logo

Logo_astronomia

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

astronomia@sghn.org

line decor
INICIO  
line decor
 
 
 
 


EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS NADAL 2009

AS CONSTELACIONS E AS ESTRELAS

Referíndonos ao día 15 ás 24:00 horas:

  • Cara ó norte, Perseo e Camelopardalis altas no ceo, Baixando Casiopea, a media altura Cefeo, no horizonte Draco, subindo a Osa Maior, que ocupa casi todo o ceo do norte, moi alta o Lince.
  • Cara ao sur Tauro preside o ceo do Nadal, baixo dela Eridano, subindo Orión e Lepus xa se atopan moi altas, Canis Maior un pouco sobre o horizonte, baixando Cetus e no horizonte Fornax.
  • Cara ao este moi alta Auriga, e baixo dela Xeminis, a media altura Canis Minor e Cancer, no horizonte Leo e Hidra.
  • Cara ao oeste xa baixando Aries, a media altura Piscis e Andromeda e Pegaso, parte de Acuario baixo o horizonte.

PLANETAS

  • Saturno en Virgo con magnitude 0,9.
  • Marte en Leo e magnitude -0,8.
  • Venus en Ofiucocon magnitude –3,9.
  • Xupiter en Capricornio magnitude -2,2.
  • Mercurio en Saxitarioe magnitude -2,1.
  • Urano en Piscis con magnitude 5,8.

CHOIVAS DE ESTRELAS

  • Continuan con nos as Sigma Hydridas ata o día 28, cun máximo de 3 por hora o día 9.
  • Tamén ás Phoenicidas de Nadal ata o día 9, cún máximo de variable o día 6.
  • Comenzan o día 1 as Pupidas Velidas ata o día 15, cún máximo de 10 por hora o día 7.
  • O día 3 comenzan as Xeminidas ata o día 19, cún máximo de 120 por hora o día 14.
  • O día 6 comenzan as Monocerótidas ata o día 20, cun máximo de 2 por hora o día 7.
  • O día 16 comenzan as Ursidas ata o día 25, cun máximo de 10 por hora o día 22.
  • O día 10 comenzan as Coma Berenicidas ata o mes de xaneiro, cún máximo de 5 por hora o día 19.

A LÚA

  • Lúa Chea o día 12 ás 07:30.
  • Cuarto Minguante o día 9 ás 00:13.
  • Lúa Nova o día 16 ás 12:02.
  • Cuarto Crecente o día 24 ás 17:36.
  • Lúa Chea o día 31 as 19:13

COMETAS

  • 88P/Howell será visible con magnitude 9 na constelación de Capricornio.
  • C/2007 Q3 (Siding Spring) na constelación de Comma Berenice con magnitude 9.
  • C/2006 W3 (Christensen) en Saxitario con magnitude 9.

Os demais teñen magnitudes superiores a 10 polo que son dificilmente observables.

OUTRAS EFEMÉRIDES

  • Día 6: A Lua e Marte moi próximos.
  • Día 9: A Lúa e Saturno bastante próximos.
  • Día 13: Máximo da choiva de estrelas Xéminidas, pode ser un bo espectáculo xa que se esperan unhas 120 por hora.
  • Día 15: A Lua e Venus moi próximos, no mencer.
  • Día 18: A Lúa e Mercurio moi próximos.
  • Día 20: En 1996 morreu o gran astrofisico Carl Sagan.
  • Día 21: As 10:47 TU comenza o inverno. A Lúa e Xupiter bastante próximos.
  • Día 29: Excelente conxunción da Lúa coas Pleiades.
  • Día 31: A Lúa e Venus moi próximos.
NOTA: FORNAX (o Forno) é unha das constelacións creadas por Nicolás Lacaille en 1752. O seu nome orixinal era Fornax Chemica (o forno químico). Foi dedicada ao quimico francés Antoine Lavoisier. As súas estrelas son de cuarta e quinta magnitude. A máis importante é FORMACIS, de cor amarela e magnitude 3,8. Trátase dunha estrela binaria a 46 anos luz do Sol.


EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS NOVEMBRO 2009

AS CONSTELACIONS E AS ESTRELAS

Referíndonos ao día 15 ás 24:00 horas:

  • Cara ó norte, a Osa Maior atópase na posición mais baixa, ainda que parte dela xa esta subindo, a media altura Lince e xa moi alta Camelopardalis, Casiopea atopase na súa posición preponderante no outono, ao seu carón, Perseo ocupando o zenit, baixando Cefeoe Lacerta, e casi no horizonte Draco.
  • Cara o sur Piscis e Aries presiden o céo de novembro, sobre elas o Triangulo e debaixo Eridanus e Cetus, no Horizonte Piscis Austrinus, Formax e Escultor, baixando Andromeda e Pegaso, moi baixa Acuario, xa alta Tauro.
  • Cara ó oeste xa moi baixo o Triangulo do Veran con parte da constelación da Aguia baixo o horizonte, o Golfiño e o Cabaliño moi baixas.
  • Cara ó leste moi alta Auriga, a media altura Xeminis e Orión, saindo polo horizonte Monoceros, Canis Maior, Cancer e Canis Minor.

PLANETAS

  • Saturno en Virgo e con magnitude 1.
  • Mercurio en Libra e con magnitude -1,3.
  • Xupiter en Capricornio e con magnitude -2,4.
  • Marte en Cancer e con magnitude-0,3.
  • Venus en Libra e magnitude -4,0.
  • Urano en Acuario e con magnitude 5,8.

