logo

Logo_astronomia

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

astronomia@sghn.org

line decor
INICIO  
line decor
line decor
 
 
 
 


DIVULGACIÓN DA ASTRONOMÍA NAS ESCOLAS

 

Convenio "Coñece o Universo" SGHN-Concello de Ferrol

Ferrol, 10-10-2016

A Sección de Astronomía e Contaminación Lumínica de SGHN e o Concello de Ferrol veñen de renovar o convenio para desenvolver o programa "Coñece o Universo" que consiste en desprazar en bus aos chavales, a partir das 19.00 horas (nos meses nos que anoitece antes) ata a aula Reciclaterra. En caso de que o día estea bo, trabállase ao aire libre durante unha hora e media.

Primeiro se lles ensina a mirar o ceo, aprender as constelacións e a cor das estrelas e, logo, cun telescopio se lles amosan obxectos máis rechamantes, que permiten despertar o seu interese, por un lado, pero tamén que comproben a contaminación lumínica da cidade, de tal xeito que comecen a ter certa concienciación de que hai que protexer o medio natural. Se vai mal tempo, o traballo faise dentro da aula cun programa automático.

 

COÑECENDO O UNIVERSO 2012-13

 

IES Concepción Arenal, 15 de novembro de 2012

21 participantes do IES Concepción Arenalachegáronse aos Castelo de San Felipe e realizaron un percorridos polo ceos nocturnos de outono a través do programa Stellarium, as nubes impediron a obsevación. A presentación informática comezou por un percorrido polos diferentes horizontes, detallando as principais constelación e correspondentes estrelas así como as súas lendas asociadas, amosouse o percorrido do Sol pola ecliptica e o paso las diferentes constelacións zodiacais. o movemento diurno, así como obxectos de ceo profundo máis subliñables. Rematouse dando resposta a preguntas dos alumnos

IES Concepción Arenal, 20 de novembro de 2012

Realizouse un percorrido polo ceos nocturnos a través do programa Stellarium así como unha presentación informática de apoio "Unha viaje espacial" complementandose para para amosar as diferentes contelacións, estrelas, planetas e obxectos de de ceo profundo subliñabes nesta data, así como un percorrido plo miudo da Lúa. As condición meteorolóxicas impediron en todo momento nen sequera amosar a Lúa, aínda que o telescopio atopouse disposto por si houbese un claro.

IES Concepción Arenal, 22 de novembro de 2012

A través do programa Stellarium realizouse un percorrido polo ceo, correspondente a nosa latitude, dende constelacións, estrelas así como galaxias ademáis da Lúa e os planetas Xúpiter, Venus e Marte. Cando as condicións o permitiron puidose observar a Lúa que aínda que a través de bandas de nubes ténues permitiron amosar cráteres e mares; na observación puidose comtemplar un halo lunar.

IES Concepción Arenal, 27 de novembro de 2012

A pesares dunha climatoloxía inestable por mor dos chuvasco e moitas nubes, entre os claros puídose observar a Lúa, a pesares de estar case chea, puideron amosarse algunhas contelación como casiopea e as que forman o triángulo de verán Lira, Águia e Cisne, temén puídose amosar Xúpiter aínda que non se puido obsevar polo telescópio, Completouse a actividade no interior a través do programa Stellarium amosandose os ceos correspondentes

IES Concepción Arenal, 29 de novembro de 2012

As condicións meteorolóxicas impediron a observación. Coa ferramenta do programa "Stellarium" realizouse un percorrido polas principais constelacións, asterismos e estrelas correspondentes a nosos ceos nesta época do ano así como os obxectos de ceo profundo máis subliñables. Os planetas e a Lúa tamén foron detallados no percorrido, como remate realizosa unha rolda de preguntas sobre astronomía dos participantes.

IES Ricardo Carballo Calero, 4 de decembro de 2012

En princio de dado que os ceos se atopaban cubertos, realizouse unha presentación dos ceos das nosas latitudes a través do programa Stellarium, facendo un percorrido polos obxectos máis significativos dos nosos ceos. Aproveitouse un claro no ceo para poder observar a simple vista o asterismo do triángulo de verán, Casiopea, Tauro así como puderonse ver a través de primáticos Xúpiter , as súa lúa e M31 a Grande Galaxía de Andrómeda.

IES Canido, 13 de decembro de 2012

Por aviso de temporal e para evitar o desprazamento ata o castelo de San Felipe e como non teriamos a oportunidade de observar o ceo, decidiuse realizar a actividade no salón de actos da SGHN. Có programa Stellarium realizouse un percorrido polos ceos correspondentes a nosa latitude, amouse a localización da estrela Polar, o percorrido do Sol polas constelacións ao seu paso pola ecliptica, o movemento diurno e anual e un percorrido polas diferentes constelacións, asterimos, estrelas, planetas observables así como detalles para o recoñecimento a través de punteiros celestes. Rematouse dando resposta as inquedanzas que os rapaces preguntaban sobre temas astronómico.

