logo

Logo_astronomia

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

astronomia@sghn.org

line decor
INICIO  
line decor
 
 
 
 


 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS DECEMBRO 2013

  • Día 1: Ocultación de Saturno e Mercurio pola Lúa (non visibles).
  • Día 3: Ás 00:23 h Lúa Nova.
  • Día 6: Venus e a Lúa moi próximos. Choiva de estrelas Phoenícidas de Decembro, actividade entre o 28 de novembro e o 9 de decembro, cun máximo variable o 6 de decembro. Choiva de estrelas Pupidas Velidas, actividade entre o 1 e o 15 de decembro, cun máximo de 10 por hora o 6 de decembro.
  • Día 8: Choiva de estrelas Monocerótidas, actividade entre o 27 de novembro e o 17 de decembro, cun máximo de 2 por hora o 8 de decembro.
  • Día 09: Ás 15:12 h a Lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 11: Choiva de estrelas Sigma Hidridas, actividade entre o 3 e o 15 de decembro, cun máximo de 3 por hora o 11 de decembro.
  • Día 14: Choiva de estrelas Xemínidas, actividade entre o 7 e o 17 de decembro, cun máximo de 120 por hora o 14 de decembro.
  • Día 15: Choiva de estrelas Coma Berenícidas, actividade entre o 12 e o 23 de decembro, cun máximo de 3 por hora o 15 de decembro.
  • Día 17: Ás 09:28 h Lúa Chea.
  • Día 19: Xúpiter e a Lúa moi próximos. Choiva de estrelas Minóridas de Decembro, actividade entre o 5 de decembro e o 4 de febreiro, cun máximo de 52 por hora o 19 de decembro.
  • Día 21: Ás 17:11 h comeza o inverno no hemisferio norte, verán no sur.
  • Día 23: Choiva de estrelas Úrsidas, actividade entre o 17 e o 26 de decembro, cun máximo de 10 por hora o 15 de decembro.
  • Día 25: Ás 13:48 h a Lúa en Cuarto Minguante.
  • Día 26: Marte e a Lúa moi próximos.
  • Día 29: Saturno e a Lúa moi próximos.

PLANETAS

  • Mercurio en Ophiuco observarase nos amenceres, ata o día 12, cunha magnitude de -0,6.
  • Venus en Saxitario poderase observar nos solpores durante dúas horas, cunha magnitude de -4,3.
  • Marte en Virgo observarase nos amenceres, aproximadamente durante 6 horas, cunha magnitude de 1,25.
  • Xúpiter en Xéminis observarase case toda a noite, cunha magnitude de -2,2.
  • Saturno en Libra poderá observarse nos amenceres durante dúas horas cunha magnitude de 0,8.
  • Urano en Cetus visible con prismáticos, magnitude 6,1.

COMETAS

  • Tan só C/2012 S1 (ISON) con magnitude 3 percorrerá durante o mes de decembro as constelacións de Serpens Caput, Coroa Boreal, Hércules e Draco, e  C/2013 R1 (Lovejoy)  con magnitude 4 entre Bootes Coroa Boreal e Hercules,  poden ser vistos cun telescopio pequeño. Os demais pola súa magnitude son dificilmente localizables.

NOTA:

Na imaxe podemos ver o céo do día 15 de decembro ás 24:00 h, mirando cara ao sur.

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS NOVEMBRO 2013

  • Día 3: Ás 12:57 h comeza o eclipse Híbrido de Sol que será visible como parcial en Galicia. Ás 12:50 h Lúa Nova. A Lúa e Saturno moi próximos..
  • Día 7: Venus e a Lúa moi próximos.
  • Día 09: Nacemento do gran astrofísico Carl Sagan (1934).
  • Día 10: As 05:57 h a Lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 12: Choiva de estrelas: Táuridas do Norte, actividade desde o 20 de outubro ao 10 de decembro, con máximo de 5 por hora o 12 de novembro. Aniversario da gran tormenta meteórica das Leónidas (1833) con mais de 100.000 por hora.
  • Día 17: As 15:16 h Lúa Chea. Choiva de estrelas: Leónidas, actividade desde o 6 ao 30, con máximo de 20 por hora o 17 de novembro, son producidas polos restos do Cometa Tempel-Tuttle.
  • Día 21: Choiva de estrelas Alfa-Monocerótidas, actividade desde o 15 ao 25, con máximo variable o 21 de novembro.
  • Día 22: Xúpiter e a Lúa moi próximos.
  • Día 25: As 19:28 h a Lúa en Cuarto Minguante.
  • Día 26: Ao amencer Saturno e Mercurio casi en conxunción.
  • Día 27: Marte e a Lúa moi próximos.