CHOIVAS DE ESTRELAS

  • Continuan con nos as Tauridas Sur ata o día 26.
  • As Oriónidas ata o día 10.
  • As Tauridas do Norte ata o día 30 cún máximo de 5 porhora o día 13.
  • O día 7 comenzan as Leonidas ata o día 28, cún máximo variable odía 18.
  • As Alfa Monocerótidas comenzan o día 15 ata o 25 cún máximo variable odía 21.
  • O día 28 comenzan as Phoenícidas de decembro.

A LÚA

  • Lúa Chea o día 2 ás 19:14.
  • Cuarto Minguante o día 9ás 15:56.
  • Lúa Nova o día 16 ás 19:14.
  • Cuarto Crecente o día 24 ás 21:39.

COMETAS

Poden verse cún telescopio pequeno:

  • 88P/Howell con magnitude 8 en Saxitario.
  • C/2006 W3 (Christensen) con magnitude9 en Saxitario.
  • C/2007 Q3 (Siding Spring) con magnitude 9 en Leo.

Os demais teñen magnitudes superiores a 10 que os fan difícilmente observables.

OUTRAS EFEMÉRIDES

  • Día 3: Aniversario do lanzamento do Sputnik 2 coa cadeliña Laika (1957).
  • Día 8: A Lúa e Marte moi próximos.
  • Día 9: Nacemento do gran astrofísico Carl Sagan (1934).
  • Día 12: Aniversario da gran tormenta meteórica das Leonidas (1833) con mais de 100.000 por hora.
  • Día 13: A Lúa e Saturno moi próximos.
  • Día 15: A Lúa e Venus moi próximos.
  • Día 17: Ao solpor será visible a choiva de estrelas Leónidas, esperandose un máximo superior a 100 por hora.
  • Día 23: A Lúa e Xúpiter moi próximos.
NOTA: SCULPTOR (O Escultor). É unha das constelacións credas por Lacaille en 1752, tal vez sexa a máis útil das que creou. Nun principio bautizouna como o Estudo do escultor, pero posteriormente, o nome foi acurtado. Sculptor contén o polo sur galáctico. A súa estrela máis brillante é ALFA SCULPTORIS de cor branca azulada e magnitude 4,3
Escultor

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS OUTUBRO 2009

AS CONSTELACIONS E AS ESTRELAS

Referíndonos ao día 15 ás 24:00 horas:

  • Cara ó norte, altas no céo Cefeo e Casiopea, baixando Draco, A Osa maior sobre o horizonte, subindo Camelopardalis e Perseo.
  • Cara ao sur, preside o ceo do outono Pegaso, baixo ela Piscis, Capricornio e Acuario, sobre o horizonte Piscis Austrinus e Microscopium.
  • Cara ao leste e xa asomando polo horizonte Xeminis, Orión e Eridano, a media altura Tauro e Cetus, e xa alta Aries, Triángulo e Andrómeda.
  • Cara ao oeste, baixando o Tiangulo do Verán, moi baixa Hercules e a Coroa Boreal, no horizonte Ofiuco e Serpens Cauda.

PLANETAS

  • Xupiter en Capricornio con magnitude -2,6.
  • Marte en Cancer con magnitude 0,1.
  • Saturno en Virgo con magnitude 1,1.
  • Mercurio en Virgo con magnitude -2,2.
  • Venus en Virgo con magnitude -4,1.
  • Urano en Piscis con magnitude 5,7.

CHOIVAS DE ESTRELAS

  • Continúan con nos as Delta Auríxidas ata o día 10.
  • As Tauridas do Sur ata o día 26, cún máximo de 5 por hora o día 11.
  • As Oriónidas durante todo o més, cún máximo de 23 por hora o día 21.
  • O día 6 comenzan as Draconidas ata o día 10, cún máximo variabel o día 8.
  • O día 14 comenzan as Epsilón Xeminidas ata o día 24, cún máximo de 2 por hora o día 20.
  • O día 17 comenzan as Loeo Minóridas, cún máximo de 2 por hora o día 22.
  • O día 20 as Tauridas Norte.

A LÚA

  • Lúa Chea o día 4 ás 06:10.
  • Cuarto minguante o día 11 ás 08:56.
  • Lúa Nova o día 18 as 05:33.
  • Cuarto Crecente o día 26 ás 00:42.

COMETAS

Poden verse cún telescopio pequeno:

  • C/2006 W3 (Christensen) na constelación da Aguia con magnitude 8.
  • C/2007 Q3 (Siding Spring) na constelación de Leo con magnitude 9, .

Os demais teñen magnitudes superiores a 10 que os fan difícilmente observables.

OUTRAS EFEMÉRIDES

  • Día 3: O Papa Gregorio XIII axusta o calendario Xuliano, denominándose desde entón Gregoriano. Suprime do 4 ao 15 de outubro dese ano (1582).
  • Día 4: Comenza a Semana Internacional do Espacio ata o día 10.
  • Día 8: Mercurio e Saturno moi próximos.
  • Día 12: A Lúa é visible próxima ao planeta Marte.
  • Día 13: Venus e Saturno moi próximos.
  • Día 27: A Lúa e Xupiter moi próximos.
  • Día 31: Aniversario da absolución do Vaticano ao astrónomo Galileo Galilei polo cargo de herejía (1992).

NOTA: A Constelación de MICROSCOPIUM (Microscopio) atópase baixo a constelación de Capricornio. É unha das creadas no século XVIII polo abade Lacaille. Recibiu este nome para facer honra ao invento do microscopio.

