|
 |

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS MAIO 2012 |
AS CONSTELACIONS E AS ESTRELAS
Referíndonos ao día 15 de maio ás 24:00 horas:
- Cara ao norte, comenza a baixar a Osa Maior, coa súa estrela Alkaid no zenit, baixando Lince e Camelopardalis, na minima altura Casiopea, e Perseo asomando polo horizonte, subindo Lacerta, Cefeo e Draco.
- Cara ao sur, é o mes de Virgo e a Cebeleira de Berenices, no horizonte algunhas estrelas de Centauro (Menkent) e de Lupus, subindo Libra e Bootes que se dirixe a súa posición preponderante en xuño, asomando polo horizonte Escorpio, baixando Leo, Crater, O Corvo e Hydra, moi baixa Antlia.
- Cara ao leste, asomando polo horizonte e a media altura as constelacións do Triángulo do Verán, a media altura Ofiuco, Serpens Cauda e Serpens Caput, bastante alta Hercules, e a Coroa Boreal.
- Cara ao oeste, baixando Cancer, Xeminis e Canis Minor, no horizonte algunhas estrelas de Monoceros.
|
PLANETAS
-
Venus en Tauro magnitude -3,53.
- Saturno en Virgo magnitude 1,2.
- Xupiter en Tauro magnitude -1,57.
- Marte en Leo magnitude 0,38.
- Mercurio en Aries magnitude -0,82.
- Saturno en Virgo magnitude 1,2.
- Urano en Piscis magnitude 6,09.
|
CHOIVAS DE ESTRELAS
- Continúan con nós as Nu Cygnids ata o día 7, as Eta Acuáridas ata o día 21 cun máximo de 60 por hora o día 7.
- Do 6 ao 13 as Eta Lyridas, cún máximo de 3 por hora o día 10.
|
A LÚA
- Lúa Chea o día 6 ás 03:35.
- Cuarto Minguante o día 12 ás 21:47.
- Lúa Nova o día 20 ás 23:47.
- Cuarto Crecente o día 28 ás 20:16.
|
COMETAS
|
ECLIPSES
-
O 20 de Maio teremos unha eclipse anular de Sol, que tan só será visible en China, Xapón, Pacífico norte e parte occidental dos EstaDos Unidos.
|
OUTRAS EFEMÉRIDES
- Día 1: Marte e a Lúa moi próximos.
- Día 4: Día do Espazo. Sturno e a Lúa moi próximos.
- Día 11: En 1916 publícase a Teoría Xeral Da Relatividade de Albert Einstein.
- Día 15: En 1618 o astrónomo Johannes Kepler formula a terceira e última Lei que leva o seu nome, referida ao movemento dos planetas.
- Día 20: Pouco antes do mencer, conxunción de a Lua Xupiter e Mercurio, dificil de observar pola proximidade ao Sol. Eclipse anular de Sol non visible en Galicia.
- Día 22: A Lua Cincenta e Venus moi próximos.
- Día 29: Marte e a Lúa moi próximos.
|
NOTA:
SATURNO: Durante este mes, poderemos ver sen dificultades ao planeta Saturno que se atopa na constelación de Virgo. Para localizalo uniremos as estrelas Spica e Heze da constelación de Virgo, e aproximadamente no medio delas atoparémolo, como se aprecia no debuxo.
Ten unha magnitude de 1,2 pouco menos que Spica que ten 1, polo que é facilmente identificable. Se o vemos por un telescopio pequeno, veremos perfectamente os seus aneis e á súa lúa Titan. Un bo mes para gozar deste enigmático planeta.
. |
 |
EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS ABRIL 2012 |
AS CONSTELACIONS E AS ESTRELAS
Referíndonos ao día 15 de abril ás 24:00 horas:
- Cara ao norte a Osa Maior na súa máxima altura, coa estrela Ta Tsun no zenit, subindo Cefeo, Draco e Canis Venatici, baixando Lince Camelopardalis e Casiopea, no horizonte Lacerta.
- Cara ao sur, Leo preside o ceo da primavera, este ano acompáñao o planeta Marte, moi preto da estrela Regulus, debaixo Leo, Sextante, Crater, a gran constelación de Hidra e cerca do horizonte Antlia.
