logo

Logo_astronomia

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

astronomia@sghn.org

line decor
INICIO  
line decor
line decor
 
 
 
 


 

Efemérides astronómicas de decembro

  • Día 3: Ás 07:40 h a Lúa en Cuarto Minguante.
  • Día 4: Xúpiter e a Lúa moi próximos.
  • Día 6: Marte e a Lúa moi próximos. Choiva de estrelas Phoenícidas de Decembro, actividade entre o 28 de novembro e o 9 de decembro, cun máximo variable o 6 de decembro.
  • Día 7: Venus e a Lúa moi próximos. Choiva de estrelas Pupidas Velidas, actividade entre o 1 e o 15 de decembro, cun máximo de 10 por hora o 7 de decembro.
  • Día 9: Choiva de estrelas Monocerótidas, actividade entre o 27 de novembro e o 17 de decembro, cun máximo de 2 por hora o 9 de decembro.
  • Día 10: Saturno e a Lúa moi próximos.
  • Día 11: Ás 10:29 h Lúa Nova.
  • Día 12: Mercurio e a Lúa moi próximos. Choiva de estrelas Sigma Hidridas, actividade entre o 3 e o 15 de decembro, cun máximo de 3 por hora o 12 de decembro.
  • Día 14: Choiva de estrelas Xemínidas, actividade entre o 4 e o 17 de decembro, cun máximo de 120 por hora o 14 de decembro.
  • Día 16: Choiva de estrelas Coma Berenícidas, actividade entre o 12 e o 23 de decembro, cun máximo de 3 por hora o 16 de decembro.
  • Día 18: Ás 15:14 h a Lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 20: Aniversario da morte do Astrónomo e Astrofísico Carl Sagan en 1996. Choiva de estrelas Leónidas Minóridas de decembro, actividae entre o 5 de decembro e o 4 de febreiro, cun máximo de de 52 por hora o día 20. Urano e a Lúa moi próximos.
  • Día 22: Ás 04:48 hTU, comenza o inverno no hemisferio norte, verán no sur.
  • Día 23: Choiva de estrelas Úrsidas, actividade entre o 17 e o 26 de decembro, cun máximo de 10 por hora o 23.

PLANETAS

  • Mercurio en Saxitário praticamente non visible pola súa proximidad ao Sol, cunha magnitude de -0,54.
  • Venus en Libra poderase observar 3 horas antes dos amenceres, cunha magnitude de -3,63.
  • Marte en Virgo observarase durante cinco horas antes do amencer, cunha magnitude de 1,60.
  • Xúpiter en Leo observarase desde media noite ata o amencer, cunha magnitude de 1,64.
  • Saturno en Ofiuco poderá observarse nos amenceres durante unha hora, con unha magnitude de 0,68.
  • Urano en Piscis visible con prismáticos durante 8 horas, magnitude 6,11.

COMETAS

  • Tan só C/2013 US10 (Catalina) con magnitude 5 na constelación de Virgo e C/2014 S2 (PanSTARRS) en Draco, poden verse cun telescopio pequeno. Os demais pola súa magnitude son dificilmente localizables.

NOTA:

Na imaxe podemos ver o céo do día 15 de decembro ás 24:00 h, mirando cara ao sur.

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS NOVEMBRO 2015

  • Día 3: Ás 12:24 h a Lúa en Cuarto minguante. Venus e Marte moi próximos.
  • Día 6: Xúpiter e a Lúa moi próximos.
  • Día 7: Venus, Marte e a Lúa moi próximos.
  • Día 09: Aniversario do necemento do grán astrofísico Carl Sagan (1934).
  • Día 11: Ás 17:47 h Lúa Nova.
  • Día 12: Choiva de estrelas: Táuridas do Norte, actividade desde o 20 de outubro ao 10 de decembro, con máximo de 5 por hora o 12 de novembro. Aniversario da gran choiva de estrelas das Leonidas (1833) mais de 100.000 por hora.
  • Día 13: Saturno e a Lúa moi próximos.
  • Día 18: Choiva de estrelas: Leónidas, actividade desde o 6 ao 30, con máximo de 20 por hora o 18 de novembro, son producidas polos restos do Cometa Tempel-Tuttle.
  • Día 19: Ás 06:27 h a Lúa en Cuarto crecente.
  • Día 22: Urano e a Lúa moi próximos. Choiva de estrelas: Alfa-Monocerotidas, actividade desde o 15 ao 25, con máximo variable o 22 de novembro.
  • Día 25: Mercurio e Saturno moi próximos. Ás 22:44 h Lúa Chea.