As súas estrelas son de magnitudes próximas a 5, o que a fai dificilmente identificable. A súa estrela máis importante é GAMMA MICROSCOPII de cor amarela e magnitude 4,67.

Microscopio

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS SETEMBRO 2009

AS CONSTELACIONS E AS ESTRELAS

Referíndonos ao día 15 ás 24:00 horas:

  • Cara ó norte, alta, casi no zenit Cefeo, baixando e ocupando case todo o céo Draco, xa moi baixa a Osa Maior, subindo Camelopardalis e Cefeo, Casiopea moi alta.
  • Cara ao sur, preside o ceo a constelación do Cisne, baixo dela o Golfiño e Equuleus e un pouco por riba do horizonte Capricornio, baixando a Aguia e Ofiuco, subindo Acuario, no horizonte Saxitario, a Coroa Austral e Piscis Austrinus.
  • Cara ao leste, saindo Cetus a media altura Piscis e Aries, Pegaso moi alta e aproximándose á súa posicion dominante no outono.
  • Cara ao oeste e a media altura Hércules, moi baixa a Coroa Boreal, tocando o horizonte Bootes.

PLANETAS

  • Mercurio en Virgo con magnitude –0,1.
  • Xúpiter en Capricornio con magnitudes –2,8.
  • Saturno en Virgo con magnitudes 1,1.
  • Venus en Leo magnitude -4,2.
  • Marte en Xéminis magnitude 0,4.
  • Urano en Piscis magnitude 5,7.

CHOIVAS DE ESTRELAS

  • Continúan con nos as Alfa Auríxidas ata o día 3, cun máximo de 7 por hora o día 1.
  • O día 6 comezan as Perseidas de Setembro ata o día 13, cun máximo de 5 por hora o día 10.
  • O día 18 comezan as Delta Auríxidas, cun máximo de 2 por hora o día 29.
  • O día 18 comenzan as Táuridas do Sur.
  • O día 28 comenzan as Oriónidas.

A LÚA

  • Lúa Chea o día 4 ás 16:03.
  • Cuarto Minguante o día 12 ás 02:16.
  • Lúa Nova o día 18 ás 18:44.
  • Cuarto Crecente o día26 ás 04:50.

COMETAS

Poden verse cún telescopio pequeno:

  • C/2006 W3 (Christensen) atravesasndo o Triángulo do Verán, con magnitude 8.
  • C/2007 Q3 (Siding Spring) en Leo, con magnitude 9.

Os demáis cometas teñen magnitudes superiores a 9, polo que a súa observación é moi complicada.

OUTRAS EFEMÉRIDES

  • Día 2: Xupiter e a Lúa moi próximos.
  • Día 4: Os aneis de Saturno sitúanse de canto con respecto á Terra e desaparecen da nosa vista. Pero non será visible pola proximidade de Saturno ao Sol.
  • Día 11: En 1822 o Santo Oficio autoriza a ensinar a teoría de Copérnico de que a Terra xira arredor do Sol.
  • Día 13: A Lúa e Marte moi próximos.
  • Día 16: Venus e a Lúa moi próximos.
  • Día 20: Venus e a estrela Regulus moi próximos.
  • Día 22: Ás 21:18 horas TU, a Terra no equinoccio: inicia o outono no hemisferio norte e a primavera no hemisferio sur.
  • Día 30: Xupiter e a Lúa moi próximos.

NOTA: COROA BOREAL. É unha das 48 constelacións descritas por Ptolomeo, dándolle o nome de Guirnalda do Sur. Tamén foi coñecida como a Coroa do Centauro, ou tamén como o Carcaj de Frechas do centauro. Ambos os nomes relacionados coa súa proximidade á constelación de Saxitario. Na tradición astral representa a coroa de loureiro do Centauro Quirón, polo que algunhas veces tamén é coñecida como Coroa Sagitarii.

As súas estrelas son de escasa magnitude, a máis importente é ALFECCA MERIDIANA (Anel de estelas do Sur), de cor branca e magnitude 4,1.

Coroa_boreal

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS AGOSTO 2009

AS CONSTELACIONS E AS ESTRELAS

Referíndonos ao día 15 ás 24:00 horas:

  • Cara ó norte, xa moi baixa a Osa Maior con algunhas das suas estrelas perto do horizonte, subindo Camelopardalis, a media altura Casiopea, altas Cefeo e Lacerta, preside o céo do norte Draco, pero a está a baixar.
  • Cara ao sur, é o momento do Triángulo de Verán, que xa casi se atopa na súa máxima altura, debaixo o Escudo e Saxitario, Escorpio atopase no horizonte, a media altura, o Golfiño, Equelus, Acuario e Capricornio, baixando Ofiuco e Libra.
  • Cara ao leste, asomando polo horizonte, Aries, Triángulo e Pisces, a media altura Pegaso.
  • Cara ao oeste, baixando Hércules, Ofiuco, Serpens Cauda e Serpens Caput, a Coroa Boreal e Bootes, moi baixa a Cabeleira de Berenice e con parte baixo o horizonte Virgo.

PLANETAS

  • Marte en Tauro, magnitude 0,6.
  • Xúpiter en Capricornio, magnitude –2,9.
  • Venus en Xéminis, magnitude -4,4.
  • Saturno en Leo, magnitude 1,1.
  • Mercurio en Leo, magnitude -1,5.
  • Urano en Piscis magnitude 5,7. .

