logo

Logo_astronomia

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

astronomia@sghn.org

line decor
INICIO  
line decor
line decor
 
 
 
 


EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS DECEMBRO 2010

AS CONSTELACIONS E AS ESTRELAS

Referíndonos ao día 15 de decembro ás 24:00 horas:

  • Cara ao norte subindo e xá a media altura a Osa Maior, moi alta o Lince, Camelopàrdalis atopase na súa máxima altura, baixando Casiopea, moi baixa Cefeo e no horizonte Draco.
  • Cara ao sur, na sua máxima altura Tauro que preside o ceo do Nadal, baixo dela Eridano que se perde baixo o horizonte, moi altas Orión e Lepus, a media altura Monoceros e saindo Canis Maior, no horizonte Columba e Caelum, baixando Cetus e Fornax.
  • Cara ao este moi alta Xeminis, a media altura Canis Minor e Cancer, saindo polo horizonte Leo, Sextante e Hidra.
  • Cara ao oeste baixando Aries e Triangulo, a media altura Piscis, Andromeda e Pegaso, con a sua estrela Enif xa posta, no horizonte Cisne.

PLANETAS

  • Saturno en Virgo con magnitude 1,3.
  • Marte en Saxitario e magnitude 1,6.
  • Venus en Libra con magnitude -4,5.
  • Xupiter en Piscis magnitude -2,0.
  • Mercurio en Ofiuco e magnitude 5,4.
  • Urano en Piscis con magnitude 6.

CHOIVAS DE ESTRELAS

  • Continuan con nos as Sigma Hydridas ata o día 20, cun máximo de 3 por hora o día 6. Tamén ás Phoenicidas de Nadal ata o día 9, cún máximo de variable o día 6.
  • Comenzan o día 1 as Pupidas Velidas ata o día 15, cún máximo de 10 por hora o día 7.
  • O día 4 comenzan as Xeminidas ata o día 16, cún máximo de 120 por hora o día 13.
  • O día 7 comenzan as Monocerótidas ata o día 19, cun máximo de 2 por hora o día 8.
  • O día 17 comenzan as Ursidas ata o día 23, cun máximo de 10 por hora o día 22.
  • O día 12 comenzan as Coma Berenicidas ata o 22, cún máximo de 5 por hora o día 16.
  • O día 5 comenzan as Leonidas Minoridas de Nadal, ata o més de febreiro, cún máximo de 5 por hora o día 20.

A LÚA

  • Lúa Nova o día 5 ás 17:36.
  • Cuarto Crecente o día 13 ás 13:59.
  • Lúa Chea o día 21 as 08:13.
  • Cuarto Minguante o día 28 ás 04:18

COMETAS

  • 103P/Hartley 2 será visible con magnitude 6 na constelación de Canis Maior.
  • C/2010 V1 (Ikeya- Murakami) entre as constelacións de Virgo e Libra con magnitude 8. Os demais teñen magnitudes superiores a 10 polo que son dificilmente observables.

ECLIPSES

  • O día 21 eclipse total de Lúa, visible o comenzo desde Galicia.

OUTRAS EFEMÉRIDES

  • Día 1: A Lúa e Saturno moi próximos.
  • Día 2: A Lúe e Venus moi próximos.
  • Día 13: A Lúa en conxunción con Xúpiter. Máximo da choiva de estrelas Xéminidas, pode ser un bo espectáculo xa que se espera unhas 120 por hora.
  • Día 14: Mercurio e Marte moi próximos, dada a súa proximidade ao Sol será dificil de observar.
  • Día 20: En 1996 morreu o gran astrofisico Carl Sagan.
  • Día 21: As 23:39 TU Comenza o inverno. Eclipse total de Lúa (visible en América, Europa e África).
  • Día 28: Excelente conxunción da Lúa con Saturno.
  • Día 31: A Lua e Venus moi próximos.

NOTA:

PAVO é unha constelación do hemisferio sur, das creadas polos mariños holandeses Pieter Keyser e Frederick de Houtman a finais do século XVI. En mitoloxía representa ao pavo no que a deusa Hera colocou os 1000 ollos do xigante Argos Panopte.

A súa estrela mais importante é Peacock (Pavo Real), de cor azul e magnitude 1,9.

Pavo

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS NOVEMBRO 2010

AS CONSTELACIONS E AS ESTRELAS

Referíndonos ao día 15 de novembro ás 24:00 horas:

  • Cara ó norte, a Osa Maior comenza a subir, a media altura Lince e casi na máxima altura Camelopardalis, Casiopea atopase na súa máxima altura pero comenzando a baixar, casi no zenit Perseo, ainda alta pero baixando Cefeo e Lacerta, na súa posición mais baixa Draco.
  • Cara o sur, Triángulo e Aries presiden o céo de nobembro, debaixo Cetus, no Horizonte Piscis Austrinus, Formax e Escultor, baixando Piscis, Andromeda e Pegaso, moi baixa Acuario, subindo Eridanus e Lepus.
  • Cara o leste e saindo polo horizonta Monoceros, Canis Maior, Cancer e Canis Minor, a media altura Xéminis e Orión, xa moi altas Tauro e Auriga.
  • Cara ó oeste xa moi baixo o Triangulo do Veran con parte da constelación da Aguia baixo o horizonte, o Golfiño e Equelus moi baixas.

PLANETAS

  • Saturno en Virgo e con magnitude 1,4.
  • Mercurio en Escorpio e con magnitude -0,25.
  • Xupiter en Piscis e con magnitude -2,3.
  • Marte en Escorpio e con magnitude 1,7.
  • Venus en Virgo e magnitude -3,3.
  • Urano en Piscis e con magnitude 6.

