logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

antela@sghn.org

line decor
INICIO    
line decor
 
 
 
 


 

CELEBRACIÓN DO DÍA DA ÁRBORE 2012

DISFRUTANDO DAS ÁRBORES SENLLEIRAS E MONUMENTAIS DA LIMIA

O “Día Mundial da Árbore”, tamén chamado “Día Forestal Mundial”, foi orixinalmente unha  recomendación do Congreso Forestal Mundial que se celebrou en Roma no ano 1969. Esta recomendación foi aceptada pola Organización de Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) en 1971. En España, o día forestal ou día da árbore, celébrase con carácter anual dende 1972 coincidiendo có comenzo da primavera no hemisferio norte o día 21 de marzo. En Suecia o día da árbore celébrase xa dende 1.840, cando se toma conciencia da importancia do recurso forestal para o país.

Aínda que nos poda parecer raro en España existen referencias antigas relativas á celebración deste día singular; así, por exemplo en Villanueva de la Sierra (Cáceres) celébrase dende 1.805 o martes de entroido “la Fiesta del Árbol”, en Mondoñedo (Lugo) citase un acordo municipal de 24 de xaneiro de 1569 polo que o rexidor pide aos vecinos que planten por San Blas tres árbores diferentes, en Lobás (Ourense) tamén existe unha tradición de plantar árbores que se remonta a mediados do seculo XVI cando se construiu a capela na honra a Santa Uxía.

O día da árbore centrase de cotío na plantación de árbores e xeralmente olvídase que este día pretende lembrar tamén a importancia de protexer as superficies arboradas, como di Joaquín Araujo:

“los árboles los ponemos a crecer, pero crecen ellos solos.
En cambio la destrucción es responsabilidad exclusiva de nuestra parte”.

Os bosques maduros son un obxectivo básico de conservación, realizar unha xestión dos bosques de xeito respetuoso có medio ambiente é de vital importancia para conservar e potenciar a biodiversidade que acollen. As árbores grandes e vellas, además da función paisaxística, cumplen unha función biolóxica de primeira orde, ofrecen unha variada e abondosa oferta trófica e de cavidades naturais nos seus troncos e ramas grosas para a nidificación e refuxio de numerosas especies animais.  Ademáis, as árbores vellas con madeira morta nos troncos e ramas permiten o desenvolvemento dunha grande diversidade de flora epífita e son hábitat de numerosas especies de artrópodos, a súa vez alimento das aves insectívoras.

Preservar a biodiversidade, evitar a tala destes poucos bosques ou árbores centenarias, protexer o noso entorno natural e patrimonio forestal; asegurando o papel dos bosques na mitigación do cambio climático, na regulación do ciclo da auga, na mellora da calidade do aire e na conservación da biodiversidad; son os grandes retos que temos entre as nosas mans.

“A conservación é unha tarefa na que toda a sociedade está chamada a desenvolver un papel prioritario e somentes pódese conservar aquelo polo que se ten estima, se  coñece ou se quere”.

Coincidindo co Día da Árbore, SGHN-Sección Antela organizou unha ruta o día 17-03-2012 para render homenaxe a algunhas das árbores máis salientables de A Limia, lembrando a importancia de protexer as superficies arboradas. Foi unha ruta circular con partida e chegada no Campo da Sainza e curtos desprazamentos a pé para achegarse aos exemplares arbóreos.

Fomos uns poucos os “valentes” que non dubidamos en participar na actividade aínda a sabendas de que a probabilidade de choivas era moi alta. Non faltaron os incondicionais Alberto e Lucía e incorporouse Roi que nos sorprendeu a todos.

A nosa especial singladura iniciouse con moito brio e ledicia. O obxectivo era admirar as 4 fermosas árbores monumentais da zona recollidas no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia (Decreto 67/2007, do 22 de marzo, ver mapa de distribución á esquerda) así como outras árbores, aínda que non catalogadas, non menos impresionantes, merecedoras de contemplación e situadas preto das anteriores.

Velaiquí os nosos “4 magníficos”, de acordo coa taboa de datos que figura na publicación da Xunta.

