logo

Logo_astronomia

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

astronomia@sghn.org

line decor
INICIO  
line decor
 
 
 
 


 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS DECEMBRO 2011

AS CONSTELACIONS E AS ESTRELAS

Referíndonos ao día 15 de decembro ás 24:00 horas:

  • Cara ao norte: Subindo a Osa Maior e moi alta o Lince, Camelopàrdalis e Perseo na sua máxima altura, baixando Casiopea, e xa moi baixa Cefeo, no horizonte Draco.
  • Cara ao sur Tauro que preside o ceo do Nadal, baixo dela Eridano que se perde baixo o horizonte, e Fornax,  altas Orión e Lepus, a media altura Canis Maior, no horizonte Columba e Caelum, baixando Cetus.
  • Cara ao leste Moi alta Xeminis, a media altura Monoceros, Canis Minor e Cancer, asomando polo horizonte Leo, Sextante e Hidra.
  • Cara ao oeste baixando Aries e Triangulo, a media altura Piscis, Andromeda e Pegaso, no horizonte Cisne e Acuario.

PLANETAS

  • Saturno en Virgo con magnitude 1,4.
  • Marte en Leo e magnitude 0,7.
  • Venus en Saxitario con magnitude –3,8.
  • Xupiter en Piscis magnitude -2,3.
  • Mercurio en Escorpio e magnitude -0,2.
  • Urano en Piscis con magnitude 6.

CHOIVAS DE ESTRELAS

  • Continuan con nos ás Phoenicidas de Nadal ata o día 9, cún máximo de variable o día 6. Tamén as Monocerótidas ata o día 17, cun máximo de 2 por hora o día 8.
  • Comenzan o día 1 as Pupidas Velidas ata o día 15, cún máximo de 10 por hora o día 6.
  • O día 7 comenzan as Xeminidas ata o día 17, cún máximo de 120 por hora o día 13.
  • O día 17 comenzan as Ursidas ata o día 26, cun máximo de 10 por hora o día 23.
  • O día 12 comenzan as Coma Berenicidas ata o 23, cún máximo de 3 por hora o día 15.
  • O día 5 comenzan as Leonidas Minoridas de Nadal, ata o més de febreiro, cún máximo de 5 por hora o día 19.
  • O día 3 comenzan as Sigma Hydridas ata o día 15, cun máximo de 3 por hora o día 11.

A LÚA

  • Cuarto crecente o día 2 ás 09:52.
  • Lúa Chea o día 10 as 14:36.
  • Cuarto Minguante o día 18 ás 00:48.
  • Lúa Nova o día 24 ás 18:06. Crecente

COMETAS

  • O C/2009 P1 (Garradd)será visible con magnitude 6 na constelación de Hercules.
  • O P/2006 T1 (Levy) 2012 en Pegaso con magnitude 9.
  • Os demais teñen magnitudes superiores a 10 polo que son dificilmente observables.

ECLIPSE

  • O día 10 eclipse total de Lúa, visible en fase penumbral final, dificil de ver polas condicións de pouca altura da Lúa.

OUTRAS EFEMÉRIDES

  • Día 6: A Lua e Xúpiter moi próximos.
  • Día 10: Eclipse total de Lúa, casi non visible.
  • Día 14: Máximo da choiva de estrelas Xéminidas, pode ser un bo espectáculo xa que se espera unhas 120 por hora.
  • Día 17: A Lúa e Marte moi próximos.
  • Día 20: Saturno e a Lúa moi próximos. En 1996 morreu o gran astrofisico Carl Sagan.
  • Día 22: As 05:58 TU Comenza o inverno.
  • Día 27: A Lúa e Venus moi próximos.

NOTA:


PICTOR (Caballete do pintor). É unha das constelacións creadas polo abade Nicolás Lacaille en 1752, que en principio a chamou Equuleus Pictoris. Non ten mitoloxía asociada. Difícil de observar pola escasa magnitude das súas estrelas. As máis importantes son: ALFA PICTORIS, de cor branca e magnitude 3,4 e BETA PICTORIS de cor branca e magnitude 3,9.

 

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS NOVEMBRO 2011

AS CONSTELACIONS E AS ESTRELAS

Referíndonos ao día 15 de novembro ás 24:00 horas:

  • Cara ao norte: altas Camelopardalis, Perseo e Casiopea, baixando Cefeo, no horizonte Draco, comenza a subir a Osa Maior, e sobre ela o Lince.
  • Cara o sur: atopámonos no mes de Aries, sobre ela o Tiángulo, debaixo Cetus e no Horizonte Formax e Escultor, baixando Piscis e Acuario, que xa se atopa moi baixa, subindo Eridanus.
  • Cara o leste: saindo polo horizonte Monoceros, Canis Maior, Cancer e Canis Minor, a media altura Xéminis e Orión, xa moi alta Tauro.
  • Cara ó oeste e baixando Pegaso, moi baixo o Triángulo do Veran con parte da constelación da Águia baixo o horizonte, o Golfiño e Equelus sobre o horizonte.

PLANETAS

  • Saturno en Virgo, con magnitude 1,5.
  • Mercurio en Ophiuco, con magnitude -0,5.
  • Xúpiter en Aries, con magnitude -2,5.
  • Marte en Leo, con magnitude 1,1.
  • Venus en Ophiuco, magnitude -3,7.
  • Urano en Piscis, con magnitude 6..