CHOIVAS DE ESTRELAS

  • Continuan con nos as Oriónidas ata o día 10.
  • As Tauridas do Norte ata o día 30 cún máximo de 5 por hora o día 13.
  • O día 7 comenzan as Leonidas ata o día 28, cún máximo de 15 por hora o día 18.
  • As Alfa Monocerótidas comenzan o día 15 ata o 25 cún máximo variable o día 21.
  • O día 12 comenzan as Oriónidas de novembro, cun máximo de 3 por hora o día 30.
  • O día 28 comenzan as Phoenícidas de decembro.

A LÚA

  • Lúa Nova o día 6 ás 04:52.
  • Cuarto Crecente o día 13 ás 16:38.
  • Lúa Chéa o día 21 ás 17:27.
  • Cuarto Minguante o día 28 ás 20:36.

COMETAS

  • 103P/Hartley 2 (2010)en Monoceros e con magnitude 5, pode ser visible cún telescopio pequeno. Os demais teñen magnitudes superiores a 10 que os fan difícilmente observables.

OUTRAS EFEMÉRIDES

  • Día 3: Aniversario do lanzamento do Sputnik 2 coa cadeliña Laika (1957).
  • Día 4: Saturno e a Lúa moi próximos.
  • Día 5: Venus e a Lúa en conxunción.
  • Día 7: Mercurio, Marte e a Lúa moi próximos.
  • Día 9: Necemento do gran astrofísico Carl Sagan (1934).
  • Día 12: Aniversario da gran tormenta meteórica das Leónidas (1833) mais de 100.000 por hora.
  • Día 16: Xúpiter e a Lúa moi próximos.
  • Día 21: Mercurio e Marte moi próximos.

NOTA:

HYDRUS (A Cobra de auga), tamén coñecida como a Cobra menor ou a Cobra macho. Tratase dunha constelación moderna do hemisferio sur, das creadas por Pieter Dirkszoon Keyser y Frederick de Houtman, pero é publicada por primeira vez por Johan Bayer no seu libro Uranometria (1603). Pretendía que fose considerada como un complemento de Hydra, unha das constelacións da antigüidade.

A súa estrela mais importante é ALPHA HYDRI (A Cabeza da Cobra) de cor amarelo e magnitude 2,9.

Hydrus

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS OUTUBRO 2010

AS CONSTELACIONS E AS ESTRELAS

Referíndonos ao día 15 de outubro ás 00:00 horas:

  • Cara ao norte, Casiopea aproximase á súa máxima altura e Cefeo xa comenza a baixar, baixando Draco, casi no horizonte a Osa Maior, subindo Lince e Camelopardalis e moi alta Perseo.
  • Cara ao sur, é o mes de Pegaso, baixo dela Piscis, Capricornio e Acuario, próximas ao horizonte Piscis, Austrinus e Microscopium, e asomando polo horizonte algunas estrelas de Grux e Fenix.
  • Cara ao leste asoman polo horizonte Orión e Xeminis, a media altura Tauro e Cetus, moi alta Aries, Triángulo e Andrómeda casi no zenit.
  • Cara ao oeste, baixando as constelacións do Tiangulo do Verán, moi baixas Hercules e a Coroa Boreal, no horizonte Ofiuco e Serpens Cauda.

PLANETAS

  • Xupiter en Piscis con magnitude -2,4.
  • Marte en Libra con magnitude 1,7.
  • Saturno en Virgo con magnitude 1,5.
  • Mercurio en Virgo con magnitude -0,5.
  • Venus en Libra con magnitude -2,7.
  • Urano en Piscis con magnitude 5,9.

CHOIVAS DE ESTRELAS

  • Continuan con nos as Tauridas do Sur, cún máximo de 5 por hora o día 10.
  • O día 4 comenzan as Oriónidas, cún máximo de 23 por hora o día 22.
  • O día 6 comenzan as Dracónidas ata o día 10, cún máximo variabel o día 8.
  • O día 16 comenzan as Epsilón Xeminidas ata o día 27, cún máximo de 2 por hora o día 19.
  • O día 16 comenzan as Loeo Minóridas, cún máximo de 2 por hora o día 23.
  • O día 19 as Tauridas Norte. 

A LÚA

  • Cuarto minguante o día 8 ás 07:33.
  • Lúa Nova o día 15 as 12:02.
  • Cuarto Crecente o día 22 ás 03:32.
  • Lúa Chea o día 29 ás 19:49 (as horas son en UT, aplicar o adianto vixente).

COMETAS

  • Tan só o 103P/Hartley 2 (2010) con magnitude 5 é visible cún telescopio pequeño. Os demáis teñen magnitudes superiores a 10, que os fan dificilmente observables.

OUTRAS EFEMÉRIDES

  • Día 3: Venus e Marte moi próximos. En 1582 o Papa Gregorio XIII axusta o calendario Xuliano, denominándose desde entón Gregoriano. e suprime os días 4 ao 15.
  • Día 7: A Lúa e Mercurio moi próximos.
  • Día 8: Mercurio e Saturno moi próximos.
  • Día 9: A Lúa e Saturno moi próximos.
  • Día 10: A Lúa é Marte moi próximos.
  • Día 20: A Lua e Xupiter moi próximos.
  • Día 25: Mercurio e Venus moi próximos.
  • Día 31: Aniversario da absolución do Vaticano ao astrónomo Galileo Galilei polo cargo de herexía (1992).