- Cara ao leste moi alta Bootes e a Coroa Boreal, Hércules a media altura e sobre o Horizonte Ofiuco xunto a Serpens Cauda e Serpens Caput, asomando para presidir o ceo do verán, Lira e Cisne.
- Cara ao Oeste e aínda alta Cáncer, e baixando Xéminis, Canis Minor e Auriga; case toda baixo o horizonte, Orión, que xa nos deixa ata o inverno.
|
PLANETAS
-
Marte en Leo, magnitude 0,2.
- Saturno en Virgo, magnitude 1,1.
- Xúpiter en Aries, magnitude –1,6.
- Venus en Tauro magnitude –4,4.
- Mercurio en Piscis, magnitude 0,2.
- Urano en Piscis, magnitude 6,1.
|
CHOIVAS DE ESTRELAS
-
O día 16 comenzan as Lyridas ata o día 25, cun máximo de 18 por hora o día 22.
- O día 15 comenzan as Phi Pupidas ata o día 28, cun máximo variable o día 23.
- O día 10 comenzan as Eta acuaridas
|
A LÚA
-
Lúa chea o día 6 ás 19:18.
- Cuarto minguante o día 13 a 10:49.
- Lúa nova o día 21 ás 07:18.
- Cuarto crecente o día 29 ás 09:57.
|
COMETAS
|
OUTRAS EFEMÉRIDES
- Día 4: Marte e a Lúa moi próximos.
- Día 7: A Lúa e Saturno moi próximos.
- Día 12: Aniversario da saída do primeiro ser humano ao espazo, o ruso Yuri Gagarin (1961). Marte e a Lúa moi próximos.
- Día 19: A Lúa e Mercurio moi próximos.
- Día 22: A Lúa e Xúpiter moi próximos
- Día 25: Aniversario do lanzamento do telescopio espacial Hubble (1990). A Lúa e Venus moi próximos.
|
NOTA:
Durante o mes de abril, e xa desde o ocaso do Sol, poderemos ver ao planeta Marte na constelación de Leo. Atópase moi preto da estrela Regulus, a máis brillante da constelación.
Marte é moi doado de distinguir, xa que ten unha intensa cor alaranxada, case vermello, e Regulus é branca azulada. Marte lucirá cunha magnitude de 0,2, máis brillante que Regulus que ten 1,35. Unha boa oportunidade para atopar ao planeta con facilidade e poder observalo, con prismáticos ou cun telescopio pequeno. |
 |
EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS MARZO 2012
AS CONSTELACIONS E AS ESTRELAS
Referíndonos ao día 15 de marzo ás 24:00 horas:
- Cara ó norte, a Osa Maior atopase na súa máxima altura, as estrelas Tania Auatralis e Tania Borealis, atopasen casi no zénit, Casiopea e Cefeo sobre o horizonte, Draco que se atopa a metade da súa máxima altura ocupa boa parte do céo do nordeste.
- Cara ao sur a constelación de Leo, co planeta Marte dentro dela, preside o céo da primavera, pero baixo dela a xigante constelación da Hidra enche boa parte do céo do sur, destacando a súa estrela Alphard, case no horizonte a Máquina Neumática, subindo Virgo, e baixando Cáncer.
- Cara ao leste Hércules e Bootes dirixense a ocupar a súa posición primordial no mes de maio.
- Cara ao oeste Orión, Tauro e Xéminis, xa a punto de perder a súa posición primordial do inverno.
PLANETAS
- Marte en Leo e magnitude -0,7.
- Saturno en Virgo e magnitude -1,1.
- Xupiter en Aries e magnitude -1,7.
- Venus en Aries e magnitude -4,2.
- Mercurio en Piscis e magnitude -2.
- Urano en Piscis e magnitude 6,1.
CHOIVAS DE ESTRELAS
- Continúan connosco as Gamma Normidas ata o día 22 cún máximo de 2 por hora o día 13.
- O día 23 comenzan as Zeta Serpentids ata o día 27, cún máximo de 2 por hora o día 24.
- O día 27 comenzan as Zeta Cygnids.
