logo

Logo_astronomia

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

astronomia@sghn.org

line decor
INICIO  
line decor
line decor
 
 
 
 


 

 

Efemérides astronómicas de Xuño 2017

  • Día 1: Ás 12:43 h a Lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 3: Venus e Urano moi próximos, na constelación de Piscis.
  • Día 4: Xúpiter e a Lúa moi próximos, na constelación de Virgo.
  • Día 9: Ás 13:11 h Lúa Chéa.
  • Día 10: Saturno e a Lúa moi próximos, na constelación de Ofiuco. Choiva de meteoros Ofiucidas. Actividade do 19 de maio ao 10 de xullo, cun máximo de 5 por hora, radiante en Ofiuco. A proximidade da Lúa chea dificultará a observación dos meteoros.
  • Día 17: Ás 11:34 h a Lúa en Cuarto Minguante.
  • Día 20: Venus e a Lúa moi próximos, na constelación de Ofiuco.
  • ía 21: Ás 04:15 h comeza o verán no hemisferio norte, inverno no sur.
  • Día 24: Ás 02:32 h Lúa Nova
  • Día 30: Aniversário da caida en Tunguska (Siberia), en 1908, dos posibles restos dun cometa. As consecuencias son visibles ainda hoxe.

Planetas

  • Mercurio en Tauro con magnitude -1,48. Non visible pola súa proximidade ao Sol.
  • Venus en Aries con magnitude -3,83. Visible una hora antes do amencer.
  • Marte en Xéminis con magnitude 1,9. Non visible pola súa proximidade ao Sol..
  • Xúpiter en Virgo magnitude -1,73. Visible case toda a noite.
  • Saturno en Ofiuco magnitude 0,21. Visible toda a noite.
  • Urano en Piscis, magnitude de 6,2. Visible dúas horas antes do amencer.

Cometas

  • Tan só 41P/Tuttle-Giacobini-Kresak (2017) con magnitude 6 entre as constelacións de Serpens Cauda e Ofiuco, C/2015 V2 (Johnson) con magnitude 6 entre Bootes e Virgo e C/2015 ER61 ( PanSTARRS) con magnitude 7 en Piscis, poden verse cun telescopio pequeno. Os demais pola súa magnitude son dificilmente localizables.

 

Efemérides astronómicas de Maio 2017

  • Día 3: Ás 02:48 ha Lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 6: Choiva de estrelas Eta-Acuáridas, actividade desde o 19 de abril ao 28 de maio, cun máximo de 50 por hora. Radiante en Acuario, trátase de meteoros cunha gran velocidade, producindo bólidos moi luminosos e de longas traxectorias. Producidas polo cometa 1P/Halley.
  • Día 7: Xúpiter e a Lúa moi próximos, na constelación de Virgo.
  • Día 10: Ás 21:44 h Lúa Chea.
  • Día 11: Aniversario da publicación da Teoria Xeral da Relatividade de Albert Einstein (1916). A Lúa e Marte moi próximos.
  • Día 13: Choiva de estrelas Alpha Escórpidas, actividade desde o 20 de abril ao 19 de maio, cun máximo de 5 por hora o día 13. Radiante en Escorpio. Saturno e a Lúa moi próximos na constelación de Saxitario.
  • Día 15: En 1618 o astrónomo Johannes Kepler formula a terceira e última Lei que leva o seu nome, referida ao movemento dos planetas.
  • Día 16: Aniversario do impacto da sonda Venera en Venus (1969).
  • ía 19: Ás 00:34 h a Lúa en Cuarto Minguante.
  • Día 22: Venus e a Lúa moi próximos na constelación de Piscis.
  • Día 25: Ás 19:46 h Lúa nova.
  • Día 29: En 1919 durante unha eclipse total de Sol, Sir Arthur Eddington confirma a curvatura da luz prevista na Teoría Xeral da Relatividade.

Planetas

  • Mercurio na constelación de Piscis cunha magnitude de -0,19, non visible pola súa proximidade ao Sol.
  • Venus na constelación de Piscis, cunha magnitude de -3,4, poderase observar media hora antes de amencer.
  • Marte na constelación de Tauro cunha magnitude de 1,8, visible unha hora despois do solpor.
  • Xúpiter na constelación de Virgo cunha magnitude de -1,9, visible toda a noite. 
  • Saturno na constelación de Saxitario cunha magnitude de 0,3, visible despois de media noite.
  • Urano na costelación de Piscis cunha magnitude de 6,2, non visible pola súa proximidade ao Sol.

Cometas

  • 41P/Tuttle-Giacobini-Kresak (2017)con magnitude 6 entre as constelacións de Hercules, Lira, Vulpecula, Saxita e Aguia. C/2015 V2 (Johnson) con magnitude 6 en Bootes. Poden ser vistos cun telescopio pequeno, os demais pola súa magnitude son dificilmente localizables.