NOTA:

A Constelación de DORADO (A Carpa Dorada) é unha das constelacións introducidas polos mariños holandeses Pieter Keyser e Frederick de Houtman entre 1595 e 1597, e nomeada por Bayer no seu libro Uranometria en 1603. Ningunha das súas estrelas é visible desde as nosas latitudes. Era coñecida tamén como o Peixe Espada.

As súas estrelas principais son: ALFA DORADUS de cor branca e magnitude 3,3 e BETA DORADUS de cor amarela e magnitude 3,5. Pero a súa característica fundamental é que nela se atopa A Gran Nube de Magallanes, que é unha galaxia do Grupo Local satélite da Vía Láctea.

Doradus

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS SETEMBRO 2010

AS CONSTELACIONS E AS ESTRELAS

Referíndonos ao día 15 de setembro ás 24:00 horas:

  • Cara ao norte, Cefeo na súa máxima altura, baixando Draco e a Osa Maior que xa se atopa moi baixa, no horizonte Linca, subindo Camelopardalis, Cefeo e Casiopea que xa está moi alta.
  • Cara ao sur, preside o ceo a constelación de Capricornio e sobre ela o Golfiño e Equuleus, baixando as constelacións do Triángulo do Verán, Aguia e Ofiuco aínda que o Cisne atopase moi alta coa súa estrela Deneb casi no cenit, subindo Acuario, moi baixas Saxitario e a Coroa Austral, sobre o horizonte Piscis Austrinus.
  • Cara ao leste saindo Cetus e Taurus coas Pleiades sobre o horizonte, a media altura Piscis e Aries, e xa moi alta Pegaso que vai presidir o céo do outono.
  • Cara ao oeste e a media altura Hércules, Ofiuco e Serpens, moi baixa a Coroa Boreal, xa no horizonte Bootes.

PLANETAS

  • Mercurio en Leo, magnitude –0,2.
  • Xúpiter en Piscis, magnitude –2,5.
  • Saturno en Virgo, magnitudes 1,5.
  • Venus en Virgo magnitude -4,3.
  • Marte en Virgo magnitude 1,7.
  • Urano en Piscis magnitude 5,9

CHOIVAS DE ESTRELAS

  • Continúan con nós as Auríxidas ata o día 4, cun máximo de 7 por hora o día 1. 
  • O día 5 comezan as Perseidas de Setembro ata o día 13, cun máximo de 5 por hora o día 9.
  • O día 7 comenzan as Táuridas do Sur.

A LÚA

  • Cuarto Minguante o día 1 ás 17:22.
  • Lúa Nova o día 8 ás 10:30.
  • Cuarto Crecente o día 15 ás 05:50.
  • Lúa Chea o día 23 ás 09:17 (as horas son en UT, aplicar o adianto vixente).

COMETAS

  • 103P/Hartley 2 (2010) en Pegaso, con magnitude 7.
  • 10P/Tempel 2 en Cetus, con magnitude 9. Os demáis cometas teñen magnitudes superiores a 9, polo que a súa observación é moi complicada.

OUTRAS EFEMÉRIDES

  • Día 7: Mercurio e a Lúa moi próximos 2,5º.
  • Día 9: A Lúa e Saturno a 8º.
  • Día 11: En 1822 o Santo Oficio autoriza a ensinar a teoría de Copérnico de que a Terra xira arredor do Sol. A Lúa Marte e Venus moi próximos.
  • Día 13: A Lúa e Marte moi próximos.
  • Día 16: Venus e a Lúa moi próximos.
  • Día 20: Venus e a estrela Regulus moi próximos.
  • Día 23: Ás 03:08 horas TU, a Terra no equinoccio: inicia o outono no hemisferio norte e a primavera no hemisferio sur. Xupiter, Urano e a Lúa moi próximos.
  • Día 29: Venus e Marte moi próximos.

NOTA:

PHOENIX (Fenix). É unha das constelacións descritas polos navegantes holandeses Pieter Keyser e Frederck de Houtman no ano 1597, e nomeada por Bayer no seu libro Uranometria en 1603.

En mitoloxía representa ao ave lendaria que vivía en Arabia, e que segundo a tradición, consumíase por acción do lume cada 500 anos, e unha nova ave xurdía das súas cinzas. Nas nosas latituides tan só e posible ver unha pequena parte da constelación, casi no horizonte do sur.

A súa estrela mais importannte é ANKAA, tamén coñecida como  Nair al Zaurak ou Lucida Cymbae (o brillo do barco). Noutros lugares tamén á coñecida como A Cabeza do Fenix. De cor amarelo e magnitude 2,4.

Fenix

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS AGOSTO 2010

AS CONSTELACIONS E AS ESTRELAS

Referíndonos ao día 15 de agosto ás 24:00 horas:

  • Cara ao norte, alta no céo Draco, baixando a Osa Maior, no horizonte Lince, subindo Perseo, Camelopardalis e Casiopea, e moi alta Cefeo.
  • Cara ao sur, o Triángulo de Verán enche o céo de agosto, que xa casi se atopa na súa máxima altura, debaixo o Escudo, Saxitario e a Coroa Austral que se atopa casi no horizonte, asomando polo horizonte Grus, subindo Microscopio e Capricornio, baixando Ofiuco e Libra, moi baixa Escorpio que atopase no horizonte.
  • Cara ao leste, asomando polo horizonte, Aries, Cetus e Pisces, a media altura Pegaso e Acuario, altas Equelus e Lacerta.
  • Cara ao oeste, baixando Hércules, Coroa Boreal e Bootes, baixa a Cabeleira de Berenice e no horizonte Virgo.

