logo

Logo_astronomia

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

astronomia@sghn.org

line decor
INICIO  
line decor
line decor
 
 
 
 


 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS DE DECEMBRO

  • Día 3: Venus e a Lúa moi próximos.
  • Día 6: Neptuno e a Lúa moi próximos.
  • Día 7: Choiva de estrelas Pupidas Velidas, actividade entre o 1 e o 15 de decembro, cun máximo de 10 por hora o 7 de decembro. Ás 09:33 h a Lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 8: Choiva de estrelas Monocerótidas, actividade entre 5 e o 17 de decembro, cun máximo de 2 por hora o 8 de decembro.
  • Día 9: Choiva de estrelas Phoenícidas de Decembro, actividade entre o 28 de novembro e o 8 de decembro, cun máximo variable o 9 de decembro. Urano e a Lúa moi próximos.
  • Día 11: Choiva de estrelas Sigma Hidridas, actividade entre o 3 e o 15 de decembro, cun máximo de 3 por hora o 11 de decembro.
  • Día 14: Choiva de estrelas Xemínidas, actividade entre o 4 e o 17 de decembro, cun máximo de 120 por hora o 14 de decembro. Ás 00:06 Lúa Chea.
  • Día 15: Choiva de estrelas Coma Berenícidas, actividade entre o 12 e o 23 de decembro, cun máximo de 3 por hora o 15 de decembro.
  • Día 19: Choiva de estrelas Leo Minóridas de Decembro, actividade entre o 5 de decembro e o 4 de febreiro, cun máximo de 52 por hora o 19 de decembro.
  • Día 20: En 1996 morreu o gran astrónomo, astrofísico e escritor Carl Sagan.
  • Día 21: Ás 01:56 ha a Lúa en Cuarto Minguante. Ás 14:37 h comeza o inverno no hemisfério norte, verán no sur.
  • Día 22: Choiva de estrelas Úrsidas, actividade entre o 17 e o 26 de decembro, cun máximo de 10 por hora o 22 de decembro.
  • Día 29: Ás 06:53 h Lúa Nova.

Planetas

  • Mercurio en Saxitario cunha magnitude de 0,03, visible media hora despois do solpor.
  • Venus en Capricornio cunha magnitude de -3,8, visible duas horas e media despois do solpor.
  • Marte en Capricornio, cunha magnitude de 0,93, visible durante catro horas despois do solpor.
  • Xúpiter em Virgo, cunha magnitude de -1,43, visible durante catro horas antes do amencer.
  • Saturno en Ofiuco, cunha magnitude de 0,65, pola súa proximidade ao Sol non é visible.
  • Urano en Piscis, cunha magnitude de 6,10, visible con prismáticos durante 8 horas des pois do solpor.

Cometas

  • Tan só 45P/Honda-Mrkos-Pajdusakova (2016) con magnitude 7 percorrerá durante o mes de decembro as constelacións de Escorpio e Saxitario. Os demais pola súa magnitude son dificilmente localizables.

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS DE NOVEMBRO

  • Día 3: No ano 1957 foi lanzado o Sputnik 2 coa cadeliña Laika a bordo.
  • Día 7: Ás 19:51 h a Lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 9: Aniversario do necemento do astrónomo, astrofísico e escritor americano Carl Sagan (1934). Ocultación de Neptuno pola Lúa.
  • Día 12: Choiva de estrelas Táuridas Norte, do 20 de outubro ao 10 de decembro, con máximo o 12 de novembro, de 5 por hora. Radiante en Taurus.
  • Día 14: Ás 13:52 h Lúa Chéa.
  • Día 16: En 1974 desde o radiotelescopio de Arecibo enviase unha mensaxe ó cúmulo globular M13, na constelación de Hércules, de ter resposta será dentro de 50.000 anos..
  • Día 17: Choiva de estrelas Leónidas, do 6 ao 30, cun máximo o 17 de novembro de 20 por hora. Radiante en Leo. Son producidas polos restos do cometa Tempel-Tuttle.
  • Día 20: Ás 14:31 h a Lúa en Cuarto crecente.
  • Día 21: Choiva de estrelas Alfa-Monocerotidas, do 15 ao 25, cun máximo variable o 21, radiante en Monoceros. Ás 08:33 h a Lúa en Cuarto Minguante.
  • Día 23: A Lúa e Saturno moi próximos.
  • Día 26: En 1965 lanzase o primeiro satélite francés, o Asterix I.
  • Día 29: Ás 18:18 h Lúa Nova.