CHOIVAS DE ESTRELAS

  • Continúan con nos as Táuridas do Norte ata o día 30 cún máximo de 5 por hora o día 12.
  • O día 6 comezan as Leónidas ata o día 28, cún máximo de 30 por hora o día 18.
  • As Alfa Monocerótidas comezan o día 15 ata o 25 cún máximo variable o día 22.
  • O día 27 comezan as Monocerótidas.
  • O día 28 comezan as Phoenícidas de decembro.

A LÚA

  • Cuarto Crecente o día 2 ás 16:38.
  • Lúa Chéa o día 10 ás 20:16.
  • Cuarto Minguante o día 18 ás 15:09.
  • Lúa Nova o día25 ás 06:10.

COMETAS

  • Tan só o C/2009 P1 (Garradd) na constelación de Hércules e con magnitude 6, pode ser visible cún telescopio pequeno. Os demais teñen magnitudes superiores a 10 que os fan difícilmente observables.

ECLIPSE

  • O día 25, eclipse parcial de Sol, tan só visible na Antártida e no Índico sur.

OUTRAS EFEMÉRIDES

  • Día 3: Aniversario do lanzamento do Sputnik 2 coa cadeliña Laika (1957).
  • Día 9: Nacemento do grán astrofísico Carl Sagan (1934).  Xúpiter e a Lúa moi próximos.
  • Día 11: Aínda que dificil de ver, no solpor fermoso espectáculo, Venus, Mercurio e a estrela Antares moi próximos.
  • Día 12: Aniversario da gran tormenta meteórica das Leónidas (1833) máis de 100.000 por hora.
  • Día 19: Marte e a Lúa moi próximos.
  • Día 22: Saturno e a Lúa moi próximos.
  • Día 25: Eclipse parcial de Sol, visible na Antártida.Día 27: Venus, Mercurio e a Lúa moi próximos.

NOTA:

RETICULUM (A Retícula). Trátase dunha débil constelación atribuída a Nicolas Louis de Lacaille (outros a atribúen a Isaak Habrecht de Estrasburgo), e que aparece por primeira vez, publicada en 1763 co nome de Reticulum Romboidalis, baseado na retícula ou cuadrícula que se coloca no auricular dos telescopios, para facilitar as medicións dos corpos celestes observados.

As súas estrelas mais importantes son:

  • ALFA RETICULI de cor amarela e magnitude 3,3.
  • BETA RETICULI de cor vermella e magnitude 3,8.

 

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS OUTUBRO 2011

AS CONSTELACIONS E AS ESTRELAS

Referíndonos ao día 15 de outubro ás 24:00 horas:

  • Cara ao norte: Casiopea e Cefeo na súa máxima altura, baixando e ocupando todo o céo do noroeste Draco, a Osa Maior atópase no meridiano inferior e sobre o horizonte, subindo Lince, Camelopardalis e moi alta Perseo.
  • Cara ao sur, Pegaso preside o céo de outubro, baixo dela Piscis, Acuario, próximas ao horizonte Piscis Austrinus e Escultor, e asomando polo horizonte algunas estrelas de Grulla.
  • Cara ao leste Orión empeza a somar polo horizonte, a media altura Tauro, Auriga e Cetus, moi alta Aries, Triángulo e Andrómeda.
  • Cara ao oeste, baixando Cisne, a media altura Vulpecula, Saxita e Lira, moi baixas Hercules e a Aguia, no horizonte Ofiuco.

PLANETAS

  • Xupiter en Aries, magnitude -2,47.
  • Marte en Cancer, magnitude 1,35.
  • Saturno en Virgo, magnitude 1,5.
  • Mercurio en Virgo, magnitude -0,16.
  • Venus en Libra, magnitude -3,6.
  • Urano en Piscis, magnitude 5,9.

CHOIVAS DE ESTRELAS

  • Continúan con nós as Tauridas do Sur, cún máximo de 5 por hora o día 10.
  • O día 2 comenzan as Oriónidas, cún máximo de 25 por hora o día 21.
  • O día 6 comenzan as Draconidas ata o día 10, cún máximo variabel o día 8.
  • O día 10 comenzan as Delta Auríxidas, ata o día 18, cún máximo de 2 por hora o día 12.
  • O día 14 comenzan as Epsilón Xeminidas ata o día 27, cún máximo de 3 por hora o día 18.
  • O día 19 comenzan as Loeo Minóridas ata o día 27, cún máximo de 2 por hora o día 24.
  • O día 19 as Tauridas Norte. 

A LÚA

  • Cuarto Crecente o día 4 ás 03:15.
  • Lúa Chea o día 12 ás 02:06.
  • Cuarto minguante o día 20 ás 03:30.
  • Lúa Nova o día 26 as 19:56. (As horas son en TU)

COMETAS

  • Tan só o C/2009 P1 (Garradd) con magnitude 6 e Hercules e 45P/Honda-Mrkos-Pajdusakova (2011) con magnitude 7 en Leo, son visibles cún telescopio pequeno. Os demáis teñen magnitudes superiores a 10, o que os fán dificilmente observables.