1. Castiñeiros de Penín Vello

Nome común: Castiñeiros de Peninvello

Lugar: Predio A Cerca

Nome científico: Castanea sativa Mill

Altura: 18,10 e 16,40 m

Provincia: Ourense

Perímetro normal: 9,30 e 8,10 m

Concello: Xinzo de Limia

Diámetro de copa: 17,15 m e 13,10 m

Parroquia: Peninvello

Idade estimada: 500 anos

Ó aparcar en Penín Vello saudounos o cuco anunciándonos o comezo da primavera, xa onde os árbores achegóusenos a dona dos castiñeiros, según nos dixo eran dos seus avós e agora non eran moi produtivos pero recoñecía a súa singularidade e refería a cantidade de “turistas” que veñen fotografalos e medilos.

Na imaxe que aparece na publicación da Xunta o souto apréciase coidado, neste intre ten algunhas silveiras, fentos e as árbores amosan ramas rotas e secas, coa propiedade compartida “uns polos outros ....”.

2. Carballo Grande de Reboreda

Nome común: Carballo grande de Reboreda

Lugar: Bosque de Caraveleira

Nome científico: Quercus robur L.

Altura: 27,80 m

Provincia: Ourense

Perímetro normal: 5,10 m

Concello: A Porqueira

Diámetro de copa: 26 m

Parroquia: Reboreda

Idade estimada: 100-200 anos

O carballo atópase nunha zona “fráxil” á beira mesma da estrada entre San Lourenzo e Reboreda, a máis cun problema engadido: un tendido eléctrico pasa ó seu carón e, como poidemos apreciar, cando se desbrozou a liña tamén se cortaron ramas do carballo. Segundo o Decreto da Xunta (Capítulo IV Xestión, protección e aproveitamento, Artigo 9º.-Protección. Punto 3) “Os proxectos cuxa execución poida ameazar os valores naturais, culturais, científicos, didácticos ou doutra orde, de árbores ou formacións senlleiras necesitarán autorización administrativa previa da Dirección Xeral de Conservación da Natureza.”, descoñecemos si se cumpliu este trámite.

3. Carballa da Rocha

Nome común: Carballa da Rocha

Lugar: A Saínza de Abaixo

Nome científico: Quercus robur L.

Altura: 31,60 m

Provincia: Ourense

Perímetro normal: 5,94 m

Concello: Rairiz da Veiga

Diámetro de copa: 25,60 m

Parroquia: A Saínza

Idade Estimada: 250-500 anos

 

No prado onde medra este carballo declarado Monumento Natural, o grupo dispersouse para admirar tranquilamente a carballa impoñente e ós seus compañeiros: acibros, bidueiros e outros bós exemplares de carballo. Mentras o grupo disfrutaba desta árbore os cativos descubriron o que chamaron “escarabajos” e efectivamente localizamos nas gretas da casca varios exemplares de Altica quercetorum. Este coleóptero, coñecido como a pulga do carballo, descubriuse en Galicia hacia 1.981 e estase a extender por gran parte da nosa xeografía. En maio de 2008 Medio Rural declarouno como praga en varios municipios de Lugo e Ourense incluíndo concellos da Limia entre eles Rairiz de Veiga onde se atopa A Carballa da Rocha.

O síntoma máis característico é a seca das follas e defoliación, pero sobre este primer dano pódense producir ataques de fungos que debilitan máis as árbores e que poden seguir con ataques de insectos xilófagos. En caso de ataques intensos combinados podese chegar a morte dos pés afectados.

Por suposto estas non foron as únicas árbores monumentais que disfrutamos, como podedes apreciar nas seguintes imaxes:

Castiñeiros da Forxa

Os soutos ocupan a contorna de todos os núcleos de población desta zona entre a chaira limiá e os montes circundantes, por iso son moitos os castiñeiros fermosos que atopamos. Destacamos estes magníficos exemplares que nos lembran a obra pictórica do noso benquerido Quesada (ó que tamén queremos honrar dende estas liñas).
Os pequenos do grupo disfrutaron sen dúbida destas árbores vellas, especialmente do castiñeiro oco que despertou a súa natural curiosidade.

A chuvia e a escarabana respetáronnos neste momento coincidindo có desprazamento ata o seguinte punto de parada.

Carballo de San Lourenzo

Ó deter os coches recibiunos una cegoña que andaba nos seus traballos nunha cuneta e que tranquilamente subiu a pista sen querer alonxarse demasiado da súa merenda, finalmente voou ata un niño cercano. Á beira da estrada, no borde dunha área recreativa e na chaira concentrada sen outras árbores nas immediacións, o seu aspecto resulta impoñente.