Planetas

  • Mercurio en Escorpio, cunha magnitude aproximada de -0,45, pola súa proximidade ao Sol non visible.
  • Venus en Saxitario, cunha unha magnitude de -3,58. Visible despois do solpor durante pouco mais dunha hora.
  • Marte en Capricornio, cunha magnitude de 0,68, visible durante tres horas despois do solpor.
  • Xúpiter en Virgo, cunha magnitude de -1,29, visible desde 3 horas antes do mencer.
  • Saturno en Ofiuco, cunha magnitude 0,71. Visible media hora despois do solpor.
  • Urano en Pisces, cunha magnitude de 6,06, observable cun telescopio pequeno casi toda a noite.

Cometas

  • Os cometas deste mes teñen magnitudes superiores a 10, polo que a súa observación e moi complicada.

Na imaxe podemos ver o céo do día 15 de outubro ás 24:00 h, mirando cara ao sur.

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS DE OUTUBRO

  • Día 1: Ás 00:11 h Lúa Nova. En 1958 comenza as súas actividades a NASA.
  • Día 3: Venus e a Lúa moi próximos.
  • Día 4: Ultimo día do calendario Xuliano. En 1582 o Papa Gregorio XIII decreta que do xoves día 4 de outubro pasase ó día 15, acomenzando o calendario Gregoriano. En 1957 lanzouse o primeiro satélite artificial, o Sputnik.
  • Día 8: Máximo variable da choiva de estrelas Dracónidas, actividade desde o 6 ao 10. Radiante en Draco.
  • Día 9: Ás 04:33 h a Lúa em Cuarto Crecente.
  • Día 10: Máximo de 5 por hora da choiva de estrelas Táuridas do Sur, actividade desde o 10 de setembro ao 20 de novembro. Radiante en Taurus.
  • Día 11: Mercurio e Xúpiter moi próximos. Máximo de 2 por hora da choiva de estrelas Delta-Auríxidas, actividade desde o 10 de outubro ao 18 de outubro. Radiante en Auriga.
  • Día 16: Urano e a Lúa moi próximos. Ás 04:23 h Lúa Chéa.
  • Día 18: Máximo de 3 por hora da choiva de estrelas Epsilon-Xemínidas, actividade desde o 14 ao 27. Radiante en Xéminis.
  • Día 21: Máximo de 25 por hora da choiva de estrelas Oriónidas, actividade desde o 2 de outubro ao 7 de novembro, teñen a súa orixe no cometa Halley. Radiante en Orión.
  • Día 22: Ás 19:13 h a Lúa en Cuarto Minguante.
  • Día 24: Máximo de 2 por hora da choiva de estrelas Leo Minóridas, actividade desde o 19 ao 27. Radiante en Leo Minor.
  • Día 28: Xúpiter e a Lúa moi próximos.
  • Día 29: Ás 3 da madrugada atrásase unha hora, comeza o horario de inverno.
  • Día 30: Venus e a Lúa moi próximos. Ás 17:38 h Lúa Nova.
  • Día 31: En 1992 o Vaticano decreta a absolución de Galileo Galilei, condenado por herexía en 1616 e en 1633.

Planetas

  • Mercurio en Virgo, cunha magnitude aproximada de -1,03, pola súa proximidade ao Sol non visible.
  • Venus en Leo, observarase durante unha hora depois do solpor, alcanzado unha magnitude de -3,42.
  • Marte en Escorpio, será observable depois do solpor durante unhas 4 horas, cunha magnitude de 0,39.
  • Xúpiter em Virgo, cunha magnitude de -1,21, pola súa proximidade ao Sol non visible.
  • Saturno en Ofiuco, será observable depois do solpor durante unhas 2 horas, cunha magnitude 0,75.
  • Urano en Piscis, cunha magnitude de 6,04, observable durante toda a noite com prismáticos.

Cometas

  • Os cometas deste mes teñen magnitudes superiores a 10, polo que a súa observación e moi complicada.