A LÚA
- Cuarto Crecente o día 1 ás 01:21.
- Lúa Chea o día 8 ás 09:39.
- Cuarto Minguante o día 15 ás 01:25.
- Lúa Nova o día 22 ás 19:40.
COMETAS
OUTRAS EFEMÉRIDES
- Día 4: Aniversario do descubrimento do planeta Urano polo astrónomo inglés William Herschel (1781).
- Día 11: Saturno e a Lúa moi próximos.
- Día 15: Venus e Xúpiter moi próximos.
- Día 20: Ás 05:14 horas, a Terra no equinoccio: inicia a primavera no hemisferio norte e o outono no hemisferio sur.
- Día 22: Mercurio e a Lúa moi próximos.
- Día 26: Magnifia conxunción de Venus, Xupiter e e Lúa.
- Día 31: Venus e a Lúa moi próximos.
NOTA:
O día 26 de marzo, teremos ocasión de ver un fermoso espectáculo, dos que o ceo nos ofrece moi a miúdo. Trátase do aliñamento das Pleiades, Venus, A Lúa Cincenta e Xúpiter. O fenómeno comezará pouco despois da posta do Sol, ata as 23:15, en que se porá Xúpiter, e ás 01:30 do 27 en que se porán As Pleiades. Unha boa oportunidade para poder observar outra das marabillas que o ceo nocturno nos ofrece.
|
 |
EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS FEBREIRO 2012
AS CONSTELACIONS E AS ESTRELAS
Referíndonos ao día 15 de febreiro ás 24:00 horas:
- Cara ao norte a Osa Maior diríxese á súa posición máis alta, oposta a ela Casiopea, que se atopa a media altura, no medio a estrela Polar, a punta da cola da Osa Menor.
- Cara ao sur, Leo coas súas estrelas Regulus e Denebola, Cancer co cúmulo aberto do Pesebre e Geminis con Castor e Pollux, van tomando a substitución de Orión xa moi baixa, e álzanse altas no ceo, e debaixo delas atoparemos a Canis Minor coa súa estrela Procyón e Canis Maior coa súa estrela Sirius.
- Polo nordés comeza a saír Bootes, coa segunda estrela máis brillante do ceo do norte, Arcturus.
PLANETAS
- MERCURIO: non é un bo mes para observalo, atópase en Capricornio con magnitude -0,8.
- VENUS: Bo mes para observalo, atópase en Pisces con magnitude -4,1.
- MARTE: Perfectamente visible na constelación de Leo e con magnitude -0,6.
- JÚPITER: Aínda é un bo mes para o seu obserbación, atópase en Aries con magnitude -1,9.
- SATURNO: Visible logo de medianoite na constelación de Virgo con magnitude 1,2.
- URANO: Visible con prismáticos e fácil de localizar, xa que se atopa moi próximo a Venus, na constelación de Pisces e con magnitude 6,1.
CHOIVAS DE ESTRELAS
- Continuan connosco as Alfa Centauridas cun máximo de 6 por hora o día 8.
- O día 4 comenzan as Pi Hydridas ata o día 8, cun máximo de 2 por hora o día 8.
- O día 10 comenzan as Beta Hercúlidas ata o día 14, cun máximo de 2 por hora o día 13.
- O día 25 comenzan as Gamma Normidas.
A LÚA
- Lúa Chea o día 7 ás 21:53 (horas UTC).
- Cuarto Minguante o día 14 ás 17:03.
- Lúa Nova o día 21 a 22:34.
COMETAS
-
Tan só C/2009 P1 (Garradd) en Hércules con magnitude 6, é visible cun telescopio pequeno, os demáis teñen magnitudes superiores a 10, que os fan difícilmente observables.
OUTRAS EFEMÉRIDES
- Día 10: Venus e Urano moi próximos.
- Día 12: A Lúa e Saturno moi próximos.
- Día 23: Aniversario (1987) da aparición da Supernova 1987A na Gran Nube de Magallanes.
- Día 25: Venus e Mercurio moi próximos.