Por certo dende este punto divisamos os rescoldos do incendio forestal da noite anterior (onde arderon 23 ha segundo os medios de comunicación) e decatámonos que no prazo duns 15 días arderan varias zonas da periferia destes pobos e recordamos tamén o recente incendio de Allariz.

Esto, xunto coas visibles pistas realizadas durante os anos 2007 e 2008, excesivamente anchas, con pendentes moi fortes, achegándose a zonas antes de acceso máis difícil, cuarteando o terreo e que cortan a ladeira en varios puntos, moitas veces rematando bruscamente sen chegar a ningures, ponnos os pelos como escarpías cavilando nos efectos sobre as masas arbóreas que estamos a ver.

Carballos de Ordes

Achegándonos a Ordes siguen os anuncios da inminente primavera e algúns dos participantes observan unha bubela á marxe da estrada. Nesta zona aínda se conserva unha cobertura arbórea importante formada maiormente polos aliñamentos de árbores nas lindes das parcelas, tal e como foron os aproveitamentos tradicionais agrosilvopastorais xa que nesta parroquia non se desenvolveu ningún proxecto de concentración parcelaria, se ben existe un proxecto con trámite iniciado en 1992: Os datos básicos da zona (máis...) son:

DATOS BÁSICOS DE LA ZONA
Datos en revisión. Datos de la zona provisionales o estimados.
Nombre de la zona: Congostro
Tipo: PÚBLICA
Última fase aprobada: Decreto
Provincia: Ourense
Municipio: RAIRIZ DA VEIGA
Superficie: 500 Hectáreas
Nº de Propietarios: 375
Nº de Parcelas (antigas): 4000
Nº de Fincas (novas): 625
Nº de Decreto: 62/1992
Fecha de aprobación del Decreto: 06/03/1992 (DOG 16/03/1992)

En febreiro de 2010 sométese a información pública o estudo de impacto ambiental desta concentración parcelaria, e SGHN presentou as oportunas alegacións (ver PDF). Nalgúns puntos concretos hai exemplares adultos de boas dimensións, a nosa visita centrouse nas dúas árbores que podedes admirar nas fotos, unha conserváse cun porte magnífico mentras a outra foi recentemente decotada posiblemente para obtención de leñas.

Nos últimos dous ou tres anos estamos a notar una volta á utilización deste combustible, cremos resultado da situación actual e da suba dos prezos dos carburantes de calefacción. Os aproveitamentos de leñas están regulados pola Orde do 28 de setembro de 2004 pola que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, en aplicación da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes que no seu Artigo 7º.-Uso doméstico, di:

“Con carácter xeral, os aproveitamentos que se destinen a uso doméstico, que en ningún caso poderán superar os 10 m/anuais por propietario, enténdese que non son obxecto de comercialización, e que unicamente requirirán comunicación á Administración forestal, cun mínimo dun día de antelación á realización del. Esta comunicación deberá recoller, como mínimo, a situación do predio e o número de árbores, especie e volume aproximado obxecto do aproveitamento (anexo IV)”.

Non cabe dúbida de que esta é unha necesidade para unha grande parte da población rural pero tendo en conta que existe unha normativa básica que regula estes aproveitamentos a Administración debera ter algún sistema de aseguramento para evitar actuacións como a que se recolle na imaxe sobre estas árbores magníficas.

E xa mentras avanzaba a tarde, a chuvia fíxose notar e acompañounos case ata o final da xornada, regando suavemente as nosas magníficas árbores senlleiras neste día de tránsito entre o inverno e a primavera.

Agardamosvos na próxima saída.

Lembra que se queres ser BEÓNFEITOR e contribuir a que medre o proxecto de SGHN-Antela podes contribuir cunha doazón na conta corrente
ES63 2080 0200 4830 4012 7702

  • Beón: (nome, botánica). A pranta máis emblemática non só de Antela ou lago Bión/Beón, senón de todo o complexo húmido Limia-Antela.
  • Benfeitores: (sustantivo). Os que fan o ben.
  • BEóNFEITOR: (nome, neoloxismo). Díse do que fai o ben aos ecosistemas acúaticos de Limia-Antela