PLANETAS

  • Mercurio en Libra, cunha magnitude de -0,5, non visible pola súa proximidade ao Sol.
  • Venus en Virgo, poderase observar dúas horas antes do amencer, cunha magnitude de -3,85.
  • Marte en Virgo, observarase nos amenceres, aproximadamente durante 2 horas, cunha magnitude de 1,82.
  • Xúpiter en Leo, observarase nos amenceres, aproximadamente durante 2 horas, cunha magnitude de -1,46.
  • Saturno en Escorpio, cunha magnitude de 0,69, case non visible pola súa proximidade ao Sol.
  • Urano en Piscis, visible con prismáticos casi toda a noite, magnitude 6,1.

COMETAS

  • Tan só C/2013 US10 (Catalina) con magnitude 5 pasando entre as constelacións de Virgo e Libra, e C/2014 S2 (PanSTARRS) con magnitude 9 entre as constelación de Draco e a Osa Menor, poden verse cun telescopio pequeño. Os demais pola súa magnitude son dificilmente localizables.

NOTA:

Na imaxe podemos ver o céo do día 15 de novembro ás 24:00 h, mirando cara ao sur.

 

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS OUTUBRO 2015

  • Día 3: En 1582 o Papa Gregorio XIII axusta o calendario Xuliano, denominándose desde entón Gregoriano. Suprime do día 4 ao día 15.
  • Día 4: Ás 21:06 h a Lúa em Cuarto Minguante.
  • Día 8: Venus e a Lúa moi próximos.
  • Día 9:  Máximo variable da choiva de estrelas Dracónidas, actividade do 6 ao 10. Marte Xúpiter e a Lúa moi próximos.
  • Día 10: Máximo de 5 por hora da choiva de estrelas Tauridas do Sur, actividade do 10 de setembro ao 20 de novembro.
  • Día 11: Máximo de 2 por hora da choiva de estrelas Delta Aurígidas, actividade do 10 ao 18. Mercurio e a Lúa moi próximos.
  • Día 13: Ás 00:05 h Lúa Nova.
  • Día 16: Saturno e a Lúa moi próximos.
  • Día 17: Marte e Xúpiter moi próximos.
  • Día 18: Máximo de 3 por hora da choiva de estrelas Epsilon Xeminidas, actividade do 14 ao 27.
  • Día 20: A lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 21: Máximo de 25 por hora da choiva des estrelas Oriónidas, producidas polos restos do cometa Halley, actividade do 2 de outubro ao 7 de novembro, producidos polos restos do cometa Halley.
  • Día 22: A Lúa e Mercurio moi próximos.
  • Día 24: Máximo de 2 por hora da choiva de estrelas Leo Minóridas, actividade do 19 ao 27.
  • Día 26: Urano e a Lúa moi próximos. Venus e Xúpiter moi próximos.
  • Día 27: Ás 12:05 h Lúa Chea.
  • Día 31: Aniversario da absolución polo Vaticano do astrónomo Galileo Galilei polo cargo de herexía (1992).

PLANETAS

  • Mercurio en Virgo non visible pola súa proximidade ao Sol, cunha magnitude de -0,16.
  • Venus en Leo visible duas horas antes do mencer, cunha magnitude de -4,1.
  • Marte en Leo visible aproximadamente durante 2 horas antes do mencer, cunha magnitude de 1,95.
  • Xúpiter en Leo observarase nos amenceres, aproximadamente durante 2 horas, cunha magnitude de -1,32.
  • Saturno en Libra poderá observarse 1 hora antes do solpor, alcanzando unha magnitude de 0,76.
  • Urano en Piscis visible con prismáticos durante toda a noite, magnitude 6,05.

COMETAS

  • Non hay cometas visibles este més nas nosas latitudes con magnitudes inferiores a 10.

NOTA:

Na imaxe podemos ver o céo do día 15 de outubro ás 24:00 h, mirando cara ao sur.