PLANETAS

  • Mercurio en Libra visible ao amencer, cunha magnitude de -0,5.
  • Venus en Saxitario poderase observar nos solpores durante dúas horas, cunha magnitude de -4,3.
  • Marte en Virgo observarase nos amenceres, aproximadamente durante 5 horas, cunha magnitude de 1,5.
  • Xúpiter en Xéminis observarase case toda a noite, aproximadamente durante 9 horas, cunha magnitude de -2,1.
  • Saturno en Libra poderá observarse ao amencer con unha magnitude de 0,8.
  • Urano en Piscis visible con prismáticos, magnitude 6,1.

COMETAS

  • Tan só C/2012 S1 ( ISON ) con magnitude 3 pasando polas constelacións de Leo, Virgo, Libra e Escorpio, e C/2013 R1 (Lovejoy) con magnitude 5 entre Leo Minor, Osa Maior de Canis Venatici, poden verse cun telescopio pequeno. Os demais pola súa magnitude son dificilmente localizables.

NOTA:

Na imaxe podemos ver o céo do día 15 de novembro ás 24:00 h, mirando cara ao sur.

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS OUTUBRO 2013

  • Día 1: Marte e a Lúa moi próximos.
  • Día 3: En 1582 o Papa Gregorio XIII axusta o calendario Xuliano, denominándose desde entón Gregoriano. Suprime do día 4 ao día 15.
  • Día 5: Ás 00:35 hLúa Nova.
  • Día 6: Mercurio e a Lúa moi próximos.
  • Día 8: Venus e a Lúa moi próximos. Máximo variable da choiva de estrelas Dracónidas, actividade entre o 6 ao 10.
  • Día 10: Mercurio e Saturno moi práximos. Máximo de 5 por hora da choiva de estrelas Tauridas do Sur, actividade do 10 ao 20.
  • Día 11: Ás 23:02 ha Lúa en Cuarto Crecente. Máximo de 2 por hora da choiva de estrelas Delta Aurígidas, actividade do 10 ao 18.
  • Día 18: Ás 23:38 hLúa Chea. Ás 23:50 Máximo do eclipse penumbral de Lúa. Máximo de 3 por hora da choiva de estrelas Epsilon Xeminidas, actividade do 14 ao 27.
  • Día 21: Máximo de 25 por hora da choiva des estrelas Oriónidas, producidas polos restos do cometa Halley, actividade do 2 de outubro ao 7 de novembro.
  • Día 24: Máximo de 2 por hora da choiva de estrelas Leo Minóridas, actividade do 19 ao 27.
  • Día 25: Xúpiter e a Lúa moi próximos.
  • Día 26: Ás 23:41 h a Lúa en Cuarto Minguante.
  • Día 29: Marte e a Lúa moi próximos.
  • Día 31: Aniversario da absolución polo Vaticano do astrónomo Galileo Galilei polo cargo de herexía (1992).

PLANETAS

  • Mercurio en Libra visible nos solpores, cunha magnitude de -0,21.
  • Venus en Virgo poderase observar nos solpores durante unha hora, cunha magnitude de -3,9.
  • Marte en Leo observarase nos amenceres, aproximadamente durante 4 horas, cunha magnitude de 1,8.
  • Xúpiter en Xéminis observarase nos amenceres, aproximadamente durante 9 horas, cunha magnitude de -1,9.
  • Saturno en Libra poderá observarse nos solpores durante os primeiros días de mes, o 19 deixará de verse, alcanzando unha magnitude de 0,8.
  • Urano en Piscis visible con prismáticos, magnitude 6,1.