OUTRAS EFEMÉRIDES

  • Día 3: En 1582 o Papa Gregorio XIII axusta o calendario Xuliano, denominándose desde entón Gregoriano. Suprime do 4 ao 15.
  • Día 7: Saturno e Mercurio moi próximos.
  • Día 13: A Lúa e Xupiter moi próximos.
  • Día 21: Marte e a Lúa moi próximos.
  • Día 26: Saturno e a Lúa moi próximos.
  • Día 28: Fantástica conxunción da Lúa, Venus e Mercurio.
  • Día 31: Aniversario da absolución do Vaticano, ao astrónomo Galileo Galilei polo cargo de herexía (1992).

NOTA:

A Constelación de ARA (O Altar) é unha das constelacións descritas por Ptolomeo no século II, en mitoloxía representa ao altar creado polos deuses no monte Olimpo, para celebrar a destrución dos Titáns.

As súas estrelas máis importantes son:

  • KARNOT MIZBEACH de cor vermella e magnitude 2,85.
  • CHOO de cor azul e magnitude 2,9.

 

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS SETEMBRO 2011

AS CONSTELACIONS E AS ESTRELAS

Referíndonos ao día 15 de setembro ás 24:00 horas:

  • Cara ao norte: Cefeo preside o ceo de setembro, subindo Auriga, Camelopardalis e Perseo, moi alta Casiopea, baixando Draco e a Osa Maior que se atopa próxima ao horizonte, no horizonte Lince.
  • Cara ao sur: presiden o ceo a Acuario e Capricornio, sobre elas algunhas estrelas de Pegaso, e por baixo Piscis Austrinus, no horizonte Escultor e Microscopio, baixando Golfiño, Ecuelus, o Triángulo e Ofiuco, subindo Cetus, moi baixas Saxitario e a Coroa Austral.
  • Cara ao leste: saindo as primeiras estrelas de Orión, a media altura Taurus coas Pleiades altas Piscis e Aries, e xa moi alta Pegaso que vai presidir o céo do outono.
  • Cara ao oeste: a media altura Hércules, mpoi baixas Ofiuco, Serpens e a Coroa Boreal, no horizonte Bootes.

PLANETAS

  • Mercurio en Leo, magnitude –1,2.
  • Xúpiter en Aries, magnitude –2,6.
  • Saturno en Virgo, magnitude 1,3.
  • Venus en Virgo, magnitude -3,8.
  • Marte en Cancer, magnitude 1,4.
  • Urano en Piscis, magnitude 5,7.

CHOIVAS DE ESTRELAS

  • Continúan con nós as Auríxidas ata o día 4, cun máximo de 7 por hora o día 1. 
  • O día 5 comezan as Perseidas de Setembro ata o día 13, cun máximo de 5 por hora o día 10.
  • O día 3 comezan as Nu Eridánidas ata o día 24, cun máximo de 2 por hora o día 7.
  • O día 4 comezan as Casiopeidas de setembro ata o día 13, cun máximo de 2 por hora o día 12.
  • O día 29 comezan as Nlincidas de setembro, cun máximo de 2 por hora o día 29.
  • O día 7 comenzan as Táuridas do Sur.

A LÚA

  • Cuarto Crecente o día 4 ás 17:39.
  • Lúa Chea o día 12 ás 09:27.
  • Cuarto Minguante o día 20 ás 13:38.
  • Lúa Nova o día 27 ás 11:09.  (As horas son en UT, aplicar o adianto vixente).

COMETAS

  • Tan só o C/2009 P1 ( Garradd) en PHercules, con magnitude 6 é visible cún telescópio pequeno. Os demais cometas teñen magnitudes superiores a 9, polo que a súa observación é moi complicada.

OUTRAS EFEMÉRIDES

  • Día 1: Saturno e a Lúa moi próximos.
  • Día 11: En 1822 o Santo Oficio autoriza a ensinar a teoría de Copérnico de que a Terra xira arredor do Sol.
  • Día 16: Xúpiter e a Lúa moi próximos.
  • Día 20: Venus e a estrela Regulus moi próximos.
  • Día 23: Ás 09:05 horas TU, a Terra no equinoccio: inicia o outono no hemisferio norte e a primavera no hemisferio sur. Marte e a Lúa moi próximos.
  • Día 30: Fermosisimo espectáculo, Venus e Saturno moi próximos a pouco mais de 1º.

NOTA:

MENSA (Meseta ou Mesa). É unha das constelacións descritas por Nicolas La Caille, que lle puxo o nome de Mons Mensae (A Meseta), en honra á meseta que se atopa en Cidade do Cabo, na que fixo as observacións para as súas constelación do hemisferio Sur. Tratase da constelación que tén as estrelas menos brillantes.

A súa estrela principal é ALFA MENSAE, de cor amarelo e magnitudes 5,1.

 

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS AGOSTO 2011

AS CONSTELACIONS E AS ESTRELAS

Referíndonos ao día 15 de agosto ás 24:00 horas:

  • Cara ao norte: subindo Perseo, Camelopardalis, Casiopea e Cefeo, na súa máxima altura Draco, baixando a Osa Maior e os Cáns de Caza, no horizonte Lince e Auriga.
  • Cara ao sur: é o més do Triángulo de Verán que enche o céo do sur, debaixo o Escudo, Saxitario e a Coroa Austral, asomando polo horizonte Microscopio, subindo Capricornio, baixando Ofiuco e Libra, moi baixa Escorpio que se atopa sobre o horizonte.
  • Cara ao leste: saindo, Aries, Triangulo e Pisces, a media altura Pegaso e Acuario, altas Equelus e Lacerta.
  • Cara ao oeste: baixando Hércules, Coroa Boreal e Bootes, baixa a Cabeleira de Berenice e Libra, no horizonte Virgo.

