logo

Logo_astronomia

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

astronomia@sghn.org

line decor
INICIO  
line decor
line decor
 
 
 
 


 

Nin no ceo está a salvo a "biodiversidade"
Urxe un plan de recuperación da Osa Menor e de conservación da Osa Maior

Santiago de Compostela, 13-01-2014

Definida como a emisión de fluxo luminoso de fontes artificiais nocturnas en intensidades, direccións, rangos espectrais ou horarios innecesarios para a realización das actividades previstas na zona na que se instalan as luces, a contaminación lumínica altera os patróns naturais de luz e escuridade nos ecosistemas, cun forte impacto sobre a biodiversidade na Terra, pero tamén sobre a "biodiversidade" no Ceo.

Hoxe en día, por exemplo, ademais de facer invisible dende Santiago de Compostela a Vía Láctea que antano orientaba aos pelengrins ata o seu destino, a contaminación lumínica provocou xa que a Osa Menor estea "En perigo de extinción", ou mesmo extinguida, nos ceos das principais vilas e cidades galegas e ameaza con facer o mesmo coa Osa Maior, que actualmente pódese catalogar como unha especie "Vulnerable" nos ceos urbáns.

Do mesmo xeito que para o seu "conxénere terrestre", o Oso Pardo, e á vista da súa situación desesperada, SGHN plantexa a necesidade de elaborar e implementar canto antes un Plan de recuperación da Osa Menor e un Plan de  conservación da Osa Maior.

Na liña máis avanzada de xestión para a conservación da biodiversidade na Terra, estes dous plans de recuperación e conservación propostos por SGHN serían uns eficacísimos "plans paraugas", pois ao mesmo tempo servirían para protexer tamén a todo o resto da biodiversidade no Ceo: a Águia, o Cisne, a Serpe, Pegaso, Piscis, o Touro, o León, a Lebre, o Escorpion, o Can de Davis, o Gato de Cheshire, as Leónidas, o Cogumelo velenoso, o Touro de Poniatowski... e, por suposto, voltaríamos a ver a sorprendente Lúa en todo o seu esplendor, soa ou nas fascinantes conxuncións con Xúpiter e Venus e os outros planetas.

A Osa Menor

Constelación de Orión dende unha zona con ceos limpos e outra con forte contaminación lumínica que nos rouba as estrelas

A boa nova é que os plans de recuperación e conservación propostos por SGHN serán fáciles de levar a cabo, por suposto sen ter que voltar á escuridade da idade das cavernas (como seguro estarían a pensar xa algúns demagogos habituais). Ademais, por se recuperar as estrelas roubadas fose pouco premio, aforraríamos moitísimos cartos prescindindo do alumeado innecesario ou inaxeitado, reducindo de paso a emisión de gases de efecto invernadoiro e axudando a parar algunha central nuclear. Bastaría con:

  1. Evitar a sobreiluminación: máis luz non é necesariamente mellor.
  2. Apagar as luces innecesarias (sensores de presencia, temporizadores).
  3. Seleccionar a cor da luz: mellor amarela que branca (máis atractiva para a fauna).
  4. Sustituir as farolas inaxeitadas.
  5. Alumear o chan, por onde camiñan as persoas, e non o ceo.
  6. Alumear onde é necesario. Se todolos automóbiles teñen faros e as persoas non, por qué nas vilas as farolas alumean as rúas e non as beirarrúas e os pasos de peóns?

Estes exemplos demóstrannos que é hora de comezar a entender que a enerxía máis limpa é a enerxía innecesaria que non se consume. Por ECOnomía e ECOloxía, non consumas nin demandes o que non precisas. Lembra tamén que podes aforrar moita enerxía se alumeas a túa casa eficientemente e sen excesos, se cumples o RD 1826/2009 que establece as temperaturas nos recintos habitables, enches o lavalouzas e a lavadora, procuras utilizar as escaleiras, camiñar, ...