NOTA:
MERCURIO é o planeta máis interior e vese poucas veces, debido a que a súa órbita manteno sempre bastante cerca do Sol, e só se fai visible pouco antes do orto e pouco despois do solpor. Os mellores momentos para a súa observación prodúcense nos solpores de Marzo e Abril, e nos amenceres de Setembro e Outubro. Mercurio vémolo bastante baixo, próximo ao horizonte. Presenta o aspecto dunha estrela de cor branca moi luminosa que chega a alcanzar unha magnitude de -1,3, o que nos permite observalo con relativa facilidade, pero uns prismáticos axudarannos a localizalo.
Ten fases como as da Lúa, aínda que é difícil distinguilas, dado que o disco nunca alcanza grandes dimensións polas súas proximidades ao horizonte, impedindo que as imaxes sexan estables, no entanto con boas condicións de visibilidade, pódense ver cun telescopio mediano. Na imaxe podemos ver a Mercurio xunto a Lúa Cincenta.
|
 |
EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS XANEIRO 2012
AS CONSTELACIONS E AS ESTRELAS
Referíndonos ao día 15 de xaneiro ás 24:00 horas:
- Cara ao norte continua subindo a Osa Maior que ocupa todo o céo do norte, Casiopea baixando e a media altura, a Osa Menor moi baixa coas estrelas Guardas preto do Horizonte, Auriga coa súa estrela Capella continua no zénit e o seu carón Perseo.
- Cara ao sur presiden o céo as constelacións de Orión, Tauro e Xeminis, baixo delas Pomba, Lebre e o Can Maior, no horizonte Pupia e Circinus.
- Cara ao oeste, a media altura Triángulo e Aries, sobre o horizonte Pegaso, Andrómeda, Piscis e Cetus.
- Cara ao leste asomando polo horizonte a Cabeleira de Berenice, a media altura Leo e Cáncer onde atopase o cúmulo aberto do Pesebre tamén chamado a Colmea ou M44 visible e simple vista.
PLANETAS
- Saturno con magnitude 1,3 na constelación de Virgo.
- Xupiter en Aries con magnitude –2,1.
- Marte en Virgo con magnitude 0.
- Venus con magnitude –3,9 en Acuario.
- Mercurio con magnitude –0,2 en Saxitario.
- Urano con magnitude 6,1 en Piscis.
CHOIVAS DE ESTRELAS
- Continúan con nos as Cuadrántidas ata o día 12, cún máximo de 120 por hora o día 4.
- O día 28 comenzan as Alfa Centauridas.
A LÚA
- Cuarto Crecente o día 1 ás 06:14 h.
- Lúa Chea o día 9 ás 07:30 h.
- Cuarto Minguante o día 16 ás 09:08 h.
- Lúa Nova o día 23 ás 07:39 h.
- Cuarto Crecente o día 31 ás 04:09 h.
COMETAS
OUTRAS EFEMÉRIDES
- Día 03: Xúpiter e a Lúa moi próximos.
- Ene 04: Máximo da choiva de estrelas Ciuadrántidas.
- Día 08: Morre en Florencia, Italia, Galileo Galilei en arresto domiciliario. O día 31 de octubro do 1992 a Santa Sede recoñeceu o seu erro ao condenar (1642).
- Día 14: Marte e a Lúa moi próximos.
- Día 16: Saturno e a Lúa moi próximos.
- Día 26: Boa conxunción de Venus e a Lúa Cincenta.
- Día 30: Xúpiter e a Lúa moi próximos.
NOTA:
O fenómeno astronómico máis importante do ano (idependentemente da apocalipse previsto no calendario Maya para o 22 de decembro de 2012) será o tránsito do planeta Venus por diante do disco solar o 6 de xuño. Visible en Estados Unidos, Canadá, Mexico, Centroamérica, Colombia, Venezuela, Ecuador e Perú, así como o comezo do fenómeno na parte nororiental de España. Non destaca por ser un evento moi espectacular, pero si pola súa escasa frecuencia, pois será o último tránsito que terá lugar en todo o que queda do século XXI. O anterior foi en 2004 e o próximo non ocorrerá ata o 11 de decembro de 2117. Na foto vemos o tránsito do ano 2004 feito có telescopio solar da SGHN na praza de Amboage.
|
 |
|
 |
|