logo

Logo_astronomia

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

astronomia@sghn.org

line decor
INICIO  
line decor
line decor
 
 
 
 


DIVULGACIÓN DA ASTRONOMÍA NAS ASOCIACIÓNS CULTURAIS E VECIÑAIS

PechaKucha Nigh 6 de maio de 2011

A Sección de Astronomía e Contaminación Lumínica da SGHN colabora coa cuarta edición de PechaKucha Night Ferrol o vindeiro venres 6 de maio.

 

PERSEIDAS 2.010 DENDE A PRAIA DE ESMELLE (FERROL)

O día 12 de agosto as 22:00 horas foi a cita na praia de Esmelle para a obsevación das Bágoas de San Lourenzo, á que acudiron unhas 300 persoas, que puideron contar unhas 56 estrelas fugaces en algo máis de dúas horas de observación. Contalas foi doado, só había que oir a xente cada vez que alguén vía unha, tanta xente e dificil que se pase algunha sen deixar algunha exclamación.

Aínda que o principio todo parecia perdido, pois o ceo atopábase cheo de nubes, foron abríndose cada vez máis grandes claros, poidéndose amosar tanto polos telescopios como a simple vista dende planetas, como Xúpiter e seus catro satélites galileanos, satélites artificais, nun anaco poidemos ver a Lúa cincenta, as constelacións de verán e algúns obxectos de ceo profundo como o Dobre Cúmulo de Perseo ou M31, e a Vía Láctea.

Perseidas_2010_a Perseidas_2010_b

 

ASTRONOMÍA NA ASOCIACIÓN CULTURAL COLUMBA

O día 23 de  realizouse un obradoiro de astronomía na biblioteca da Asociación Cultural Columba en Cobas (Ferrol-Coruña). A actividade consistiu nunha presentación dos ceos de inverno subliñando a constelación principal do inverno, Orión e a súas lendas, a continuación os rapaces fixeron en cartulina esta constelación.