PLANETAS

  • Marte en Virgo, magnitude 1,7.  
  • Xúpiter en Piscis, magnitude –2,4.  
  • Venus en Virgo, magnitude -4,2.
  • Saturno en Virgo, magnitude 1,4.
  • Mercurio en Leo, magnitude -0,3.
  • Urano en Piscis magnitude 5,9.

CHOIVAS DE ESTRELAS

  • Continúan con nós as Piscis Austrínidas ata o día 10.
  • As Delta Acuáridas Sul ata o día 23.
  • As Perseidas ata o día 26, cun máximo de 100 por hora na noite do 12 ao 13.
  • O día 6 comenzan as Kappa Cygnidas ata o día 16, cun máximo de 3 por hora o 14.
  • O día 29 comezan as Alfa Aurígidas.

A LÚA

  • Cuarto Minguante o día 3 ás 04:59.
  • Lúa Nova o día 10 ás 03:08.
  • Cuarto Crecente o día 16 ás 18:14.
  • Lúa Chea o día 17 ás 17:05.

COMETAS

  • Tan só o 10P/Tempel 2 con magnitude 9 en Cetus, pode ser visible cun telescopio pequeno. Os demais teñen magnitudes superiores a 10, polo que a súa observación é moi complicada

OUTRAS EFEMÉRIDES

  • Día 8: Venus e Saturno en conxunción.
  • Día 12: Choiva de estrelas, as Perseidas(tamén coñecidas como As Bagoas de San Lourenzo) se espera un máximo de 100 por hora. A Lúa e Mercurio moi próximos.
  • Día13: Fantastica conxunción entre a Lúa, Marte, Venus e Saturno.
  • Día 20: Venus e Marte en conxunción.
  • Día 27:  A Lúa e Xupiter moi próximos.

NOTA:

GRUS (a Grulla) Trátase dunha constelación situada ao sur de Piscis Austrinus, constelación á que pertenecian as suas estrelas para os árabes na antigüidade.

Foi nomeada polo astronomo alemán Johan Bayer en 1603 no libro Uranometria, pero é atribuida aos astrónomos Pieter Dirkszoon Keyser y Frederick de Houtman a finais do sáculo XVI, na Edade Media era coñecida como Phoenicopterus (o Flamenco).

As súas estrelas mais importantes son: ALNAIR (a luminosa) de cor branco azulado e magnitude 1,7, os chineses a coñecian co nome de Ke. ALDHANAB ( a cola) ou RAS ALKURKI (a cabeza da grulla) de cor azul e magnitude 3,0

Grus

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS XULLO 2010

AS CONSTELACIONS E AS ESTRELAS

Referíndonos á media noite do día 15 de xullo:

  • Cara ao norte, sobre a Osa Menor atopase a constelación de Draco na súa máxima altura, subindo Camelopardalis e Casiopea e moi alta Cefeo, baixando e case ocupando todo o ceo do norte a Osa Maior e moi baixa Lince, asomando polo horizonte Perseo.
  • Cara ao sur, presiden o ceo de xullo, a mais alta Hercules, baixo dela Ofiuco con Serpens Cauda e Serpens Caput, sobre o horizonte Escorpio baixando Libra e xa moi baixa Virgo, subindo Saxitario e o Escudo, no Horizonre a Coroa Austral, o Lobo e algunhas estrelas de Norma.
  • Cara ao leste saíndo polo horizonte Capricornio, Acuario, Pegaso e Andtromeda, a media altura as constelacións do Triángulo do Verán, que se dirixen a ocupar a súa posición preponderante do ceo de agosto.
  • Cara ao oeste baixando a Coroa Boreal e Bootes, no horizonte Leo e Leo Minor.

PLANETAS

  • Xúpiter en Piscis con magnitude –2,6.
  • Marte en Leo con magnitude 1,0.
  • Saturno en Leo con magnitude 1,0.
  • Venus en Leo con magnitude –4,7.
  • Mercurio en Cancer con magnitude -1,8.
  • Urano entre Piscis con magnitude 5,8.

CHOIVAS DE ESTRELAS

  • Continúan con nós as Boótidas de xuño até o día 2.
  • O día 11 comezan as Alfa Capricórnidas cun máximo de 4 por hora o día 28.
  • O día 21 comezan as Delta Acuaridas cun máximo de 20 por hora o día 30.
  • O día 15 comezan as Piscis Austrinidas cun máximo de 5 por hora o día 28.
  • O día 13 comezan as Perseidas, que terán o seu máximo no mes de agosto.

A LÚA

  • Cuarto Minguante o día 4 ás 14:35.
  • Lúa Nova o día 11 ás 19:41.
  • Cuarto Crecente o día 18 ás 10’:11.
  • Lúa Chea o día 26 ás 01:37.

COMETAS

  • C/2009 R1 McNaugt con posible magnitude 2 na constelación de Xeminis, pode ser visto con prismáticos os primeiros días do mes depois do solpor, ten unha impresionante cola verde e outra ionizada. Os demais teñen magnitudes que os fan dificilmente observables.

ECLIPSES

O día 11 teremos unha eclipse total de Sol no Pacifico sur, e no sur de Chile e Arxentina.

