logo

Logo_astronomia

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

astronomia@sghn.org

line decor
INICIO  
line decor
 
 
 
 


 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS DECEMBRO 2014

  • Día 6: Ás 12:27 h Lúa Chéa. Choiva de estrelas Phoenícidas de Decembro, actividade entre o 28 de novembro e o 9 de decembro, cun máximo variable o 6 de decembro.
  • Día 7: Choiva de estrelas Pupidas Velidas, actividade entre o 1 e o 15 de decembro, cun máximo de 10 por hora o 7 de decembro.
  • Día 9: Choiva de estrelas Monocerótidas, actividade entre o 27 de novembro e o 17 de decembro, cun máximo de 2 por hora o 9 de decembro.
  • Día 12: Choiva de estrelas Sigma Hidridas, actividade entre o 3 e o 15 de decembro, cun máximo de 3 por hora o 12 de decembro. A Lúa e Xúpiter moi próximos.
  • Día 14: Ás 12:50 h a Lúa en Cuarto Minguante. Choiva de estrelas Xemínidas, actividade entre o 6 e o 17 de decembro, cun máximo de 120 por hora o 14 de decembro.
  • Día 16: Choiva de estrelas Coma Berenícidas, actividade entre o 12 e o 23 de decembro, cun máximo de 3 por hora o 16 de decembro.
  • Día 19: A Lúa e Saturno moi próximos.
  • Día 20: Aniversario da morte do Astónomo e Astrofísico Carl Sagan en 1996. Choiva de estrelas Leónidas Minóridas, actividae entre o 5 de decembro e o 4 de febreiro, cun máximo de de 52 por hora o día 20.
  • Día 21: Ás 23:03 h TU, comenza o inverno no hemisferio norte, verán no sur.
  • Día 22: Ás 01:36 h Lúa Nova. A Lúa e Mercurio moi próximos. Choiva de estrelas Úrsidas, actividade entre o 17 e o 26 de decembro, cun máximo de 10 por hora o 22.
  • Día 23: A Lúa e Venus moi próximos.
  • Día 25: A Lúa e Marte moi próximos.
  • Día 28: Ás 18:31 h a Lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 29: Urano e a Lúa moi próximos, Visible con prismáticos.

PLANETAS

  • Mercurio en Saxitario non visible pola súa proximidad ao Sol, cunha magnitude de -0,7.
  • Venus en Saxitario poderase observar nos solpores durante pouco tempo, cunha magnitude de -3,36.
  • Marte en Capricornio observarase nos solpores, aproximadamente durante 3 horas, cunha magnitude de 1,24.
  • Xúpiter en Leo observarase casi toda a noite, cunha magnitude de 1,13.
  • Saturno en Libra poderá observarse nos amenceres durante dúas horas cunha magnitude de 0,72.
  • Urano en Piscis visible con prismáticos durante 8 horas, magnitude 6,1.

COMETAS

  • Tan só C/2014 Q2 (Lovejoy) con magnitude 6 percorrerá durante o mes de decembro as constelacións de Pomba e Lebre, pode verse cun telescopio pequeno. Os demais pola súa magnitude son dificilmente localizables.

NOTA:

Na imaxe podemos ver o céo do día 15 de decembro ás 24:00 h, mirando cara ao sur.

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS NOVEMBRO 2014

  • Día 03: Aniversario do lanzamento do Sputnik 2 coa cadeliña Laika (1957).
  • Día 6: Ás 22:23 h Lúa Chéa.
  • Día 9: Nacemento do grán astrofísico Carl Sagan (1934). 
  • Día 12: Choiva de estrelas: Táuridas do Norte, actividade desde o 20 de outubro ao 10 de decembro, con máximo de 5 por hora ó 12 de novembro. Aniversario da gran tormenta meteórica das Leónidas (1833) mais de 100.000 por hora.
  • Día 13: Venus e Saturno moi próximos.
  • Día 14: Ás 15:15 h a Lúa en Cuarto Minguante. Xúpiter e a Lúa moi próximos.
  • Día 16: En 1974 desde o radiotelescopio de Arecibo e lanzada unha mensaxe a M13 na constelación de Hércules.
  • Día 17: Choiva de estrelas: Leónidas, actividade desde o 6 ao 30, con máximo de 20 por hora o 17 de novembro.
  • Día 21: Choiva de estrelas: Alfa-Monocerótidas, actividade desde o 15 ao 25, con máximo variable o 21 de novembro. Mercurio e a Lüa moi próximos.
  • Día 22: Saturno e a Lúa moi próximos.
  • Día 23: Venus e a Lúa moi próximos.
  • Día 26: Marte e a Lúa moi próximos. Mercurio e Saturno moi próximos.
  • Día 29: Ás 10:06 h a Lúa en Cuarto Crecente.