IES Canido, 10 de xaneiro de 2013

30 rapaces e rapazas, realizaron un pequeño recorrido polo ceo en principio a simple vista, despois a través de prismáticos e por último polo telescópio. Dende o posicionamento da estrela polar coas constelacións de Casiopea, Orión, Pleiades, o Cadrado de Pegaso e Andrómeda; tamén poderonse observar, o Doble Cúmulo de Perseo, A grande Galaxia de Andrómeda e a Nebulosa de Orión, poideronse observar o paso de varios satélites artificiais da serie Iridium. Completouse a actividade amosandose a contaminación lumínica e a súa incidencia para a observación astronómica.

IES Saturnino Montojo, 15 de xaneiro de 2013

Por condicións adversas para aobservación, realizouse a exposición dos ceos correspondentes as nosas latitudes a través do programa Stellarium. Comenzouse recoñecendo a estrela polar e as constelacións guía para a sús identificación, Osa Maior e Casiopea, amosaronse polo miudo as principais constelacións coas súas estrelas e obxetos de ceo profundo asequibles aos nosos instrumentos. O planeta Xupiter e as súas luas observables foron incluidos na exposición. Rematouse cunha rolda de preguntas sobre temas astronómicos.

 

IES Canido, 17 de xaneiro de 2013

Por atoparnos en condicións meteolóxicas adversas para a observación, realizase un percorrido polos principais obxectos dos nosos ceos, dende a Lúa, Xúpiter, estrelas, constelacións ata as nebulosas, cúmulos e galaxia, a través presentación informática. Rematouse a actividade dando resposta as preguntas dos presentes sobre temas relacionados coa astronomía

CEE Terra de Ferrol, 22 de xaneiro de 2013

Por mor das condicións meteorolóxicas realizouse unha presentación a traves do programa stellariun. Amosouse a estrela Polar así como identificala no CEO, por médio da Osa Maior e Casiopea, continuouse amosando o resto de constelacións e as suas lendas. Tentouse obsevar a Lúa co telescópio, pero tan só um rapaz o logrou. Rematouse respondendo algunha pregunta sobre o exposto. Todo o feito podese ver no blog do colexio nesta dirección: http://rumboaoespazo.blogspot.com.es/

 

COÑECENDO O UNIVERSO NO "CEE TERRA DE FERROL"

Como todos os anos a SGHN, en colaboración cos Programas educativos do Concello de Ferrol, desenvolveu o proxecto "Coñecendo o Universo", dirixido a todos os centros educativos do municipio, durante 14 xornadas dos meses de novembro, decembro e xaneiro. Participaron 6 centros e case 300 alumnos.

Pero este curso as cousas cambiaron, xa que non se puido efectuar a actividade no aula de Reciclaterra por problemas técnicos. E o lugar alternativo, o Castelo de San Felipe, non resultou moi adecuado, malia a súa inquietante beleza nocturna. A iso sumouse as malas condicións atmosféricas, que só nos permitiron observar co telescopio un día.

Pero na última xornada e cando creiamos que o curso pasaría sen pena nin gloria, fumos ao CEE Terra de Ferrol, e todo pareceu cambiar. O que esperabamos atopar cando chegamos ao colexio quedou superado polo que realmente atopouse: o centro implicado con carteis sobre temas astronómicos nos que se representaban dalgun xeito todas as partes da Astronomía; o ceo, as constelaciónes, estrelas, planetas, etc. Aproveitando o antroido os alunos disfrazáronse de astronautas, foguetes, planetas, etc. Tamén fixeron talleres sobre foguetes, cráteres lunares, fases lunares, o Big Bang, reloxos solares e moitos máis. Pero sobre todo grandes doses de entusiasmo por coñecer, aprender e gozar do Universo e os seus misterios.

Cando chegamos profesores, cuidadores e alumnos xa estaban en marcha, polo que todo foi extremadamente doado para nós. Montamos a exposición de imaxes astronómicas, e ao comentalas sorprendeunos como coñecian gran parte do que nelas se explicaba. Fixemos unha pequena viaxe espacial, visitando o Sistema Solar, cos seus planetas, satélites, asteroides, cometas, etc. A Vía Láctea, con estrelas, nebulosas, supernovas, cúmulos pechados e galaxias satélites da nosa. 

Só faltaba a observación astronómica, así que unha tarde montamos o telescopio, explicando todas as súas partes, pero o mal tempo só permitiu que un dos alumnos puidese ver a Lúa, e as súas expresións e xestos de alegría ao vela no telescopio, non se nos esquecerán nunca. Así que a observación quedou a medias, e hai que rematala. Polo tanto no próximo curso serán os primeiros cos que comecemos unha nova etapa de “Coñecendo o Universo”. Todo o feito podese ver no blog do colexio nesta dirección: http://rumboaoespazo.blogspot.com.es/

Foron dous días inesquecibles cos alumnos e profesores (unha aperta para Ana, Xesus e Maricarmen) do CEE Terra de Ferrol, sentímonos como na nosa casa, coma se fósemos parte do colexio, as nosas máis sinceras grazas polo agarimo que todos nos dispensáron.