OUTRAS EFEMÉRIDES

  • Día 3: A Lúa e Xupiter moi próximos.
  • Día 12: A Lúa e Mercurio moi próximos.
  • Día 14: A Lúa e Venus moi próximas.
  • Día 16: A Lúa atoparase entre Marte e Saturno.
  • Día 20: Aniversario da chegada de Neil Armstrong á Lúa (1969).
  • Día 31: Gran espectáculo no céo, pouco despois do solpor e cara ao oeste, poderemos ver moi próximos a Saturno e Marte, un pouco mais abaixo Venus e se o céo está claro un pouco por riba do horizonte Mercurio. Dúas horas despois e cara ao leste a Lúa e Xupiter moi próximos.

NOTA:

"NORMA" a Regra ou a Escuadra, tamén chamada o Nivel, tratase de unha das constelacións descritas por Nicolas Lacaille en 1752, con estrelas das constelacións de Lupus, Ara e Escorpio. Deulle este nome en honra á regla que usaban os carpinteiros nos buques do descubremento.

As suas estrelas mais importantes son: GAMMA 2 NORMAE de cor amarelo e magnitude 4,01. EPSILON NORMAE de cor azul e magnitude 4,45.

Norma

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS XUÑO 2010

AS CONSTELACIONS E AS ESTRELAS

Referíndonos ao día 15 de xuño ás 24:00 horas:

  • Cara ao norte, alta no ceo Draco que se atopa na súa máxima altura, baixando a Osa Maior e Lince, moi baixa Camelopardalis e no horizonte Perseo, Casiopea comenza a subir, a media altura Cefeo.
  • Cara ao sur epreside o ceo de xuño Bootes e a ambos lados a Coroa Boreal e Comma Verenice, baixo delas Virgo, Corvo e Libra, asomando polo horizonte Escorpio, Centauro e Lupus.
  • Cara ao leste e a media altura o Triángulo do Verán que enche o ceo do leste e ao seu carón Ofiuco, Serpens Cauda e Serpens Caput, subindo o Golfiño e Equuleus, no horizonte Saxitario, Lupus e Centauro.
  • Cara ao oeste a media altura Leo, baixo dela Sextante e no horizonte Cancer e a Hydra.

PLANETAS

  • Venus en Cancer con magnitude -4,4.
  • Saturno en Virgo con magnitude 0,9.
  • Xupiter en Piscis con magnitude -2,4.
  • Mercurio en Tauro con magnitude -2,2.
  • Marte en Leo con magnitude 0,8.
  • Urano en Piscis con magnitude 5,8.

CHOIVAS DE ESTRELAS

O día 22 comenzan as Bootidas de xuño, cun máximo variable o día 27. O día 20 comenzan as Delta Piscidas cun máximo de 2 por hora o día 23.

A LÚA

  • Cuarto Minguante o día 4 ás 23:13.
  • Lúa Nova o día 12 ás 11:15.
  • Cuarto Crecente o día 19 ás 04:29.
  • Lúa Chea o día 26 ás 11:30.

COMETAS

  • C/2009 R1 (McNaught) poderá ser visto entre o 13 e o 18 de xuño con magnitude 2 na constelación de Perseo.
  • Os cometas C/2009 K5 (McNaught)) con magnitude 9 en Camelopardalis, e 10P/Tempel 2 con magnitude 9 en Acuario, poderán ser observables mediante un telescopio pequeno.
  • Os demais teñen magnitudes demasiado altas para poder observalos.

ECLIPSES

O día 26 eclipse parcial de Lúa non visible desde Galicia. Tan só será visible en Australia, parte de Sudamerica e parte de Asia.

OUTRAS EFEMÉRIDES

  • Día 6: A Lúa e Xupiter moi próximos.
  • Día 8: Urano e Xupiter moi próximos, non obstante seran visibles moi próximos durante todo o més.
  • Día 11: A Lúa e Mercurio moi próximos.
  • Día 15: A Lúa e Venus moi próximos.
  • Día 17: A Lúa e Marte moi próximos.
  • Día 19: A Lúa e Saturno moi próximos:
  • Día 21: Ás 12:29 horas, comenza o verán no hemisferio norte.
  • Día 30: En 1908 caeron en Tunguska (Siberia), os restos dún cometa. O último gran impacto sobre a Terra dun obxeto procedente do espacio

NOTA:

A constelación de TELESCOPIUM (O Telescopio) é unha constelación de medianado tamaño do hemisferio sur, con estrelas de pouca magnitude, situada entre as constelacións de Saxitario, Coroa Austral, Ara, Indus e Pavus.

Tratase dunha das costelacións descritas por La Caille no século XVIII, non ten mitoloxia, e representa os telescopios modernos para as observacións astronómicas.

As suas estrelas mais importantes son: ALFA TELESCOPII de cor azul e magnitude 3,5. IOTA TELESCOPII de cor vermello e magnitude 4,9. LAMDA TELESCOPII de cor azul e magnitude 4,9.

Telescopium_2

 

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS DE MAIO 2010

AS CONSTELACIONS E AS ESTRELAS

Refiriendonos ao día 15 de maio ás 24:00 horas,

  • Cara ao norte, comenza a baixar a Osa Maior ainda que Alkaid atopase no zenit, a media altura Lince e moi baixa Camelopardalis, na minima altura Casiopea, e Lacerta e Perseo asomando polo horizonte, subindo Cefeo e Draco, e casi no zenit Canes Venatici.
  • Cara ao sur atopamonos no mes de Virgo e sobre ela Coma Berenices, asomando polo horizonte algunhas estrelas de Centauro e de Lupus, subindo Bootes e Libra, asomando polo horizonte Escorpio, baixando Corvus Crater e Hydra, moi baixa Antlia.
  • Cara ao leste asomando polo horizonte Aguia, Saxita, Vulpecula e Cisne, a media altura Ofiuco, Serpens Cauda e Serpens Caput, bastante alta Hercules, e moi alta a Coroa Boreal.
  • Cara ao oeste comenza abaixar  Leo, bastante baixa Cancer, casi no horizonte Xeminis e Canis Minor, no horizonte Monocereos.

