logo

Logo_astronomia

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

astronomia@sghn.org

line decor
INICIO  
line decor
line decor
 
 
 
 


DIVULGACIÓN DA ASTRONOMÍA NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

Nordesía 25 abril 2.010

PUNTEIROS CELESTES. TEREBELLUM  

O ceo nocturno non deixa de ofrecernos pequenos tesouros que sorprenderon a astrónomos de todos os tempos. Falamos hoxe dun asterismo coñecido como TEREBELLUM. Trátase dun grupo de catro estrelas de quinta magnitude, situadas na cola do centauro da constelación de Saxitario. Para atopalas uniremos a estrela Antares na constelación de Escorpio, con Kaus Media na constelación de Saxitario, e prolongamos a mesma distancia que as separa, que nos levará directamente sobre o asterismo de Terebellum.

Seguramente se trate do grupo de estrelas que no século segundo foron nomeadas por Ptolomeo como Tetrapleurón. No século XVII o astrónomo alemán Bayer, denomínaas definitivamente Terebellum, seguramente polo parecido coa cuncha do molusco gasterópodo mariño Terebellum terebellum que se atopa na costa norte de Australia. Os chineses tamén coñecian este asterismo co nome de Kow Kwo (can do pais).

As catro estrelas que forman o Terebellum atópanse aparentemente moi xuntas, estando separadas por non máis de dous graos de arco, pero entre elas non existe ningún tipo de ralacción gravitacional, xa que se atopan a distancias moi diferentes. Os nomes das estrelas e as súas caracteristicas son: Omega Sagittarii de cor amarela laranxa con magnitude 4,7 , a unha distancia de 77,6 anos luz da Terra, é a máis próxima das catro, atópase na esquina nordeste. 59 Sagittarii de cor vermella e magnitude de 4,5, a unha distancia de preto de 1200 anos luz da Terra, atópase na esquina sureste. 60 Sagittarii de cor amarela laranxa e magnitude 4.8, a unha distancia de 340 anos luz da Terra, atópase na esquina noroeste e é a máis débil das catro. 62 Sagittarii de cor vermella e magnitude 4,43, a unha distancia de 448 anos luz da terra, atópase na esquina suroeste e é a máis brillante das catro.

A  observación do Terebellum non nos deixará indiferentes, xa que para atopalo teremos que pasar polo impresionante centro da nosa galaxia, A Vía Láctea. Miles de estrelas de todas as cores, cúmulos abertos, nebulosas, etc, a primeira ollada ou cuns simples prismáticos. Con toda seguridade non sairemos defraudados.


 

VENUS E MERCURIO NO CEO DA PRIMAVERA 2.010

Venus e Mercurio, un agasallo dos ceos

Venus e Mercurio pode verse despois do solpor  baixando cara o oeste, resulta interesante pola propia conxunción, e que coincide nesta data o máximo aloxamento o norte de Mercurio.
Esto só pretende ser unha guía para asomarse pola fiestra e ver en directo este espectáculo



Tomada dende Narón (Coruña) o día 07 de abril as 22:00B (hora local)

Nordesía 28 febreiro 2.010

PUNTEIROS CELESTES. COLLINDER 399, CUMULO DA PERCHA 

O ceo nocturno non deixa de ofrecernos imaxes cheas de beleza e ás veces simplemente curiosas. Se miramos cara ó Triángulo do Verán no seu lado dereito, podémonos atopar cun grupo de estrelas que visualmente presentan o aspecto dunha percha, unha liña recta de seis estrelas, cun gancho de catro estrelas no lado do sur.

A primeira pregunta que nos asalta é:  É esta percha un cúmulo estelar ou un asterismo? Medicións tomadas con gran precisión desde distintos puntos da órbita que a Terra percorre ao redor do Sol, revelaron desprazamentos angulares discrepantes que indican que o que parecía un cúmulo é, en realidade, un asterismo. 

Este coñecido asterismo sitúase na constelación  de Vulpecula, a Raposa. Componse dunhas 10 estrelas de entre 5ª e 8ª magnitude que forman a característica forma de percha de roupa, cerca do bordo esquerdo da imaxe distínguese un verdadeiro cúmulo aberto de estrelas: NGC 6802. 


