logo

Logo_astronomia

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

astronomia@sghn.org

line decor
INICIO  
line decor
line decor
 
 
 
 


 

Efemérides astronómicas de maio 2018

  • Día 4: Saturno e a Lúa moi próximos.
  • Día 6: Choiva de estrelas Eta-Acuáridas, actividade desde o 24 de abril ao 20 de maio, cun máximo de 40 por hora. Radiante en Acuario, trátase de meteoros cunha gran velocidade, producindo bólidos moi luminosos e de longas traxectorias. Marte e a Lúa moi próximos.
  • Día 7: Ás 02:10 h a Lúa en Cuarto Minguante.
  • Día 11: Aniversario da publicación da Teoría Xeral da Relatividade de Albert Einstein (1916). A Lúa e Marte moi próximos.
  • Día 12: Mercurio e Urano moi próximos, na constelación de Piscis. Configuración difícil de observar, pola proximidade de ambos planetas co Sol.
  • Día 13: Choiva de meteoros alfa Escorpiónidas. Actividade do 20 de abril ao 19 de maio, cun máximo de 5 por hora o 13 de maio. Radiante en Escorpio.Mercurio e a Lúa moi próximos.
  • Día 15: En 1618 o astrónomo Johannes Kepler formula a terceira e última Lei que leva o seu nome, referida ao movemento dos planetas. Ás 11:49 h Lúa Nova.
  • Día 16: Aniversario do impacto da sonda Venera en Venus (1969).
  • Día 17: Venus e a Lúa moi próximos.
  • Día 20: A Lúa e o Cúmulo do Pesebre moi próximos.
  • Día 22: Choiva de meteoros: Eta-Lyridas, actividade do 16 ao 25, cun máximo de 3 por hora, radiante en Lira. Ás 03:50 h a Lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 27: Xúpiter e a Lúa moi próximos.
  • Día 29: En 1919 durante unha eclipse total de Sol, Sir Arthur Eddington confirma a curvatura da luz prevista na Teoría Xeral da Relatividade. Ás 14:21 h Lúa Chea.

Planetas

  • Mercurio na constelación de Piscis poderase observar nos amenceres, cunha magnitude de 0,03. 
  • Venus na constelación de Tauro, poderase observar nos solpores, cunha magnitude de -3,38. 
  • Marte na constelación de Escorpio observarase tres horas antes do amencer cunha magnitude de -0,53.
  • Xúpiter na constelación de Libra visible case toda a noite, cunha magnitude de -2,05. 
  • Saturno na constelación de Escorpio observarase catro horas antes do amencer cunha magnitude de 0,47.
  • Urano na costelación de Aries cunha magnitude de 6,23. Visible con prismáticos pouco antes do amencer.

Cometas

  • Tan só C/2016 M1 (PanSTARRS)con magnitude 9 na constelación de Saxitario pode ser visto cun telescopio pequeno. Os demais pola súa magnitude son dificilmente localizables.

Efemérides astronómicas de abril 2018

  • Día 1: Marte e M22 moi próximos. Interesante vista no telescopio.
  • Día 2: Marte e Saturno moi próximos.
  • Día 3: Xúpiter e a Lúa moi proximos.
  • Día 6: En 1973 foi lanzada a nave Pioneer 11, viaxa a 11,3 quilómetros por segundo, atópase actualmente a 14.649.800.000 quilómetros, na constelación de Escudo.
  • Día 7: Saturno e a Lúa moi próximos.
  • Día 8: Ás 07:19 h a Lúa en Cuarto Minguante.
  • Día 12: Aniversario da saída do primeiro ser humano ao espazo, o ruso Yuri Gagarin (1961). Choiva de meteoros Virxínidas, actividade desde o 7 ao 18, cun máximo o 12 de abril de 5 por hora.
  • Día 14: Mercurio e a Lúa moi próximos.
  • Día 16: Ás 01:58 h Lúa Nova.
  • Día 22: Choiva de meteoros Líridas, actividade desde o 19 ao 25, cun máximo o 23 de abril de 10 por hora. Ás 21:47 h a Lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 25: Aniversario do lanzamento do telescopio espacial Hubble 1990.
  • Día 28: Choiva de meteoros Alpha-Escorpiónidas, actividade desde o 20 de abril ao 19 de maio, cun máximo o 28 de abril de 5 por hora.
  • Día 30: Ás 01:00 h Lúa Chéa. Xúpiter e a Lúa moi próximos.

Planetas

  • Mercurio en Piscis con magnitude 1,36, practicamente imposible de ver. 
  • Venus entre Aries con magnitude -3,6. Visible unha hora despois do solpor.
  • Marte en Saxitario con magnitude 0,14, visible tres horas antes do amencer. 
  • Xúpiter en Libra magnitude -2, visible desde media noite. 
  • Saturno en Saxitario con magnitude 0,63. visible tres horas antes do amencer.
  • Urano en Piscis, cunha magnitude de 6,24, imposible de ver pola súa proximidade ao Sol.

Cometas

  • Tan só C/2016 R2 (PanSTARRS) con magnitude 10 na constelación de Auriga, pode verse cun telescopio pequeno. Os demais pola súa magnitude son dificilmente localizables.

