logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

antela@sghn.org

line decor
INICIO  
line decor
 
 
 
 


 

CELEBRACIÓN DO DÍA DA ÁRBORE 2012

DISFRUTANDO DAS ÁRBORES SENLLEIRAS E MONUMENTAIS DA LIMIA

O “Día Mundial da Árbore”, tamén chamado “Día Forestal Mundial”, foi orixinalmente unha  recomendación do Congreso Forestal Mundial que se celebrou en Roma no ano 1969. Esta recomendación foi aceptada pola Organización de Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) en 1971. En España, o día forestal ou día da árbore, celébrase con carácter anual dende 1972 coincidiendo có comenzo da primavera no hemisferio norte o día 21 de marzo. En Suecia o día da árbore celébrase xa dende 1.840, cando se toma conciencia da importancia do recurso forestal para o país.

Aínda que nos poda parecer raro en España existen referencias antigas relativas á celebración deste día singular; así, por exemplo en Villanueva de la Sierra (Cáceres) celébrase dende 1.805 o martes de entroido “la Fiesta del Árbol”, en Mondoñedo (Lugo) citase un acordo municipal de 24 de xaneiro de 1569 polo que o rexidor pide aos vecinos que planten por San Blas tres árbores diferentes, en Lobás (Ourense) tamén existe unha tradición de plantar árbores que se remonta a mediados do seculo XVI cando se construiu a capela na honra a Santa Uxía.

O día da árbore centrase de cotío na plantación de árbores e xeralmente olvídase que este día pretende lembrar tamén a importancia de protexer as superficies arboradas, como di Joaquín Araujo:

“los árboles los ponemos a crecer, pero crecen ellos solos.
En cambio la destrucción es responsabilidad exclusiva de nuestra parte”.

Os bosques maduros son un obxectivo básico de conservación, realizar unha xestión dos bosques de xeito respetuoso có medio ambiente é de vital importancia para conservar e potenciar a biodiversidade que acollen. As árbores grandes e vellas, además da función paisaxística, cumplen unha función biolóxica de primeira orde, ofrecen unha variada e abondosa oferta trófica e de cavidades naturais nos seus troncos e ramas grosas para a nidificación e refuxio de numerosas especies animais.  Ademáis, as árbores vellas con madeira morta nos troncos e ramas permiten o desenvolvemento dunha grande diversidade de flora epífita e son hábitat de numerosas especies de artrópodos, a súa vez alimento das aves insectívoras.

Preservar a biodiversidade, evitar a tala destes poucos bosques ou árbores centenarias, protexer o noso entorno natural e patrimonio forestal; asegurando o papel dos bosques na mitigación do cambio climático, na regulación do ciclo da auga, na mellora da calidade do aire e na conservación da biodiversidad; son os grandes retos que temos entre as nosas mans.

“A conservación é unha tarefa na que toda a sociedade está chamada a desenvolver un papel prioritario e somentes pódese conservar aquelo polo que se ten estima, se  coñece ou se quere”.

Coincidindo co Día da Árbore, SGHN-Sección Antela organizou unha ruta o día 17-03-2012 para render homenaxe a algunhas das árbores máis salientables de A Limia. Preme aquí para acceder á reseña.

Fotografía: Carballa da Rocha (Monumento Natural), unha das árbores que se visitaron.

 

Celebración 1º aniversario SGHN-Sección Antela
XEIRA NATURALISTA POR A LIMIA

O pasado sábado 11 de febreiro a Sección Antela celebrou o seu primeiro aniversario cunha saída pola Limia na que participou un grupo de 26 persoas.

Citámonos en Rairiz de Veiga, lugar no que, fóra de programa, algúns estiveron a visitar a Igrexa de Rairiz que garda un singular retablo e unha ara romana. Unha vez agrupados os participantes iniciamos a xeira na zona das veigas da Sainza, Porqueira e Ordes (no límite do Concello de Rairiz e Porqueira), este ano moi secas pola falla de choivas, onde se deron a coñecer diferentes aspectos relacionados cós usos tradicionais e actuais destas zonas.

Logo, partimos cara as areeiras da Limia con intención de observar patos e outras aves acuáticas. Ao longo do canal atopamos algunhas garzas reais e cegoñas brancas e xa nas areeiras comezamos disfrutando cun grupiño de cercetas que nos deu a benvida. Posto que tiñamos “frescos” os resultados do Censo de Acuáticas invernantes e, ademáis, contabamos coa información privilexiada do noso compañeiro Alberto, alá marchamos na procura dunha femia de pato mandarín ao lugar consabido e... alí estaba !!, xunto con un bó grupo de lavancos. De seguido, tentamos localizar avefrías (que na Limia chaman conicras ou choromicas) en leiras labradas recentemente pero non houbo sorte. Como comentamos noutras ocasións, este ano a invernada foi escasa, aínda así, vimos varias especies de interese como o somorgullo cristado, o asubiador, o pato frisado e algúns integrantes do grupo viron como voaban uns poucos patos culleretes.
Como xa esperabamos, no illote da areeira recuperada había moito rebumbio no dormideiro dos corvos mariños, este día acompañados por 3 garzotas grandes; xusto a carón, unha parella de cegoñas repousaba no seu niño. Nesta última parada comentamos máis detalles sobre as areeiras, da súa situación actual e da evolución das poboacións de anátidas invernantes grazas aos datos recollidos nos censos dos últimos 25 anos.