Quen primeiro fai unha descrición é o astrónomo persa Abd Al-Rahman Al Sufi, no seu Libro das Estrelas Fixas escrito no ano 964. No século XVII é redescuberto polo astrónomo italiano Giovan Battista Hodierna. 

Coñéceselle como Cúmulo de Al Sufi, Cúmulo de Brocchi, (polo astrónomo afeccionado que en 1920 o catalogou para fotometría), Collinder 399, (polo catálogo de Per Collinder, astronomo sueco que en 1931 fixo un catálogo de cúmulos abertos) e como "coathanger cluster" percha en inglés.

Para localizalo, uniremos as estrelas Vega e Sulafat na constelación da Lira con Altair na constelación da Aguia, e na metade do camiño entre Sulafat e Altair, atoparémonos co asterismo da Percha.  A súa observación, cuns simples prismáticos, non deixará de sorprendernos, xa que nos permitirá descubrir outro dos pequenos tesouros que garda a noite estrelada.

Publicado no "DIARIO DE FERROL" apartado "NORDESÍA"  do día 28 de febreiro de 2.010

PROTUBERANCIA SOLAR 02 FEBREIRO 2.010

Protuberancia solar, instantáneas do día 02 de febreiro de 2.010 as 10:20 TU, dende Ferrol (Coruña)


 

PUNTEIROS CELESTES: A FERVENZA DE KEMBLE

Unha das zonas máis áridas do ceo, debido á falta de estrelas brillantes, é a comprendida dentro do cadrado formado polas estrelas Polar (Osa Maior), Capella (Auriga), Seguín (Casiopea) e Muscida (Osa Maior). No seu interior atópase a constelación de Camelopardalis (O Camelo ou A Xirafa), pouco conspicua e difícil de identificar. A súa estrela máis brillante é Beta Camelopardalis, que apenas alcanza a cuarta magnitude. Ten uns poucos cúmulos abertos, pero ten un obxecto de ceo profundo visible con prismáticos, un asterismo coñecido como A Fervenza de Kemble. 

Recibe este nome en honra ao home que por primeira vez a observou, o franciscano Lucien J. Kemble, un astrónomo afeccionado canadense, que en 1980 escribiu a Walter Scott (da revista Sky and Telescope), comunicandolle que atopara unha fermosa fervenza de débiles estrelas caendo desde o noroeste ata o cúmulo aberto NGC 1502 na constelación de Camelopardalis, mentras estudaba o ceo cuns prismáticos de 7x35. Walter Scott decidiu nomear ao asterismo como a Fervenza de Kemble, e desde entón coñécese con este nome. 


Este asterismo esta formado por unhas 20 estrelas case aliñadas, entre a sexta e a novena magnitude cunha de cinco nomedio, abarcando entre 2,5 e 3 graos de arco, é dicir unhas cinco lúas cheas. Móstranse como nunha cadea na mesma dirección que a Via Láctea.

Para localizala usaremos a constelación de Casiopea, uniremos as estrelas Caph (Beta Cassiopeiae) con Seguin (Epsilón Cassiopeiae) e prolongaremos esta recta outro tanto como a distáncia que separa ás dúas estrelas, e levaranos directamente ao comezo da Fervenza de Kemble, no centro da mesma atoparémonos coa estrela máis brillante do grupo HIP 1805 ou SAO 12968 de magnitude 4,95, finaliza no cúmulo aberto NGC 1502. Uns simples prismáticos permitirannos gozar dun espazo de ceo pouco coñecido, pero con sorpresas ocultas.

 

CUADRANTIDAS 2010

Xunto coas Xemínidas do més de decembro, as Cuadrántidas, son as choivas de estrelas máis intensas do ano, aínda que as datas de observación no hemisfério norte, fannas coincidir na maioría das ocasións con ceos cubertos.

As cuadrántidas 2010 comezan o 28 ded ecembro de 2009, ata o 13 de xaneiro. O radiante atópase situado entre as constelacións de Bootes, Osa Maior, Draco e Hercules. O máximo terá lugar o día 3 ás 19:00 Tempo Universal, é dicir ás 20:00 hora oficial, o que non nos permitirá, aínda que as condicións metereolóxicas sexan adecuadas, un bo espectáculo xa que a constelación de Bootes non sae ata as 24 horas e a Lúa acompáñanos dende as 22 horas. No entanto dende o crepusculo, todos os meteorítos que salgan en dirección norte, poderán ser observados. 