PLANETAS

  • Marte en Xéminis, magnitude 1,6. 
  • Xúpiter en Aries, magnitude –2,1. 
  • Venus en Leo, magnitude -3.6.
  • Saturno en Virgo, magnitude 1,4.
  • Mercurio en Leo, magnitude 5.
  • Urano en Piscis magnitude 5,9.

CHOIVAS DE ESTRELAS

  • Continúan con nós as Delta acuáridas do Sur ata o día 23.
  • As Alfa Capricornidas ata o día 10.
  • As Perseidas ata o día 26, cun máximo de 100 por hora na noite do 12 ao 13.
  • O día 2 comenzan as Piscidas de agosto ata o día 9, cun máximo de 2 por hora o día 4.
  • O día 4 comenzan as Beta Perseidas, ata o día 15, cun máximo de 2 por hora o día 7.
  • O día 4 comenzan as Eta Erídanas, ata o día 18, cun máximo de 2 por hora o día 9.
  • O día 6 comenzan as Kappa Cygnidas ata o día 16, cun máximo de 2 por hora o 14.
  • O día 11 comenzan as Dracónidas de agosto, ata o día 29, cun máximo de 2 por hora o día 21.
  • O día 29 comezan as Aurígidas.

A LÚA

  • Cuarto Crecente o día 6 ás 11:08.
  • Lúa Chea o día 13 ás 18:57.
  • Cuarto Minguante o día 21 ás 21:54.
  • Lúa Nova o día 29 ás 03:04.

COMETAS

  • Tan só o C/2009 P1 (Garrad) con magnitude 7 transitando entre as constelacións de Equelus e Saxita, pode ser visible cun telescopio pequeno. Os demais teñen magnitudes superiores a 10, polo que a súa observación é moi complicada.

OUTRAS EFEMÉRIDES

  • Día 1: Mercurio e a Lúa moi próximos.
  • Día 4: Saturno e a Lúa moi próximos.
  • Día 12: Na noite do 12 ao 13, choiva de estrelas Perseidas (tamén coñecidas como As Bagoas de San Lourenzo) se espera un máximo de 100 por hora.
  • Día15: Mercurio e Venus moi próximos, moi dificil de observar, pola súa proximidade ao Sol.
  • Día 20: Xupiter e a Lúa moi próximos.
  • Día 25: Marte e a Lúa moi próximos..

NOTA:

VOLANS (Voador). Trátase dunha constelación do sur e foi nomeada polo astronomo alemán Johan Bayer en 1603 no libro Uranometria, pero é atribuida aos astrónomos Pieter Dirkszoon Keyser y Frederick de Houtman a finais do sáculo XVI, que se sorprenderon moito cando viron por primeira vez un peixe con ás que podía voar sobre a superficie do mar, distancias de máis de 100 metros, e puxéronlle en principio o nome de Pisces Volans, o Peixe Voador.

As súas estrelas máis importantes son:

  • GAMMA VOLANTIS de cor amarela e magnitude 3,8.
  • BETA VOLANTIS de cor vermella e magnitude 3,8.

 

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS XULLO 2011

AS CONSTELACIONS E AS ESTRELAS

Referíndonos ao día 15 de xullo ás 24:00 horas:

  • Cara ao norte: alta no céo Draco, subindo Casiopea e Ceféo, baixando a Osa maior, que ocupa casi todo o céo do norte, no horizonte Lince, Camelopardalis e Perseo.
  • Cara ao sur: a mais alta Hercules, baixo dela Ofiuco con Serpens Cauda e Serpens Caput e sobre o horizonte Escorpio baixando a Coroa Boreal e Libra, subindo Saxitario, o Escudo e a Aguia, no Horizonre a Coroa Austral, o Lobo e algunhas estrelas de Norma.
  • Cara ao leste saíndo polo horizonte Capricornio, Acuario, Pegaso e Andromeda, a media Lacerta, Ecuelus, Cisne, Golfiño, a Frecha e a Raposa, moi alta a Lira.
  • Cara ao oeste baixando a Coroa Boreal e Bootes, xa baixas a Cabeleira de Berenice e os Cans de Caza, casi no horizonte Leo Minor, e algunas estrelas de Leo.

PLANETAS

  • Xúpiter en Aries con magnitude –1,9.
  • Marte en Tauro con magnitude 1,6.
  • Saturno en Virgo con magnitude 1,3.
  • Venus en Xéminis con magnitude –3,6.
  • Mercurio en Leo con magnitude 0.
  • Urano entre Piscis con magnitude 6.

CHOIVAS DE ESTRELAS

  • Continúan con nós as Boótidas de xuño até o día 7.
  • O día 11 comezan as Alfa Capricórnidas cun máximo de 3 por hora o día 11.
  • O día 21 comezan as Delta Acuaridas cun máximo de 20 por hora o día 30.
  • O día 7 comezan as Pegásidas de xuño cun máximo de 2 por hora o día 10.
  • O día 13 comezan as Perseidas, que terán o seu máximo no mes de agosto, tamén durante este més teremos outras choivas de estrelas de baixa intensidade, menor de 2 por hora, como as c-Andromédidas, Mu Líridas, Alfa Triangúlidas, Zeta Dracónidas e  Gamma Dracónidas.