CHOIVAS DE ESTRELAS

  • Continúan con nos as Piscis Austrínidas ata o día 10.
  • As Delta Acuáridas Sul ata o día 19.
  • As Perseidas ata o día 26, cun máximo de 100 por hora na noite do 12 ao 13.
  • O día 28 comezan as Alfa Aurígidas

A LÚA

  • Lúa Chea o día 6 ás 00:55.
  • Cuarto Minguante o día 13 ás 18:55.
  • Lúa Nova o día 20 ás 10:02.
  • Cuarto Crecente o día 27 ás 11:42.

ECLIPSES

O día 6 terá lugar unha eclipse penumbral de Lúa. O comenzo é visible en Sudamérica, Africa, Europa e Wde Asia, e o final é visible en toda América, excepto o N e o W, África, Europa e Asia occidental. DeNde Galicia verase na súa totalidade.

COMETAS

Poden verse cún telescopio pequeno:

  • C/2006 W3 (Christensen) con magnitude 8 en Vulpecula.
  • C/2008 Q3 (Garradd) con magnitude 9 en Virgo.
  • 22P/Kopff (2009) con magnitude 9 en Acuario.

Os demáis cometas teñen magnitudes superiores a 10, polo que a súa observación é moi complicada.

OUTRAS EFEMÉRIDES

  • Día 6: Eclipse penumbral de Lúa, visible deNde Galicia. Xupiter e a Lúa moi próximos.
  • Día16: Marte e a Lúa moi próximos.
  • Día 12: Choiva de estrelas, as Perseidas (tamén coñecidas como As Bagoas de San Lourenzo); agárdase un máximo de 100 por hora.
  • Día 17: Venus e al Lúa moi próximos, tan só a 0,80º.
  • Día 18: Mercurio e Saturno moi próximos.
  • Día 22: Mercurio, Saturno e a Lúa moi próximos.
  • Día 24: Mercurio en máxima elongación oriental, visible ao comezo da noite cara ao solpor.

NOTA: SCUTUM (o Escudo) Trátase dunha constelación situada entre as da Aguia e Serpens Cauda. Foi creada por Johannes Hevelius en 1684, en honra do rei Juan Sobieski III de Polonia, que proporcionou gran axuda a Hevelius para construír o séu telescópio en 1679. É a única constelación que sobreviviu conmemorando actos políticos. Ao principio era coñecida como "O escudo de Sobieski".

As súas estrelas son de escasa magnitude, a máis importante é ALFA SCUTUN de cor vermella e magnitude 3,85, as demais son da quinta ou sexta magnitude.

Escutum

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS XULLO 2009

AS CONSTELACIONS E AS ESTRELAS

Referíndonos ao día 15 ás 24:00 horas:

  • Cara ó norte, as estrelas de Draco atópanse na súa máxima altura, subindo Casiopea e xa moi alta Cefeo, baixando e case ocupando todo o ceo do norte a Osa Maior, no horizonte Camelopardalis e Lince.
  • Cara ao sur, preside o ceo de xullo, Hercules, baixo ela Ofiuco con Serpens Cauda e Serpens Caput, case no horizonte Libra, Escorpio e Saxitario.
  • Cara ao leste saíndo polo horizonte Acuario e Pegaso, a media altura as constelacións do Triángulo do Verán, que se dirixen a ocupar a súa posición preponderante do ceo de agosto.
  • Cara ao oeste baixando Bootes, xa moi baixas, Virgo e a Cabeleira de Berenice, xa tocando o horizonte Leo.

PLANETAS

  • Xúpiter en Capricornio con magnitude –2,8.
  • Marte en Tauro con magnitude 0,7.
  • Saturno en Leo con magnitude 1,0.
  • Venus en Tauro con magnitude –4,6.
  • Mercurio en Xéminis con magnitude -2,2.
  • Urano entre Piscis e Acuario con magnitude 5,8.

CHOIVAS DE ESTRELAS

  • Continúan con nos as Boótidas de xuño até o día 2.
  • O día 12 comezan as Alfa Capricórnidas cun máximo de 4 por hora o día 28.
  • O día 21 comezan as Delta Acuaridas cun máximo de 20 por hora o día 30.
  • O día 15 comezan as Piscis Austrinidas cun máximo de 5 por hora o día 28.
  • O día 13 comezan as Perseidas, que terán o seu máximo no mes de agosto

A LÚA

  • Lúa Chea o día 7 ás 09:21.
  • Cuarto Minguante o día 15 ás 09:53.
  • Lúa Nova o día 22 ás 02:35.
  • Cuarto Crecente o día 28 ás 22:00.

ECLIPSES

  • O día 7 teremos unha eclipse penumbral de Lúa, só visible en Australia, Pacífico e América.
  • O día 22, teremos unha eclipse total de Sol visible de forma parcial no Leste Asiático, Océano Pacífico e Illa de Hawai, e de forma total en India, Nepal, China e Pacífico central.

COMETAS

Poden verse cún telescopio pequeno:

  • C/2008 Q3 (Garradd) con posible magnitude 7 na constelación de Leo.
  • C/2006 W3 (Christensen) con magnitude 8 en Pegaso.
  • 22P/Kopff (2009) con magnitude 9 en Acuario

Os demáis cometas teñen magnitudes que os fan difícilmente observables.