As cuadrántidas son unha choiva de meteoros estraña. A primeira vez que alguén se deu conta da presenza das Cuadrántidas foi entre 1820 e 1830. Os astrónomos buscaron durante moito tempo o cometa que orixinaba ás Cuadrántidas sen resultados. En 1990 suxeriuse que poderían ter a súa orixe no cometa 96P/Machholz, pero finalmente, no 2003, un astrónomo chamado Peter Jenniskens do laboratorio Ames Research Center da NASA, atopou evidencias de que as cuadrántidas proveñen do asteroide 2003 EH1, un asteroide que probablemente formou parte dun cometa visto desde China, Korea e Xapón en 1490 e 1491, quizais ese cometa rompeu, e algúns pedazos convertéronse nos meteoroides que dan orixe ás Cuadrántidas. A Terra cruza a órbita de 2003EH1 formando un ángulo perpendicular, o cal explica a brevidade desta choiva de meteoros.

As cuadrántidas toman o seu nome dunha antiga constelación, " Quadrans Muralis " o Cuadrante Mural, creada por Joseph Lalande en 1795, definida nos atlas estelares do século XIX, e situada entre Draco e Bootes. Foi suprimida dos atlas estelares cando en 1922 a Unión Astronómica Internacional actualizou o mapa de constelacións quedando tan só as 88 constelacións actuais. O feito de que se conserve o nome de Cuadrántidas é debido a que foi o primeiro nome que se lles deu, e xa existe outra choiva de estrelas coñecida co nome de Bootidas.

Este ano se as condicións atmosféricas nos acompañan poderemos ver un interesante espectáculo.

Nordesia nadal 2.009

XEMINIDAS 2009

A pesar da fama das Perseidas e as Leónidas, este ano a choiva de estrelas con maior intensidade son as Xemínidas. Comezarán o día 3 de decembro, ata o día 19. O máximo terá lugar na noite do 13 ao 14, e espérase unha taxa horaria zenital (ZHR) de 120 por hora.

O seu radiante atópase ao norte da constelación de Xéminis, son uns meteoros de moderada velocidade. Non adoitan deixar rastros moi brillantes, pero os que o fan son de gran intensidade, e comunmente en cores amarelo, verde ou azul. 


As Xemínidas non son estrelas fugaces ordinarias. Mentres que a maioría das choivas de estrelas teñen as súas orixes en cometas, as Xemínidas proveñen dun asteroide próximo á Terra chamado Phaethon 3200, descuberto en 1983. Pero os asteroides non adoitan eyectar po cara ao espazo, polo que se supón que un cometa chocou con outro asteroide na antigüidade, o que podería crear unha nube de po e rocas que siga a Phaethon na súa órbita, que é moi elíptica, ou sexa como a dun cometa, e leva ao asteroide moi preto do Sol, o dobre de cerca que Mercurio. Cada 1,4 anos, Phaethon introdúcese no sistema solar interno, onde a calor do Sol podería facilmente reducir un cometa importante ao esqueleto rochoso que vemos hoxe.

O asteroide Phaethon 3200 esta catalogado como un "PHA" é dicir unasteroide potencialmente perigoso, cuxo camiño pasa a tan só 3 millóns de quilómetros da órbita terrestre, mide 5 quilómetros de ancho e pode ser visto con telescopios pequenos.

As Xemínidas foron observadas por primeira vez fai 150 anos, durante a Guerra Civil americana, e desde entón estiveron connosco. Se as condicións metereológicas nos acompañan poderemos ver un gran espectáculo.

 

REPORTAXE: Los aprendices de Galileo

La Sociedade Galega de Historia Natural enseña a los escolaresde Ferrollos secretos del universo en el Año Internacional de la Astronomía

LORENA BUSTABAD - Ferrol - 22/11/2009

Desde Mougá, a las afueras de Ferrol, en los días claros se pueden ver los acantilados del cabo Ortegal. Por las noches, cuatro lunas de Júpiter. Cada semana, la Sociedad Galega de Historia Natural (SGHN) de Ferrol pone su gigantesco telescopio al servicio de los ojos más curiosos para mostrar a los escolares las maravillas del universo nocturno. Forma parte del programa de actividades con el que esta pequeña entidad cultural y ecologista quiere celebrar este Año Internacional de la Astronomía que conmemora los descubrimientos de Galileo Galilei. Hace 399 años, una noche de enero, este astrónomo italiano dirigió su telescopio casero hacia el cielo de Venecia. Contó cuatro lunas orbitando alrededor de Júpiter y las bautizó como Ío, Europa, Calixto y Ganímedes, conocidas como los satélites galileanos. De su observación, dedujo que la Tierra giraba alrededor del Sol y no al revés como se creía. Este descubrimiento fue su condena. La Inquisición lo sentenció por hereje a vivir en silencio y bajo arresto domiciliario sus últimos años.