A LÚA

  • Lúa Nova: o día 1 ás 08:54.
  • Cuarto Crecente: o día 8 ás 06:29.
  • Lúa Chea: o día 15 ás 06:39.
  • Cuarto Minguante: o día 23 ás 05:02..

COMETAS

  • Tan só o C/2009 P1 (Garradd) con magnitude 7 poderá ser visto na constelación de Acuario. Os demais teñen magnitudes que os fan dificilmente observables.  

ECLIPSES

  • O día 1 teremos unha eclipse parcial de Sol visible na Antártida.

OUTRAS EFEMÉRIDES

  • Día 3: A Lúa e Mercurio moi próximos.
  • Día 8: A Lúa e Saturno moi próximos.
  • Día 20: Aniversario da chegada de Neil Armstrong á Lúa (1969).
  • Día 23: A Lúa e Xúpiter moi próximos.
  • Día 27: A Lúa e Marte moi próximos, a menos de 1º.
  • Día 30: A Lúa e Venus moi próximos.

NOTA:

"OCTANS" o Octante, tratase dunha das constelacións descritas por Nicolas Lacaille en 1752, é a constelación na que se atopa o polo sur celeste. Deulle este nome en honra John Hadley, inventor do octante en 1730.

As súas estrelas máis importantes son:

  • POLARIS AUSTRALIS (Estrela Polar Austral), de cor amarelo e magnitude 5,4, o que a fái dificilmente observable, e pouco útil como indicadora do polo sur celeste.
  • NI OCTANTIS, de cor vermello e magnitude 3,7, a mais brillante da constelación.

 

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS XUÑO 2011

AS CONSTELACIONS E AS ESTRELAS

Referíndonos ao día 15 de xuño ás 24:00 horas:

  • Cara ao norte: baixando a Osa Maior, moi baixa o lince a Camelopardalis, no horizonte Perseo, comenzando a subir Casiopea, e alta casi na súa máxima altura Draco.
  • Cara ao sur: preside o ceo de xuño Bootes, baixo dela Libra e no horizonte Lupus, subindo o Escudo, Ofiuco e a Serpe, asomando polo horizonte Saxitario e Escorpi, baixando Virgo, O Corvo e Crater.
  • Cara ao leste:  asomando polo horizonte Equelus a media altura o Triángulo do Verán que enche o ceo do leste, alta no céo Hercules e a Coroa Boreal.
  • Cara ao oeste: baixando Leo, baixo dela Sextante e no horizonte Cancer e a Hydra.

PLANETAS

  • Venus en Tauro con magnitude -3,6.
  • Saturno en Virgo con magnitude 1,2.
  • Xupiter en Aries con magnitude -1,7.
  • Mercurio en Tauro con magnitude -1,2. 
  • Marte en Tauro con magnitude 1,6. 
  • Urano en Piscis con magnitude 6.

CHOIVAS DE ESTRELAS

  • O día 22 comenzan as Bootidas de xuño, cun máximo variable o día 27.
  • O día 20 comenzan as Delta Piscidas cun máximo de 2 por hora o día 24.
  • O día 27 comenzan as Ophiucidas cun máximo de 2 por hora o día  30.
  • O día 10 comenzan as Draconianas que estarán con nos ata o més de octubro.

A LÚA

  • Lúa Nova o día 1 ás 21:02.
  • Cuarto Crecente o día 9 ás 02:10.
  • Lúa Chea o día 15 ás 20:13.
  • Cuarto Minguante o día 23 ás 11:48.

COMETAS

  • C/2009 P1 (Garradd) poderá ser visto con magnitude 9 na constelación de Acuario. Os demáis teñen magnitudes demasiado altas para poder observalos.

ECLIPSES

  • O día 1 eclipse parcial de Sol, somente visible no Artico.
  • O día 15 eclipse total de Lúa visible desde Galicia. Tan só será visible a última fase.

OUTRAS EFEMÉRIDES

  • Día 10: A Lúa e Saturno moi próximos.
  • Día 15: A Lúa e Venus moi próximos.
  • Día 17: A Lúa e Marte moi próximos.
  • Día 21: Ás 17:16 horas, comenza o verán no hemisferio norte, inverno no sur.
  • Día 26: A Lúa e Xúpiter moi próximos.
  • Día 28: A Lúa e Marte moi próximos.
  • Día 30: A Lúa e Venus moi próximos. Aniversario do fenómeno de Tunguska (1908).

NOTA:

A constelación de TRIANGULUM AUSTRALE (Triángulo Austral) é unha constelación de mediano tamaño do hemisferio sur non visible nas nosas latitudes. Foi representada por primeira vez no atlas celeste de Johann Bayer (Uranometria) en 1603.

As sÚas estrelas mais importantes son: ATRIA  de cor vermello e magnitude 1,9. BETRIA de cor amarelo e magnitude 2,8. GATRIA de cor azul e magnitude 2,9.