OUTRAS EFEMÉRIDES

  • Día 6: Ao comezo da noite cara ao poñente, excelente conxunción da Lúa cos planetas Marte e Saturno.
  • Día 10: Ao comezo da noite, cara ao poñente, excelente conxunción dos planetas Marte e Saturno.
  • Día 13: A Lúa e a estrela Antares moi próximas.
  • Día 16: A Lúa e Xupiter moi próximos.
  • Día 20: Aniversario da chegada de Neil Armstrong á Lúa (1969).
  • Día 26: Ao amencer cara ao leste a Lúa é visible moi próxima ao grupo estelar das Pléiades na constelación de Tauro.

NOTA: "LUPUS", Tan só durante o verán e con case a maior parte dela baixo o horizonte, podemos ver a constelación de LUPUS, o lobo. Na tradición astral, os autores clásicos describían a Lupus como unha besta cravada na lanza do Centauro, e ofrecido como sacrifício aos deuses.

As súas estrelas máis importantes son: KAKKAB abreviatura do nome Kakkab Su-gub Gud-Elim (A estrela abandonada do touro con cornos), tamén coñecida polo seu nome chinés MEN, de cor azul e magnitude 2,3. THUSIA, abreviatura do nome Thusia Theriou (o sacrificio do animal) de cor azul e magnitude 2,8.

Lupus

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS XUÑO 2009

AS CONSTELACIONS E AS ESTRELAS

Referíndonos ao día 15 ás 24:00 horas:

  • Cara ó norte, a Osa Menor apunta coas estrelas Phecab e Kochab ao zenit, rodeada pola constelación de Draco que se atopa na súa máxima altura, xa baixando a Osa Maior e moi baixa o Lince, no horizonte Camelopardalis, e Casiopea que xa comenza a subir, a media altura Cefeo.
  • Cara ao sur e presidindo o ceo de xuño Bootes a sua esquerda a Coroa Boreal e asua dereita Comma Verenice, baixo delas e xa baixando Virgo, moi baixas o Corvo e Libra, casi no horizonte Escorpio, e asomando polo horizonte parte de Centauro.
  • Cara ao leste o Triángulo do Verán que enche o ceo do leste, subindo o Golfiño e no horizonte Equuleus.
  • Cara ao oeste a media altura Leo e no horizonte Xeminis, Cancer e a Hydra.

PLANETAS

  • Venus en Aries con magnitude -5,0.
  • Saturno en Leo con magnitude 0,9.
  • Xupiter en Acuario con magnitude -2,6.
  • Mercurio en Tauro con magnitude -1,7.
  • Marte en Aries con magnitude 0,7.
  • Urano en Piscis con magnitude 5,8..

CHOIVAS DE ESTRELAS

  • O día 10 comenzan as Lyridas de Xuño ata o día 21, con un máximo de 8 por hora o día 10.
  • O día 22 comenzan as Bootidas de xuño, cun máximo variable hora o día 27.

A LÚA

  • Lúa Chea o día 7 ás 18:12.
  • Cuarto Minguante o día 15 ás 22:15.
  • Lúa Nova o día22 ás 19:35.
  • Cuarto Crecente o día 29 ás 11:28.

COMETAS

Poden verse cún telescopio pequeno:

  • C/2008 T2 (Cardinal) con magnitude 8 en Canis Minor.
  • C/2006 W3 (Christensen), con magnitude 8 en Pegaso.
  • C/2009 F6 (Yi- SWAN) con magnitude 8 en Auriga.

Os demás teñen magnitudes demasiado altas para poder observalos.

OUTRAS EFEMÉRIDES

  • Día 20: Ás 22:45 horas, a Terra no solsticio: comenza o verán no hemisferio norte e o inverno no hemisferio sur.
  • Día 22: Aniversario do descubrimento do satélite de Plutón, Caronte, polo astrónomo Jim Christy.
  • Día 30: En 1908 caeron en Tunguska (Siberia), os posibles restos dún cometa. Cen anos despois os efectos son ainda visibles
NOTA: A constelación de CENTAURO é unha gran constelación do hemisferio sur, situada ao norte da Cruz do Sur e ao sur de Libra, desde as nosas latitudes só é visible en parte entre os meses de de abril e xullo. En mitoloxia representa aos centauros, seres mitolóxicos con corpo de home en pé, de cuxo traseiro xorde a metade posterior dun cabalo. Segundo a lenda, os Centauros vivían nos bosques e nas montañas da Élide, Arcadia e Tesalia, e pasaban por ser de costumes brutais.

As suas estrelas mais importantes son: RIGEL KENTAURUS ou RIGILKENT (o pé do centauro) ou TOLIMAN (xeno da vide) é a estrela mais próxima ao Sol, en realidade son tres estrelas, en conxunto a sua cor é amarela con magnitide -0,3. HADAR ou AGENA (a terra colocada), de cor azul e magnitude 0,6. MUHLIFAIN (xuramento dun xuramento) de cor azul e magnitude 2,2. MENKENT (ombreiro do centauro) de cor vermello e magnitude 2,6. KE KWAN (o cabaleiro) de cor branco e magnitude 3,1.

Centauro

 

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS MAIO 2009

AS CONSTELACIONS E AS ESTRELAS

Referíndonos ao día 15 ás 24:00 horas:

  • Cara ó norte, a Osa Maior comeza a baixar, aínda que Alkaid na cola da osa, atópase na máxima altura, moi próxima ao zenit, baixando tamén Lince e Camelopardalis, no horizonte Casiopea, subindo Cefeo e Draco, no zenit Canes Venatici.
  • Cara ao sur Virgo preside o ceo de maio, sobre ela Coma Berenices, case no horizonte Corvus e Crater, subindo Libra e asomando polo horizonte Escorpio, baixando Hydra e moi baixa Antlia.
  • Cara ao leste e xa sobre o horizonte Ofiuco, Serpens Cauda e Serpens Caput, bastante alta Hercules, e moi altas a Coroa Boreal e Bootes.
  • Cara ao oeste e baixando Leo, a media altura Cancer, moi baixas Xeminis e Canis Minor, no horizonte as últimas estrelas de Orión.

