1 de cor vermella e magnitude 9,1.
  • TYCHO 5531-01564-1 de cor azul e magnitude 11,5.

Se o observamos, poderemos descubrir moi preto del, apenas a un grao de arco, un pouco máis arriba e á esquerda, M104, a galaxia do Chapeu. Un conxunto que visto con prismáticos chamaranos a atención, pero que cún telescopio pequeno daranos un fantástico espectáculo.

Arriba

 

TEREBELLUM  

O ceo nocturno non deixa de ofrecernos pequenos tesouros que sorprenderon a astrónomos de todos os tempos. Falamos hoxe dun asterismo coñecido como TEREBELLUM. Trátase dun grupo de catro estrelas de quinta magnitude, situadas na cola do centauro da constelación de Saxitario. Para atopalas uniremos a estrela Antares na constelación de Escorpio, con Kaus Media na constelación de Saxitario, e prolongamos a mesma distancia que as separa, que nos levará directamente sobre o asterismo de Terebellum.

Seguramente se trate do grupo de estrelas que no século segundo foron nomeadas por Ptolomeo como Tetrapleurón. No século XVII o astrónomo alemán Bayer, denomínaas definitivamente Terebellum, seguramente polo parecido coa cuncha do molusco gasterópodo mariño Terebellum terebellum que se atopa na costa norte de Australia. Os chineses tamén coñecian este asterismo co nome de Kow Kwo (can do pais).

As catro estrelas que forman o Terebellum atópanse aparentemente moi xuntas, estando separadas por non máis de dous graos de arco, pero entre elas non existe ningún tipo de ralacción gravitacional, xa que se atopan a distancias moi diferentes. Os nomes das estrelas e as súas caracteristicas son: Omega Sagittarii de cor amarela laranxa con magnitude 4,7 e a unha distancia de 77,6 anos luz da Terra é a máis próxima das catro, atópase na esquina nordeste. 59 Sagittarii de cor vermella e magnitude de 4,5, a unha distancia de preto de 1200 anos luz da Terra, atópase na esquina sureste. 60 Sagittarii de cor amarela laranxa e magnitude 4.8, a unha distancia de 340 anos luz da Terra, atópase na esquina noroeste e é a máis débil das catro. 62 Sagittarii de cor vermella e magnitude 4,43, a unha distancia de 448 anos luz da terra, atópase na esquina suroeste e é a máis brillante das catro.

A  observación do Terebellum non nos deixará indiferentes, xa que para atopalo teremos que pasar polo impresionante centro da nosa galaxia, A Vía Láctea. Miles de estrelas de todas as cores, cúmulos abertos, nebulosas, etc, a primeira ollada ou cuns simples prismáticos. Con toda seguridade non sairemos defraudados.

Arriba

 

TRIÁNGULO DA PRIMAVERA

O Triángulo da Primavera, é un asterismo formado polas estrelas REGULUS na constelación de Leo, trátase da veintidos estrella máis brillante do ceo, en realidade é un sistema estelar cuadruple, atodas xuntas son 240 veces mais brillanque que o sol, a maior, Regulus A é de cor azul.   ARTURUS na consteleción de Bootes, trátase da terceira estrella máis brillante do céo e salientará por un ton  amarelo avermellado, é unhas 25 veces máis grande que o noso Sol, e 200 veces mais brilante. SPICA na constelación de Virgo, trátase da decimoquinta estrella máis brillante do ceo, en realidade é un sistema binario, ambas xuntas son 15000 veces mais brilantese que o sol, ambas son de cor azul.
http://sghnastronomia.blogspot.es/img/TPrimavera.jpg

No seu interior atópase outro asterismo triangular, substituíndo a estrela Regulus por DENEBOLA (Trátase da sesenta e unha estrella máis brillante do ceo, é 12 veces mais brillanque que o sol, é de cor branco), tamén  na constelación de Leo forma outro triángulo mais pequeno.

Este conxunto, permítenos utilizalo como guía para atopar outras estrelas e constelacións. Así se unimos a prolongación do arco da cola da Osa Maior pasará por Arturus e Spica, e se o prolongamos chegará a Kraz in Becvar na constelación de Corvus. Á súa vez se unimos Alkaid, na punta da cola da Osa Maior, con Denebola, pasará pola estrela Cor Coroli na constelación de Canes Venatici. Se unimos Algieba no peito de Leo con Regulus, levaranos á estrela Alphard na constelación de Hydra.

Os punteiros celestes, permítennos viaxar a través da esfera celeste, atopando estrelas e constelacións, que de outra forma nos pasarían totalmente desapercibidas. Aínda que o ceo da primavera non sexa o máis espectacular, non cabe dúbida que se o ollamos cun pouco de detención atoparemos, como sempre que ollemos ao ceo, fenómenos e curiosidades que nunca nos deixarán de sorprender.

Arriba

 

TRIÁNGULOS DO VERÁN

É posible que moitos de nós, notemos durante as noites de verán, que tres estrelas brillantes, relativamente cerca unhas doutras, forman unha especie de triángulo, atravesado pola Vía Láctea, o que lle dá un aspectoleitoso. Trátase dun asterismo coñecido por case todo o mundo, aínda que non se sexa coñecedor da astronomía, é o Triángulo de Verán.
http://sghnastronomia.blogspot.es/img/Tveran.jpg

As estrelas principais que o forman son: Vega,  que é a máis brillante das tres na constelación do Cisne, é 37 veces mais brillante que o Sol e atopase a 25 anos luz, (a quinta mais brillante do ceo). Altair atópase na constelación do Aguia, é unhas 11 veces mais brillante que o Sol  e  está a uns 17 anos luz, a doceava mais brillante do ceo. A terceira estrela é Deneb na constelación do Cisne, aínda que loce como a menos brillante das tres en realidade non o é, xa que se trata dunha supergigante 80.000 veces máis brillante que o Sol a 1467 anos luz de distáncia,  a 19 mais brillante do ceo. No interior do triángulo, atopámonos con outras dúas pequenas constelacións, Sagita e Vulpecula.

Menos coñecidos son outros dous asterismos que tomando como base e lados do Triángulo do Verán, dan orixe a outros dous triángulos, á dereita, é decir hacia u oeste,  e a partir da recta que resulta de unir Veiga con Altair, serviranos de base dun triángulo case equilátero co terceiro vertice na estrela Rasalhague, que é a máis brillante da constelación de Ofiuco, trinta veces máis brillante que o Sol e a 47 anos luz de distancia, a 60 mais brillante do ceo. Coñéceselle co nome de Triángulo de Verán do Sur, no seu interior atópase, talvez, a zona menos interesante do ceo do verán.

Se usamos o outro lado do Triángulo de Verán, é dicir, hacia o leste,  a liña formada pola unión de Deneb e Altair, nos servirá de lado dun triángulo case isosceles co terceiro vertice na estrela Enif da constelación de Pegaso, 150 veces máis brillante que o Sol e a 700 anos luz de distancia, a 82 mais brillante do ceo. O interior deste triángulo é moito máis interesante, por el pasa a Via Lactea e contén tamén dúas pequenas constelacións o Golfiño e Equuelus. Este triángulo é coñecido como Triángulo de Zaydeh.

A localización destes asterismos é moi sinxela, e unha vez identificados pódennos servir como punteiros celestes para atopar máis estrelas e constelacións.

Arriba