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS MAIO 2011

AS CONSTELACIONS E AS ESTRELAS

Referíndonos ao día 15 de maio ás 24:00 horas:

  • Cara ao norte: alta no céo a Osa Maior ainda que ya comenza a baixar, baixando Lince e Camelopardalis que xa está moi baixa, sobre o horizonte Casiopea, e asomando Lacerta e Perseo, subindo Cefeo e Draco, no zenit os Cans de Caza.
  • Cara ao sur Virgo preside o céo de maio, e sobre ela a Cabeleira de Berenices, baixo delas o Corvo, no horizonte algunhas estrelas de Centauro e de Lupus, xa moi altas Bootes e Libra, saindo polo horizonte Escorpio, baixando Crater e Hydra.
  • Cara ao leste saindo polo horizonte as constelacións do Triángulo do verán, Aguia, Saxita, Vulpecula e Cisne, xa altas Ofiuco, Serpens Cauda e Serpens Caput, próxima a súa máxima altura Hercules, e moi alta a Coroa Boreal.
  • Cara ao oeste a baixando Leo, moi baixas Cancer, Xeminis e Canis Minor, poñendose Monocereos.

PLANETAS

  • Venus en Piscis magnitude -3,65.
  • Saturno en Virgo magnitude 1,1.
  • Xupiter en Piscis magnitude -1,6.
  • Marte en Aries magnitude 1,59.
  • Mercurio en Piscis magnitude -0,15.
  • Saturno en Virgo magnitude 1,1.
  • Urano en Piscis magnitude 6,1.

CHOIVAS DE ESTRELAS

  • Continúan con nós as Nu Cygnidas ata o día 7, as Eta Acuáridas ata o día 21 cun máximo de 60 por hora o día 7.
  • Do 6 ao 13 as Eta Lyridas, cún máximo de 3 por hora o día 11.

A LÚA

  • Lúa Nova o día 3 ás 06:51.
  • Cuarto Crecente o día 10 ás 20:33.
  • Lúa Chea o día 17 ás 11:08.
  • Cuarto Minguante o día 24 ás 18:52.

COMETAS

  • Os cometas deste més teñen magnitudes que os fan dificilmente observables.

OUTRAS EFEMÉRIDES

  • Día 1: Magnífica conxunción de a Lúa con Marte Xupiter e Mercurio.
  • Día 6: Día do Espazo.
  • Día 10: Mercurio e Xupiter moi próximos.
  • Día 11: En 1916 publícase a Teoría Xeral Da Relatividade de Albert Einstein. Venus e Xupiter moi próximos.
  • Día 20: Mercurio e Marte moi próximos.
  • Día 22: Venus e Marte moi próximos.
  • Día 29: En 1919 durante unha eclipse total de Sol, Sir Arthur Eddington confirma a curvatura da luz prevista na Teoría Xeral da Relatividade. Xupiter e a Lúa moi próximos.
  • Día 31: Magnífica conxunción de a Lúa con Marte, Venus e Marcurio.

NOTA:

MUSCA (A Mosca). É unha das constelacións creadas por Pieter Keyser y Frederick de Houtman, que nun principio chamaronlle Apis (a Nespra), e Nicolas Lacaille cambioulle o nome no século XVIII polo de Musca Australis, para non confundila con Musca Borealis (xa desaparecida, na constelación de Aries).

As suas estrelas mais importantes son: MYIA (a mosca) de cor azul e magnitude 2,7. DIPTERA (dúas ás) de cor azul e magnitude 3,1.

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS ABRIL 2011

AS CONSTELACIONS E AS ESTRELAS

Referíndonos ao día 15 de abril ás 24:00 horas:

  • Cara ao norte: alta no céo a Osa maior, subindo e a media altura Draco, baixando Lince e Camelopardalis, moi baixas Casiopea e Cefeo, no horizonte Lacerta.
  • Mirando ao sur: Leo preside o ceo da pimavera, baixo dela Sextans, Hidra, Crater, Antlia e Pyxis, no horizonte Vela, subindo Virgo e Corvus, baixando Cancer e Canis Minor.
  • Cara ao leste saindo polo horizonte Ofiuco, subindo Hércules, a Cabeza da Serpe, Libra e a Coroa Boreal, xa moi alta Bootes.
  • Cara ao oeste: baixando Xéminis, Auriga e Canis Minor, no horizonte Orión, Monoceros e Tauro que xa nos deixan ata o outono..

PLANETAS

  • Marte en Piscis e magnitude 1,6.
  • Saturno en Virgo magnitude 1,1.
  • Xúpiter en Piscis magnitude –1,6.
  • Venus en Piscis magnitude –3,7.
  • Mercurio en Piscis magnitude 1,5.
  • Urano en Piscis magnitude 6,1.

CHOIVAS DE ESTRELAS

  • Continuan con nos as Cignidas ata o día 13, con un máximo de 2 por hora o día 6.
  • O día 16 comenzan as Líridas cún máximo de 18 por hora o día 22, rematan o día 25.
  • O día 15 comenzan as Pi Pupidas cún máximo variable o día 24, rematan o día 28.
  • O día 28 comenzan as Eta Acuaridas.

A LÚA

  • Lúa nova o día 3 as 14:32.
  • Cuarto crecente o día 11 as 12:05.
  • Lúa chea o día 18 as 02:44.
  • Cuarto Minguante o día 25 as 02:47.