Como podes ver, máis aló de pedir que non nos suban a luz cos sucesivos "tarifazos" eléctricos (que tamén) ou de organizar apagóns colectivos como medida de protesta fronte ás grandes empresas eléctricas (que tamén), todos temos nas nosas máns unha poderosa ferramenta para cambiar a Terra e o Ceo: axustar o consumo eléctrico ás nosas necesidades, desmarcándonos do modelo actual que despilfarra de forma brutal e absurda a enerxía, esixindo cada vez un consumo crecente de combustibles fósiles, máis cambio climático, máis parques eólicos nos nosos montes, máis encoros hidroeléctricos que sobreexplotan os nosos ríos, máis centrales nucleares? cos seus múltiples efectos colaterais.

Retomando o inicio desta nova, lembremos que "O ceo, a nosa herdanza común e universal, é unha parte integral do ambiente percibido pola humanidade. A Humanidade observou sempre o ceo para interpretalo ou para entender as leis físicas que gobernan o universo. Este interese en astronomía ha ter implicaciones profundas para a ciencia, a filosofía, a relixión, a cultura e o noso concepto xeral do mundo". Proclamación de 2009 como Año Internacional de la Astronomía. Conferencia General de la UNESCO, París 2005.

 

¿QUEN NOS ROUBA AS ESTRELAS?

En busca dunha iluminación eficiente, eficaz e de calidade para a cidade naval

Unha das alteracións do medio natural que máis rápidamente está a medrar nas últimas décadas é a dos niveis de luz no medio nocturno provocada pola iluminación artificial. A contaminación lumínica non é tampouco allea a Ferrol, unha das zonas de maior polución luminosa da Península, xunto ás grandes urbes e zonas industriais. A avenida de Esteiro, a praza da Ilustración ou a zona rural son puntos paradigmáticos de contaminación lumínica na cidade, que xa se move cara a medidas máis sustentables nun afán de preservar un dos patrimonios da humanidade máis descoñecidos: o ceo. Máis...

DF_2010-11-02

 

CALIDADE LUMINICA 

Ultimamente podemos ver que en Ferrol se empeza a iluminar mellor, repúxose o alumeado público nalgunhas rúas e barrios, con evidente acerto. Sirva como mostra o barrio de Argüelles, que a pesar do seu evidente abandono e destrución, se o visitamos pola noite chéganos ata a sorprender, xa que unha moi adecuada iluminación, bastante respectuosa coa idea de evitar a contaminación lumínica e mellorar o medio ambiente, invitaranos a pasear a contorna. 
Algo parecido pódese ver na Praza de España, onde se substituíron luminarias altamente contaminantes (barras verticais) por outras coa boca do reflector orientada cara ao chan e co cristal de peche plano e sen sobresaír, o que as fai moi eficientes e con adecuado rendemento. 

Para que finalmente se adoptasen estas medidas e outras tamén acertadas en materia de iluminación, foron moitas as queixas e protestas da SGHN nos últimos anos, ata conseguir que se nos solicitase información sobre unha correcta iluminación. Fomos chamados desde a Concellería de Medio Ambiente, recomendándolles que para garantir que o modelo de luminaria e lámpada a elixir sexan eficientes, deberían limitarse a facer a elección de entre as que figuran na lista de luminarias certificadas, de diferentes marcas e modelos, que facilita a Oficina Técnica para a Protección da Calidade do Ceo, do Instituto Astrofísico de Canarias, o que consideramos fixeron, con resultados evidentes. 

Falta aínda moito camiño por percorrer, xa fora do ámbito municipal, dado que o maior foco de contaminación, non son as luces dependentes do concello, senón as xigantescas luminarias que se atopan evidentemente mal direccionadas no Arsenal, Navantia e o Porto, desexando que se tomen medidas para corrixir os despilfarros evidentes que se están realizando. 

Ante o cambio que se efectuou no posto de Concelleiro de Medio Ambiente, queremos animar ao novo edil a que continúe o camiño emprendido, o que non dubidamos que fará. E xa se sabe “cando se quere pódese”. 


O DEREITO A GOZAR DO CEO






Publicado en Nordesía do DIARIO DE FERROL o día 13 de nadal de 2.009