A los niños les interesasaber más sobre el horóscopo y los astros

Se quedan atónitos al saber que el sol se apagará dentro de millones de años

Cuatro siglos después, un grupo de 18 alumnos de 1º de la ESO del IES de Canido localizaron y observaron entusiasmados el baile de los mismos cuatro astros que avistó Galileo en 1610. Hoy, al planeta anaranjado se le conocen 63 satélites. Con el telescopio de la SGHN sólo se ven con claridad los de Galileo. Cuatro puntos brillantes colocados alrededor de Júpiter, el quinto planeta de sistema solar. También el más grande y el más brillante. A simple vista, a través de este armatoste de dos metros con un espejo reflector de 400 milímetros, también se aprecian las franjas anaranjadas y rojizas de Júpiter, el planeta que, según los científicos, quiso ser una estrella y fracasó.

Hace dos semanas que la SGNH de Ferrol propuso al Ayuntamiento realizar talleres de astronomía en el aula ambiental Reciclaterra de Mougá, un monte elevado de la parroquia de Esmelle alejado de las luces de la ciudad. En dos días, los colegios agotaron el cupo de la excursión astronómica para descubrir "los secretos del cielo del invierno" en 14 sesiones que finaliza en febrero. Con los 3.000 euros que aportó el gobierno local se paga el bus escolar que lleva a los niños hasta este observatorio improvisado. Los monitores de la Sociedade, Paulino Gasalla y Xosé Araújo, donan su tiempo y sus conocimientos "por amor al arte del cielo", dicen.

Los niños hacen cola en el telescopio y apuntan con el dedo al firmamento tratando de localizar Casiopea, Vega de Lira o la Estrella Polar, que a ratos, se van escondiendo entre las nubes. Dentro del aula, se proyectan imágenes de galaxias, constelaciones, nebulosas, cúmulos estelares, supernovas, planetas y millones de estrellas: enanas blancas, rojas, amarillas o gigantes azules. "También hay una verde, que se sepa", apunta Gasalla.

"Esta clase es un poco rara", dice José Manuel, de 12 años. Pero Antón, el profesor de Ciencias, les pide que saquen el cuaderno y tomen buena nota. Cada uno tendrá que elegir una constelación y explicar su historia y características. Mientras, van admirando el brillo de Orión, Pegaso o el Ofiuco (el encantador de serpientes) y preguntan por el nombre de todas las Pléyades. Belén ya tiene claro que en sus deberes relatará por qué nuestra galaxia se llama Vía Láctea después de escuchar que para la mitología griega, la galaxia es la leche materna de la diosa Hera derramada cuando amamantaba a Hércules, hijo ilegítimo de su esposo Zeus.

El interés de los niños por el universo varía en función de su edad, explican los monitores de la SGNH, pero casi todos se quedan asombrados "porque algunos no saben que el sol es una estrella". Otros pasan, añade el profesor "pasan de esto y de todo". A los talleres astronómicos asisten niños de Primaria y Secundaria,de 7 a 16 años. Comparan la luna con "un huevo de pájaro" y preguntan por las constelaciones del Zodíaco. "Eres Acuario porque el sol pasaba por ahí cuando naciste", responde el monitor a una de las niñas.

Luego, se tropiezan con la física teórica y la inmensidad de unas distancias y dimensiones incomprensibles para casi todos. Sobrepasados por los años-luz, intrigados por la vida en otros planetas, los chavales se quedan atónitos cuando les anuncian que "el sol morirá" dentro de unos 4.000 millones de años con una gigantesca explosión que tragará este planeta azul que llamamos Tierra.

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/aprendices/Galileo/elpepiautgal/20091122elpgal_10/Tes



Fonte "El Pais"