Na imaxe podemos ver o céo do día 15 de outubro ás 24:00 h, mirando cara ao sur.

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS SETEMBRO 2016

  • Día 1: Ás 09:03 h Lúa Nova. Eclipse anular de Sol, visible em África e no Océano Indico.
  • Día 2: Ocultación de Xúpiter pola Lúa, non visible.
  • Día 3: Venus e a Lúa moi próximos.
  • Día 5: Aniversario do lanzamento da Voyager 1 a Xúpiter e Saturno (1977).
  • Día 8: Saturno e a Lúa moi próximos.
  • Día 9: Ás 11:49 h a Lúa en Cuarto Crecente. Choiva de estrelas Perseidas de Setembro, actividade do 5 o 21, cun máximo de 5 por hora o día 9. Marte e a Lúa moi próximos.
  • Día 11: En 1822 o Santo Oficio autoriza a ensinar a teoría de Copérnico de que a Terra xira arredor do Sol.
  • Día 16: Ás 19:05 h Lúa Chea. Eclipse penumbral de Lúa, visible en Galicia dende o orto da Lúa ata as 22:54.
  • Día 22: Ás 14:21 h a Terra no equinoccio comenza o outono no hemisfério norte, primavera no sur.
  • Día 23: Ás 09:56 h a Lúa en Cuarte Minguante. Aniversario da primeira observación de Neptuno polo astronomo J. Galle (1846).
  • Día 29: Mercurio e a Lúa moi próximos.
  • Día 30: Xúpiter e a Lúa moi próximos.

Planetas

  • Mercurio en Leo cunha magnitude de 2,46, pola súa proximidade ao Sol non visible.
  • Venus en Virgo cunha magnitude de -3,34, poderase observar nos solpores aproximadamente durante unha media hora.
  • Marte en Ofiuco cunha magnitude de 0,06, observarase aproximadamente durante 4 horas nos solpores.
  • Xúpiter en Virgo cunha magnitude de -1,1, observarase nos solpores, aproximadamente durante 3 horas.
  • Saturno en Ofiuco cunha unha magnitude de 0,72, poderá observarse nos solpores aproximadamente durante 3 horas.
  • Urano en Piscis cunha magnitude de 6,05, visible con prismáticos durante toda a noite.

Cometas

  • Pola súa magnitude superior a 10, os cometas neste mes son dificilmente localizables.

Na imaxe podemos ver o céo do día 15 de setembro ás 24:00 h, mirando cara ao sur.

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS AGOSTO 2016

  • Día 2: Ás 20:45 h Lúa Nova.
  • Día 4: Mercurio e a Lúa moi próximos, difícil de ver pola súa proximidade ao Sol
  • Día 6: A Lúa e Xúpiter moi próximos.
  • Día 10: Ás 18:21 h a Lúa em Cuarto Crecente.
  • Día 11: Marte e a Lúa moi próximos.
  • Día 12: Choiva de estrelas Perseidas, tamén coñecidas como bágoas de San Lourenzo, actividade desde o 17 de xullo ao 24 de agosto, con un máximo de 100 por hora na noite do 12 ao 13 de agosto. Son producidas polos restos do cometa 109P/Swift-Tuttle. Radiante en Perseo, de aí o seu nome.
  • Día 17: Choiva de estrelas Kappa-Cygnidas, actividade desde o 3 ao 25 de agosto cun máximo de 3 por hora o 17 de agosto. Radiante en Cisne.
  • Día 18: Ás 09:27 h Lúa Chéa.
  • Día 20: Aniversario do lanzamento do Voyager 2 a percorrer Xupiter, Saturno, Urano e Neptuno (1977). Hoxe atopase a 16.590.000.000 de quilómetros da Terra, 30 hora 45 minutos luz de nos, e continúa a súa viaxe polo espazo interestelar a 18 quilómetros por segundo.
  • Día 22: Mercurio e Xúpiter moi próximos.
  • Día 24: Marte e Saturno moi próximos.
  • Día 25: Ás 03:41 h a Lúa en Cuarto Minguante. Marte e Saturno moi próximos.
  • Día 27: Venus, Xúpiter e Mercurio moi próximos.
  • Día 31: Choiva de estrelas Alfa Auríxidas, actividade desde o 28 de agosto ao 5 de setembro cun máximo de 6 por hora o 31 de agosto. Radiante en Auriga.