PLANETAS

  • Mercurio en Libra visible no mencer, cunha magnitude de -0,72.
  • Venus en Libra non visible dada a súa proximidade ao Sol, magnitude – 3,44.
  • Marte en Saxitario observarase nos solpores, aproximadamente durante 3 horas, cunha magnitude de 1,14.
  • Xúpiter en Leo observarase aproximadamente durante 9 horas antes do amencer, cunha magnitude de -1,73.
  • Saturno en Libra e non visible pola súa proximidade ao Sol, magnitude 0,68.
  • Urano en Piscis, magnitude 6,08.

COMETAS

  • Non temos cometas visibles en novembro no hemisferio norte.

NOTA:

Na imaxe podemos ver o céo do día 15 de novembro ás 24:00 h, mirando cara ao sur.

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS OUTUBRO 2014

  • Día 1: Ás 19:32 h a Lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 3: En 1582 o Papa Gregorio XIII axusta o calendario Xuliano, denominándose desde entón Gregoriano. Suprime do día 4 ao día 15.
  • Día 8: Ás 10:51 h Lúa Chea. Máximo variable da choiva de estrelas Dracónidas, actividade do 6 ao 10. Eclipse total de Lúa, non visible en Europa.
  • Día 10: Máximo de 5 por hora da choiva de estrelas Táuridas do Sur, con actividade do 7 ao 19.
  • Día 11: Máximo de 2 por hora da choiva de estrelas Delta Aurígidas, con actividade do 6 ao 15.
  • Día 15: Ás 19:12 h a Lúa en Cuarte Minguante.
  • Día 17: Mercurio e Venus moi próximos.
  • Día 18: A Lúa e Xúpiter moi próximos. Máximo de 3 por hora da choiva de estrelas Epsilon Xemínidas, con actividade do 10 ao 27.
  • Día 21: Máximo de 25 por hora da choiva des estrelas Oriónidas, producidas polos restos do cometa Halley, con actividade do 15 ao 29.
  • Día 22: A Lúa e Mercurio moi próximos.
  • Día 23: Ás 21:57 h Lúa Nova. Venus e a Lúa moi próximos. Eclipse parcial de Sol, non visible desde Europa..
  • Día 24: Máximo de 2 por hora da choiva de estrelas Leo Minóridas, con actividade do 19 ao 27.
  • Día 25: Saturno e a Lúa moi próximos.
  • Día 28: A Lúa e Marte moi próximos.
  • Día 31: Ás 04:50 h a Lúa en Cuarte Crecente. Aniversario da absolución polo Vaticano do astrónomo Galileo Galilei polo cargo de herexía (1992).

PLANETAS

  • Mercurio en Virgo, non visible pola súa proximidade ao Sol, cunha magnitude de 2,9.
  • Venus en Virgo, non visible pola súa proximidade ao Sol, cunha magnitude de -3,9.
  • Marte en Ofiuco observarase nos solpores, aproximadamente durante 2 horas, cunha magnitude de 1,03.
  • Xúpiter entre Cancer e Leo observarase nos amenceres, aproximadamente durante 3 horas, cunha magnitude de -1,5.
  • Saturno en Libra poderá observarse 1 hora antes do solpor, alcanzando unha magnitude de 0,8.
  • Urano en Piscis visible con prismáticos, magnitude 6,1.

COMETAS

  • Non hay cometas visibles este mes nas nosas latitudes con magnitudes inferiores a 10.

NOTA:

Na imaxe podemos ver o céo do día 15 de outubro ás 24:00 h, mirando cara ao sur.

