logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

antela@sghn.org

line decor
INICIO  
line decor
 
 
 
 


 

Unha Limia Limpa é posible!!!
Veiga de Gomareite: a metamorfose dun vertedoiro nun espazo de valor gandeiro e para a biodiversidade

Vilar de Gomareite, 21-12-2017

Seguimos a traballar na veiga de Gomareite, retirando o lixo para mellorar o hábitat de especies prioritarias e conseguir máis espacio e mellor pasto para o gando vacuno en extensivo. Nesta ocasión as intervencións centráronse na retirada dos entullos e residuos que ao longo dos anos foron restando superficie útil de terreo, tanto para o uso gandeiro como para as especies de flora e fauna propias das veigas limiás. Este é un proxecto que avanza grazas ao esforzo e empuxe dun grupo de persoas comprometidas e teimudas que non se desalentan fácilmente a pesares das predicións meteorolóxicas e do traballo a realizar.

A xornada comenzou có resumo das últimas novidades pois esta xornada inclúese dentro dun proxecto patrocinado por SEO/BirdLife e Ecoembes:"LIBERA, naturaleza sin basura". LIBERA patrocina 50 actividades seleccionadas a nivel nacional cunha dotación máxima de 1500 euros por proxecto.

A proposta presentada por SGHN: “Acción para revertir parcialmente y atenuar la degradación sufrida por los procesos de desecación, concentración parcelaria y vertidos de basura, escombros y resíduos en la Veiga de Gomareite” foi unha das selecionadas e non cabe dúbida de que a intervención da SGHN en Gomareite conta con razóns de peso, por tratarse dun proxecto de longa actuación que conta cun acordo de custodia do territorio para desenvolver un proxecto de gandeiría en extensivo sobre un anaco da desecada Lagoa de Antela e dentro da ZEPA de A Limia.

Xa postos en antecedentes, cunha temperatura de -1ºC e néboa espesa os colaboradores deseguida poñen máns a obra, uns recollendo todo tipo de lixo, sobre todo residuos de plástico amoreados e cubertos por restos de cachotes, bloques, forxados, terra e pedras e o resto dos sacrificados participantes actuando sobre algúns montóns de lixo cuberto polas silveiras para poder identificar e facilitar ó acceso aos residuos amoreados; e ao mesmo tempo abrindo o espazo de veiga perdido.

Para os habituais colaboradores o traballo a realizar xa era coñecido pero algún dos novos sorprendeuse do que alí había e do inmenso traballo que supón a retirada dos grandes plásticos agrícolas mesturados con outros materiais inertes e vexetación que debe de ser retirada previamente. Eso sí, os novos tamén se decataron da depurada técnica coa que se actúa: fraccionamento das láminas plásticas para facelas manexables, envoltura e compresión para reducir o seu volume e aplastamento final dentro do saco de recollida. A medida que progresa o traballo aparecen outros residuos que se separan, principalmente vidro e pneumáticos, os vidros agrúpanse para deposición nos contedores selectivos de vidro e os pneumáticos entregaranse por separado a xestor autorizado.

Normalmente ao longo da mañá faise unha parada para recobrar folgos aproveitando para falar e comentar temas variados pero neste día a mañá pasou voando e non houbo parada ningunha ata a hora de xantar, segundo o previsto comida quente e a cuberto.

Secuencia do antes, o durante e o despois da laboriosa "excavación arqueolóxica" dun importante xacemento do "Plasticolítico superior". Por suposto, os traballos estiveron dirixidos por un arqueólogo de recoñecida experiencia, tanto no Paleolítico como no Plasticolítico. Á dereita "foto de familia" dos 14 magníficos e os froitos do traballo antes de ir a comer.

"Ex-neveira" e vidros rotos.

E xa pola tarde, o traballo consistíu en rematar o iniciado, recoller os resíduos e xuntar os sacos en lugar accesible para carga e traslado a xestor autorizado. En resumo, e a medida que avanzou a xornada conseguimos retirar plásticos e máis plásticos ata encher 12 sacos de 0,4 m3, recoller 3 capazos de vidro, 2 pneumáticos, restos varios e o armazón dunha neveira.

En fin, como sempre outra magnífica xornada de traballo en A Limia, disfrutando da compañía e cumprindo obxectivos, neste caso a recuperación de humedais e zonas marxinais, mantendo ao tempo os usos tradicionais especialmente a gandeiría. Unha vez máis, coa satisfacción do traballo realizado,MOITAS GRAZAS, BEÓNFEITORES!!!

 

SGHN-Antela construindo unha Limia mellor: é dificil pero non imposible

Complexo húmido Limia-Antela, 09-03-2018

Á vista do que se leva feito, do que se está facendo e do que aínda queda por facer, non cabe dúbida ninguna, o lema da Sección Antela da SGHN vai ser ”É difícil pero non imposible”.