COMETAS

  • Tan só C/2012 S1 (ISON) con magnitude 8 en Virgo, 2P/Encke entre Virgo en Libra con magnitude 7 e  C/2013 R1 (Lovejoy) entre Leo Minor, Osa Maior de Canis Venatici,  poden ser vistos cun telescopio pequeño, nos amenceres. Os demais pola súa magnitude son dificilmente localizables.

NOTA:

Na imaxe podemos ver o céo do día 15 de outubro ás 24:00 h, mirando cara ao sur.

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS SETEMBRO 2013

  • Día 2: Marte e a Lúa moi próximos.
  • Día 5: Ás 11:36 h Lúa Nova.
  • Día 6: Mercurio e a Lúa moi próximos.
  • Día 8: Venus e a Lúa moi próximos.
  • Día 9: Saturno e a Lúa moi próximos. Choiva de estrelas Perseidas de setembro, actividade do 5 o 21, cun máximo de 5 por hora o día 9.
  • Día 11: En 1822 o Santo Oficio autoriza a ensinar a teoría de Copérnico de que a Terra xira arredor do Sol.
  • Día 12: Ás 17:08 h a Lúa en Cuarte Crecente.
  • Día 19: Ás 11:13 h Lúa Chea..
  • Día 20: Venus e Saturno moi próximos.
  • Día 23: Aniversario da primeira observación de Neptuno polo astrónomo J. Galle (1846).
  • Día 27: Ás 03:45 h a Lúa en Cuarte Minguante.
  • Día 28: Xúpiter e a Lúa moi próximos.

PLANETAS

  • Mercurio en Virgo reaparecerá o día 11 nos solpores, cunha magnitude de -0,21.
  • Venus en Virgo poderase observar nos solpores, aproximadamente durante unha hora, cunha magnitude de -3,6.
  • Marte en Cancer observarase nos amenceres, aproximadamente durante 2 horas, cunha magnitude de 1,8.
  • Xúpiter en Xéminis observarase nos amaceneres, aproximadamente durante 3 horas, cunha magnitude de -1,7.
  • Saturno entre Libra e Virgo poderá observarse nos solpores, aproximadamente durante 3 horas, alcanzando unha magnitude de 0,9.
  • Urano en Piscis visible con prismáticos, magnitude 6,1.

COMETAS

  • Tan C/2012 S1 (ISON) con magnitude 9 en Leo pode verse cun telescopio pequeño, nos amenceres. Os demais pola súa magnitude son dificilmente localizables.

NOTA:

Na imaxe podemos ver o céo do día 15 de setembro ás 24:00 h, mirando cara ao sur.

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS AGOSTO 2013

  • Día 3: Xúpiter e a Lúa moi próximos.
  • Día 4: Marte e a Lúa moi próximos
  • Día 5: Mercurio e a Lúa moi próximos.
  • Día 6: Ás 21:51 h Lúa Nova.
  • Día 10: Venus e a Lúa moi próximos.
  • Día 12: Choiva de estrelas Perseidas, tamén coñecidas como bágoas de San Lourenzo, actividade desde o 17 de xullo ao 24 de agosto, con un máximo de 100 por hora o 12 de agosto. Son producidas polos restos do cometa 109P/Swift-Tuttle. Radiante en Perseo, de aí o seu nome.
  • Día 13: Saturno e a Lúa moi próximos.
  • Día 14: Ás 10:56 h a Lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 17: Choiva de estrelas Kappa-Cygnidas, actividade desde o 3 ao 25 de agosto, con un máximo de 3 por hora o 17 de agosto. Radiante en Cisne.
  • Día 20: Aniversario do lanzamento do Voyager 2 a percorrer Xupiter, Saturno, Urano e Neptuno (1977). Hoxe atopase a 15.200.000.000 de quilómetros da Terra, e continúa a súa viaxe polo espazo interestelar.
  • Día 21: Ás 01:45 h Lúa Chea.
  • Día 31: Choiva de estrelas Alfa-Aurígidas, actividade desde o 28 ao 5 de setembro, con un máximo de 6 por hora o 31 de agosto. Radiante en Auriga.