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS SETEMBRO 2014

  • Día1: Choiva de estrelas Alfa-Aurígidas, actividade do 28 de agosto ao 5 de septembro, cun máximo de 6 por hora o día 1. Radiante en Auriga.
  • Día 2: Ás 11:11 h a Lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 9: Ás 11:38 h Lúa Chea. Choiva de estrelas Perseidas Septembro, actividade do 5 ao 21, cun máximo de 5 por hora o día 9. Radiante en Perseo.
  • Día 11: Ocultación de Urano pola Lúa. Visible cún telescopio pequeno. En 1822 o Santo Oficio autoriza a ensinar a teoría de Copérnico de que a Terra xira arredor do Sol.
  • Día 16: Ás 02:05 h a Lúa en Cuarto Minguante.
  • Día 20: Xúpiter e a Lúa moi próximos.
  • Día 23: Ás 02:29 h comenza o outono no hemisferio norte, primavera no hemisferio sur. Venus e a Lúa moi próximos. Aniversario da primeira observación de Neptuno polo astronomo J. Galle (1846).
  • Día 24: Ás 06:14 h Lúa Nova.
  • Día 26: Mercurio e a Lúa moi próximos.
  • Día 28: Saturno e a Lúa moi próximos.
  • Día 29: Marte e a Lúa moi próximos.

PLANETAS

  • Mercurio en Virgo cunha magnitude de -0,24, practicamente non visible.
  • Venus en Leo cunha magnitude de -3,6, non visible.
  • Marte en Escorpio observarase despois dos solpores, aproximadamente durante 3 horas, cunha magnitude de 0,9.
  • Xúpiter en Cancer observarase nos amenceres, aproximadamente durante 2 horas, cunha magnitude de -1,4.
  • Saturno en Libra poderá observarse nos solpores, aproximadamente durante 3 horas, alcanzando unha magnitude de 0,82.
  • Urano en Piscis visible con prismáticos, magnitude 6,2.

COMETAS

  • Tan só C/2013 V5 (Oukaimeden) con magnitude 6 entre Orión e Monoceros, C/2014 E2 (Jacques) con magnitude 7 entre Auriga e Cefeo, e C/2012 K1 (PanSTARRS) con magnitude 6 entre Leo e Cancer poden verse cun telescopio pequeno. Os demais pola súa magnitude son dificilmente localizables.

NOTA:

Na imaxe podemos ver o céo do día 15 de setembro ás 24:00 h, mirando cara ao sur.

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS AGOSTO 2014

  • Día 2: Mercurio e Xúpiter moi próximos.
  • Día 3: A Lúa e Marte moi próximos.
  • Día 4: Ás 02:52 ha Lúa en Cuarto crecente. A Lúa e Saturno moi próximos.
  • Día 10: Ás 20:12 h Lúa Chéa.
  • Día 12: Choiva de estrelas Perseidas, tamén coñecidas como bágoas de San Lourenzo, actividade desde o 23 de xullo ao 22 de agosto, cun máximo de 80 por hora na noite do 12 ao 13 de agosto. Son producidas polos restos do cometa 109P/Swift-Tuttle. Radiante en Perseo, de aí o seu nome.
  • Día 17: Ás 14:27 h a Lúa en Cuarto Minguante.
  • Día 17: Choiva de estrelas Kappa-Cygnidas, actividade desde o 26 de xullo ao 1 de setembro, cun máximo de 6 por hora o 18 de agosto. Radiante en Cisne.
  • Día 18: Venus e Xúpiter moi próximos.
  • Día 20: Aniversario do lanzamento do Voyager 2 a percorrer Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno (1977). Hoxe atopase a 15.800.000.000 de quilómetros da Terra, e continúa a súa viaxe polo espazo interestelar.
  • Día 23: A La e Xúpiter moi próximos.
  • Día 24: A Lúa e Venus moi próximos.
  • Día 25: Ás 16:16 Lúa Nova. Marte e Saturno moi próximos.
  • Día 27: A Lúa e Mercurio moi próximos.
  • Día 31: A lúa e Saturno moi próximos.

PLANETAS

  • Mercurio en Leo con magnitude 1,1. Non visible pola súa proximidade ao Sol.
  • Venus en Cancer con magnitude -3,3. Poderase observar pouco antes do amencer.
  • Marte en Libra con magnitude 0,7. Observable ata tres horas depois do solpor.
  • Xúpiter en Cancer 1,3 magnitude -1,3. Poderase observar pouco antes do amencer.
  • Saturno en Libra magnitude 0,8. Poderase observar ata 3 horas logo do solpor.
  • Urano en Piscis, cunha magnitude de 6,09. observable con prismáticos, logo de media noite.