PLANETAS

  • Mercurio en Leo con magnitude 0,5. Non visible pola súa proximidade ao Sol.
  • Venus en Leo con magnitude -3,3. Non visible pola súa proximidade ao Sol.
  • Marte en Escorpio con magnitude 0,37. Observable ata tres horas depois do solpor.
  • Xúpiter en Virgo magnitude -1,26. Non visible pola súa proximidade ao Sol.
  • Saturno en Ofiuco magnitude -0,6. Poderase observar ata 3 horas logo do solpor.
  • Urano en Piscis, cunha magnitude de 6,09. observable con prismáticos, case toda a noite.

COMETAS

  • Pola súa magnitude superior a 10, os cometas neste mes son dificilmente localizables.

Na imaxe podemos ver o céo do día 15 de agosto ás 24:00 h, mirando cara ao sur.

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS XULLO 2016

  • Día 4: Ás 11:01 h Lúa Nova.
  • Día 6: Aniversario (1687) da publicación do libro "Principia" onde Isaac Newton publica a Lei da Gravitación Universal.
  • Día 9: Xúpiter e a Lúa moi próximos.
  • Día 12: Ás 00:52 h a Lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 14: Marte e a Lúa moi próximos.
  • Día 16: Mercurio e a Lúa moi próximos.
  • Día 19: Ás 22:57 h Lúa Chéa.
  • Día 20: Aniversario da chegada do home á Lúa (1969). Aniversario da chegada da nave automática Viking á superficie do planeta Marte (1976).
  • Día 23: Neptuno e a Lúa moi próximos.
  • Día 26: Urano e a Lúa moi próximos. Ás 23:00 h a Lúa en Cuarto Minguante.
  • Día 27: Choiva de meteoros: Piscis Austrinídas, comezan o 15 de xullo, cun máximo de 5 por hora o 27, radiante en Piscis Australis. Urano e a Lúa moi próximos.
  • Día 28: Aniversario da primeira foto do Sol. Descúbrese a Coroa Solar (1861). Choiva de meteoros Piscis Austrínidas, comezan o 15 de xullo, cun máximo de 5 por hora o día 28, radiante en Piscis Austrinus.
  • Día 30: Choiva de meteoros: Alfa-Capricórnidas, comezan o 3 de xullo, cun máximo de 5 por hora o 30, radiante en Capricornio. Choiva de meteoros: Delta-Acuáridas Sur, comezan o 12 de xullo, cun máximo de 16 por hora o 30, radiante en Acuario.

PLANETAS

  • Mercurio en Cancer con magnitude -1,05. Non visible pola súa proximidade ao Sol.
  • Venus en Cancer con magnitude -3,32. Non visible pola súa proximidade ao Sol.
  • Marte en Libra con magnitude -0,91. Visible 5 horas despois do solpor.
  • Xúpiter en Leo con magnitude -1,35. Visible 2 horas despois do solpor.
  • Saturno en Ofiuco con magnitude 0,44. Visible 6 horas despois do solpor.
  • Urano en Piscis con magnitude de 6,15. Visible 4 horas antes do amencer

COMETAS

  • Pola súa magnitude superior a 10, os cometas neste mes son dificilmente localizables.

Na imaxe podemos ver o céo do día 15 de xullo ás 24:00 h, mirando cara ao sur.

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS XUÑO 2016

  • Día 3: Mercurio e a Lúa moi próximos 1,3º.
  • Día 5: Ás 03:00 h Lúa Nova.
  • Día 11: Xúpiter e a Lúa moi próximos 1,9º.
  • Día 12: Ás 08:10 h a Lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 13: No ano 1983 a sonda Pioner 10 convirtese no primeiro obxeto feito polo home que sae do Sistema Solar.
  • Día 16: Ás 17:24 h a Lúa en Cuarto crecente. En 1963 Valentina Terheskova convirtese na primeira muller en sair ó Espacio.
  • Día 19: Saturno e a Lúa moi próximos 2,4º.
  • Día 20: Ás 11:02 h Lúa Chéa. Ás 22:34 h comeza o verán no hemisferio norte, inverno no sur.
  • Día 27: Ás 18:18 h a Lúa en Cuarto Minguante. Choiva de meteoros: Bootidas de Xuño, entre o 22 de xuño e o 2 de xullo, cun máximo variable o 27. Proceden do Cometa: 7P/Pons-Winnecke, e ten o seu radiante en Bootes.
  • Día 30: Aniversario da caida en Tunguska en 1908, dos posibles restos dún cometa, ás consecuencias son visibles ainda hoxe.