 

CEIP DE PAZOS, 24 DE XANEIRO DE 2012

O Día 24 de xaneiro, 23 alumnos e profesores do CEIP de Pazos puideron realizar unha observación, dende as instalacións de Reciclaterra, do ceo de inverno a través do telescopio e a simple vista. Puideronse amosar os planetas Venus e Xúpiter, unha Lúa cincenta que amosaba todo o seu volume, coa luz que recibía da Terra, constelacións como Orión, o Touro, os Xemelgos, asterismos como o Carro da Osa Maior e as Pleiades, así como obxectos como a Nebulosa de Orión, a Gran Galaxia de Andrómeda, M81 e M82. Destacáronse estrelas como Sirio e a Estrela Polar.


 

IES CARBALLO CALERO, 19 DE XANEIRO DE 2012

O día 19 de xaneiro, 12 rapaces e rapaces de 1º e 2º de ESO e dous profesores do IES Carballo Calero, ao non poder realizar a observación en directo dos ceos inverno, realizaron un percorrido dos ceos a través do programa "Stellarium". Comenzando por situar a estrela Polar axudados, na súa localización, pola Osa Maior e Casiopea, así como o movemento diurno; continuando có resto de constelacións tanto zodiacais, amosando o percorrido do Sol por elas ao longo do ano, como as correspondentes a inverno. Constelacións como M31, a Gran Galáxia de Andrómeda, o Dobre Cúmulo de Perseo, e a Gran Nebulosa de Orión. Realizouse unha rolda de preguntas e amosouse o telescopio e a forma de uso do planisfero que inclue o tríptico da actividade.

 

 

CEIP DE PAZOS, 17 DE XANEIRO DE 2012

O Día 17 de xaneiro,18 alumnose e dous profesores de 5º e 6º de primaria do CEIP de Pazos, fixeron un percorrido dos ceos de inverno a través do programa "Stellarium". Dende o recoñecimento da Estrela Polar, polo seus punteiros Casiopea e a Osa Maior, amosouse o movemento diurno, e o percorrido do Sol a través das constelacións zodiacais. Polo miudo puideronse ver os planetas Venus, en fase, e Xúpiter cos seus catro satélites galileanos. Oríon, Xeminis o Can Menor, Tauro formaron parte das constelación típicas do inverno. Asterismos como as Pleíades , a Gran Nebulosa de Oríón e o Dobre Cúmulo de Perseo etc. foron incluidos na exposicíón. Rematou cunha rolda de preguntas de astronomía e a continuación amosouse o telescopio de observación de seguido amosouse o xeito de colocación dun planisferio, o tríptico entregado e antes de entrar no autobús, para regresar a seu centro, puídose amosar a contaminación lumínica.

 

IES CONCEPCION ARENAL, 12 DE XANEIRO DE 2012

O día 12 de xaneiro, 28 alumnos de 1º Bacharelato do IES. Concepción Arenal, fixeron un percorrido nun ceo sen nubes que permitiu ver a simple vistas constelacións como a Osa Maior, Osa Menor, Casiopea, Orión, etc. e asterismos como o Tríangulo de Verán, as Pleiades e as Híades: tamén tanto a simple vista como polo telescopio puídose observar Xúpiter e os seus satélites, Calisto, Io, Europa e Ganímedes, eVenus en fase. A través do telescopio completouse a observación con obxectos como a Nebulosa de Orión o Dobre Cúmulo de Perseo, e a gran Galaxia de Andrómeda así como a estrela dobre Albireo, Rematouse coa observación do destello de un satélite Iridium.

 

IES DE CANIDO, 10 DE XANEIRO DE 2012

O día 10 de xaneiro, 26 rapaces e rapazas do 1º de ESO do IES de Candio (Ferrol), disfrutaron dunha verdadeira noite de observación, cun ceo que deixou amosar dende os planetas Xúpiter cós seus catro satélites galileanos, Venus, as contelacións circumpolares Osa maior, Casiopea, Perseo, así como a típica constelación de inverno Orión, acompañada de Xéminis, e Tauro; aínda era visible o asterismo do Triángulo de Verán así como as Híades e Pleíades.

Polo miudo puidose ver a través do telescopio, ademáis de Venus e Xúpiter as dúas estrelas visibles que compoñen Albireo, o dobre cúmulo de Perseo e a nebulosa de Orión poidéndose separar o Trapécio. Ao remate comenzou a saír a Lúa case chea e moi baixa polo que só puidose observar visualmente.