COMETAS

  • Tan só C/2014 E2 (Jacques) con magnitude 5 entre as constelacións de Perseo, Casiopea e Cefeo, pode ser visto cun telescopio pequeno. Os demais pola súa magnitude son dificilmente localizables.

NOTA:

Na imaxe podemos ver o céo do día 15 de agosto ás 24:00 h, mirando cara ao sur.

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS XULLO 2014

  • Día 5: Ás 14:00 h a Lúa en Cuarto crecente.
  • Día 6: Marte e a Lúa moi próximos. Aniversario da publicación do libro "Principia" onde Isaac Newton publica a Lei da Gravitación Universal (1687).
  • Día 8: Saturno e a Lúa moi próximos.
  • Día 12: Ás 13:27 h Lúa Chea.
  • Día 19: Ás 04:10 ha Lúa en Cuarto Minguante.
  • Día 20: Aniversario da chegada do home á Lúa (1969).
  • Día 24: Venus e a Lúa moi próximos.
  • Día 25: Mercurio e a Lúa moi próximos.
  • Día 26: Xúpiter e a Lúa moi próximos.
  • Día 27: Ás 00:43 h Lúa Nova.
  • Día 28: Aniversario da primeira fotografía do Sol, durante un eclipse solar e descubremento da coroa (1861). Choiva de meteoros: Delta-Acuáridas Sur, comezan o 12 de xullo, cun máximo de 16 por hora o 30, radiante en Acuario. Choiva de meteoros: Piscis Austrinídas, comezan o 15 de xullo, cun máximo de 5 por hora o 28, radiante en Piscis Australis.
  • Día 29: Choiva de meteoros Alfa-Capricórnidas, comezan o 11 de xullo, cun máximo de 5 por hora o 29, radiante en Capricornio.

PLANETAS

  • Mercurio en Xéminis con magnitude 0,22. Pola súa proximidade ao Sol é dificil de ver.
  • Venus en Tauro con magnitude -3,33. So visible os primeiros días do mes, pouco antes do amencer.
  • Marte en Virgo con magnitude 0,40. Visible 3 horas depois do solpor.
  • Xúpiter en Cancer magnitude -1,34. Non visible pola súa proximidade ao Sol.
  • Saturno en Libra magnitude 0,65. Visible 4 horas depois do solpor.
  • Urano en Piscis, cunha magnitude de 6,15. Visible con prismáticos as últimas horas da noite.

COMETAS

  • Tan só C/2014 E2 (Jacques) con magnitude 4 entre entre Tauro e Auriga, C/2013 UQ4 (Catalina) con magnitude 7 cruzando o céo entre Andrómeda e Bootes e C/2012 K1 (PanSTARRS) con magnitude 8 en Leo poden verse cun telescopio pequeno. Os demais pola súa magnitude son dificilmente localizables.

NOTA:

Na imaxe podemos ver o céo do día 15 de xullo ás 24:00 h, mirando cara ao sur.

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS XUÑO 2014

  • Día 1: Xúpiter e a Lúa moi próximos 6º.
  • Día 5: Ás 20:39 h a Lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 8: Marte e a Lúa moi próximos 2,5º.
  • Día 10: Saturno e a Lúa moi próximos 1,2º.
  • Día 13: Ás 04:11 h Lúa Chea.
  • Día 16: Ás 17:24 h a Lúa en Cuarto crecente.
  • Día 19: Ás 18:39 h a Lúa en Cuarto Minguante.
  • Día 20: Mercurio e Venus a só 2º.
  • Día 21: Ás 10:51 hcomeza o verán no hemisferio norte, inverno no sur.
  • Día 24: Venus e a Lúa moi próximos 1,7º.
  • Día 26: Mercurio e a Lúa moi próximos.
  • Día 27: Ás 08:08 Lúa Nova. Choiva de meteoros: Bootidas de Xuño, comezan o 22 de xuño, cun máximo variable o 27. Proceden do Cometa: 7P/Pons-Winnecke, e ten seu radiante en Bootes.
  • Día 29: Xúpiter e a Lúa moi próximos 6,2º.
  • Día 30: Aniversário da caida en Tunguska en 1908 dos posibles restos dún cometa; as consecuencias son visibles ainda hoxe.