E cando o sol xa desaparecera polo oeste e o frío da chaira limiá invitaba a recollerse, Paco deu pe a un magnífico fin de festa. Non houbo foguetes máis Venus, Xúpiter (coas súas catro lúas galileanas) e a bóveda celeste, libre de contaminación lumínica, fixeron as delicias de nenos e grandes que agardaron espectantes o seu turno para contemplar as luces do Universo.

En fin, coma sempre, unha ledicia grazas a colaboración de todos os participantes.

Feliz aniversario Sección Antela.

Velaquí Alberto e Lucía, dous dos máis xóvenes observadores da saída

E así víu a saída outro dos xóvenes participantes: Juan Rodrigo González, de 6 anos

 

Á PROCURA DO ABELLARUCO POR TERRAS DE VIANA DO BOLO

¡¡¡ TODO UN ÉXITO !!!

O que tivo a excursión, organizada pola Sección Antela de SGHN, que realizamos o pasado Sábado 16 de xullo de 2011 (só faltou algún participante máis).

No horario previsto, comenzamos no lugar de Augas Mansas, no encoro do Bao, repleto de auga, moito máis que nos censos invernais, mirade a diferencia:

Alí preparámonos , e mirando para o encoro apareceron as primeiras rapaces: Miñatos queimados –que andiveron connosco durante toda a xornada, dende a primeira á última hora, en tódalas posicións .... de vóo-. E apareceron as primeiras sorpresas: Águia Caudal, unha preciosidade en fase clara que nos deu un gran espectáculo, e tamén Miñato abelleiro, que pasounos rápido, aínda que deu tempo a miralo á perfección.

E partimos cara ao antigo balneario de Bembibre, hoxe sen uso, mantido con moito traballo e cartos polos herdeiros dos fundadores. Un paseo de casi 2 km por un camiño entre soutos, prados, regatos, e pequenos bosquetes caducifolios, parándonos coas bolboretas e outros insectos, paxaros, anfibios, deixando desta a vexetación para outra ocasión, e iso que os prados lucían cores espectaculares.

Xa no balneario probamos as augas (có permiso dos propietarios), tanto en bebida como en lavado –e ben que lle foi a un dos excursionistas que notou melloría case inmediata na súa man- e  volveunos a visitar a Águia caudal e, non podían faltar, os Miñatos queimados.

Á volta, polo mesmo camiño, escoitamos uns sonidos moi especiais e coñecidos, e buscando buscando apareceron a voar un grupo de ABELLARUCOS, vaia cores, que maxestuosidade, preciosos, e ao mesmo tempo voando a grande altura dúas cegoñas que marcharon logo cara ao encoro, e a punto de retirarnos, ao lonxe, parada no ar coma unha cometa, unha Águia albela ....... e que xa non podíamos pedir moito máis.

E mira ti que, preto do pobo de Fradelo, paramos a facer unha observación, e recreamonos có telescopio cun adulto de Picanzo real e con adulto e xuvenís de Picanzo rebordá, estaban radiantes e deixaron tempo para velos, sobre todo o Picanzo real. E escoitando o paspallás a moi poucos metros.

Sabiamos que esta era boa zona para os ABELLARUCOS, por iso fixemos a parada, máis non viñan, aínda que un dos expertos dicía que creía escoitalos moi ao lonxe, e a paciencia tivo un premio, perdón 10 ou 12 premios en forma de ABELLARUCOS, machos, femias e xuvenís, ¡¡¡QUÉ ESPECTÁCULO!!! Estaban a uns 15 metros os máis próximos, e có telescopio disfrutamos como enanos, véndoos pousados nos cables ou cebando aos xovenes nas polas de inmensos castiñeiros ¡¡¡UNHA GOZADA!!!, dixo incluso Berto, o rapaz de seis anos, “isto e xenial, vaia pasada”, ou algo polo estilo.

E despois .... A COMER .... ao Mirador da Ribeira, unha casa rural no centro de Viana do Bolo, moi ben restaurada, moi agradable e, o que tamén é importante, con aparcadoiro propio.

Xantamos de vicio e rematamos cunha exquisita tarta de queixo caseira, e, claro, a continuación, fomos dar un paseo pola vila para baixar algún que outro gramo.

Visitamos tamén a Torre do Homenaxe de Viana do Bolo...

... e o Museo Etnográfico, que está instaladon na propia Torre, con pezas de alto interese nos seus tres andares. Unha mágoa que estiveran a pintar e quitar humidades e que moito material estivera amoreado; precisaría unha mellora na súa presentación.

E rematamos percorrendo as Médulas de Caldesiños, tamén coñecidas como “As Borreas” ou “Barreiras”, recordan as famosas Médulas bercianas, salvando as dimensións, pois as nosas son bastante máis cativas, aínda que manteñen o aspecto e cór das outras. As dúas formadas pola explotación do ouro polos romanos mediante a técnica da “ruina montiun”.

 

Foi un paseo tranquilo, levemente esforzado, pois hai unha boa subida ata o alto, máis disfrutamos dos réptiles e insectos, como podedes ver nas fotografías.

E máis nada, despedímonos mirando de novo á Aguia albela e tres Garzas reais, e, como non, aos Miñatos queimados que nos viñeron despedir.

O DÍA FOI COMPLETO, incluso á volta, un dos grupos participantes avistou un Corzo macho á beira do coche, así que só pedimos:

QUE A VINDEIRA SEXA POLO MENOS TAN INTERESANTE COMO ESTA VISITA