 

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS SETEMBRO 2015

  • Día 1: Urano e a Lúa moi próximos. Choiva de estrelas Alfa-Auríxidas, actividade do 28 de agosto ao 5 de setembro, cun máximo de 6 por hora o día 1. Radiante en Auriga
  • Día 5: Ás 09:54 h a Lúa en Cuarto Minguante.
  • Día 6: O planeta Venus estacionario.
  • Día 9: Choiva de estrelas Perseidas de setembro, actividade do 5 o 21, cun máximo de 5 por hora o día 9.
  • Día 10: Venus, Marte e a Lúa moi próximos
  • Día 11: En 1822 o Santo Oficio autoriza a ensinar a teoría de Copérnico de que a Terra xira arredor do Sol.
  • Día 12: Xúpiter e a Lúa moi próximos.
  • Día 13: Ás 06:41 h Lúa Nova. Eclipse parcial de Sol, non visible desde Galicia.
  • Día 15: Mercurio e a Lúa moi próximos.
  • Día 19: Saturno e a Lúa moi próximos.
  • Día 21: Ás 08:59 h a Lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 23: Ás 08:20 h comeza o outono no hemisferio norte, primavera no sur. Aniversario da primeira observación de Neptuno polo astrónomo J. Galle (1846).
  • Día 27: Ás 03:45 h a Lúa en Cuarte Minguante.
  • Día 28: Eclipse total de Lúa, non visible en Galicia.
  • Día 29: Urano e a Lúa moi próximos.

PLANETAS

  • Mercurio en Virgo magnitude 0,9, non visible.
  • Venus en Cancer poderase observar dúas horas antes do amencer, magnitude -4,2.
  • Marte en Leo observarase nos amenceres, aproximadamente durante 2 horas, cunha magnitude de 2.
  • Xúpiter en Leo observarase nos amaceneres, aproximadamente durante 1/2 hora, cunha magnitude de -1,3.
  • Saturno entre Libra poderá observarse nos solpores, aproximadamente durante 2 horas, cunha unha magnitude de 0,8.
  • Urano en Piscis visible con prismáticos, prácticamente toda a noite, magnitude 6,1.

COMETAS

  • Dada a súa magnitude son dificilmente localizables.

NOTA:

Na imaxe podemos ver o céo do día 15 de setembro ás 24:00 h, mirando cara ao sur.

 

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS AGOSTO 2015

  • Día 5: Mercurio e Venus moi próximos. Urano e a Lúa moi próximos.
  • Día 7: Ás 02:02 h a Lúa en Cuarto minguante. Mercurio e Xúpiter moi próximos.
  • Día 12: Choiva de estrelas Perseidas, tamén coñecidas como bágoas de San Lourenzo, actividade desde o 17 de xullo ao 24 de agosto, con un máximo de 100 por hora na noite do 12 ao 13 de agosto. Son producidas polos restos do cometa 109P/Swift-Tuttle. Radiante en Perseo, de aí o seu nome.
  • Día 13: Marte e a Lúa moi próximos.
  • Día 14: Ás 14:53 h Lúa Nova. Venus e a Lúa moi próximos.
  • Día 15: Xúpiter e a Lúa moi próximos.
  • Día 16: Mercurio e a Lúa moi próximos.
  • Día 18: Choiva de estrelas Kappa-Cygnidas, actividade desde o 3 ao 25 de agosto, cun máximo de 3 por hora o 18 de agosto. Radiante en Cisne.
  • Día 20: Aniversario do lanzamento do Voyager 2 a percorrer Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno (1977). Hoxe atopase a 16.200.000.000 de quilómetros da Terra (108 UA), e continúa a súa viaxe polo espazo interestelar.
  • Día 22: Ás 19:31 h a Lúa en Cuarto Crecente. Saturno e a Lúa moi próximos.
  • Día 28: Aniversario do descubremento de Encelao, satélite de Saturno por Willian Heschel (1789).
  • Día 29: Ás 18 :35 h Lúa Chea. Marte e Venus moi próximos.
  • Día 30: Aniversario do descubremento do primeiro obxecto pertencente o cinturon de Kuiper 1992 QB1.