PLANETAS

  • Mercurio en Tauro con magnitude 2,5. Pouco visible pola súa proximidade ao Sol.
  • Venus en Tauro con magnitude -3,4. Visible nas últimas horas da noite.
  • Marte en Virgo con magnitude 0,1. Visible casi toda a noite.
  • Xúpiter en Xéminis magnitude -1,4. Visible as primeras horas da noite.
  • Saturno en Libra magnitude 0,5. Visible casi toda a noite.
  • Urano en Piscis, cunha magnitude de 6,2

COMETAS

  • Tan só C/2012 K1 (PanSTARRS) con magnitude 8 na constelación de Leo Minor, 2013 UQ4 con magnitude 8 na constelación de Piscis e C/2012 X1 (LINEAR) con magnitude 9 en piscis Austrinus, poden verse cun telescopio pequeno. Os demais pola súa magnitude son dificilmente localizables.

NOTA:

Na imaxe podemos ver o céo do día 15 de xuñio ás 24:00 h, mirando cara ao sur.

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS MAIO 2014

  • Día 4: Xúpiter e a Lúa moi próximos.
  • Día 6: Choiva de estrelas Eta-Acuáridas, actividade desde o 19 de abril ao 28 de maio, cun máximo de 70 por hora. Radiante en Acuario, trátase de meteoros cunha gran velocidade, producindo bólidos moi luminosos e de longas traxectorias.
  • Día 7: Ás 03:15 h a Lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 8: Choiva de meteoros: Eta-Lyridas, actividade do 3 ao 14, cun máximo de 3 por hora, radiante en Lira.
  • Día 11: Aniversario da publicación da Teoria Xeral da Relatividade de Albert Einstein (1916). A Lúa e Marte moi próximos.
  • Día 14: Saturno e a Lúa moi próximos. Ás 19:16 h Lúa Chea.
  • Día 15: En 1618 o astrónomo Johannes Kepler formula a terceira e última Lei que leva o seu nome, referida ao movemento dos planetas.
  • Día 16: Aniversario do impacto da sonda Venera en Venus (1969).
  • Día 21: Ás 12:59 h a Lúa en cuarto minguante.
  • Día 25: Venus e a Lúa moi próximos.
  • Día 28: Ás 18:40 h Lúa nova.
  • Día 29: En 1919 durante unha eclipse total de Sol, Sir Arthur Eddington confirma a curvatura da luz prevista na Teoría Xeral da Relatividade.

PLANETAS

  • Mercurio na constelación de Tauro poderase observar nos solpores, cunha magnitude de -0,19.
  • Venus na constelación de Piscis, poderase observar nos amenceres, cunha magnitude de -3,5.
  • Marte na constelación de Virgo observarase casi toda a noite cunha magnitude de 0,7.
  • Xúpiter na constelación de Xéminis poderase ver nos solpores, durante case 5 horas, cunha magnitude de -1,5.
  • Saturno na constelación de Libra poderá observarse casi toda a noite, cunha magnitude de 0,3.
  • Urano na costelación de Piscis cunha magnitude de 6,3. Visible con prismáticos.

COMETAS

  • C/2012 K1 (PanSTARRS) con magnitude 8 na constelación da Osa Maior, visible cun telescopio pequeno.
  • C/2012 X1 (LINEAR) entre Capricornio e Acuario con magnitude 8, visible cun telescopio pequeno.
  • C/2014 E2 (Jacques) en Monoceros con magnitude 9, visible cun telescopio pequeno.
  • Os demais pola súa magnitude son dificilmente localizables.

NOTA:

Na imaxe podemos ver o céo do día 15 de maio ás 24:00 h, mirando cara ao sur.

 

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS ABRIL 2014

  • Día 6: Xúpiter e a Lúa moi próximos.
  • Día 7: Ás 08:31 ha Lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 12: Aniversario da saída do primeiro ser humano ao espazo, o ruso Yuri Gagarin (1961).
  • Día 14: Marte e a Lúa moi próximos.
  • Día 15: Eclipse total de Lúa, visible na penumbra ao ocaso da Lúa dende Galicia. Ás 07:42 h Lúa Chea.
  • Día 17: Ocultación de Saturno pola Lúa, non visible.
  • Día 22: Ás 07:52 h a Lúa en Cuarto Minguante. Choiva de meteoros: Líridas, actividade dende o 16 ao 25, cun máximo de 18 por hora o día 22, radiante en Lira.
  • Día 23:  Choiva de meteoros: Pi-Púpidas , actividade dende o 15 ao 28, cun variable o día 23, radiante en Popa.
  • Día 25: Venus e a Lúa moi próximos. Aniversario do lanzamento do telescopio espacial Hubble (1990).
  • Día 29: Eclipse anular de Sol, tan só visible na Antartida, parcial en Australia. Ás 06:14 h Lua Nova. Mercurio e a Lúa moi próximos.