PLANETAS

  • Venus en Piscis magnitude -5,4.
  • Saturno en Leo magnitude 0,8.
  • Xupiter en Capricornio magnitude -2,5.
  • Marte en Piscis magnitude 0,8.
  • Mercurio en Tauro 2,2.
  • Saturno en Leo magnitude 0,8.
  • Urano en Piscis magnitude 5,9.

CHOIVAS DE ESTRELAS

  • Continúan con nós as Eta Acuáridas ata o día 23 cun máximo de 60 por hora o día 7.
  • Do 6 ao 14 as Eta Lyridas, cún máximo de 3 por hora o día 10.

A LÚA

  • Cuarto Crecente o día 1 ás 20:44.
  • Lúa Chea o día 9 ás 04:01.
  • Cuarto Minguante o día 17 ás 07:26.
  • Lúa Nova o día 24 ás 12:11.
  • Cuarto Crecente o día 31 ás 03:22.

COMETAS

Os cometas deste més teñen magnitudes que os fan dificilmente observables.

OUTRAS EFEMÉRIDES

  • Día 1: Día do Espazo.
  • Día 11: En 1916 publícase a Teoría Xeral Da Relatividade de Albert Einstein.
  • Día 15: En 1618 o astrónomo Johannes Kepler formula a terceira e última Lei que leva o seu nome, referida ao movemento dos planetas.
  • Día 29: En 1919 durante unha eclipse total de Sol, Sir Arthur Eddington confirma a curvatura da luz prevista na Teoría Xeral da Relatividade.
NOTA: LIBRA (a balanza) é a septima das constelacións do Zodíaco. Atópase situada entre as de Escorpio ao leste e Virgo ao oeste. Debido ao seu escaso atractivo visual, é dificil situala, xa que non ten estrelas de primeira magnitude. Na mitoloxía romana os astrónomos consideraban as balanzas de Libra como as da Xustiza, suxeitas pola deusa Astrea.

As súas estrelas máis importantes son: ZUBEN EL GENUBI (pinza sur) de cor azul e magnitude 2,8. ZUBEN ESCHAMALI (a pinza norte) de cor azul e magnitude 2,6. MULU-LIZI ou ZUBEN EL AKRIBI (home de lume) de cor azul e magnitude 4,4. ZUBENELAKRAB (pinzas do escorpión) de cor vermello e magnitude 3,9. BRACHIUM tamén chamada ZUBENHAKRABI, CORNU e BAYER (o brazo) de cor vermello e magnitude 3,2.

lIBRA

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS ABRIL 2009

AS CONSTELACIONS E AS ESTRELAS

Referíndonos ao día 15 ás 24:00 horas:

  • Cara ó norte, a Osa Maior na súa máxima altura, baixando Lince e Camelopardalis, no horizonte Casiopea e Cefeo, subindo Draco.
  • Mirando ao sur: Leo preside o ceo de abril, á súa esquerda e un pouco máis baixa Virgo, que se dirixe a ocupar a súa posición preminente en maio, baixo elas, Cuervo, Sextante, Hydra, saíndo polo sueste Libra e xa no horizonte Escorpio, poñéndose Pyxis e Antlia.
  • Mirando ao leste: No horizonte Ofiuco, a media altura Hercules e a Coruna Boreal, xa moi alta Bootes.
  • Mirando ao oeste: comeza a baixar Cancer, xa bastante baixas Canis Minor e Xeminis, no horizonte Orión, que xa nos deixa ata o outono.

PLANETAS

  • Marte en Piscis magnitude 0,9.
  • Saturno en Leo magnitude 0,7.
  • Xupiter en Capricornio magnitude –2,2.
  • Venus en Piscis magnitude –5,1.
  • Mercurio en Piscis, magnitude -2,4.
  • Urano en Piscis magnitude 5,9.

CHOIVAS DE ESTRELAS

  • O día 16 comenzan as Líridas cún máximo de 18 por hora o día 23, rematan o día 27.
  • O día 15 comenzan as Pi Pupidas cún máximo variable 0 día 23, rematan o día 28.
  • O día 27 comenzan as Eta Acuaridas.

A LÚA

  • Cuarto Crecente o día 2 as 14:34.
  • Lúa Chea o día 9 as 14:56.
  • Cuarto Minguante o día 17 as 13:36.
  • Lúa Nova o día 25 as 03:22.

COMETAS

  • Só o C/2007 N3 (Lulin) en Xeminis con magnitude 79, que xa nos deixa, ainda pode ser visible cún telescopio pequeno. Os demais teñen unhas magnitudes que os fan dificilmente observables

OUTRAS EFEMÉRIDES

  • Día 12: En 1961 Yuri Gagarin convértese no primeiro home que sae ao Espazo.
  • Día 25: En 1990 lanzouse ao espazo o telescopio espacial Hubble.
  • Día 26: Mercurio na súa máxima elongación oriental. Visible desde o inicio da noite cara ao solpor.