 

 

IES CONCEPCIÓN ARENAL, 15 DE DECEMBRO DE 2011

O día 15 de dembro, 18 rapaces do 1º de bacharelato do IES de Concepción Arenal, fixeron un percorrido polo ceo virtual do programa Stellarium; pois as condicións de ceos fixeron imposible a observación en directo. Fíxose un percorrido polas constelacións máis importantes do ceo de outono inverno, así como o recoñecemento da estrela polar a través dos punteiros celestes, identificouse a constelacíón de Orión como a principal constelación de inverno e tomando como guía as suas principais estrelas foron usadas como referencia para atorpar estrelas e constelacións próximas, realizouse un percorrido polas constelacións zodiacais así como o paso do sol durante o ano sobre elas. Asemade amosáronse as diferentes estrelas e obxectos máis subliñables de cada contelación.

 

IES CONCEPCIÓN ARENAL, 13 DE DECEMBRO DE 2011

O día 13 de decembro, 24 rapaces de 1º de Bacharelato do IES Concepción Arenal de Ferrol, puideron observar dende o telescopio instalado en Reciclaterra (Mouga) a Xúpiter e os catro satélites galileanos, por mor das condicións meteorolóxicas, só puidose amosar o Triángulo de Verán, Casiopea e a estrela Polar, as Pleíades, e un anaco da Vía Lactea. Completouse a actividade coa representación dos ceos a través do programa Stellarium, no que se fIxo un percorrido polas principais contelacións circumpolares e zodiacais así como as lendas asociadas, amosando os obxectos máis subliñables correspondentes.

 

 

 

IES DE CANIDO, 1 DE DECEMBRO DE 2011

O día 1 de decembro, 24 rapaces de 1º da ESO do IES de Canido realizarón unha viaxe polos noso ceos nocturnos a través do programa "Stellarium", pois as condición meteorolóxicas impediron a observación no exterior. Comezouse coa identificación da estrela Polar coa axuda das contelación da Osa Maior e Casiopea, continuose có resto de contelacións circumpolares e zodiacais completandose coas típicas do inverno; relatáronse as lendas relacionas con Perseo e Casiopea. Polo miudo exporáronse as luas de Xúpiter así como a superficie visible da Lúa. Abriúse unha rolda de preguntas sobre temas astronómicos, montouse o telescopio no interior para detallar os diferentes compoñes deste así como o seu funcionamento despois amosouse a forma de uso do planisferio que levaron con eles (o tríptico da actividade) e como remate amosouse a contaminación lumínica das cidades próximas

 

 

CENTRO DE DÍA OBLATAS DE FERROL, 29 DE NOVEMBRO DE 2011

O 29 de novembro, 14 persoas do Centro de DIA Oblatas de Ferrol, participaron no programa. As condicións de ceos impediron a observación, polo que por medios informáticos realizouse, en primeiro lugar con programa "Stellarium", a representación dos ceos correspondentes a nosas latitudes, contando polo miudo as constelación e estrelas máis significativas; o percorrido polas constelacións zodiacais, e como moitas das persoas asistintes eran de Brasil amosouse un percorrido polas constelacións alí visibles, asemade foise dando resposta as diferentes preguntas que a as participantes se lle ocurrian sobre astronomía. Rematouse cunha presentación do alonxamento dende un punto do planeta en cantidades multiplicadas por dez, ata chegar aos confíns do universo . Por outra banda ensinouse a forma do uso do planisferio que se lles entregou có tríptico da presentación do prolgrama "Coñecendo o Universo"

 

 

IES CONCEPCIÓN ARENAL, 24 DE NOVEMBRO DE 2011

O pasado día 24 de novembro, 22 alumnos de primeiro de bacharelato do IES Concepción Arenal de Ferrol, puideron disfrutar dunha velada de observación astrómica, dende a observación a simple vista reoñecendo as constelacións máis significativas dos ceos destas datas, comezouse polo recoñecimento da Estrela Polar a través da Osa MaioR e Casiopea, así como o resto de constelacións e asterismos visibles,ollouse o regueiro de estrelas que configuran a Vía Lactea, tamén puideronse observar estrelas fugaces (Leónidas) e satélites artificiaIs. A través dos prismáticos observáronse Xúpiter, as Pleiades e M31 facendo un contraste coa posterior observación a través do telescopio ademáis doutros obxectos de ceo profundo como M13, o dobre cúmulo de Perseo ou a observación de Albireo separando as dúas estrelas de cor laranxa e azul.