PLANETAS

  • Mercurio en Cancer con magnitude -1,33. Observable no mencer ata o día 15.
  • Venus en Virgo con magnitude -3,44. Poderase observar logo do solpor.
  • Marte en Xéminis con magnitude 1,83. Observable no mencer.
  • Xúpiter en Xéminis magnitude -1,54. Observable no mencer.
  • Saturno en Virgo magnitude 0,88. Poderase observar ata 3 horas logo do solpor.
  • Urano en Piscis, cunha magnitude de 6,09. observable con prismáticos, logo de media noite.

COMETAS

  • Tan C/2012 F6 (Lemmon) con magnitude 9 en Draco. Pode ser visto cun telescopio pequeno. Os demais pola súa magnitude son dificilmente localizables.

NOTA:

Na imaxe podemos ver o céo do día 15 de agosto ás 24:00 h, mirando cara ao sur.

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS XULLO 2013

  • Día 6: Marte e a Lúa moi próximos.
  • Día 7: Xúpiter e a Lúa moi próximos.
  • Día 8: Ás 07:14 Lúa Nova. Mercurio e a Lúa moi próximos .
  • Día 10: Venus e a Lúa moi próximos.
  • Día 16: Ás 03:18 a Lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 17: Saturno e a Lúa moi próximos.
  • Día 20: Aniversario da chegada do home á Lúa (1969).
  • Día 21: Ocultación de Plutón pola Lúa. Non visible.
  • Día 22: Marte, Neptuno e a Lúa moi próximos. A 18:17 Lúa Chea.
  • Día 27: Choiva de meteoros: Piscis Austrinídas, comezan o 15 de xullo, cun máximo de 5 por hora o 27, radiante en Piscis Australis. Urano e a Lúa moi próximos.
  • Día 29: Ás 17:43 Cuarto Minguante. Choiva de meteoros: Alfa-Capricórnidas, comezan o 3 de xullo, cun máximo de 5 por hora o 29, radiante en Capricornio.
  • Día 30: Choiva de meteoros: Delta-Acuáridas Sur, comezan o 12 de xullo, cun máximo de 16 por hora o 30, radiante en Acuario.

PLANETAS

  • Mercurio en Xéminis con magnitude 2,35. Pola súa proximidade ao Sol é dificil de ver.
  • Venus en Leo con magnitude -3,35.
  • Marte en Xéminis con magnitude 1,78.
  • Xúpiter en Xéminis magnitude -1,46.
  • Saturno en Virgo magnitude 0,79.
  • Urano en Piscis, cunha magnitude de 6,15.

COMETAS

  • Tan só C/2011 L4 (PanSTARRS) con magnitude 8 entre Draco e Bootes. E C/2012 F6 (Lemmon) con magnitude 10 enm Cefeo, poden ser vistos cun telescopio pequeno. Os demais pola súa magnitude son dificilmente localizables.

NOTA:

Na imaxe podemos ver o céo do día 15 de xullo ás 24:00 h, mirando cara ao sur.

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS XUÑO 2013

  • Día 7: Marte e a lúa moi próximos.
  • Día 8: Ás 15:57 Lúa Nova.
  • Día 9: Xúpiter e a Lúa moi próximos.
  • Día 10: Venus, Mercurio e a Lúa moi próximos.
  • Día 16: Ás 17:24 a Lúa en Cuarto crecente.
  • Día 19: Saturno e a Lúa moi próximos.
  • Día 20: Mercurio e Venus a só 2º.
  • Día 21: Ás 05:04 comeza o verán no hemisferio norte, inverno no sur.
  • Día 23: Ás 11:32 Lúa Chea.
  • Día 27: Choiva de meteoros: Bootidas de Xuño, comezan o 22 de xuño, cun máximo variable o 27. Proceden do Cometa 7P/Pons-Winnecke, e teñen o seu radiante en Bootes.
  • Día 30: Ás 04:53 a Lúa en Cuarto Menguante. Aniversario do gran impacto sobre a Terra dun obxeto procedente do espacio. En 1908 caeron en Tunguska (Siberia), os restos dún cometa.