PLANETAS

  • Venus en Tauro magnitude -4,2.
  • Saturno en Virgo magnitude 0,5.
  • Xupiter en Piscis magnitude -2,2.
  • Marte en Leo magnitude 0,5.
  • Mercurio en Piscis magnitude-1,2.
  • Saturno en Virgo magnitude 0,8.
  • Urano en Piscis magnitude 5,9.

CHOIVAS DE ESTRELAS

  • Continúan con nós as Eta Acuáridas ata o día 21 cun máximo de 60 por hora o día 7.
  • Do 6 ao 13 as Eta Lyridas, cún máximo de 3 por hora o día 10.

A LÚA

  • Cuarto Minguante o día 06 ás 04:15,
  • Lúa Nova o día 14 ás 01:04,
  • Cuarto Crecente o día 20 ás 23:43,
  • Lúa Chea o día 27 ás 23:07

COMETAS

Os cometas deste més teñen magnitudes que os fan dificilmente observables, agás os seguintes:

  • C/2009 R1 (McNaught) en Pegaso con magnitude 6.
  • C/2009 K5 (McNaught)na Osa Menor e magnitude 8. .

OUTRAS EFEMÉRIDES

  • Día 7: Día do Espazo.
  • Día 9: A Lua e Xupiter próximos.
  • Día 11: En 1916 publícase a Teoría Xeral Da Relatividade de Albert Einstein.
  • Día 12: A Lua e Mercurio moi próximos.
  • Día 15: En 1618 o astrónomo Johannes Kepler formula a terceira e última Lei que leva o seu nome, referida ao movemento dos planetas.
  • Día 16: A Lua e Venus moi próximos.
  • Día 20: A Lua e Marte moi próximos.
  • Día 23: A Lua e Saturno moi próximos.
  • Día 29: En 1919 durante unha eclipse total de Sol, Sir Arthur Eddington confirma a curvatura da luz prevista na Teoría Xeral da Relatividad

NOTA:

INDUS (Indio). É unha constelación do hemisferio sur, tan só algunhas das súas estrelas son visibles no horizonte do sur durante o mes de maio antes do amencer.

Creárona os navegantes holandeses Pieter Keyser e Frederick de Houtman a finais do século XVI. Seguramente representa aos indios da Patagonia.

As súas estrelas máis importantes son: ALFA INDUS de cor vermella e magnitude 3,1, e BETA INDUS de cor vermella e magnitude 3,6

Indus

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS DE ABRIL 2010

AS CONSTELACIONS E AS ESTRELAS

Refiriendonos ao día 15 de abril ás 24:00 horas,

  • Mirando ao norte: A Osa Maior preside o céo do norte cando a primavera comenza, comenzando a subir Cefeo e xa moi alto Draco, baixando Lince e Camelopardalis e Casiopea, no horizonte Lacerta.
  • Mirando ao sur: Ë o mes de Leo que preside o ceo de abril, baixo dela Sextans, Hidra, Crater, Antlia e Pyxis, no horizonte parte de Vela e Pupis, que xunto con Carina forman a antiga constelación de Argo Navis, subindo Virgo e Corvus, baixando Cancer, Canis Minor e Monoceros.
  • Cara ao leste saindo polo horizonte Ofiuco, subindo Hercules e a Coroa Boreal, moi alta Bootes.
  • Cara ao oeste e baixando Xeminis, tocando o horizonte Orión e Tauro que xa nos deixan ata o outono.

PLANETAS

  • Marte en Cancer magnitude 0,6.
  • Saturno en Virgo magnitude 0,7.
  • Xupiter en Acuario magnitude –2,1.
  • Venus en Aries magnitude –4,1.
  • Mercurio en Aries magnitude -1,4.
  • Urano en Piscis magnitude 5,9.

CHOIVAS DE ESTRELAS

  • O día 16 comenzan as Líridas cún máximo de 18 por hora o día 22, rematan o día 25.
  • O día 15 comenzan as Pi Pupidas cún máximo variable 0 día 23, rematan o día 28.
  • O día 28 comenzan as Eta Acuaridas.

A LÚA

  • Cuarto Minguante o día 6 as 09:37.
  • Lúa nova o día 14 as 12:29.
  • Cuarto crecente o día 21 as 18:20.
  • Lúa chea o día 28 as 12:19.

COMETAS

Os da seguinte relación poden verse cun telescopio pequeño, os demais teñen unhas magnitudes que os fan dificilmente observables:

  • C/2009 K5 (McNaught) en Cisne con magnitude 8.
  • 81P/Wild 2 (2010) en Virgo con magnitude 9.
  • C/2009 O2 (Catalina) en Tauro con magnitude 9.

OUTRAS EFEMÉRIDES

  • Día 11: A Lúa e Xupiter moi próximos.
  • Día 12: En 1961 Yuri Gagarin convértese no primeiro home que sae ao Espazo.
  • Día 15: A Lúa e Mercurio moi próximos.
  • Día 16: A Lúa e Venus moi próximos.
  • Día 17: Fermosisima conxunción de Marte e o cúmulo do Pesebre na constelación de Cancer. Tamén pode ser visible os días 15, 16, 18 e 19.
  • Día 22: A Lúa e Marte moi próximos.
  • Día 25: A Lúa e Saturno moi próximos.