COMETAS

  • Durante este més, os cometas teñen unhas magnitudes que os fan dificilmente observables.

OUTRAS EFEMÉRIDES

  • Día 2: Marte, Urano e a Lúa moi próximos.
  • Día 4: Xupiter Mercurio e a Lúia moi próximos.
  • Día 10: Mercurio y Jupiter mui próximos.
  • Día 12: En 1961 Yuri Gagarin convértese no primeiro home que sae ao Espazo.
  • Día 17: Saturno e a Lúa moi próximos.
  • Día 19: Mercurio y Marte moi próximos.
  • Día 22: Venus e Urano moi próximos.
  • Día 30: A Lúa e Venus moi próximos.

NOTA:

A constelación de CHAMALEON (O Camaleón). É unha das vinte constelacións creadas polos mariños holandeses Pieter Keyser e Frederick de Houtman e publicadas en 1603 por Bater no libro Uranometria. Non ten mitoloxía, e representa ao camaleón.

A súa estrela principal é ALFA CHAMAELEONTIS de cor branca e magnitude 4,1.

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS MARZO 2011

AS CONSTELACIONS E AS ESTRELAS

Referíndonos ao día 15 de marzo ás 24:00 horas:

  • Cara ao norte moi altas a Osa Maior e Lince, Draco subindo e ocupando todo o céo do leste, baixando Camelopardalis, moi baixas Casiopea e Cefeo, no horizonte Lacerta.
  • Cara o sur Leo casi nas súa máxima altura, sobre ela Leo Minor, e debaixo a gran constelación de a Hidra, casi no horizonte a Máquina Neumática, subindo Virgo, e baixando Cáncer.
  • Cara ao leste asomando polo horizonte Serpens Caput, moi baixa Hercules, a media altura Bootes, Libra e a Coroa Boreal, xa alta a Cabeleira de Berenice.
  • Cara ao oeste baixando Xéminis e Canis Minor, moi baixas Orión e Canis Maior, no horizonte Tauro.

PLANETAS

  • Marte en Piscis e magnitude 1,6.
  • Saturno en Virgo e magnitude -1,0.
  • Xúpiter en Piscis e magnitude -1,5.
  • Venus en Capricornio e magnitude -3,9.
  • Mercurio en Piscis e magnitude -1,1.
  • Urano en Piscis e magnitude 6,1.

CHOIVAS DE ESTRELAS

  • Continúan connosco as Gamma Normidas ata o día 22 cun máximo de 2 por hora o día 14.
  • O día 23 comenzan as Zeta Serpentidas ata o día 27, cún máximo de 2 por hora o día 25.
  • O día 27 comenzan as Zeta Cygnids.

A LÚA

  • Lúa Nova o día 4 ás 21:46.
  • Cuarto Crecente o día 12 ás 23:45.
  • Lúa Chea o día 19 ás 18:01.
  • Cuarto Minguante o día 26 ás 12:07.

COMETAS

  • Os cometas este mes, teñen magnitudes moi grandes que os fan difícilmente observables.

OUTRAS EFEMÉRIDES

  • Día 1: Venus e a Lúa moi próximos.
  • Día 4: Marte e a Lúa moi próximos. Aniversario do descubrimento do planeta Urano polo astrónomo inglés William Herschel (1781).
  • Día 5: Mercurio e a Lúa moi próximos.
  • Día 7: a Lúa e Xúpiter moi próximos.
  • Día 16: Mercurio e Xúpiter en conxunción.
  • Día 20: Ás 23:20 horas, a Terra no equinoccio: inicia a primavera no hemisferio norte e o outono no hemisferio sur. A Lúa e Saturno moi próximos.
  • Día 31: Venus e a Lúa moi próximos.

NOTA:

A constelación da CIRCINUS (O Compás) é unha constelación do hemisferio sur, das máis pequenas, creada polo abade Nicolás de Lacaille durante a súa visita a Cidade do Cabo en 1752. Deulle este nome en honra aos topógrafos xunto coa constelación de Norma polos instrumentos que estos utilizan o seu traballo, o compás e a escuadra.

A súa estrela máis importante é ALFA CIRCINI, de cor branca e magnitude 3,2.

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS FEBREIRO 2011

AS CONSTELACIONS E AS ESTRELAS

Referíndonos ao día 15 de febreiro ás 24:00 horas:

  • Cara ao norte alta no ceo Lince, baixando Camelopardalis, a media altura Casiopea, moi baixa Cefeo, no horizonte Lacerta e algunhas estrelas de Cisne, subindo Draco e xa moi alta a Osa Maior.
  • Cara ao sur presiden o ceo de febreiro Xéminis e Cancer, baixo delas Monoceros, Canis Minor e Canis Maior, no horizonte Pupis, subindo a cabeza da Hydra, baixando Orión.
  • Cara o leste saindo polo horizonte Virgo e a Coroa Boreal, a media altura Bootes e a Cabeleira de Berenice, xa alta Leo.
  • Cara ó oeste baixando Tauro, e Aries xa moi baixo, no horizonte Cetus e Piscis.