 

IES SATURNINO MONTOJO, 22 DE NOVEMBRO DE 2011

O 22 de novembro, 28 rapaces do I.E.S. de Saturnino Montojo, a través do programa "Stellarium" fixeron un percorrido polos ceos correspondentes ao día de hoxe, pois as condicións meteorolóxicas impediron a observación. Fíxose un precorrido polas constelacións tanto as circumpolares como as estacionais así como as zodiacais; amosouse a posición dos sátélites galileanos de Xúpiter, e un percorrido polo asterismos máis significativos. Continuouse cunha selección de obxectos de ceo profundo como o dobre cúmulo, a Galaxia de Andrómeda etc. Abriuse unha rolda de preguntas, para dar resposta as inquedanzas dos rapaces sobres temas astronómicos despois realizouse a montaxe do telescopio de observación e rematouse amosando a contaminacíón lumínica circundante.

 

 

IES SATURNINO MONTOJO, 17 DE NOVEMBRO DE 2011

O día 17 de novembro, 26 alumnos/as de 1º de bacharelato do IES Saturnino Montono de Ferrol participaron en Coñecendo o Universo, nesta ocasión con ceo despexado puídose facer un percorrido polo nosos ceos nocturnos, en principio amosando as principais constelación, así como a localización da estrela Polar. E a través de binoculares observaronse dende as Pléiades ata Xúpiter, completouse coas vistas a través do telescopio de obxectos de ceo profundo como a Gran Galaxía de Andrómeda, o Dobre Cúmulo de Perseo, o Cúmulo de Perseo e Xúpiter vendo con detalle as súas bandas e os catro satélites Galileanos.

 

IES SATURNINO MONTOJO, 15 DE NOVEMBRO DE 2011

30 alumnos/alumnas de 1º de ESO do IES Saturnino Montojo de Ferrol, participaron no programa "Coñecendo o Universo", como as condicións meteeorolóxicas non permitiron a obsevación, realizouse un percorrido polos ceos que se verian na observación a través do programa "Stellarium", a amosando as diferentes constelación, estrelas e obxectos de ceo profundo así como o planeta Xúpiter e a posición das súas luas, realizouse un rolda de preguntas para dar respostas sobre temas de astronomía, rematouse a sesión coa montaxe do telescopio dobsoniano e amosando a contaminación lumínica producida polas cidades de Ferrol e A Coruña.

 

 

IES CONCEPCIÓN ARENAL, 3 DE NOVEMBRO DE 2011

Comenza a tempada 2011/2012 de Coñecendo o Universo, no que colabora o Concello de Ferrol, Educación. 20 rapaces de primeiro de bacharelato, do IES Concepción Arenal de Ferrol, achegáronse as instalacións de Reciclaterra, en Mouga, as adversas condicións meteorolóxicas impediron a observación astronómica polo que procedeuse a facer un percorrido polas pincipais constelacións, asterismos así como os obxectos de ceo profundo máis subliñables, amosouse Xúpiter e as súas luas galileanas e a Lúa; o intrumento utilizado foi o programa "Stellarium", continuouse cunha rolda de preguntas e para rematar montouse o teléscopio e realizouse unha práctica da utilización do planisferio.

COÑECENDO O UNIVERSO 2011-12

 

COÑECENDO O UNIVERSO

COLEXIO COMPAÑÍA DE MARÍA, 10 DE FEBREIRO DE 2011

Alumnos e profesores do Colexio Compañia de María de Ferrol, realizarón o día 10 de febreiro unha viaxe visual polo ceo nocturno a través do telescopio, obxectos como a Lúa detallando polo miudo a súa geografía dende os mares ata o mais pequeno dos cráteres, Xúpiter co detalle das súas franxas meteorolóxicas e os seús satélites galileanos, continuose con obxectos de ceo profundo como a gran nebulosa de Orión. A observación a simple vista detallou a posición da Polar e as constelacións usadas como referencia para a súa localización, así como as constelacións circumpolares e a senlleira constelación invernal de Orión, así como outras como Tauro ou Xéminis e asterimos como as Pleíades. A descripción das constelacións foi acompañada polo recoñecimento das estrelas que as compoñen. Algún satélite artificial foi amosado durante o seu paso.

 

IES CANIDO, 8 DE FEBREIRO DE 2011

Alumnos do IES de Canido o día 8 de febreiro de 2011, participaron na actividade Coñecendo o Universo. Por mor de atoparse cubertos os ceos realizouse unha presentación dos ceos nocturnos de inverno das nosas latitudes, có programa stellarium, amosando as constelacións e as súas lendas asociadas así como as estrelas máis significativas e tamén os obxectos de ceo profundo.

Rematouse realizando a presentación dunha viaje espacial dende a Terra ao máis profundo do espacio coñecido, antes de correr o autobús de volta amosouse a contaminación lumínica producida polas cidade de Ferrol e Coruña.