PLANETAS

  • Mercurio en Leo con magnitude 0,09. Non visible pola súa proximidade ao Sol.
  • Venus en Leo con magnitude -3,1. Non visible pola súa proximidade ao Sol.
  • Marte en Cancer con magnitude 1,95. Visible media hora antes do mencer.
  • Xúpiter en Cancer magnitude -1,3. Non visible pola súa proximidade ao Sol.
  • Saturno en Libra magnitude 0,69. Poderase observar ata 3 horas logo do solpor.
  • Urano en Piscis, cunha magnitude de 6,1. observable con prismáticos, logo de media noite.

COMETAS

  • Este mes, os cometas teñen magnitudes superiores a 10, polo que son dificilmente localizables..

NOTA:

Na imaxe podemos ver o céo do día 15 de agosto ás 24:00 h, mirando cara ao sur.

 

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS XULLO 2015

  • Día 1: Xúpiter e Venus moi próximos, a 0,4º.
  • Día 2: Ás 02 :20 h Lúa Chea.
  • Día 6: Aniversario (1687) da publicación do libro "Principia" onde Isaac Newton publica a Lei da Gravitación Universal.
  • Día 8: Ás 20:24 h a Lúa en Cuarto Minguante.
  • Día 9: Urano e a Lúa moi próximos.
  • Día 15: Mercurio, Marte e a Lúa moi próximos.
  • Día 16: Ás 01:24 h Lúa Nova. Mercurio e Marte moi próximos.
  • Día 18: Xúpiter e a Lúa moi próximos.
  • Día 19: Venus e a Lúa moi próximos.
  • Día 24: Ás 04:04 h a Lúa en cuarto Crecente.
  • Día 26: Saturno e a Lúa moi próximos.
  • Día 28: Choiva de meteoros: Piscis Austrinídas, comezan o 15 de xullo, cun máximo de 5 por hora o 28, radiante en Piscis Australis. aniversario da primeira fotografía do Sol, durante un eclipse solar e descubremento da coróa (1861).
  • Día 30: Choiva de meteoros: Alfa-Capricórnidas, comezan o 3 de xullo, cun máximo de 5 por hora o 30, radiante en Capricornio. Choiva de meteoros: Delta-Acuáridas Sur, comezan o 12 de xullo, cun máximo de 16 por hora o 30, radiante en Acuario.

PLANETAS

  • Mercurio en Xéminis con magnitude -1,6. Pola súa proximidade ao Sol é dificil de ver.
  • Venus en Leo con magnitude -4,2. Visible durante unha hora despois do solpor.
  • Marte en Xéminis con magnitude 1,8. Dificil de ver pola súa proximidade ao Sol .
  • Xúpiter en Leo magnitude -1,6. Visible durante unha hora despois do solpor.
  • Saturno en Libra magnitude 0,5. Visible durante 5 horas despois do solpor.
  • Urano en Piscis, cunha magnitude de 6,2. Visible durante 5 horas antes do amencer.

COMETAS

  • Tan só C/2014 Q2 (Lovejoy) con magnitude 9 entre Draco e a Osa Menor, pode verse cun telescopio pequeno. Os demais pola súa magnitude son dificilmente localizables.

NOTA:

Na imaxe podemos ver o céo do día 15 de xullo ás 24:00 h, mirando cara ao sur.

 

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS XUÑO 2015

  • Día 1: Saturno e a Lúa moi próximos.
  • Día 2: Ás 16:19 h Lúa Chéa.
  • Día 9: Ás 15:42 h a Lúa en Cuarto Minguante.
  • Día 15: Mercurio e a Lúa moi próximos.
  • Día 16: Ás 14:05 hLúa Nova. Marte e a Lúa moi próximos.
  • Día 19: Saturno e a Lúa moi próximos.
  • Día 20: Venus e a Lúa moi próximos.
  • Día 21: Ás 16:38 hcomeza o verán no hemisferio norte, inverno no sur. Xúpiter e a Lúa moi próximos.
  • Día 24: Ás 11:32 h a Lúa en Cuarto crecente.
  • Día 27: Choiva de meteoros: Boótidas de Xuño, comezan o 22 de xuño, cun máximo variable o 27. Proceden do Cometa: 7P/Pons-Winnecke, e teñen o seu radiante en Bootes.
  • Día 29: Saturno e a Lúa moi próximos.
  • Día 30: Aniversario do gran impacto sobre a Terra dun obxeto procedente do espacio, seguramente os restos dun cometa, que caeron en Tunguska (Siberia) en 1908.

