logo

Logo_astronomia

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

astronomia@sghn.org

line decor
INICIO  
line decor
line decor
 
 
 
 


 

ARCO DA VELLA DE LUME

Quen non viu algunha vez un arco da vella? Practicamente todo o mundo, sobre todo en Galicia, pero o que xa case ninguén viu é un arco da vella de lume, e se algunha vez o vimos, con toda seguridade non o identificamos como tal.

O que se pode ver nas fotografías é un dos fenómenos atmosféricos naturais máis raros e espectaculares, extremadamente difíciles de ver. Prodúcense por unha coincidencia estraña dos raios do sol con nubes que se deben de atopar a unha altura determinada, co sol reflectindo sobre elas. Prodúcese só coas seguintes condicións meteorolóxicas:

  • Que as nubes sexan do tipo cirros, xeralmente cirroestratos, e que se atopen a unha altura aproximada de 6500 metros, cargadas de cristais de xeo de forma hexagonal en forma de placa e aliñados horizontalmente para refractar a luz do sol adecuadamente, coma se tratásese dun prisma xigantesco.
  • Que o Sol se atope polo menos a 58 graos de altura e que o observador este situado na posición adecuada para poder percibir o reflexo.
  • Que as temperaturas en capas altas da atmosfera sexan moi baixas, por iso son máis frecuentes en países de clima frio, pero nunca máis ao norte ou ao sur de 55º de latitude, e os avistamentos serán máis probables canto máis cerca nos atopemo do solsticio de verán.
Arco_vella_1

Arco_vella_2

Pois mira por onde, o pasado domingo, as persoas que se atopasen na Costa da Morte, puideron gozar da visión dun deles, grande e espectacular en colorido, como así lles ocorreu a dous membros da SGHN, que estaban en Camariñas. O fenómeno comezou sobre as 13:30 e logrouse ver por espazo duns cincuenta minutos, ocupando un gran espazo do ceo do sur.

É un fenómeno de tipo arco da vella, no sentido de que ten as cores del, pero a súa forma é moi diferente, xa que aparentemente parece coma se unha parte do ceo ardese en chamas de cores, de aí o nome “arco da vella de lume”. O seu nome científico é arco circunhorizontal que é un fenómeno óptico similar en aparencia a un arco da vella horizontal, pero se diferencia en que é causado pola refracción de luz a través dos cristais de xeo dos cirrus.

As fotos que vemos corresponden ao pasado domingo día 6, desde o atrio da igrexa de San Xurxo de Camariñas, o fenómeno puido ser observado por gran cantidade de persoas, xa que era día de primeiras comuñóns e o lugar estaba moi concorrido. A todo o mundo sorprendeulle a espectacularidade, e considerábano coma se fose unha parte dun arco da vella normal, aínda que lles sorprendía a forma e as dimensións, así como a intensidade das cores. Durante case unha hora púidose gozar deste extraordinario espectáculo natural, que con toda probabilidade seranos difícil volver gozar coa calidade con que nos sorprendeu este “Arco da Vella de Lume”.

OUTRO ARCO DA VELLA DE LUME

O pasado 26/IX/10, varios membros da SGHN puidemos observar dous arcos da vella de lume vistos dende o Alto do Boi (Quiroga-Lugo), despois dunha xeira entomolóxica na Devesa da Rogueira. Formáronse dous arcos da vella, un hacia o sudoeste e outro hacia ó sur, durando alomenos 15 minutos e hacia ás 19:45 horas o arco do sur alcanzou a súa máxima intensidade. Máis abaixo nesta mesma páxina hai información sobre a orixe deste fenómeno atmosférico natural, un dos máis raros e espectaculares, extremadamente difíciles de ver.

Arco_vella_Quiroga_1

Arco_vella_Quiroga_2