NOTA: A constelación de PYXIS (a Caixa Náutica ou a Brúxula) é unha pequena constelación que se atopa entre as constelacións de Antlia, Hydra, Pupis e Vea. Trátase dunha das constelacións creadas polo astrónomo Nicolas de Lacaille en 1752. Deulle este nome para testimoniar a agulla magnética usada polos navegantes. A súa posición próxima ás constelacións que forman a antígua Argo Navis, dando polo tanto énfase a ese nome. Está formada por estrelas de pouca magnitude, a máis importante é ALFA PYXIS, de cor azul e magnitude 3,7.

Pyxis

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS MARZO 2009

AS CONSTELACIONS E AS ESTRELAS

Referíndonos ao día 15 ás 24:00 horas:

  • Cara ó norte, moi alta a osa Maior e Lince, baixando Camelopardalis, casino horizonte Casiopea e Cefeo, subindo Draco.
  • Cara o sur Leo casi ocupando a súa posición preminente no comenzo da primavera, ao seu lado Cancer, baixo elas a Hidra e o Sextante, no horizonte Antlia e Pyxis, moi baixa Canis Maior, subindo o Corvo e Virgo.
  • Cara ao leste asomando polo horizonte Serpens Cauda, Hercules e Libra, a media altura Bootes e xa alta a Cabeleira de Berenice.
  • Cara ao oeste e comezando a baixar Xeminis, Auriga e Canis Minor, xa baixas Orión e Monoceros, e tocando o horizonte Tauro.

PLANETAS

  • Marte en Acuario e magnitude 1,0.
  • Saturno en Leo e magnitude 0,6.
  • Xupiter en Capricornio e magnitude -2,0.
  • Venus en Piscis e magnitude -4,5.
  • Mercurio en Acuario e magnitude -1,6.
  • Urano en Piscis e magnitude 5,9, imposible de ver xa que se atopa detrás do Sol.

CHOIVAS DE ESTRELAS

  • Continúan connosco as Antihelion Source, as Delta Leónidas e as Gamma Normidas ata o día 22 cún máximo de 4 por hora o día 13.

A LÚA

  • Cuarto Crecente o día 4 ás 07:46.
  • Lúa Chea o día 11 ás 02:38.
  • Cuarto Minguante o día 18 ás 17:47.
  • Lúa Nova o día 26 ás 16:06,

COMETAS

  • Só o C/2007 N3 (Lulin)con magnitude 5 continua a ser visible na constelación de Xéminis podendo ser observado con prismáticos ou cún telescopio pequeno. Os demais teñen magnitudes que os fan dificilmente observables.

OUTRAS EFEMÉRIDES

  • Día 4: Aniversario do descubrimento do planeta Urano polo astrónomo inglés William Herschel (1781).
  • Día 8: Saturno en oposición, bo momento para observalo.
  • Día 13: O astrónomo inglés William Herschel descobre no planeta Urano os seus satélites Titania e Oberón (1787).
  • Día 20: Ás 04:44 horas, a Terra no equinoccio: inicia a primavera no hemisferio norte e o outono no hemisferio sur.
  • Día 25: Christiaan Huygens descobre o primeiro satélite natural de Saturno: Titán (1655).

NOTA: A constelación de ANTLIA é un grupo de estrelas de escasa magnitude, situada entre as constelacións de Hydra, Centauro, Pyxis e Vela. O astrónomo frances Nicolas de Lacaille a propuxo (xunto a outras trece) no século XVIII dandole o nome do descubridor da bomba neumática Denis Papin.

Ningunha das súas estrelas ten nome propio, as máis luminosas son ALFA ANTLIAE de cor vermello e magnitude 4,25. EPSILON ANTLIAE de cor amarelo e magnitude 4,51. IOTA ANTLIAE de cor vermello e magnitude 4,61.

Antlia

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS FEBREIRO 2009

AS CONSTELACIONS E AS ESTRELAS

Referíndonos ao día 15 ás 24:00 horas:

  • Cara ó norte, subindo Draco e xa bastante alta a Osa Maior, baixando Auriga Camelopardalis e Perseo, moi baixa Casiopea, no horizonte Cefeo, e no zenit o Lince.
  • Cara ao sur Cancer preside o céo de febreiro, baixo dela o Can Menor e a cabeza da Hydra, baixando Xéminis e Orión, no horozonte o Can Maior a Bruxula e a Máquina Neumática.
  • Cara o leste, Leo dirixíndose a ocupar a súa posición preminente na primavera, subindo Crater, Bootes e Coma Venenice, no horizonte Virgo e o Corvo.
  • Cara ó oeste xa moi baixa Tauro e Aries, no horizonte Cetus e Piscis.

PLANETAS

  • Saturno en Leo magnitude 0,6.
  • Marte en Capricornio magnitude -1,1.
  • Mercurio en Capricornio magnitude –1,6.
  • Urano en Acuario magnitude 5,9.
  • Venus en Piscis magnitude –5,5.
  • Xupiter en Capricornioo magnitude –2,0.

CHOIVAS DE ESTRELAS

  • Continuan connosco as Alfa Centauridas cun máximo de 5 por hora o día 7.
  • A partir do 15 as Delta Leónidas, cun máximo de 2 por hora o día 25.
  • O día 25 comenzan as Gamma Normidas.
  • Durante todo o més e hasta o mes de setembro estara activa a choiva de estrelas denominada Antihelion Source.