PLANETAS

  • Mercurio en Acuario con magnitude -0,04. Pouco visible pola súa proximidade ao Sol.
  • Venus en Tauro con magnitude -3,47. Non visible pola súa proximidade ao Sol.
  • Marte en Libra con magnitude -1,53. Visible case toda a noite.
  • Xúpiter en Leo con magnitude -1,54. Visible as 5 primeras horas da noite.
  • Saturno en Ofiuco con magnitude 0,27. Visible case toda a noite.
  • Urano en Piscis, cunha magnitude de 6,2, visible dúas horas antes do amencer.

COMETAS

  • Tan só C/2013 X1 (PanSTARRS) con magnitude 5 entre as constelacións de Acuario, Piscis Austrinus e Microscopio, pode verse os primeiros días do mes. Os demais pola súa magnitude son dificilmente localizables.

Na imaxe podemos ver o céo do día 15 de xuño ás 24:00 h, mirando cara ao sur.

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS MAIO 2016

  • Día 5: Choiva de estrelas Eta-Acuáridas, actividade desde o 19 de abril ao 28 de maio, cun máximo de 70 por hora. Radiante en Acuario, trátase de meteoros cunha gran velocidade, con bólidos moi luminosos e de longas traxectorias, a súa orixe son os restos do Cometa 1P/Halley.
  • Día 6: Ás 19:30 h Lúa Nova.
  • Día 8: Choiva de meteoros: Eta-Lyridas, actividade do 3 ao 14, cun máximo de 3 por hora, radiante en Lira.
  • Día 11: Aniversario da publicación da Teoria Xeral da Relatividade de Albert Einstein (1916). A Lúa e Marte moi próximos.
  • Día 13: Ás 17:02 h a Lúa en Cuarto Crecente. Mercurio e Venus moi próximos.
  • Día 15: En 1618 o astrónomo Johannes Kepler formula a terceira e última Lei que leva o seu nome, referida ao movemento dos planetas.
  • Día 16: Aniversario do impacto da sonda Venera en Venus (1969).
  • Día 21: Ás 21:14 h Lúa Chra. Marte e a Lúa moi próximos.
  • Día 22: Saturno e a Lúa moi próximos.
  • Día 29: Ás 12:11 h a Lúa en cuarto minguante. En 1919 durante unha eclipse total de Sol, Sir Arthur Eddington confirma a curvatura da luz prevista na Teoría Xeral da Relatividade.

PLANETAS

  • Mercurio na constelación de Aries, cunha magnitude de 2,53, pola súa proximidade ao Sol non visible. 
  • Venus na constelación de Aries, cunha magnitude de -3,4, pola súa proximidade ao Sol non visible. 
  • Marte na constelación de Escorpio observarase case toda a noite cunha magnitude de -1,7.
  • Xúpiter na constelación de Leo poderase ver nos solpores, durante case 5 horas, cunha magnitude de -1,7. 
  • Saturno na constelación de Ofiuco poderá observarse casei toda a noite, cunha magnitude de 0,29.
  • Urano na costelación de Piscis cunha magnitude de 6,3, pola súa proximidade ao Sol non visible.

COMETAS

  • C/2013 X1 (PanSTARRS) con magnitude 6 na constelación de Acuario, pode ser visto cun telescopio pequeno. Os demais pola súa magnitude son dificilmente localizables.

Na imaxe podemos ver o céo do día 15 de maio ás 24:00 h, mirando cara ao sur.

