|
||||||||||||
| INICIO | ||||||||||||
|
||||||||||||
Día Mundial dos Humidais |
O 2 de febreiro de 1971 asinábase na localidade iraní de Ramsar a Convención que leva o seu nome: “un tratado intergubernamental que sirve de marco para a acción nacional e a cooperación internacional en pro da conservación e uso racional dos humidais e os seus recursos” nos 160 países que o asinaron ata a actualidade. Dende 1997, cada 2 de febreiro a Convención commemora o Día Mundial dos Humidais. Lamentablemente, malia cativos avances puntuais, en Galicia éste aínda non é un día para a ledicia nin para celebracións pois, lonxe de mellorar, a situación dos nosos humidais segue a degradarse cada día ante a pasividade cómplice das administracións (concellos, deputacións, Xunta) e a indiferencia de demasiados cidadáns. O Plan Estratéxico Español para a Conservación e o Uso Racional dos Humidais, no marco dos ecosistemas acuáticos de que dependen (aprobado en 1999), que ten como primeiro fin “Garantir a conservación e o uso racional dos humidais, incluindo a restauración ou rehabilitación de aqueles que foron destruidos ou degradados” simplemente non se está a aplicar en Galicia. O presunto “Plan de recuperación de humidais” da Xunta de Galicia, anunciado como “en realización” na súa web xa en 2004, aínda non existe e, malias as reiteradas peticións da SGHN, nin siquera se contempla na recén aprobada Lei de Augas de Galicia. Mentres tanto, todas as causas de alteración e degradación dos humidais identificados no Plan Estratéxico Español seguen a actuar en multitude de humidais galegos, como amosan os seguintes exemplos:
Pola importancia vital dos ecosistemas acuáticos para as persoas, RECLAMAMOS ás administracións unha actuación eficiente na conservación e restauración dos humidais galegos, e EXHORTAMOS aos cidadáns á defensa activa do seu patrimonio natural. Como atinadamente escribiu Delmar Blasco (Secretario Xeral da Convención de Ramsar entre 1994 e 2001): «Só falta que alguén con capacidade de liderazgo e aglutinación de vontades lance o proceso que devolva a Galicia e ós galegos, aínda que sexa en parte, os valores e funcións que se perderon cando se desecou a lagoa de Antela». Esa será dende hoxe a finalidade da SGHN-Sección Antela.
|
Fotografía aérea da Lagoa de Antela dende o sur-surleste, coa vila de Xinzo de Limia en primeiro plano. Reproducida do libro Martínez Carneiro, X.L. (1997) Antela, a memoria asolagada, por cortesía de Edicións Xerais (www.xerais.com).
Fotografía: Panorámica do asolagamento de Antela o 09-12-2000, unhas 20-24 horas despois da "crista da enchente" ou máximo asolagamento, tomada dende a torre de A Pena. Na imaxe, a lámina de auga principal en primeiro plano ten unhas 750-800 ha de superficie (cunhas dimensións máximas de 4,6 km de lonxitude x 2,1 km de largura) e está situada na marxe esquerda da canle principal de drenaxe. Hai ademáis un rosario de asolagamentos periféricos, o maior dos cales, na marxe dereita da canle principal de drenaxe (no centro da imaxen ó fondo), ten unhas 150-160 ha de superficie. Enchentes máis ou menos semellantes prodúcense cada vez que se encadean varias borrascas fortes e sucesivas do S-SO. |