Efemérides astronómicas de marzo 2018

  • Día 1: Regulus e a Lúa moi próximos moi próximos.
  • Día 2: A 01:51 Lúa Chea.
  • Día 4: Mercurio e Venus moi próximos. Aniversario do descubrimento do planeta Urano polo astrónomo inglés William Herschel (1781).
  • Día 7: Xúpiter e a Lúa moi próximos.
  • Día 9: A 12:20 Cuarto Minguante.
  • Día 10: Marte e a Lúa moi próximos.
  • Día 11: Saturno e a Lúa moi próximos.
  • Día 17: A 02:12 Lúa Nova.
  • Día 18: Venus e a Lúa moi próximos.
  • Día 19: Mercurio e Venus moi próximos.
  • Día 20: A 20:05 a Terra no equinocio. Comenza a primavera no norte, outono no sur.
  • Día 22: Aldebaran e a Lúa moi próximos.
  • Día 24:a 04:35 Cuarto Crecente.
  • Día 28: Regulus e a Lúa moi próximos. Día 31: A 02:37 Lúa Chea, segunda Lúa Chea do mes, polo tanto Lúa Azul.

Planetas

  • Mercurio en Piscis com magnitude 0,15, visible durante unha hora despois do solpor.
  • Venus en Piscis com magnitude 3,35, visible durante unha hora despois do solpor.
  • Marte en Saxitario con magnitude 0,74, visible 3 horas e media antes do amencer. 
  • Xúpiter en Libra con magnitude -1,84, visible despois da media noite. 
  • Saturno en Saxitario con magnitude 0,74, visible 3 horas antes do amencer.
  • Urano en Piscis, dificil de observar polo crepúsculo, magnitude 6,3.

Cometas

  • Este mes os cometas teñen magnitudes que os fan dificilmente observables.

 

Efemérides astronómicas de febreiro 2018

  • Día 7: Ás 15:55 h a Lúa en Cuarto Menguante. A Lúa e Xúpiter muy próximos.
  • Día 8: Morre en Florencia, Italia, Galileo Galilei en arresto domiciliario. Choiva de estrelas Alfa-Centauridas, actividade desde o 28 de xaneiro ao 21 de febreiro, cun máximo de 6 por hora. Radiante en Centauro.
  • Día 9: A Lúa e Marte moi próximos.
  • Día 11: Saturno e a Lúa moi próximos.
  • Día 15: Ás 21:07 h Lúa Nova. Eclipse parcial de Sol non visible no hemisferio norte.
  • Día 23: Ás 08:10 h a Lúa en Cuarto crecente 

Planetas

  • Mercurio en Capricornio magnitude -1,14, pola súa proximidade ao Sol non é visible.
  • Venus en Acuario magnitude -3,39, visible media hora despois do solpor.
  • Marte en Ofiuco magnitude 1,18, visible tres horas antes do amencer.
  • Xúpiter en Libra magnitude -1,66, visible cinco horas antes do amencer.
  • Saturno en Saxitario magnitude 0,77 Visible dúas horas antes do amencer.
  • Urano en Piscis magnitude 6,19, visible catro horas despois do solpor.

Cometas

  • Dada a súa magnitude superior a 10, son dificilmente observables.

NOTA: Na imaxe podemos ver o céo do día 15 de febreiro as 24:00, mirando cara ao sur.

Efemérides astronómicas de xaneiro 2018

  • Día 2: Ás 03:24 h Lúa Chéa.
  • Día 3:Choiva de meteoros Cuadrántidas, as mais intensas do ano. Actividade desde o 28 de decembro ao 12 de xaneiro, con un máximo de 120 por hora o día 3. Radiante en Bootes. Son meteoros de gran tamaño con ronseis de longa duración.
  • Dia 5: Régulus e a Lúa moi próximos. 
  • Día 7: Galileo Galilei descobre os satélites naturais de Xúpiter: Io, Europa e Callisto (1609).
  • Día 8: En 1642 morre arrestado no seu domicilio de Florencia, Galileo Galilei. Ata o 31 de outubro de 1992 a Santa Sé non recoñeceu o seu erro ao condenalo en 1633. Ás 11:45 h a Lúa en Cuarto Minguante.
  • Día 11: Xúpiter, Marte e a Lúa moi próximos.
  • Día 13: Mercurio e Saturno, moi próximos.
  • Día 15: Saturno, Mercurio e a Lúa moi próximos.
  • Día 17: Ás 03:17 h Lúa Nova.
  • Día 24: Ás 11:20 h a Lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 27: Aldebarán e a Lúa moi próximas.
  • Día 31: Ás 02:27 j Lúa Chéa. Eclipse total de Lúa, non visible en Galicia.

Planetas

  • Mercurio: Atópase na constelación de Saxitario con magnitude -0,2 visible unha hora antes do amencer. 
  • Venus: Atópase na constelación de Saxitario cunha magnitude de -3,49, pola súa proximidade ao Sol non é visible.
  • Marte: Atópase na constelación de Libra cunha magnitude de 1,54, visible durante catro horas antes do amencer. 
  • Xúpiter: Atópase na constelación de Libra cunha magnitude de -1,45, visible catro horas antes do amencer. 
  • Saturno: Atópase na constelación de Saxitario cunha magnitude de 0,72, visible durante unha hora antes do amencer.
  • Urano: Atópase na constelación de Piscis cunha magnitude de 6,14, visible durante sete horas despois do solpor.

Cometas

  • Dada a súa magnitude superior a 10, son dificilmente observables.

NOTA: Na imaxe podemos ver o céo do día 15 de xaneiro as 24:00, mirando cara ao sur.