 

 

IES SATURNINO MONTOJO, 3 DE FEBREIRO DE 2011

Alumnos e profesores do IES Saturnino Montojo de Ferrol, participaron na actividade Coñecendo o Universo, o día 3 de febreiro de 2.011. Dado que as nubes nos acompañaron durante a observación tivemos que alternar as observacións de partes do ceo con representacións dos ceos a través do programa Stellarium, amosando as constealacións  de inverno, recoñecendo o Norte, a estrela Polar,  usando a Osa Maior e Casiopea poidendo nalgún claro ver case completa a constelación de Orión, e a observación a simple vista e con primáticos da Pleíades, a través do telescópio puidose observar a Xúpiter a tres das súas lúas galileanas.

 

COLEXIO CARBALLO CALERO, 1 DE FEBREIRO DE 2011

Alumnos de 1 de ESO do Carballo Calero de Ferrol, participaron o día 1 de febreino na actividade Coñecendo o Universo, recibiron unha pequena introducción as constelacións e corpos celestes a través do programa  Stellarium e despois poideros disfrutar duns marabillosos ceos de inverno dende a observación a simple vista, con prismático e a través do telescopio  para coñecer as constelación tanto circumpolares así como a orientación pola estrela Polar como a s típicas  de inverno, Orión, Xéminis ou Tauro, as Pleíades tanto a simple vista como con primáticos e obxectos de ceo profundo como Gran Galaxía de Andrómeda  ou a Nebulosa de Orión, e tamén un expléndido Xúpiter coas suas luas galileanas.

 

 

CEIP CRUCEIRO DE CANIDO, 27 DE XANEIRO DE 2011

AMPA do CEIP Cruceiro de Canido, o día 27 de xaneiro de 2011, participaron no programa Coñecendo o Universo. Aínda que o ceo estivo cuberto puídose observar Xúpiter e os seus satélites galileanos a través do telescopio, despois na aula de Reciclaterra realizouse unha presentación dos ceos de inverno a través do programa Stellarium.

 

CEIP CRUCEIRO DE CANIDO, 25 DE XANEIRO DE 2011

O Día 25 de xaneiro, alumnos do CEIP Cruceiro de Canido, e algúns dos seus pais, Poideron disfrutar dunha tarde de observación, case de luxo, ao por ter un ceo case perfecto, observando a Xúpiter e as súas luas galileanas a si como dúas franxas da súa atmósfera, Orión e a súa Gran Nebulosa, puidose amosar a estrela Polar así como as constelacións circumpolares para podela localizar a Osa Maior e Casiopea, por extensión tamén puídose apreciar a Osa Menor. A vía Láctea vista dun xeito moi notable tamén foi identificada. Completouse a sesión amosando os dous focos principais de contaminación lumínca na zona Ferrol e Coruña, indicando a incidencia nos ceos.

 

 

IES DE CANIDO, 20 DE XANEIRO DE 2011

O día 20 de xaneiro de 2011, alumnos do IES de Canido achegáronse a Reciclaterra para facer un percorrido polos ceos invernais, aínda que se dispuxo dunha noite cos ceos despexados, entre a Lúa chea e un vento xélido complicou un pouco a observación en directo, polo que alternouse a presentación dos ceos a través do programa "Stellaríum" e a observación polo telescópio, puidendose ver Xúpiter a súa franxa ecuatorial  e os seus satélites galileanos, a gran nebulosa de Orión o doble cúmulo de Perseo así como a simple vista un percorrido polas diferentes constelacións e obxectos como as Pleiades ou estrelas tan significativas como Sirio.

 

 

IES DE CANIDO, 18 DE XANEIRO DE 2011

Alumnos do IES de Canido asistiron o 18 de xaneiro de 2.011 as instalacións de Reciclaterra para participar no programa "Coñecendo o Universo". Comenzou a obsevación a través do telescópio de Xúpiter e os seus catro satélites galileanos, así como unha Lúa case chea que facia imposible ver os detalles da súa superficie; os ceos estaban bastante cubertos polo que continuou coa actividade na aula de Reciclaterra, realizando un percorrido polos ceos de inverno nas nosas latitudes, dende o recoñecemento da estrela Polar, así como as constelacións e as súas lendas  e obxectos de ceo profundo como a Gran Galáxia de Andrómea ou a nebulosa de Orión. Rematou a actividade cunha rolda de preguntas dos alumnos.

 

IES CONCEPCIÓN ARENAL DE FERROL, 13 DE XANEIRO DE 2011

O día 13 de xaneiro de 2011 alumos do IES Concepción Arenal de Ferrol, participaron no programa Coñecendo o Universo 2010-2011. Os ceos estiveron cubertos polo que realizouse unha representación dos ceos de inverno a través do programa Stellarium, viaxando polos ceos correspondentes as nosas latitudes, así como a localización da estrela Polar e as constelacións circumpolares, o movento diurno así como a precesión dos equinocios fixo variar a estrela que indica o norte ao longo dos anos. Aínda que se preparou o telescopio por si houbese un pequeno claro para ver a Lúa, os ceos non favoreceron podela amosar. Aproveitando a sáida cara o bus de volta para amosar a contaminación lumínica na zona. 