PLANETAS

  • Mercurio en Xéminis con magnitude 0,94.
  • Venus en Xéminis con magnitude -3,3.
  • Marte en Tauro con magnitude 1,7.
  • Xúpiter en Tauro magnitude -1,5. Pola súa proximidade ao Sol é imposible de ver.
  • Saturno en Virgo magnitude ou,63.
  • Urano en Piscis, cunha magnitude de 6,2.

COMETAS

  • Tan só C/2011 L4 (PanSTARRS) con magnitude 8 na constelación da Osa Menor. E C/2012 F6 ( Lemmon ) con magnitude 8 entre as constelacións de Andrómeda e Casiopea, poden ser vistos cun telescopio pequeno. Os demais pola súa magnitude son dificilmente localizables.

NOTA:

Na imaxe podemos ver o céo do día 15 de xuño ás 24:00 h, mirando cara ao sur.

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS MAIO 2013

  • Día 2: As 11:14 h a Lúa en Cuarto Minguante
  • Día 7: Mercurio e Marte moi próximos.
  • Día 8: Choiva de meteoros: Eta-Lyridas, actividade do 3 ao 14, cun máximo de 3 por hora o día 8.
  • Día 9: As 13:57 h ocultación de marte pola Lúa. As 20:36 ucultacón de Marcurio pola Lúa. Non visibles.
  • Día 10: As 00:28 h Lúa Nova. Eclipse anular de Sol, só visible en Australia, Nova Guinea e as illas Salomon.
  • Día 11: Venus e a Lúa moi próximos. En 1916 publícase a Teoría Xeral Da Relatividade de Albert Einstein.
  • Día 12: Xúpiter e a Lúa moi próximos.
  • Día 18: As 04:35 h a Lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 23: Saturno e a Lúa moi próximos.
  • Día 25: Eclipse penumbral de Lúa, visible desde Galicia, comenza a 03:53 h, o máximo as 04:10 h, remata a 04:27 h.
  • Día 27: Mercurio e Xúpiter moi próximos.
  • Día 28: Venus y Xúpiter moi próximos.
  • Día 29: En 1919 durante unha eclipse total de Sol, Sir Arthur Eddington confirma a curvatura da luz prevista na Teoría Xeral da Relatividade.
  • Día 31: As 21:01 h a Lúa en cuarto minguante.

PLANETAS

  • Mercurio en Tauro con magnitude 0,88.
  • Venus en Tauro magnitude -3,34.
  • Xúpiter en Tauro magnitude -1,47.
  • Marte en Tauro magnitude 1,58.
  • Saturno en Virgo magnitude 0,49.
  • Urano en Piscis magnitude 6,2.
  • Marte, Xúpiter, Mercurio e Venus, son dificilmente observables pola súa proximidade ao Sol.

COMETAS

  • C/2011 L4 (PanSTARRS) con magnitude 6 na constelación de Cefeo, pode ser visto cun telescopio pequeno. C/2012 F6 (Lemmon) con magnitude 6 na constelación de Pegaso, pode ser visto cun telescopio pequeno. Os demais pola súa magnitude son dificilmente localizables.

NOTA:

Na imaxe podemos ver o céo do día 15 de maio ás 24:00 h, mirando cara ao sur.