A LÚA

  • Cuarto Crecente o día 2 ás 23:13.
  • Lúa Chea o día 9 ás 14:49.
  • Cuarto Minguante o día 16 ás 21:37.
  • Lúa Nova o día 25 a 01:35 (horas UTC).

ECLIPSES

  • Eclipse penumbral de Lúa o día 9, visible desde Galicia.

COMETAS

  • O cometa C/2007 N3 (Lulin) con magnitude 4 e visible durante todo o més entre as constelacións de Libra e Virgo. Os demais teñen magnitudes moi grandes que os fan difícilmente observables.

OUTRAS EFEMÉRIDES

  • Día 1 : Aniversario da traxedia do trasbordador espacial Columbia, falecendo os seus sete tripulantes (2003).
  • Día 9: Eclipse penumbral de Lúa. Visible en Galicia.
  • Día 23: Aniversario (1987) da aparición da Supernova 1987A en a Gran Nube de Magallanes.

NOTA: PUPPIS (a popa), Trátase dunha constelación do sur, parte dela parcialmente visible sobre o horizonte, atópase ao sueste do Can Maior. En mitoloxía trátase da popa da nave dos Argonautas (Argo Navis).

As súas estrelas máis importantes son: NAOS ou SHUHAIL HADAR (O barco) de cor azul e magnitude 2,25, AZMIDISKE ou ASMIDISKE de cor amarela e magnitude 3,3. TUREIS (O pequeno escudo) de cor amarela e magnitude 2,8. Ao RHILHA ou REHLA (A viaxe) de cor vermella e magnitude 2,9. HADIR de cor vermella e magnitude 3,3.

Pupis

EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS XANEIRO 2009

AS CONSTELACIONS E AS ESTRELAS

Referíndonos ao día 15 ás 24:00 horas:

  • Cara ó norte, subindo e casi a media altura a Osa Maior, casi na súa máxima altura o Lince, baixando Perseo e Camelopardalis, Casiopea a metado do camiño, moi baixa Cefeo, no horizonte e xa comenzando a subir Draco, no zenit Auriga.
  • Cara ao sur preside o céo do invernos as constelacións de Orión, Tauro, Xeminis, Canis Maior, Canis Minor e a Lebre, forman unha das mais belas imaxes que o céo de calquera época do ano nos pode ofrecer, baixando Eridano, e subindo a Hydra.
  • Cara ao leste asomando polo horizonte Virgo e a Cabeleira de Verenice, a media altura Leo e xa alta Cáncer.
  • Cara ao oeste baixando Aries, Andrómeda e Piscis que xa toca o horizonte xunto con Pegaso e Cetus.

PLANETAS

  • Marte en Escorpio magnitude 1,2.
  • Saturno en Virgo magnitude 0,7.
  • Venus en Acuario magnitude -5,2.
  • Xupiter en Capricornio manitude -1,9.
  • Mercurio en Capricornio magnitude -1,0.
  • Urano en Acuario magnitude 5,9.

CHOIVAS DE ESTRELAS

  • Continuan con nos as Coma Berenícidas ata o día 23.
  • Do 1 ó 5 as Cuadrántidas cún máximo de 60 por hora as 01:00 do día 4.
  • O día 28 comenzan as Alfa Centauridas.

A LÚA

  • Cuarto Crecente o día 4 ás 11:56.
  • Lúa Chea o día 11 ás 03:27.
  • Cuarto Minguante o día 18 ás 02:46.
  • Lúa Nova o día 26 ás 07:55.

ECLIPSES

  • O día 26 eclipse anular de Sol visible no hemisferio sur.

COMETAS

  • C/2007 N3 (Lulin) na constelación de Libra con magnitude 5.
  • 85P/Boethin (2008) atopase percorrendo a constelación de Piscis, con magnitude 7.

Os demais cometas neste més teñen magnitudes que os fán difícilmente observables.

OUTRAS EFEMÉRIDES

  • Día 3: Máximo da choiva de meteoros Quadrántidas (Draco) cunha media de 60 meteoritos visibles por hora.
  • Día 7: Galileo Galilei descobre os satélites naturais de Júpiter Io, Europa e Callisto (1610).
  • Día 8: En 1642 morre arrestado no seu domicilio de Florencia, Galileo Galilei. Ata o 31 de outubro de 1992 a Santa Sé non recoñeceu o seu erro ao condenalo en 1633.
  • Día 13: En 1610 Galileo descubre o satélite de Xupiter Ganymedes.
  • Día 26: Eclipse anular de Sol. É visible unicamente desde sur de África, a Antártida e sureste de Asia e Australia. A anularidade é visible desde Indonesia.
  • Día 28: Aniversario (1986) do desastre ocurrido no trasbordador espacial Challenger onde morreron 7 astronautas.

NOTA: MONOCEROS, O Unicornio, é unha constelación moi ampla, pero de estrelsa moi débiles. Está situada entre Orión, Can Maior, Hydra e Xéminis.

A constelación aparece por primeira vez nas cartas estelares de Jakob Bartsch de 1624 como o Unicornio, xamais apareceu como tal no catálogo de Bayer e aínda que Bartsch mostrou interese por esta constelación, a verdade é que fai falta moita imaxinación para identificar a un "Unicornio" neste grupo de estrelas, o que se xustifica pola variedade de versións que existen na "posición" do animal no firmamento.

As suas estrelsa mais importantes son: ALFA MONOCEROTIS, de cor amarelo e magnitude 3,93. BETA MONOCEROTIS, de cor azul e magnitude 3,76 tratase dun sistema triple.

Monoceros