 

CONVENIO DE COLABORACIÓN COÑECENDO O UNIVERSO

O Concello de Ferrol (Concellería de Educación) e a Sección de Astronomía e Contaminación Lumínica da Sociedade Galega de Historia Natural, asinarón un convenio de colaboracíón para que o alumnado dos centros educativos de Ferrol durante o curso escolar 2010-2011, dando prioridade ós colexios públicos, para o desenvolvemento e organización do programa "Coñecendo o Universo".

Realizaranse 14 actividades no Centro de Interpretación e Divulgación da Reciclaxe “Reciclaterra”. Tríptico. A actividade pretende amosar aos alumnos a importancia de coñecer o ceo nocturno, as estrelas, as constelacións, os planetas, as galaxias, as nebulosas, e en xeral todolos objetos que o universo nos ofrece para o seu estudo de observación. Para iso disporemos de dúas posibilidades, dependendo das condicións meteorolóxicas. Os días despexados observarase directamente, para coñecer as constelacións, situar o norte, diferenciar estrelas de planetas, e  posteriormente observar co telescopio. Os días cubertos, no interior do aula, efectuarase o mesmo pero con programas informáticos e presentacións en Power Point. Outra das actividades que se efectuarán será a toma de conciencia sobre a importancia que a contaminación lumínica ten no correcto estudo e goce da astronomía. Entregarase aos colexios un DVD co desenvolvemento da actividade, así como trípticos e cartas do ceo, para o seu posterior estudo. Preténdese que o alumnado tome conciencia da importancia que ten o ceo nocturno, declarado no seu día patrimonio da humanidade pola UNESCO.

  • Calendario 2010: Novembro día 25, Nadal dias 2, 9 e 16.
  • Calendario 2011: Xaneiro dias 11, 13, 18, 20, 25, e 27. Febreiro dias 1, 3, 10 e 17

Condicións: O número de participantes, por actividade, non poderá ser superior a 25, se algunha aula ten máis alumnos poderán acudir todos.
Transporte: Un autobús recollerá aos alumnos no colexio ás 18:30 horas e devolveraos ao colexio ás 20:30 horas. 
Roupa e calzado: Prégase que sempre vaian moi ben abrigados.

Solicitudes: Enviar documento, cuberto polo centro, ao número de FAX da SGHN Ferrol 981352820
A orde de chegada das peticións deteminará a inclusión nas mesmas.

Reciclaterra

Cartel

 

COLEXIO MANUEL MAS
DIAS 21 E 28 DE OUTUBRO DE 2.010

Dous grupos de 20 alumnos cada un do Colexio Manuel Masdias de Ferrol puideron facer "unha viaxe espacial" e disfrutaron dunha sesión de iniciación á Astronomía.

M.Masdias


C.E.I.P. DE PAZOS 18 DE FEBREIRO DE 2.010

Doce rapaces e tres profesoras do CEIP de Pazos puideron ver a Lúa crecente a través do telescopio, era unha ledicia oir os comentarios dos rapaces polas imaxes do noso satélite, como aínda había moita luz comenzouse cunha presentación dos ceos co programa Stellarium no que os rapaces coñecian moitos dos detalles dos seres mitolóxicos representados nas constelacións dos nosos ceos: Pegaso, Perseo, Casiopea, Cefeo, Andrómeda e Cetus vinculadas pola a súa lenda. Orión "o cazador", e Tauro xunto con Sirio (Da que un rapaz comentou un conto dun vagalume que namorouse desta estrela). Aínda que non tivemos unha noite despexada, uns anacos de ceo permitiron unhas tímidas constelacións que se ocultaban polas nubes rematando a edición de Coñecendo o Universo do curso 2.009/2.010



 

COLEXIO SATURNINO MONTOXO 11 DE FEBREIRO DE 2.010

Segundo grupo de rapaces (uns 35) do colexio Saturnino Montojo ahegáronse o monte Marraxón, nas instalación de Reciclaterra, poidendo coñecer en directo as constelacións observables nesta época nas nosas latitudes, dende a Osa Menor ata Orión, conxuntos de estrelas como as Pléiades, e galaxía como M31 (a gran galaxía de Andrómeda) a galaxía de Orión e un impresionate Marte. Comezouse cunha presentación informática como introducción ó que máis tarde se observou.


 

COLEXIO SATURNINO MONTOXO 4 DE FEBREIRO DE 2.010

Hoxe 19 alumnos de bacheralato do IES Saturnino Montojo, realizaron un percorrido polos ceos do inverno a través do programa Stellarium, continuando cunha presentación informática e rematando cunha sesión de  preguntas sobre os misterios dos nosos ceos.




