logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

antela@sghn.org

line decor
INICIO    
line decor

 
 
 


 

 

A Sección Antela segue a traballar arreo para demostrar que outra Limia é posible

Celebrando dun xeito diferente o Día das Aves 2017

Complexo húmido Limia-Antela, 30-09-2017

Unha vez máis celebramos o día das aves dun xeito diferente traballando para a recuperación de hábitats de interese ornitolóxico e este ano retomamos as actuacións na Poza dos arieiros dando continuidade ao proxecto iniciado en 2015. Imos facer un breve resumo para poñernos en situación:

  • 2012/2015: Xestións e acordos para dispor dos terreos onde poder actuar.
  • Setembro 2015: Tratamento da vexetación arbustiva e arbórea que cubría parte dos predios para poder apreciar a morfoloxía do terreo base.
  • Outubro 2015: Elaboración do proxecto e presentación ao Servizo de Conservación da Natureza de Ourense.
  • Decembro 2015: Inicio do proxecto con traballos de maquinaria pesada aproveitando o outono-inverno seco.
  • 30 de decembro: Sen rematar os traballos comeza a chover e deben de finalizar os traballos para seguir cando o tempo o permita e se dispoña dos medios para abordar a segunda fase do proxecto.
  • Sendo o inverno e a primaveira de 2016 moi chuviosos deseguida a parcela comezou a coller auga. Ao longo do tempo realizouse un seguemento da progresión do encharcamento evaluando a eficacia e a necesidade de modificar puntualmente o novo relevo da parcela para adaptalo á finalidade perseguida favorecendo as aves limícolas.
  • Despois deste período chuvioso con niveles de auga superiores aos dos últimos anos empezou un período estival moi seco que se prolongou a este ano 2017. Como consecuencia da ausencia das inundacións períodicas na Poza dos arieiros a vexetación “máis” terrestre coloniza as áreas remexidas pola maquinaria e pouco a pouco cubre a parcela, pero o pior é a proliferación de especies exóticas invasoras que se atopan na contorna.

Diante desta situación non queda outra que actuar na xestión da vexetación: retirando as especies invasoras e controlando a colonización do predio con centos ou miles de salgueiras. E ese é o plan para a xornada matinal, un traballo que semella titánico pero os beonfeitores están afeitos a estes excesos (basta lembrar algunha das outras actuacións) e non se sorprenden cando se explica a tarefa a realizar.

Tras do análise das especies presentes, decídese empezar polo que semella máis urxente: a retirada de exemplares da especie exótica invasora Bidens frondosa antes de que as sementes estean maduras e tratando sobre todo aqueles puntos onde nesta ocasión se pode acceder polo baixo nivel da auga. Unha vez identificada a especie poñemonos máns á obra dando unha batida completa por toda a parcela arrincando e metendo as plantas en sacos para logo retiralos da parcela. Pouco a pouco enchéronse sacos e sacos cós vexetais e comprobamos a estratexia da especie: as sementes préndense con suma facilidade nalgun tipo de texido e comprendemos que os animais que transitan pola parcela actúan como medio de transporte achegando as sementes a novos territorios. Así que é imprescindible actuar no control da especie.

Cando se deu por rematado o traballo sobre as Bidens aínda era algo cedo, así que continuamos có control das salgueiras que empezan a medrar por toda a parcela e seguimos con outras invasoras neste caso Cyperus eragrostis tamén con retirada dos exemplares. E tanto cundiu o traballo que fomos quen de desbrozar algunhas das áreas para despexar de vexetación os que terían que ser os “illotes” emerxidos nas augas altas.

Evidentemente non todo foi traballo, sempre hai algunha excusa para descansar e entre “herba e herba” tivemos ocasión de disfrutar dalgún habitante da parcela e asistir a unha clase de xeoloxía da man do noso compañeiro José Ramón que nos fixo mesmo fluxos de auga na parede areosa da parcela.

Desbroce dos illotes.

Explicación da sedimentación aluvial.

Acronicta rumicis

Empusa pennata

Macrothylacia rubi

Pelophylax perezi.

Posta de Mantis.

Vanessa virginiensis.

E así chegou a hora de xantar compartindo como sempre viandas, charlas e experiencias na grata compaña dos beonfeitores que ao final do xantar se achegaron a outras actuacións especiais que se están a desenvolver en A Limia.

Pola tarde tocaba revisar os proxectos máis senlleiros: Humidal Antono Villarino e Veiga de Gomareite. No Humidal Antonio Villarino realizarónse algúnhas medicións para reaxustar o proxecto na zona onde aínda non se actuou pois estase a pensar en modificar o remate, se podera ser este ano, e en Gomareite revisouse o estado dos traballos e avaliouse a posibilidade de solicitar algunha outra axuda para a retirada de residuos noutros puntos da Veiga.

En definitiva, unha vez máis outra excelente xornada de traballo en A Limia, disfrutando da compañía e cumplindo coa satisfacción do traballo e avances desenvolvidos. Moitas, moitas grazas beón feitores.

Areeiras da Limia.

Zona de actuación de SGHN-Antela na Veiga de Gomareite.