PLANETAS

  • Saturno en Virgo magnitude 1,1.
  • Marte en Capricornio magnitude 1,6.
  • Mercurio en Capricornio magnitude -0,3.
  • Urano en Piscis magnitude 6,1.
  • Venus en Saxitario magnitude –4,1.
  • Xupiter en Piscis magnitude –1,7.

CHOIVAS DE ESTRELAS

  • Continuan connosco as Alfa Centauridas cun máximo de 6 por hora o día 8..
  • O día 25 comenzan as Gamma Normidas.

A LÚA

  • Lúa Nova o día 3 as 02:31 (horas UTC).
  • Cuarto Crecente o día 11 ás 07:18 (horas UTC).
  • Lúa Chea o día 18 ás 08:36 (horas UTC).
  • Cuarto Minguante o día 24 ás 23:26 (horas UTC).

COMETAS

  • Os cometas este més, teñen magnitudes moi grandes que os fan difícilmente observables.

OUTRAS EFEMÉRIDES

  • Día 1: A Lúa e Mercurio moi próximos.
  • Día 3: A Lua e Marte moi próximos.
  • Día 7: A Lúa Urano e Xúpiter moi próximos.
  • Día 21: A Lua e Saturno moi próximos.
  • Día 23: Aniversario (1987) da aparición da Supernova 1987A na Gran Nube de Magallanes.

NOTA:

APUS (Ave do Paraiso). É unha das constelacións nomeadas en 1590 polos mariños holandeses Pieter Keyser e Frederick de Houtman, e publicada por primeira vez en Uranometria de Johann Bayer en 1603. Representa ao Ave do Paraiso, descuberta en Papua Nova Guinea nesas datas. En principio recibiu o nome de Avis Indica (o Paxaro indio).

A súa estrela máis importante é ALFA APODIS, de cor vermella e magnitude 3,8.

 

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS XANEIRO 2011

AS CONSTELACIONS E AS ESTRELAS

Referíndonos ao día 15 de xaneiro ás 24:00 horas:

  • Cara ao norte subindo e ocupando casi todo o ceo do leste a Osa Maior, moi alta o Lince, Auriga casi no zenit, baixando Camelopardalis e Perseo, a media altura Casiopea, xa casi chegando ao horizonte Cefeo, Draco na úa posición mais baixa.
  • Cara ao sur, Orión preside o ceo do inverno, baixo dela Lepus e Columba, no Horizonte Circinus, Pupis e Pixix, subindo Canis Maior, Monoceros e Canis Minor, baixando Eridano.
  • Cara ao leste subindo e xa moi alta Xeminis e baixo dela Cancer e Leo, saindo polo horizonte Virgo.
  • Cara ao oeste xa baixas Tauro e Aries, moi baixa Cetus e casi no horizonte Piscis e Pegaso.

PLANETAS

  • Marte en Capricornio magnitude 1,6.
  • Saturno en Virgo magnitude 1,2.
  • Venus en Escorpio magnitude -4,3.
  • Xúpiter en Piscis manitude -1,8.
  • Mercurio en Saxitario magnitude -0,3.
  • Urano en Piscis magnitude 6,1.

CHOIVAS DE ESTRELAS

  • Continuan con nos as Leónidas Minóridas de Nadal durante todo o més.
  • As Cuadrántidas ata o día 12, cún máximo de 120 o día 4.
  • O día 28 comenzan as Alfa Centáuridas.

A LÚA

  • Lúa Nova o día 4 ás 09:02.
  • Cuarto Crecente o día 12 ás 11:31.
  • Lúa Chea o día 19 ás 21:21.
  • Cuarto Minguante o día 26 ás 12:57

COMETAS

  • Só o cometa 103P/Hartley 2 (2010) en Canis Maior con magnitude 9 é visible cún telescopio pequeno. Os demais cometas neste més teñen magnitudes que os fan difícilmente observables.

ECLIPSES

  • Eclipse parcial de sol o día 4, visible dende Galicia, a partir do orto do sol, as 09:06, xa o veremos eclipsado casi no máximo. Finalizará as 10:15.

OUTRAS EFEMÉRIDES

  • Día 2: Xúpiter e Urano moi próximos, Urano visible con prismáticos. A Lúa e Mercurio moi próximos.
  • Día 4: A partír do orto eclipse parcial de Sol. Máximo da choiva de estrelas Cuadrántidas na noite do 3 o 4.
  • Día 5: Marte e a Lúa moi próximos.
  • Día 7: Galileo Galilei descobre os satélites naturais de Xúpiter Io, Europa e Callisto (1609).
  • Día 8: En 1642 morre arrestado no seu domicilio de Florencia, Galileo Galilei. Ata o 31 de outubro de 1992 a Santa Sé non recoñeceu o seu erro ao condenalo en 1633.
  • Día 10: Xúpiter a Lúa e Urano moi próximos.
  • Día 13: En 1609 Galileo descubre o satélite de Xupiter Ganymedes.
  • Día 25: A Lúa e Saturno moi próximos.
  • Día 30: A Lúa e Venus moi próximos.

NOTA:

TUCANA, o tucán, é unha constelación do hemisferio sur, das creadas polos marinos holandeses Pieter Keyser e Frederick de Houtman entre 1595 e 1597, e citada por primeira vez en 1603, no libro Uranometria de Johann Bayer.

A súa estrela máis importante é Alfa Tucanae, de cor vermello e magnitude 2,9.

Tucan