PLANETAS

  • Mercurio en Piscis con magnitude -1,21, non visible.
  • Venus en Acuario con magnitude -3,78. Visible nos amenceres.
  • Marte en Virgo con magnitude -1,21. Visible toda a noite.
  • Xúpiter en Xéminis con magnitude -1,69. Visible nas primeiras horas da noite.
  • Saturno en Libra magnitude 0,38. Visible durante boa parte da noite.
  • Urano en Pisces, cunha magnitude de 6,27, imposible de ver pola súa proximidade ao Sol.

COMETAS

  • Tan só C/2012 K1 (PanSTARRS) con magnitude 9 en Bootes e C/2012 X1 (LINEAR) con magnitude 8 en Acuario, poden verse cun telescopio pequeno. Os demais pola súa magnitude son dificilmente localizables.

NOTA:

Na imaxe podemos ver o céo do día 15 de abril ás 24:00 h, mirando cara ao sur.

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS MARZO 2014

  • Día 1: Ás 08:00 h Lúa Nova.
  • Día 4: Aniversario do descubrimento do planeta Urano polo astrónomo inglés William Herschel (1781). Aniversario do descubremento dos aneis de Xupiter pola nave Voyayer 1.
  • Día 8: Ás 13:27 h a Lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 10: Xúpiter e a Lúa moi próximos.
  • Día 13: En 1787 William Herschel descubre os satélites de Urano Titania e Oberón (1787).
  • Día 14: Choiva de estrelas Gamma-Nórmidas, actividade desde o 25 de febreiro ao 22 de marzo, cún máximo o 14 de marzo de 6 por hora. Radiante en Norma.
  • Día 16: Ás 17:08 h Lúa Chéa.
  • Día 19: Marte e a Lúa moi próximos.
  • Día 20: Ás 15:57 h comeza a Primavera no hemisferio norte e o Outono no sur.
  • Día 21: Saturno e a Lúa moi próximos. Saturno chegará a ser ocultado pola Lúa (non visible).
  • Día 25: En 1655 Christian Huygens descubre o satélite natural de Saturno, Titán.
  • Día 24: Ás 01:46 h a Lúa en Cuarto Minguante.
  • Día 27: Venus e a Lúa moi próximos.
  • Día 29: Mercurio e a Lúa moi próximos.
  • Día 30: Ás 18:45 h Lúa Nova.

PLANETAS

  • Mercurio en Acuario, observarase nos amenceres, cunha magnitude de 0,3.
  • Venus en Capricornio, poderase observar antes dos amenceres, magnitude de -4,1.
  • Marte en Virgo, observarase nos amenceres, aproximadamente durante 8 horas, cunha magnitude de -0,7.
  • Xúpiter en Xéminis, poderase ver practicamente toda a noite, cunha magnitude de -1,9.
  • Saturno en Libra, poderá observarse nos amenceres, aproximadamente durante 8 horas, alcanzando unha magnitude de 0,6.
  • Urano en Piscis, visible ata dúas horas logo da posta do Sol, magnitude 6,3.

COMETAS

  • Tan só C/2012 X1 (LINEAR) na constelación da Aguia, con magnitude 8, e C/2012 K1 (PanSTARRS) na constelación de Hércules, con magnitude 9, poden observarse cun telescopio pequeno. Os demáis teñen magnitudes que os fan difícilmente observables.

NOTA:

Na imaxe podemos ver o céo do día 15 de marzo ás 24:00 h, mirando cara ao sur.