Despois dunha mañá de traballo nun dos predios alugados ao BANTEGAL-AGADER para facilitar a rexeneración de pastos e posterior pastoreo por un rebaño de pericas do gandeiro con quen asinamos o último acordo de custodia do territorio (Máis...) pola tarde quedaba outra nada desdeñable tarefa. O 21/12/2017 estivemos a retirar lixo na Veiga de Gomareite xornada incluída dentro do proxecto patrocinado por SEO/BirdLife e Ecoembes:"LIBERA, naturaleza sin basura". O material retirado quedou depositado na superficie da Veiga recollido en 12 sacos de de 0,4 m3 á espera dunha posterior xornada de retirada dentro de mesmo programa.

Os sacos estaban nunha zona baixa xa con auga e bastante alonxada de calquera punto de saída da Veiga, ademáis estaban enchoupados e o camino ata a pista tamén tiña zonas con auga. A tarea non semellaba sinxela e houbo que empregarse a fondo organizando o traballo e os labores a realizar. Os que levaban botas de auga foron os encargados de achegarse ata os sacos, recoller o lixo tirado, levar os sacos ata zona seca para vaciar a auga que contiñan, reorganizar o lixo para reducir o peso e carrexar os sacos pola zona asolagada ata o seco desde onde os demáis participantes porteaban deica a pista e pola pista ata o contedor que posteriormente sería trasladado a xestor autorizado para a súa correcta xestión. Pouco a pouco saíron da veiga tódolos sacos, dúas rodas e somentes quedou o armazón dunha neveira demasiado pesada para ser trasladada.

Como sempre decimos outra magnífica xornada de traballo en A Limia, disfrutando da compañía e cumprinco obxectivos recuperando humedais e colaborando coa gandeiría en extensivo. E, unha vez máis, coa satisfacción do traballo realizado, MOITAS GRAZAS, BEONFEITORES !!

Así de fermosas están nestas datas as partes asolagables da Veiga de Gomareite,

 

III é última xornada do proxecto "Libera naturaleza sin basura"

Complexo húmido Limia-Antela, 14-04-2018

Dende que se iniciou o desenvolvemento da proposta “Acción para revertir parcialmente y atenuar la degradación sufrida por los procesos de desecación, concentración parcelaria y vertidos de basura, escombros y residuos en la Veiga de Gomareite” presentada pola SGHN ao proxecto "LIBERA, naturaleza sin basura" houbo bastante inquedanza ante a incerteza de poder ou non completar a totalidade do comprometido con SEOBird Life/Ecoembes, sobre todo por mor da intensidade e persistencia das choivas e ao asolagamento do lugar de traballo. Máis como o grupo de traballo habitual é ben teimudo e non desiste fácilmente, o sábado 14-04-2018 procurou e desenvolveu con éxito esta terceira e última fase dos labores previstos.

A tarefa consistía na retirada de plásticos na Veiga de Gomareite, na contorna dunhas pequenas charcas formadas pola extracción de terra vexetal para arranxar algunhas das parcelas despois da concentración parcelaria. Ata hai uns dous anos, o acceso a este punto era bastante doado dende a pista por un camiño practicable a tractor, accesibilidade que algúns aproveitaron para depositar descontroladamente entullos, resíduos de diversos tipos e moreas de restos de plásticos agrícolas para ensilar máis as súas correspondentes cordas moi perigosas para a fauna e o gando. Moito deste material vertérono nas beiras das charcas por seren os puntos máis baixos e accesibles o que complicou a súa retirada ao estar parcialmente cubertos pola auga.

Preparados para comezar

Cara ao punto de traballo

Camiño un pouco enchoupado

Hai que comezar por algures

Xuntando plásticos

Os 15 participantes na xornada distribuídos pola zona iniciaron o traballo agrupando os residuos no punto máis seco da zona para escurrir os plásticos e alixeirar un pouco o carrexo ata o contedor situado na pista de acceso a uns 250 metros de distancia. O traballo, como sempre, aderezouse coas observacións de exemplares de diversas especies atopadas; neste caso: Triturus marmoratus, Hyla molleri, Bufo spinosus e Natrix maura.

Carrexando material

Máis plásticos

Triturus marmoratus

Natrix maura

Hyla molleri

Bufo calamita

Recollendo e transportando

Recollendo montóns de cordas

O traballo avanza

Continúa a recollida

Aínda queda sitio no contedor..!

... daquela rematamos con esta montoneira de lixo

Case rematamos

Semella outra cousa

Antes ...

... e despois

Misión cumplida

Aplastando o lixo para que colla máis no contedor

Enchendo o contedor (arriba) e foto de familia co contedor ben cheo (dereita)

O equipo foi tan rápido e eficiente que despois de encher o contedor de 6 m3 e vendo o traballo rematado e ben feito quedou tempo para que o coordinador da Sección de Herpetoloxía "manguease" un pouco na veiga na busca de cágados pero prácticamente na manga só viñan Lepidurus apus!, en comparación con outros anos nestas datas nótase o efecto do tempo frío e o retraso nos ciclos biolóxicos dos hérpetos.

Lepidurus apus: 250 millóns de anos case sen mudar de aspecto!

Co apoio do "Proyecto Libera Naturaleza sin basura" e o impresionante traballo dos voluntarios que amosa o video (resume dunha hora de traballo), hoxe hai 11 m3 de lixo menos na Veiga de Gomareite