|
||||||||||||||||||
| INICIO | ||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||
Ferrol, venres 4 de maio de 2012, Salón de actos do Museo de Historia Natural da SGHNPresentación de "A historia de Antela contada por unha cegoña ¡¡¡UN CONTO DE VERDADE!!!" |
Para acceder á reseña do acto de presentación prema AQUÍ. |
Xoves 22 de decembro de 2011, Centro cultural e Sala de Exposicións da Deputación. Edificio Simeón OurensePresentación de "A historia de Antela contada por unha cegoña ¡¡¡UN CONTO DE VERDADE!!!" |
Para acceder á reseña do acto de presentación prema AQUÍ. |
Casa da Cultura de Xinzo de Limia, 3 de xuño de 2011Presentación de "A historia de Antela contada por unha cegoña ¡¡¡UN CONTO DE VERDADE!!!" |
Premendo aquí podes descargar o PDF co acto de presentación de ¡¡¡Un conto de verdade!!! A historia de Antela contada por unha cegoña que tivo lugar o pasado venres 3 de xuño na Casa da Cultura de Xinzo de Limia, coa inestimable colaboración do Centro de Cultura Popular do Limia e de 5 alumnos do "I.E.S. Lagoa de Antela" que realizaron unha marabillosa escenificación do conto. |
¡¡¡Un conto de verdade!!! A historia de Antela contada por unha cegoñaAUMENTAN OS ESTABLECEMENTOS BEóNFEITORES NOS QUE SE DISTRIBÚE |
|
Conto, marcapáxinas e lámina poden mercarse xa nos seguintes establecementos, nomeados BEóNFEITORES DE HONRA por SGHN-Sección Antela xa que colaboran desinteresadamente na distribución desde material; grazas a eles, descontando só os custes de impresión, o 100% do que se recaude coa venda do material adicarase á divulgación, conservación e recuperación do complexo húmido Limia-Antela.
Agardamos que a lista de establecementos beónfeitores vaia aumentando nas vindeiras semanas, pero se non hai ningún preto de onde vives podes solicitar o conto e o xogo de 3 marcapáxinas por correo electrónico a antela@sghn.org. Para evitar os desmesurados gastos dos contrarreembolsos, o importe (5 euros, gastos de envío incluidos) deberás ingresalo previamente na conta aberta exclusivamente coa finalidade de xestionar os cartos recaudados para a divulgación, conservación e recuperación do complexo húmido Limia-Antela: 2013-1843-53-0200079056. Só por mercar o conto e os marcapáxinas serás nomeado beónfeitor e, se nos envías un correo electrónico co teu nome e apelidos, incluiremoste no listado oficial de beónfeitores: ¡xa somos máis dun cento en apenas unha semana! ¿Qué nos conta a cegoña?O conto, adaptado aos humanos de 9 a 99 anos, comeza así: "Nun niño de cegoña sobre un centenario carballo no límite entre o arboredo de Rairiz de Veiga e as veigas de Ordes e Penelas, sobre as que teñen unhas fermosas vistas, tres polos de cegoña e a súa nai conversan animadamente. Son a continuación dunha longa estirpe de cegoñas que conservan a tradición de transmitir de pais a fillos canto coñecen da súa terra, que é moito. Esa sabedoría débese á grande capacidade de observación das cegoñas, non como moitos humanos que “miran pero non ven” a natureza. Mais esa sabedoría venlles do feito de ser unhas cegoñas moi especiais, como logo veremos..." Ao longo de 24 páxinas a cegoña nai contalle aos seus polos "a historia dos vosos devanceiros e da súa terra, que xa tedes idade para coñecela". Repasa a desecación de Antela, a deforestación polas concentracións parcelarias, o encanamento dos ríos e as explotacións areeiras. Amosa todo o que se perdeu polas actuacións dos homes, pero tamén salienta o moito e moi valioso que aínda se conserva na Limia. E remata cunha mensaxe de esperanza, unha frase de Delmar Blasco, Secretario Xeral da Convención de Ramsar sobre os Humidais entre 1994 e 2002: «Só falta que alguén con capacidade de liderazgo e aglutinación de vontades lance o proceso que devolva a Galicia e aos galegos, aínda que sexa en parte, os valores e funcións que se perderon cando se desecou a lagoa de Antela». Presentación do conto en Xinzo de Limia o 03-06-2011Premendo aquí podes descargar o PDF co acto de presentación de ¡¡¡Un conto de verdade!!! A historia de Antela contada por unha cegoña que tivo lugar o pasado venres 3 de xuño na Casa da Cultura de Xinzo de Limia, coa inestimable colaboración do Centro de Cultura Popular do Limia e de 5 alumnos do "I.E.S. Lagoa de Antela" que realizaron unha marabillosa escenificación do conto. |
Imaxe: un dos marcapáxinas. |