NOTA:

A constelación de CARINA (a Quilla). Forma parte do que foi a antiga gran constelación de "Argo Navis" que conmemoraba a nave utilizada por Jasón e os Argonautas no seu periplo á procura do Bellocino de Ouro.

Ningunha das suas estrelas é visible desde as nosas latitudes. As mais importantes son: CANOPUS (O Comandante das naves de Menelao na guerra de Troia) de cor branco e magnitude -0,7, é a segunda estrela mais brillante do céo despois de Sirius. MIAPLACIDUS (Augas tranquilas) de cor azul-branco e magnitude 1,7. AVIOR (en commemoración de “The Air Almanac da RAF” en 1936) tratase dunha binaria, unha de cor vermello e outra de cor azul e de magnitude 1,9. ASPIDISKE (o escudo pequeno), tamén chamada Scutulum, de cor branco e magnitude 2,2.

 

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS DE MARZO 2010

AS CONSTELACIONS E AS ESTRELAS

Referíndonos ao día 15 de marzo ás 24:00 horas:

  • Cara ó norte, chegando á súa máxima altura a osa Maior, subindo Draco, baixando Lince, Camelopardalis e Perseo, moi baixa Casiopea, casi no horizonte Cefeo.
  • Cara o sur Leo xa preside o ceo da primavera, ao seu carón Cancer que xa comenza a baixar, baixo delas a Hidra, o Sextante, a Máquina neumática e a Brúxula, no horizonte a Vela e a Popa.
  • Cara ao leste asomando polo horizonte Serpens Cauda, ainda moi baixa Hercules, a media altura Bootes, Libra e a Coroa Boreal, xa alta a Cabeleira de Berenice.
  • Cara ao oeste baixando Xeminis, Auriga, Monoceros e Canis Minor, moi baixas Orión e Canis Maior, no horizonte Tauro.

PLANETAS

  • Marte en Cancer e magnitude 0,05.
  • Saturno en Virgo e magnitude 0,97.
  • Xupiter enAcuario e magnitude -1,59.
  • Venus en Piscis e magnitude -3,6. Mercurio en Piscise magnitude -0,9.
  • Urano en Piscis e magnitude 6,13, imposible de ver xa que se atopa moi cerca do Sol.

CHOIVAS DE ESTRELAS

Continúan con nosco as Gamma Normidas ata o día 21 cún máximo de 5 a 9 por hora o día 14.

A LÚA

  • Cuarto Minguante o día 7 ás 15:42.
  • Lúa Nova o día 15 ás 21:01-
  • Cuarto Crecente o día 23 ás 11:00.
  • Lúa Chea o día 30 ás 02:25.

COMETAS

Os da seguinte relación poden verse cun telescopio pequeño, os demais teñen unhas magnitudes que os fan dificilmente observables:

  • C/2009 O2 (Catalina) en Andrómeda con magnitude 7.
  • C/2009 K5 (McNaught) na constelación da Aguia con magnitude 8.
  • C/2007 Q3 (Siding Spring) en Draco con magnitude 9.
  • 81P/Wild 2 (2010) en Cetus con magnitude 9.

OUTRAS EFEMÉRIDES

  • Día 4: Venus e Urano moi próximos. Aniversario do descubrimento do planeta Urano polo astrónomo inglés William Herschel (1781).
  • Día 8: Mercurio e Xupiter moi próximos.
  • Día 15: Mercurio e Urano moi próximos.
  • Día 20: Ás 18:28 horas, a Terra no equinoccio: inicia a primavera no hemisferio norte e o outono no hemisferio sur.
  • Día 25: A Lúa e Marte moi próximos.
  • Día 29: A Lúa e Saturno moi próximos.

NOTA:

A constelación da VELA (As Velas) é unha constelación do hemisferio sur, tan só podemos ver un anaco moi pequeño no horizonte.

Na tradición astral, Vela constituira o velamen do barco dos Argonautas “ARGONAVIS”, unha costelación da antigüedade que en 1763 Lacaille converteu en tres, Carina, Pupis e Vela.

As suas estrelas mais importantes son: REGOR (Roger ao revés) tamén chamada Suhail al-Muhlif, de cor branco e magnitude 1,75. KOO SHE (arco e frecha) de cor branco azulado e magnitude 1,9. MARKEB (o barco) tamén chamada Markab como Alpha Pegaso, de cor azul e magnitude 2,5. ALSUHAIL (a luminosa das pesas) tamén chamada Suhail, de cor vermello e magnitude 2,2.  TSEEN KE (o triunfo do céo) de cor branco emagnitude 3,5


EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS DE FEBREIRO 2010

AS CONSTELACIONS E AS ESTRELAS

Referíndonos á media noitedo día 15 de febreiro:

  • Cara ao norte subindo e a media altura a Osa Maior e comenzando a subir Draco, Lince casi na súa máxima altura, comenza a baixar Auriga, Camelopardalis e Perseo a media altura, xa moi baixa Casiopea e no horizonte Cefeo.
  • Cara ao sur preside o céo de febreiro Xéminis, baixo dela Canis Minor, Monoceros e Canis Maior, subindo Cancer e a cabeza da Hydra, baixando Orión.
  • Carao leste, Leo xa dirixíndose a ocupar a súa posición preminente na primavera, subindo Coma Venenice, no horizonte Virgo, Crater e Bootes.
  • Cara ó oeste xa moi baixa Tauro e Aries, no horizonte Cetus e Piscis.