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS ABRIL 2016

  • Día 6: Venus e a Lúa moi próximos.
  • Día 7: Ás 11:24 h Lúa Nova.Urano e a Lúa moi próximos.
  • Día 8: Mercurio e a Lúa moi próximos.
  • Día 12: Aniversario do lanzamento do cosmonauta sovietico Yuri Gagarin, primeiro ser humano no espacio (1961).
  • Día 14: Ás 3:59 h a Lúa e Cuarto Crecente.
  • Día 22: Ás 03:24 h Lúa Chéa. Venus e Urano moi próximos, a menos de un grao. Choiva de meteoros Líridas, actividade desde o 16 ao 25, cun máximo de 18 por hora o día 22, propducidos polos restos do cometa Thatcher, radiante en Lira; Algunhas veces prodúcense explosións que se asemellan a fogos artificiais.
  • Día 23: Choiva de meteoros:Pi-Pupidas , actividade desde o 15 ao 28, cun variable o día 23 e propducidos polos restos do cometa 26P/Grigg-Skjellerup, radiante en Popa.
  • Día 24: Aniversario do lanzamento do telescopio espacial Hubble (1990).
  • Día 25: Marte e a Lúa moi próximos.
  • Día 30: A 03:29 aLúa en Cuarto Minguante.

PLANETAS

  • Mercurio en Aries con magnitude 0,01, visible unha hora depois do solpor.
  • Venus en Piscis con magnitude -3,33. Non visible.
  • Marte en Ofiuco con magnitude -0,81. Visible 4 horas antes do amencer.
  • Xúpiter en Leo con magnitude -1,92. Visible casi toda a noite.
  • Saturno en Ofiuco magnitude -0,47. Visible 4 horas antes do amencer.
  • Urano en Pisces, cunha magnitude de 6,26, imposible de ver pola súa proximidade ao Sol.

COMETAS

  • Tan só C/2013 K1 (PanSTARRS)con magnitude 6 en Bootes, pode ser visto cun telescopio pequeno. Os demais pola súa magnitude son dificilmente localizables.

NOTA:

Na imaxe podemos ver o céo do día 15 de abril ás 24:00 h, mirando cara ao sur.

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS MARZO 2016

  • Día 1: Ás 23:11 h a Lúa en Cuarto Minguante.
  • Día 2: A Lúa e Saturno moi próximos.
  • Día 4: Aniversario do descubrimento do planeta Urano polo astrónomo inglés William Herschel (1781).
  • Día 7: Venus e a Lúa moi próximos.
  • Día 9: Ás 01:55 h Lúa Nova. Eclipse total de Sol, non visible en Galicia.
  • Día 14: Máximo da choiva de estrelas Gamma-Nórmidas (6 por hora), que estarán con nós ata o día 22. Radiante en Norma.
  • Día 18: Xúpiter e a Lúa moi próximos.
  • Día 15: Ás 17:03 h a Lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 20: Ás 04:30 h a Terra no equinocio. Comenza a primavera no norte, outono no sur.
  • Día 22: Xúpiter e a Lúa moi próximos.
  • Día 23: Ás 12:01h Lúa Chéa. Eclipse penumbral de Lúa, non visible en Galicia.
  • Día 24: Choiva de estrelas Gamma Normidas, entre o 23 e o 28, cun máximo o 14 de dúas por hora.

PLANETAS

  • .Mercurio en Acuario, non visible pola súa proximidade ao Sol, magnitude -0,95.
  • Venus en Acuario, non visible pola súa proximidade ao Sol, magnitude -3,32. 
  • Marte en Escorpio, visible desde 5 horas antes do amencer, magnitude 0,09. 
  • Xúpiter en Leo, visible toda a noite, magnitude -2,02. 
  • Saturno en Ofiuco, poderá observarse catro horas antes do amencer, magnitude 0,62.
  • Urano en Piscis, dificil de observar pola súa proximidade ao Sol, magnitude 6,25.

COMETAS

  • Tan só C/2014 S2 (PanSTARRS) en Draco, con magnitude 9, e C/2013 US10 (Catalina) en Camelopardalis con magnitude 9, poden observarse cun telescopio pequeno. Os outros teñen magnitudes que os fan difícilmente observables.

NOTA:

Na imaxe podemos ver o céo do día 15 de marzo ás 24:00 h, mirando cara ao sur.