PLANETAS

  • Mercurio en Tauro con magnitude -1,43, visible pouco antes do mencer.
  • Venus en Cancer con magnitude -4,03, visible duas horas depois do solpor.
  • Marte en Tauro con magnitude 1,71, non visible pola súa proximidade ao Sol.
  • Xúpiter en Leo magnitude -1,43, visible durante dúas horas e media depois do solpor.
  • Saturno en Libra magnitude 0,35, visible casi toda a noite.
  • Urano en Piscis, cunha magnitude de 6,2, Visible dúas horas antes do mencer

COMETAS

  • Tan só C/2014 Q1 (PanSTARRS) con magnitude 6 nas constelacións de Aries, Tauro e Auriga, pouco visible pola súa proximidade ao Sol. C/2014 Q2 (Lovejoy)) con magnitude 8 na Osa Menor, poden ser vistos cun telescopio pequeno. Os demais pola súa magnitude son dificilmente localizables.

NOTA:

Na imaxe podemos ver o céo do día 15 de xuño ás 24:00 h, mirando cara ao sur.

 

 

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS MAIO 2015

  • Día 4: Ás 03:42 h Lúa Chea.
  • Día 5: Saturno e a Lúa moi próximos.
  • Día 6: Choiva de estrelas Eta Acuáridas, conactividade do 19 ao 28 de maio, cun máximo de 70 por hora o día 6, Cometa: 1P/Halley. Radiante en Acuario. Tratase de meteoros cunha gran velocidade, con bólidos de longa traxectoria.
  • Día 9: Choiva de meteoros: Eta-Lyridas, actividade do 3 ao 14, cun máximo de 3 por hora o día 9.
  • Día 11: En 1916 publícase a Teoría Xeral Da Relatividade de Albert Einstein. Ás 10:36 h a Lúa en cuarto minguante.
  • Día 15: Urano e a Lúa moi próximos.
  • Día 18: Ás 04:13 Lúa Nova. Marte e a Lúa moi próximos.
  • Día 19: Mercurio e a Lúa moi próximos.
  • Día 24: Xúpiter e a Lúa moi próximos.
  • Día 25: Ás 17:19 h a Lúa en cuarto crecente.
  • Día 27: Mercurio e Marte moi próximos.
  • Día 29: En 1919 durante unha eclipse total de Sol, Sir Arthur Eddington confirma a curvatura da luz prevista na Teoría Xeral da Relatividade.

PLANETAS

  • Mercurio en Tauro con magnitude 1,5. Non visible pola súia proximidade ao Sol.
  • Venus en Xéminis magnitude -3,8. Visible durante unha hora despois do solpor.
  • Xúpiter en Cáncer magnitude -1,6. Visible durante 4 horas despois do solpor.
  • Marte en Tauro magnitude 1,7. Non visible pola súia proximidade ao Sol.
  • Saturno entre Escorpio e Libra magnitude 0,25. Visible toda a noite.
  • Urano en Piscis magnitude 6,3. Visible antes do mencer.

COMETAS

  • C/2014 Q2 (Lovejoy)con magnitude 8 na constelación de Cefeo, pode verse cun telescopio pequeno.
  • 88P/Howell (2015) con magnitude 8 na constelación de Piscis, pode ser visto cun telescopio pequeno.
  • Os demais pola súa magnitude son dificilmente localizables.

NOTA:

Na imaxe podemos ver o céo do día 15 de maio ás 24:00 h, mirando cara ao sur.

 

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS ABRIL 2015

  • Día 4: Eclipse total de Lúa, non visible en Europa. Ás 12:06 h Lúa Chea.
  • Día 8: Mercurio e a Urano moi próximos. Saturno e a Lúa moi próximos.
  • Día 12: Aniversario da saída do primeiro ser humano ao espazo, o ruso Yuri Gagarin (1961). Ás 03:44 h a Lúa en Cuarto minguante
  • Día 18: Ocultación de Urano pola Lúa, non visible. Ás 18:57 h Lúa Nova.
  • Día 19: Mercurio, Marte e a Lúa moi próximos.
  • Día 21: Venus e a Lúa moi próximos.
  • Día 22: Choiva de meteoros: Líridas, actividade desde o 16 ao 25, cun máximo o 22 de abril de 18 por hora.
  • Día 23: Mercurio e Marte moi próximos.
  • Día 24: Choiva de meteoros: Pi-Púppidas, actividade desde o 15 ao 28, con máximo variable o 24 de abril.
  • Día 25: Aniversario do lanzamento do telescopio espacial Hubble (1990). Ás 23:55 h a Lúa en Cuarto crecente.
  • Día 26: Xúpiter e a Lúa moi próximos.

