logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

antela@sghn.org

line decor
INICIO    
line decor

 
 
 


 

Demostrando que outra Limia é posible

SGHN-Antela contribúe ao desenvolvemento de A Limia tendo en conta os tres piares da sostibilidade:
o social, o económico e o ecolóxico.

A Limia, 10 de xuño de 2014

O día Mundial do medio ambiente dicíamos que o compromiso da SGHN vai más alá da celebración dunha data sinalada no calendario e que o noso compromiso é constante e diario dende hai 40 anos, gracias ó traballo altruista e contínuo de moitas personas que fixeron, fan e farán o que está nas súas máns para ESTUDIAR, DIVULGAR, CONSERVAR E DEFENDER O PATRIMONIO NATURAL GALEGO, de xeitos diversos, durante os 365 días do ano.

Como tamén sinalamos moitas veces, SGHN foi pioneira en diversas iniciativas ambientais ó longo destes anos; nesta ocasión SGHN-Sección Antela ven de poñer en marcha outra iniciativa, totalmente innovadora para Galicia. Nunha singular celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, o pasado día 5 de xuño, SGHN pechaba un acordo polo que catro predios de propiedade pública (BANTEGAL, Xunta de Galicia), cedidos en aluguer por 30 anos á SGHN con fins ambientais adicaranse á gandería de vacún en extensivo grazas a un convenio de colaboración entre SGHN e un gandeiro limiá.

Os catro predios obxecto do convenio de colaboración teñen unha clara vocación pecuaria e axeitadamente xestionados (mantemento de todo o arborado maduro, recuperación do pasteiro nas zonas invadidas por vexetación arbustiva e explotación gandeira en extensivo) aumentarán o seu valor natural como “illa” refuxio de biodiversidade para flora e fauna.

Co asesoramento de SGHN, o aproveitamento gandeiro en extensivo garantirá que nun dos catro predios se conserve unha pequena zona co hábitat prioritario na Unión Europea segundo a Directiva Hábitat (*4020 - Matogueiras húmidas atlánticas de Erica ciliaris e Erica tetralix). Ademais a recuperación dos predios como pasteiros favorecerá a conservación de outras especies vexetais de interese. Simultáneamente este sistema de explotación e xestión terá efectos positivos sobre as poboacións de hérpetos, aves e mamíferos, moitos deles insectívoros e, xa que logo, beneficiosos para o control de plagas nos predios cultivados da contorna.

Con todo, a explotación gandeira extensiva dos predios será unha contribución, modesta pero real, cara un desenvolvemento sostible que contribúa a fixación de poboación no medio rural.

Xa que logo, este acordo é o primeiro paso do camiño que SGHN, por medio da súa Sección Antela, quere percorrer cós limiaos na procura dun desenvolvemento real baseado na sostibilidade social, demográfica, económica e ecolóxica de A Limia.

Imaxes: Gandería extensiva de vacún en A Limia, como a que en breve haberá nos predios alugados por SGHN.

SGHN-Sección Antela segue a traballar na consecución de novos acordos

Lembra que se queres ser BEÓNFEITOR e contribuir a que medre o proxecto de SGHN-Antela podes contribuir cunha doazón na conta corrente
ES63 2080 0200 4830 4012 7702

  • Beón: (nome, botánica). A pranta máis emblemática non só de Antela ou lago Bión/Beón, senón de todo o complexo húmido Limia-Antela.
  • Benfeitores: (sustantivo). Os que fan o ben.
  • BEóNFEITOR: (nome, neoloxismo). Díse do que fai o ben aos ecosistemas acúaticos de Limia-Antela