Ver ampliación.

 

Efemérides astronómicas de Abril 2017

  • Día 3: Ás 18:41 h a Lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 10: Xúpiter e a Lúa moi próximos.
  • Día 11: Ás 06:10 h Lúa Chea.
  • Día 12: Aniversario da saída do primeiro ser humano ao espazo, o ruso Yuri Gagarin (1961). Choiva de meteoros Virxínidas. Actividade do 7 ao 18 de abril, co máximo de 5 por hora o día 12. Radiante en Virgo. A proximidade coa Lúa Chea fará difícil a observación dos meteoros débiles.
  • Día 19: Ás 09:58 h a Lúa en Cuarto Minguante.
  • Día 23: Choiva de meteoro Líridas, actividade desde o 19 ao 25, cun máximo de 10 por hora o día 23, radiante en Lira. Venus e a Lúa moi próximos.
  • Día 25: Mercurio e a Lúa moi próximos, non visible pola súa proximidade ao Sol. Aniversario do lanzamento do telescopio espacial Hubble (1990).
  • Día 26. Ás 12:17 h Lúa Nova.
  • Día 28: Choiva de meteoros Alpha-Escorpiónidas. Actividade do 20 de abril ao 19 de maio, cun máximo de 15 por hora o día 28. Radiante en Escorpio

Planetas

  • Mercurio en Aries con magnitude 2,44, non visible pola súa proximidade ao Sol.
  • Venus en Piscis con magnitude -4,1. Visible nos amenceres.
    Marte en Tauro con magnitude 1,7. Visible duas horas depois do solpor.
  • Xúpiter en Virgo con magnitude -2. Visible toda a noite.
  • Saturno en Saxitario magnitude 0,54. Visible cinco horas antes do amencer.
  • Urano en virgo cunha magnitude de 6,25, non visible pola súa proximidade ao Sol.

Cometas

  • Tan só 41P/Tuttle-Giacobini-Kresak (2017 con magnitude 5 en Draco, C/2015 V2 (Johnson) con magnitude 7 entre Hercules e Bootes e C/2015 ER61 (PanSTARRS) con magnitude 7 entre Capricornio e Acuario, poden ser vistos cun telescopio pequeno. Os demais pola súa magnitude son dificilmente localizables.

 

Efemérides astronómicas de Marzo 2017

  • Día 1: A Lúa, Venus e Marte moi próximos.
  • Día 4: Aniversario do descubrimento do planeta Urano polo astrónomo inglés William Herschel (1781).
  • Día 5: Ás 12:34 h a Lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 12: Ás 15:55 h Lúa Chéa.
  • Día 13: O astrónomo inglés William Herschel descubre os satélites de Urano Titania e Oberón (1787).
  • Día 14: A Lúa e Xúpiter moi Próximas.
  • Día 18: Mercurio e Venus moi próximos.
  • Día 19: Ás 17:27 h a Lúa en Cuarto crecente.
  • Día 20: Ás 11:12 h a Terra no equinocio. Comenza a primavera no norte, outono no sur. A Lúa e Saturno moi próximos. Ás 17:01 h a Lúa en Cuarto Minguante.
  • Día 24: Máximo da choiva de estrelas Gamma-Nórmidas (2 por hora), comenzan o 23 e estarán con nos ata o día 28. Radiante en Norma.
  • Día 25: Aniversario do descubrimento por Christiaan Huygens do satélite de Saturno, Titán (1655).
  • Día 27: Lúa e Venus moi próximos.
  • Día 28: Ás 04:59 h Lúa Nova.
  • Día 29: A Lúa e Mercurio moi próximos.
  • Día 30: A lúa e Marte moi próximos.

Planetas

  • Mercurio en Piscis, pola súa proximidade ao Sol non visible, magnitude -1,35.
  • Venus en Piscis, visible una hora despois do solpor, magnitude -3,7. 
  • Marte en Aries, visible duas horas despois do solpor, magnitude 1,58.
  • Xúpiter en Virgo, será visible casi toda a noite, magnitude -1,96.
  • Saturno en Saxitario, poderá observarse catro horas antes do amencer, magnitude 0,68.
  • Urano en Piscis, visible unha hora depois do solpor, magnitude 6,3.

Cometas

  • Tan só 41P/Tuttle-Giacobini-Kresak (2017)entre as constelaciones de Leo,Leo Minor e Osa Maior, con magnitude 5. 2P/Encke (2017) em Acuario com magnitude 6. Poden ser observados cun telescópio pequeno. Os outros teñen magnitudes que os fan difícilmente observables.