PLANETAS

  • Saturno en virgo magnitude 0,7.
  • Marte en Cancer magnitude -1,1.
  • Mercurio en Capricornio magnitude –1.
  • Urano en Piscis magnitude 5,9.
  • Venus en Acuario magnitude –3,9.
  • Xupiter en Acuario magnitude–2,0. 


CHOIVAS DE ESTRELAS

Continuan con nosco as Alfa Centauridas cun máximo de 6 por hora o día 8. O día 25 comenzan as Gamma Normidas.

A LÚA

  • Cuarto Minguante o día 5 ás 23:48.
  • Lúa Nova o día 14 a 02:51.
  • Cuarto Crecente o día 22 ás 00:42.
  • Lúa Chea o día 28 ás 16:38 (horas UTC).

COMETAS

Tan só o C/2007 Q3 (Siding Spring) en Bootes e con magnitude 9 pode ser visible. Os demais teñen magnitudes moi grandes que os fan difícilmente observables.

OUTRAS EFEMÉRIDES

  • Día 2 : A Lúa e Saturno moi próximos.
  • Día 14: A Lúa e Venus moi próximos.
  • Día 15: A Lúa e Xúpiter moi próximos.
  • Día 17: Venus e Xúpiter moi próximos.
  • Día 23: Aniversario (1987) da aparición da Supernova 1987A na Gran Nube de Magallanes.
  • Día 26: A Lúa e Marte moi próximos.

NOTA:

CAULUM (o Cincel), Trátase dunha constelación das creadas por Nicolas Lacaille en 1752, é moi pequena e con estrelas de magnitude inferior a 4.

Representa a ferramenta do escultor, e tamén foi chamada Scalptorium, e no seculo XX tentouse cambiar o nome polo de Praxiteles, pero non prosperou.

A sua estrela mais importante é ALFA CAELI, unha binaria composta por una estrela amarela e outra vermella, cunha magnitude conxunta de 4,4.

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS DE XANEIRO 2010

AS CONSTELACIONS E AS ESTRELAS

Referíndonos ao día 15 de xaneiro ás 24:00 horas:

  • Cara ó norte, a media altura a Osa Maior, alta o Lince, no zenit Auriga, comenzan a baixar Camelopardalis e Perseo, a media altura Casiopea, chegando ao horizonte Cefeo, no horizonte Draco.
  • Cara ao sur na sua máxima altura Orión, Baixo dela Lepus, Columba e Canis Maior, no Horizonte Circinus, Pupis e Horologium.
  • Cara ao leste subindo exa moi altas Xeminis e Canis Minor, baixo delas Cancer e Leo, saindo polo horizonte Virgo.
  • Cara ao oeste e baixando Tauro, moi baixa Cetus e casi nohorizonte Piscis e Pegaso.

PLANETAS

  • Marte en Cancer magnitude -1,3.
  • Saturno en Virgo magnitude 0,8.
  • Venus en Capricornio magnitude -3,9.
  • Xupiter en Acuario manitude-2,1.
  • Mercurio en Saxitario magnitude -1,9.
  • Urano en Piscis magnitude 5,9.

CHOIVAS DE ESTRELAS

Continuan con nos as Coma Berenícidas ata o día 23. As Cuadrántidas ata o día 13, cún máximo de 120 o día 3. O día 28 comenzan as Alfa Centauridas.

A LUA

  • Cuarto Minguante o día 7 ás 10:40.
  • Lúa Nova o día 15 ás 07:11.
  • Cuarto Crecente o día 23 ás 10:53.
  • Lúa Chea o día 30 ás 06:17.

ECLIPSES

O día 15 eclipse anular de Sol, visible en Asia e gran parte de Africa. A franxa de anularidade atravesará o centro de Africa, sur de India, Birmania e China. 

COMETAS

So o cometa C/2007 Q3 (Siding Spring) en Bootes con magnitude 9 e visible cún telescopio pequeno. Os demais cometas neste més teñen magnitudes que os fán difícilmente observables.

OUTRAS EFEMÉRIDES

  • Día 3: Máximo da choiva de meteoros Quadrántidas cunha media de 120 meteoritos visibles porhora, A Lua e Marte moi próximos.
  • Día 6: A Lua e Saturno moi próximas.
  • Día 7: Galileo Galilei descobre os satélites naturais de Júpiter Io, Europa e Callisto (1609).
  • Día 8: En 1642 morre arrestado no seu domicilio de Florencia, Galileo Galilei. Ata o 31 de outubro de 1992 a Santa Sé non recoñeceu o seu erro ao condenalo en 1633.
  • Día 13: En 1609 Galileo descubre o satélite de Xupiter Ganymedes.
  • Día 15: Eclipse anular de Sol. É visible en Asia egran parte de Africa.
  • Día 18: A Lua e Xúpiter moi próximos.
  • Día 30: A Lúa e Marte moi próximos.

NOTA:

HOROLOGIUM, o Reloxo, é unha das constelacións creadas polo abade Nicolás Lacaille, utilizou para iso un grupo de estrelas próximas ao final da constelación de Erídano preto da súa estrela Achernar. O seu primeiro nome era Horologium Oscilatorium (o reloxo de péndulo). Sábese que durante algún tempo foi coñecida como Horoscopium.

A súa estrela máis importante é Alfa Horologii, de cor amarela e magnitude 3,9.