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS ABRIL 2013

  • Día 3: A 04:37 a Lúa en Cuarto Minguante.
  • Día 6: Venus e Marte moi próximos.
  • Día 8: Mercurio e a Lúa moi próximos.
  • Día 10: A 09:35 Lúa Nova. Magnifica conxunción de Marte Venus e a Lúa.
  • Día 12: Aniversario da saída do primeiro ser humano ao espazo, o ruso Yuri Gagarin (1961).
  • Día 14: Xúpiter e a Lúa moi próximos.
  • Día 18: a 12:31 a Lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 22: Choiva de meteoros: Líridas, actividade desde o 16 ao 25, cun máximo o 22 de abril de 18 por hora.
  • Día 23: Choiva de meteoros: Pi-Púppidas, actividade desde o 15 ao 28, con máximo variable o 23 de abril.
  • Día 25: Eclipse parcia de Lúa, visible desde Galicia no momento do orto da Lúa ata as 22:11 (TU) momento en que remata. A 19: 57 Lúa Chea. Aniversario do Lanzamento do telescopio espacial Hubble (1990).
  • Día 26: Saturno e a Lúa moi próximos.

PLANETAS

  • Mercurio en Piscis con magnitude 0, practicamente imposible de ver.
  • Venus entre Aries e Piscis con magnitude -3,4. Imposible de ver pola súa proximidade ao Sol.
  • Marte en Piscis. Pola súa proximidade ao Sol é imposible de ver. 
  • Xúpiter en Tauro magnitude 1,6. 
  • Saturno en Libra magnitude o,38.
  • Urano en Pisces, cunha magnitude de 6,01, imposible de ver pola sús proximidade ao Sol.

COMETAS

  • Tan só C/2011 L4 (PanSTARRS)con magnitude 4 entre as constelacións de Andromeda e Casiopea, pode ser visto cun telescopio pequeno. Os demais pola súa magnitude son dificilmente localizables.

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS MARZO 2013

  • Día 2: A Lúa e Saturno moi próximos.
  • Día 4: A 21:53 a Lúa en Cuarto Minguante. Aniversario do descubrimento do planeta Urano polo astrónomo inglés William Herschel (1781).
  • Día 6: No mencer, Mercurio e Venus moi próximos.
  • Día 10: Mercurio e a Lúa moi próximos.
  • Día 11: A 19:51 Lúa Nova.
  • Día 12: Marte e a Lúa mou próximos.
  • Día 14: Máximo da choiva de estrelas Gamma-Nórmidas (6 por hora), que estarán con nos ata o día 22. Radiante en Norma.
  • Día 18: Xúpiter e a Lúa moi próximos.
  • Día 19: A 17:27 a Lúa en Cuarto crecente 
  • Día 20: A 11:02 a Terra no equinocio. Comenza a primavera no norte, outono no sur.
  • Día 22: Urano e Marte moi próximos.
  • Día 27: A 09:28 Lúa chea.
  • Día 28: Venus e Urano moi próximos.
  • Día 29: Saturno e a Lúa moi próximos.

PLANETAS

  • Mercurio en Acuario, visible nos menceres, magnitude -1,3.
  • Venus en Acuario, deixará de observarse a partir do día 8, magnitude -3,5. 
  • Marte en Piscis, visible ata o día 14, magnitude 1,4. 
  • Xúpiter en Tauro, observable nas cinco primeiras horas da noite, magnitude -1,8. 
  • Saturno en Libra, poderá observarse depois da media noite magnitude 0,7.
  • Urano en Piscis, dificil de observar, magnitude 6,3.

COMETAS

  • Tan só C/2011 L4 (PANSTARRS)entre as constelaciones de Piscis e Andrómeda, con magnitude 3, pode ser observado a simple vista ou con prismáticos. Os outros teñen magnitudes que os fan difícilmente observables.

NOTA:

Na imaxe podemos ver o céo do día 15 de marzo ás 24:00 h, mirando cara ao sur.

 

 

 

.