COLEXIO BELÉN 28 XANEIRO 2.010

21 rapaces de 6º de primaria do colexio Belén de Ferrol achegáronse a Reciclaterra para saber un pouco máis sobre astronomía. As condicións meteorolóxicas foron totalmente adversas, dende uns ceos totalmente cubertos e unhas treboadas, que impedian a observación polo que relizouse unha presentación informática para amosar os ceos de inverno, tamén có programa Stellarium (simulador astronómico), realizouse unha viaxe polo máis chamativo dos nosos ceos.



 

COLEXIO BELÉN 21 XANEIRO 2010



Alumnos de 3º de primaria do colexio Belén, viñeron o día 21 de xaneiro de 2.010, para coñecer un pouco máis as estrelas do ceo. Aínda que estivo bastante pechado de nubes polo que a meirande parte da actividade realizouse na aula de Reciclaterra cunha presentación informatica amosando os ceos desta época do ano, tamén houbo a oportunidade de ver a Lúa entre uns claros, así como Casiopea, o Cisne e a Lira, tamén amosouse a Estrela Polar.

 

 

I.E.S. FERROL VELLO

Alumnos de 1º de ESO do IES de Ferrol Vello foron os primeiros que este ano estiveron este ano en "Coñecendo o Universo", actividade na que colabora a Concellería de Cultura de Ferrol. Aínda cos ceos cobertos, a intres, puídose facer unha actividade misturando a presentación informática dos ceos de inverno e a observación, aínda que moi limitada, pois a ratos as nubes nos permitían ver algunhas partes do ceo, así puidose ver Xúpiter con tres das súas lúas, a estrela dobre Albireo unha con coa cor amarela dourado e a outra azul tamén puideronse ver as constelación de Casiopea, Orión e a Osa menor coa estrela Polar.


 

COLEXIO BELÉN 17 NADAL 2009



O día 17 de nadal de 2.009, con 4ºC de temperatura oS rapaces do Colexio Belén asistiron a Reciclaterra para coñecer os ceos de inverno e esta vez en todo o seu esplendor, disfrutouse dunha noite totalmente despexada e con moi boa visibilidade. Comezouse recoñecendo o ceo a simple vista recoñecendo a distintas constelación, asterismos, e estrelas; coa estrela Polar fíxose unha especial atención para localizala. Continuo a observación dende o telescopio de Xúpiter e os seus satélites visibles, a nebulosa de Dumbell, o dobre cúmulo de Perseo, e a estrela Albireo así como M81 e M82, tamén puidose ver o paso de varios satélites artificiais e en especial o destello dun Iridium e puídose obsrvar algunha estrela fugaz da Xemínidas.



 

COLEXIO BELÉN 10 NADAL 2009



Alumos do colexio Belén de Ferrol, poideron observar a través do telescópio a Xúpiter e as catro lúas galileanas, M57 a nebulosa do anel, a Pleiades a nebulosa de Dumbell e a estrela Albireo, a pesares de que non estivo todo o ceo despexado e isto impedir ver a Osa Maior si puidose ver Casiopea, o Cisne, Águia e Lira. Puidose observar o paso de varios satélites artificiais, para rematar amosouse a contaminación lumínica que provocan as luces das cidades de Ferrol e Coruña.


IES Canido ESO



O 2º de ESO do IES de Canido, estivo o día 3 de nadal de 2.009 en Reciclaterra para coñecer o universo. Por mor de atoparse o ceo con nubes, no se poido realizar a observación astronómica, polo que realizouse unha proxección informática amosando os ceos correspondentes a esta época do ano así como os obxectos máis subliñables, asemade déronse respostas a preguntas que os alumnos facian, para tentar facer intelixibles moitas das palabras e conceptos sobre a astronomía.




I.E.S. CANIDO 26 NOVEMBRO 2009



O día 26 de novembro de 2.009, o 2º da ESO 1 estivo en reciclaterra, para achegarse ós ceos de inverno, a pesares de ter os ceos cubertos e en constante ameaza de chuvia, púxose o telescopio para ver a Lúa e os seus cráteres, o resto da actividade realizouse na aula de Reciclaterra, donde fíxose unha exposición informática sobre os ceos de inverno así como os obxectos máis subliñable visibles. Na actividade estivo a facer unha reportaxe sobre a actividade a Televisión de Galicia.


 

IES Canido 1 ESO entrevista


O día 19 de novembro de 2.009 o IES de Canido da 1 de ESO estivo en reciclaterra iniciandose no mundo da astronomía: a pesares de que o ceo estaba case coberto, o case premitiunos ver Xúpiter e as súas catro lúas galileanas, tamén puideronse definir as constelacións de Cisne, Lira e Águia que conforman o triángulo de verán, e noutro intre puidose amosar Casiopea. Rematou coa representación informática dos ceos de inverno así como destacando polo miudo o máis subliñable.



Nos acompañaron dous periodistas do xornal El País, realizando unha tira de fotografias e unha entrevista tanto a organizadores da actividade e  a o profesor e alumnos do Instituto.