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS FEBREIRO 2014

  • Día1: Mercurio e a Lúa moi próximos.
  • Día 6: Ás 10:22:04 h a Lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 8: Morre en Florencia Galileo Galilei, en arresto domiciliario. O día 31 de octubro do 1992 a Santa Sé recoñeceu o seu erro ao condenar (1642). Choiva de meteoros: Alfa-Centauridas, actividade desde o 28 de xaneiro ao 21 de febreiro, cun máximo de 6 por hora. Radiante en Centauro. 
  • Día 11: Xúpiter e a Lúa moi próximos.
  • Día 14: Ás 23:53 h Lúa Chea.
  • Día 19: Marte e a Lúa moi próximos.
  • Día 21: Saturno e a Lúa moi próximos. Saturno chegará a ser ocultado pola Lúa (non visible).
  • Día 22: Ás 17:15 h Cuarto Minguante.
  • Día 26: Venus e a Lúa moi próximos. Venus chegará e ser ocultado pola Lúa (non visible).
  • Día 27: Mercurio e a Lúa moi próximos.

PLANETAS

  • Mercurio en Acuario, observarase nos solpores, só ata o día 9, cunha magnitude de 0,6.
  • Venus en Escorpio, poderase observar antes dos amenceres, magnitude de -4,3. 
  • Marte en Virgo, observarase nos amenceres, aproximadamente durante 8 horas, cunha magnitude de 0,35.  
  • Xúpiter en Xéminis, poderase ver practicamente toda a noite, cunha magnitude de -2,1.
  • Saturno en Libra, poderá observarse nos amenceres, aproximadamente durante 6 horas, alcanzando unha magnitude de 0,7.
  • Urano en Piscis, visible ata tres horas logo da posta do Sol, magnitude 6,4.

COMETAS

  • Tan só C/2012 X1 (LINEAR) na constelación de Serpens Cauda, con magnitude 8, e C/2013 R1 (Lovejoy) na constelación de Ofiuco, con magnitude 8, poden observarse cun telescopio pequeno. Os demáis teñen magnitudes que os fan difícilmente observables.

NOTA:

Na imaxe podemos ver o céo do día 15 de febreiro ás 24:00 h, mirando cara ao sur.

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS XANEIRO 2014

  • Día1: Ás 11:14 h Lúa Nova.
  • Día 2: Venus e a Lúa moi próximos.
  • Día 3: Choiva de estrelas Cuadrántidas, actividade desde o 28 de decembro ao 12 de xaneiro, cun máximo de 120 por hora. Radiante en Bootes. Son meteoros de gran tamaño con ronseis que poden durar de 3 a 4 minutos.
  • Día 7: Aniversario do descubrimento en 1609 por Galileo Galilei dos satélites naturais de Xúpiter: Io, Europa e Callisto. Mercurio e Venus moi próximos.
  • Día 8: Aniversario da morte de Galileo Galilei en 1642 no seu domicilio de arresto en Florencia. Ata o 31 de outubro de 1992 a Santa Sé non recoñeceu o seu erro ao condenalo en 1633. Ás 03:39 h a Lúa en cuarto crecente.
  • Día 15: Xúpiter e a Lúa moi próximos. 
  • Día 16: Ás 04:52 h Lúa Chéa. 
  • Día 23: Marte e a Lúa moi próximos. 
  • Día 24: Ás 05:19 h a Lúa en cuarto minguante.
  • Día 25: Saturno e a Lúa moi próximos.
  • Día 29: Venus e a Lúa moi próximos.
  • Día 30: Ás 21:39 h Lúa Nova.

PLANETAS

  • Mercurio atópase en Capricornio con magnitude 0,82 observable no solpor.
  • Venus atópase na constelación de Saxitario cunha magnitude de -3,8 visible nos amenceres.
  • Marte atópase na constelación de Virgo cunha magnitude de 0,65, visible boa parte da noite antes do amencer. 
  • Xúpiter atópase na constelación de Xéminis cunha magnitude de -2,2, visible toda a noite. 
  • Saturno atópase na constelación de Libra cunha magnitude de 0,76, visible antes do amencer.
  • Urano atópase na constelación de Piscis cunha magnitude de 6,2.

COMETAS

  • Tan só C/2013 R1 (Lovejoy) con magnitude 5, pode observarse cun telescopio pequeno, no seu tránsito pola constelacion de Hércules. C/2012 X1 (LINEAR) con magnitude 8, pode observarse cun telescopio pequeno nas constelaciones de Serpe e Ofiuco. Os demais teñen magnitudes que os fan difícilmente observables. .

NOTA:

Na imaxe podemos ver o céo do día 15 de xaneiro ás 24:00 h, mirando cara ao sur.