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS FEBREIRO 2016

  • Día 1: Ás 03:27 h a Lúa en Cuarto Minguante.
  • Día 6: Venus e a Lúa moi próximos.
  • Día 8: Morre en Florencia Galileo Galilei, en arresto domiciliario. Choiva de meteoros: Alfa-Centauridas, actividade desde o 28 de xaneiro ao 21 de febreiro, cun máximo de 6 por hora. Radiante en Centauro. Ás 14:39 h Lúa Nova.
  • Día 12: Urano e a Lúa moi próximos.
  • Día 13: Choiva de estrelas Beta Hercúlidas desde o 10 ao 14 de febrero, cun máximo de 2 por hora o día 13. Radiante en Hercules.
  • Día 15: Ás 07:46 h a Lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 22: Ás 18:20 h Lúa Chea.
  • Día 24: Xúpiter e a Lúa moi próximos.

PLANETAS

  • Mercurio en Capricornio, observarase una hora antes do amencer, cunha magnitude de 0,07.
  • Venus en Saxitário, poderase observar una hora antes dos amenceres, magnitude de -3,37. 
  • Marte en Libra, observarase 5 horas antes dos amenceres, cunha magnitude de 0,74. 
  • Xúpiter en Leo, poderase ver practicamente toda a noite, cunha magnitude de -1,99. 
  • Saturno en Ofiuco, poderá observarse tres horas antes dos amenceres, alcanzando unha magnitude de 0,71.
  • Urano en Piscis, visible ata tres horas logo da posta do Sol, magnitude 6,22.

COMETAS

  • Tan só C/2013 US10 (Catalina) na constelación de Camelopardalis, con magnitude 6. E C/2013 X1 (PanSTARRS) na constelación de Piscis, con magnitude 8, poden ser observados cun telescopio pequeno. Os demáis teñen magnitudes que os fan difícilmente observables.

NOTA:

Na imaxe podemos ver o céo do día 15 de febreiro ás 24:00 h, mirando cara ao sur.

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS XANEIRO 2016

  • Día 2: Ás 05:30 h a Lúa en Cuarto Minguante.
  • Día 4: Choiva de meteoros: Cuadrántidas, actividade desde o 28 de decembro ao 12 de xaneiro (con máximo o 4 de xaneiro), Máximo de 120 por hora. Radiante en Bootes. Son meteoros de gran tamaño con ronseis que poden durar de 3 a 4 minutos.
  • Día 7: Galileo Galilei descobre os satélites naturais de Xúpiter: Io, Europa e Callisto (1609).
  • Día 8: En 1642 morre arrestado no seu domicilio de Florencia, Galileo Galilei. Ata o 31 de outubro de 1992 a Santa Sé non recoñeceu o seu erro ao condenalo en 1633.
  • Día 9: Venus e Satorno moi próximas, a menos de 1 minuto de arco.
  • Día 10: Ás 01:31 h Lúa Nova.
  • Día 16: Ás 23:26 h a Lúa en Cuarto crecente.
  • Día 24: Ás 01:45 Lúa Chéa.
  • Día 27: Xúpiter e a Lúa moi próximos.

PLANETAS

  • Mercurio en Saxitario con magnitude 1,17, será prácticamente inobservable durante este mes.
  • Venus atopase na constelación de Ophiuco cunha magnitude de -3,5, visible dúas horas antes do amencer.
  • Marte atopase na constelación de Virgo cunha magnitude de 1,34.visible cinco horas antes do amencer.
  • Xúpiter atopase na constelación de Leo cunha magnitude de -1,46, visible depois da media noite. 
  • Saturno atopase na constelación de Ophiuco cunha magnitude de 0,73, visible duas horas antes do amencer.
  • Urano atópase na constelación de Piscis cunha magnitude de 6,15, visible seis horas depois do solpor.

COMETAS

  • Tan só C/2013 US10 (Catalina) con magnitude 5, é observable cun telescopio pequeno, no seu tránsito polas constelaciones de Bootes, Osa Maior, Draco e Camelopardalis. C/2014 S2 (PanSTARRS) con magnitude 9, pode observarse cun telescopio pequeno, os primeiros días de xaneiro entre as constelaciones de Draco e Osa Menor. Os demais teñen magnitudes que os fan difícilmente observables.

NOTA:

Na imaxe podemos ver o céo do día 15 de xaneiro ás 24:00 h, mirando cara ao sur.