PLANETAS

  • Mercurio en Aries con magnitude -1,6, practicamente imposible de ver.
  • Venus en Tauro con magnitude -3,7. Visible durante dúas horas despois do solpor.
  • Marte en Aries con magnitude 7,8. Pola proximidade ao Sol é dificil de ver.
  • Xúpiter en Cáncer con magnitude -1,8. Visible ata 8 h despois do solpor.
  • Saturno en Escorpio con magnitude 0,4. Visible casi toda a noite.
  • Urano en Pisces, cunha magnitude de 6,3, imposible de ver pola sús proximidade ao Sol.

COMETAS

  • Tan só C/2014 Q2 (Lovejoy)con magnitude 7 entre as constelacións de Cefeo e Casiopea, pode verse cun telescopio pequeno. Os demais pola súa magnitude son dificilmente localizables.

NOTA:

Na imaxe podemos ver o céo do día 15 de abril ás 24:00 h, mirando cara ao sur.

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS MARZO 2015

  • Día 3: Xúpiter e a Lúa moi próximos a 6,22º.
  • Día 4: Aniversario do descubrimento do planeta Urano polo astrónomo inglés William Herschel (1781). Aniversario do descubremento dos aneis de Xupiter pola nave Voyayer 1. Venus e Urano moi próximos a 0,1º. Ás 18:05 h Lúa Chéa.
  • Día 11: Marte e Urano moi próximos a 0,29º.
  • Día 12: Saturno e a Lúa moi próximos a 1,48º. Ás 03:50 h a Lúa en Cuarto Minguante.
  • Día 13: En 1787 William Herschel descobre os satélites de Urano Titania e Oberón.
  • Día 15: Choiva de estrelas Gamma-Nórmidas, actividade desde o 25 de febreiro ao 28 de marzo, cún máximo de 6 por hora. Radiante en Norma.
  • Día 19: Mercurio e a Lúa moi próximos a 4,32º.
  • Día 18: Choiva de estrelas Virxínidas, actividade desde o 13 de febreiro ao 8 de abril, cún máximo variable o día 18. Radiante en Virgo.
  • Día 20: Ás 15:57 h comeza a Primavera no hemisferio norte, Outono no sur. Ás 09:36 h Lúa Nova.
  • Día 21: Fantástica alineación de Urano, Lúa cincenta, Marte e Venus, xusto depois do solpor.
  • Día 22: Venus e a Lúa moi próximos a 3,31º.
  • Día 25: En 1655 Christiaan Huygens descubre o satélite natural de Saturno, Titán.
  • Día 27: Ás 07:43 h a Lúa em cuarto Crecente.
  • Día 30: Xúpiter e a Lúa moi próximos a 6,32º.

PLANETAS

  • Mercurio en Acuario, observarase nos amenceres, cunha magnitude de 0,09.
  • Venus en Piscis, poderase observar unha hora despois dos solpores, magnitude de -3,44.
  • Marte en Virgo, observarase pouco despois dos solpores, aproximadamente durante 1 hora, cunha magnitude de 1,53.
  • Xúpiter en Cancer, poderase ver practicamente toda a noite, cunha magnitude de -2,0.
  • Saturno en Escorpio, poderá observarse 6 horas antes dos amenceres, aproximadamente durante 6 horas, alcanzando unha magnitude de 0,58.
  • Urano en Piscis, visible ata media hora logo da posta do Sol, magnitude 6,26.

COMETAS

  • Tan só C/2014 Q2 (Lovejoy) na constelación de Casiopea, con magnitude 6. E 88P/Howell (2015) na constelación de Capricornio, con magnitude 8, poden observarse cun telescopio pequeno. Os demáis teñen magnitudes que os fan difícilmente observables.

ECLIPSES

  • Eclipse total de Sol, visible como parcial desde Galicia o día 20.