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS FEBREIRO 2013

  • Día 3: A Lúa e Saturno moi próximos. A 13:56:18 a Lúa en Cuarto menguante.
  • Día 8: Mercurio e Marte moi próximos. Morre en Florencia, Italia, Galileo Galilei en arresto domiciliario. O día 31 de octubro do 1992 a Santa Sé recoñeceu o seu erro ao condenar (1642). Choiva de meteoros: Alfa-Centauridas, actividade desde o 28 de xaneiro ao 21 de febreiro, cun máximo de 6 por hora. Radiante en Centauro. 
  • Día 9: A Lúa e Venus moi próximos.
  • Día 10: A 07:20:11 Lúa nova.
  • Día 11: A Lúa, Mercurio e Marte moi próximos.
  • Día 15: O asteroide “2012 DA14” de 40 metros, pasará a tan só a 26.000 quilómetros da Terra, o que o fai moi perigoso.
  • Día 17: A 20:30:34 a Lúa en Cuarto crecente.
  • Día 18: Xupiter e a Lúa moi próximos.
  • Día 24: Mercurio e Marte moi próximos.
  • Día 25: A 20:26:06 Lúa chea.

PLANETAS

  • Mercurio en Acuario, visible a partir do día 3 depois do solpor, magnitude -0,4.
  • Venus en Capricornio, deixará de observarse a partir do día 8, magnitude -3,4.
  • Marte en Acuario, visible ata o día 14, magnitude 1,4.
  • Xúpiter en Tauro, observable case toda a noite, magnitude -2,0.
  • Saturno en Libra, poderá observarse cinco horas antes do amencer, magnitude 0,7.
  • Urano en Piscis, visible ata dúas horas logo da posta do Sol, magnitude 6,3.

COMETAS

  • Tan só 273P/Pons-Gambart (2012) entre as constelaciones de Ofiuco e Hércules, con magnitude 9, pode observarse cun telescopio pequeno. Os outros teñen magnitudes que os fan difícilmente observables.

NOTA:

Na imaxe podemos ver o céo do día 15 de febreiro ás 24:00 h, mirando cara ao sur.

 

 

 

.

 

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS XANEIRO 2013

  • Día 4:Choiva de meteoros: Cuadrántidas, actividade dende o 28 de decembro ao 12 de xaneiro (con máximo o 4 de xaneiro).Máximo de 120 por hora. Radiante en Bootes. Son meteoros de gran tamaño con ronseis que poden durar de 3 a 4 minutos.
  • Dia 5: Ás 03:58 h a Lúa en cuarto menguante 
  • Día 6: Saturno a 4.12°N da Lúa. 
  • Día 7: Galileo Galilei descobre os satélites naturais de Xúpiter: Io, Europa e Callisto (1609).
  • Día 8: En 1642 morre arrestado no seu domicilio de Florencia, Galileo Galilei. Ata o 31 de outubro de 1992 a Santa Sé non recoñeceu o seu erro ao condenalo en 1633.
  • Día 10: Venus a 1.92°S da Lúa. 
  • Día 11: Mercurio a 5.14°S da Lúa. Ás 19:44 h Lúa nova. 
  • Día 13: Marte a 5.53°S da Lúa. 
  • Día 18: A 23:45 Cuarto crecente. 
  • Día 22: Júpiter a 1.10°N da Lúa. 
  • Día 27: Ás 04:38 h Lúa chea.

PLANETAS

  • Mercurio: Será prácticamente inobservable durante este mes. 
  • Venus: Atopase na constelación de Saxitario con unha magnitude de -3,4.
  • Marte: Atopase na constelación de Capricornio con unha magnitude de 1,4. 
  • Xúpiter: Atopase na constelación de Tauro con unha magnitude de -2,2. 
  • Saturno: Atopase na constelación de Libra con unha magnitude de 0,8.
  • Urano: Atopase na constelación de Piscis con unha magnitude de 6,2.

COMETAS

  • Tan só C/2012 K5 (LINEAR) con magnitude 8, pode observarse cun telescopio pequeno, no seu tránsito polas constelaciones de Auriga, Tauro, Orión e Eridano. C/2012 F6 (Lemmon) con magnitude 7, pode observarse cun telescopio pequeno, os primeiros días de xaneiro entre as constelaciones de Hidra e Centauro. Os demais ten magnitudes que os fan difícilmente observables.

NOTA:

Na imaxe podemos ver o céo do día 15 de xaneiro ás 24:00 h, mirando cara ao sur.

 

 

 

.