 

Efemérides astronómicas de Febreiro 2017

  • Día 1: A Lúa e Marte moi próximos.
  • Día 4: A 05:20 a Lúa en Cuarto crecente na constelación de Tauro.
  • Día 8: Choiva de meteoros: Alfa-Centauridas, actividade desde o 29 de xaneiro ao 22 de febreiro, cun máximo de 6 por hora o día 8. Radiante en Centauro. 
  • Día 11: A 01:33 Lúa Chéa na constelación de Leo. Eclipse Penumbral de Lúa, visible desde Galicia.
  • Día 15: A Lúa e Xúpiter moi próximos. En 1998 o Voyayer 1 alcanza ao Pionner 10 e convertese no obxeto mais lonxano a Terra lanzado polo home.
  • Día 18: A Lúa en Cuarto Minguante na constelación de Saxitário.
  • Día 21: A Lúa e Saturno moi Próximos.
  • Día 23 : Aniversario da aparición da última Supernova mais próxima (1987 A) na Gran Nube de Magaianes.
  • Día 24: Choiva de estrelas Delta Leónidas desde o 15 de febrero ao 10 de marzo, máximo de 2 por hora o día 24. Radiante en Leo.
  • Día 26 a Lúa e Mercurio moi próximos. A 15:59 Lúa Nova na constelación de Piscis. Eclipse anular de Sol, non visible.
  • Día 27: Marte e Urano moi próximos, fantásticos nun telescópio pequeno.

Planetas

  • Mercurio en Capricornio, visible pouco antes do emencer, magnitude -0,4.
  • Venus en Piscis, visible duas horas despois do solpor, magnitude -4,3. 
  • Marte en Piscis, visible duas horas e media despois do solpor, magnitude 1,4. 
  • Xúpiter en Virgo, visible despois da media noite, magnitude -1,82. 
  • Saturno en Ofiuco, poderá observarse tres horas antes do amencer, magnitude 0,7.
  • Urano en Piscis, visible três horas despois do solpor, magnitude 6,2.

Cometas

  • Tan só 45P/Honda-Mrkos-Pajdusakova(2016) pasando rapidamente entre as constelacions de Águia, Hércules, Coroa Boreal, Bootes, Cabeleira de Verenice e Leo, con magnitude 6, e 2P/Encke(2017) en Piscis com magnitude 7, poden ser observados cun telescopio pequeno. Os outros teñen magnitudes que os fan difícilmente observables.

 

Efemérides astronómicas de Xaneiro 2017

  • Día 2: Venus e a Lúa moi próximos, na constelación de Acuario.
  • Día 3 :Choiva de meteoros: Cuadrántidas, actividade desde o 28 de decembro ao 12 de xaneiro (con máximo o 3 de xaneiro), Máximo de 120 por hora. Radiante en Bootes. Producidos polo asteroide 2003 EH. Son meteoros de gran tamaño con ronseis que poden durar de 3 a 4 minutos. Marte e a Lúa moi próximos.
  • Dia 5: Ás 20:49 h a Lúa en Cuarto Crecente. 
  • Día 7: Galileo Galilei descobre os satélites naturais de Xúpiter: Io, Europa e Callisto (1609).
  • Día 8: En 1642 morre arrestado no seu domicilio de Florencia, Galileo Galilei. Ata o 31 de outubro de 1992 a Santa Sé non recoñeceu o seu erro ao condenalo en 1633.
  • Día 12: Ás 12:36 h Lúa Chea.
  • Día 19: Ás 23:16 h a Lúa en Cuarto Minguante. Xúpiter e a Lúa moi próximos en Virgo.
  • Día 24: Saturno e a Lúa moi próximos. 
  • Día 26: Mercurio e a Lúa moi próximos.
  • Día 28: Ás 01:10 h Lúa Nova.
  • Día 31: Venus e a Lúa moi próximos en Piscis.

Planetas

  • Mercurio: Atópase na constelación de Saxitario, magnitude 0,17, visible una hora antes do amencer. 
  • Venus: Atópase na constelación de Acuario cunha magnitude de -4,09, visible durante dúas horas depois do solpor.
  • Marte: Atópase na constelación de Acuario cunha magnitude de 1,17, visible 3 horas depois do solpor. 
  • Xúpiter: Atópase na constelación de Virgo cunha magnitude de -1,60, visible desde sete horas antes do amencer. 
  • Saturno: Atópase na constelación de Ofiuco cunha magnitude de 0,72, visible unha hora antes do amencer.
  • Urano: Atópase na constelación de Piscis cunha magnitude de 6,15, visible 7 horas depois do solpor.

Cometas

  • 45P/Honda-Mrkos-Pajdusakova (2016) con magnitude 8, pode observarse cun telescopio pequeno, no seu tránsito polas constelaciones de Capricornio, Acuario e Aguia. C/2016 U1 (NEOWISE) con magnitude 7, pode observarse cun telescopio pequeno, entre as constelaciones de Ofiuco Serpe e Saxitário. Os demais teñen magnitudes que os fan difícilmente observables.