NOTA:

Na imaxe podemos ver o céo do día 15 de marzo ás 24:00 h, mirando cara ao sur.

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS FEBREIRO 2015

  • Día 3: áS 23:09 H Lúa Chéa.
  • Día 4: Xúpiter e a Lúa moi próximos.
  • Día 8: Morre en Florencia Galileo Galilei en arresto domiciliario. O día 31 de octubro do 1992 a Santa Sé recoñeceu o seu erro ao condenar (1642). Choiva de meteoros: Alfa-Centauridas, actividade desde o 28 de xaneiro ao 21 de febreiro, cun máximo de 6 por hora e radiante en Centauro.
  • Día 12: Ás 03:50 h a Lúa en Cuarto Minguante. Saturno e a Lúa moi próximos.
  • Día 17: A Lúa e Mercurio moi próximos. 
  • Día 18: Ás 23:47 h Lúa Nova.
  • Día 21: Boa conxunción de Marte, Venus e a Lúa Cincenta. Ocultación de Urano pola Lúa.
  • Día 25: Ás 17:14 h a Lúa en Cuarto Minguante.

PLANETAS

  • Mercurio en Capricornio, visible pouco antes do amencer, magnitude 0,6.
  • Venus entre Acuario y Piscis, visible durante unha hora e media despois do solpor, magnitude -3,4. 
  • Marte en Piscis, visible durante unha hora e media despois do solpor, magnitude 1,4. 
  • Xúpiter en Cancer, observable case toda a noite, magnitude -2,1. 
  • Saturno en Escorpio, poderá observarse catro horas antes do amencer, magnitude 0,7.
  • Urano en Piscis, visible ata tres horas logo da posta do Sol, magnitude 6,2.

COMETAS

  •  Tan só C/2014 Q2(Lovejoy) entre as constelacions de Andrómeda e Perseo, con magnitude 5, pode observarse cun telescopio pequeno. Os outros teñen magnitudes que os fan difícilmente observables.

NOTA:

Na imaxe podemos ver o céo do día 15 de febreiro ás 24:00 h, mirando cara ao sur.

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS XANEIRO 2015

  • Día 4: Choiva de meteoros: Cuadrántidas, actividade desde o 28 de decembro ao 12 de xaneiro con un máximo de 120 por hora. Radiante en Bootes. Son meteoros de gran tamaño con ronseis que poden durar de 3 a 4 minutos.
  • Día 5: Ás 04:53 h Lúa Chea. 
  • Día 7: Galileo Galilei descobre os satélites naturais de Xúpiter: Io, Europa e Callisto (1609).
  • Día 8: En 1642 morre arrestado no seu domicilio de Florencia, Galileo Galilei. Ata o 31 de outubro de 1992 a Santa Sé non recoñeceu o seu erro ao condenalo en 1633. Xúpiter e a Lúa moi próximos.
  • Día 13: Ás 09:46 h Lúa en Cuarto minguante.
  • Día 16: A Lúa e Saturno moi próximos.
  • Día 20: Ás 13:14 h Lúa Nova.
  • Día 22: Venus e a Lúa moi próximos.
  • Día 23: Marte e a Lúa moi próximos.
  • Día 25: Urano e a Lúa moi próximos. 
  • Día 27: Ás 04:48 h a Lúa en cuarto crecente.

PLANETAS

  • Mercurio: en Capricornio con magnitude -0,3 visible duante unha hora despois do solpor.
  • Venus: en Capricornio cunha magnitude de -3,3 visible duante unha hora despois do solpor. 
  • Marte: en Acuario cunha magnitude de 1,3 visible durante duas horas despois do solpor. 
  • Xúpiter: en Leo cunha magnitude de -2,7 visible case toda a noite. 
  • Saturno: en Libra cunha magnitude de 0,8 visible catro horas antes do amencer.
  • Urano: Atópase na constelación de Piscis cunha magnitude de 6,3 visible durante seis horas despois do solpor.

COMETAS

  • Tan só C/2014 Q2 (Lovejoy) pode observaser cun telescopio pequeno, no seu tránsito polas constelaciones de Lepus, Eridano, Tauro e Aries. Os demais teñen magnitudes que os fan difícilmente observables.

NOTA:

Na imaxe podemos ver o céo do día 15 de xaneiro ás 24:00 h, mirando cara ao sur.