logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

antela@sghn.org

line decor
INICIO    
line decor

 
 
 
 


 

7ª Edición na procura do abellaruco
Coñecendo o descoñecido concello de Riós

Ourense, 15-07-2017

Outra fantástica xornada coñecendo eses nosos patrimonios cercanos e descoñecidos que nos fan ser cada vez máis conscientes de que temos moito e bó por coñecer na nosa provincia. Pero tamén nos fan reflexionar sobre a situación da xente no rural, a conservación ou a modificación dos hábitats agrogandeiros tradicionais e as consecuencias sobre a biodiversidade.

Por fin chegou o día iniciando por séptimo ano consecutivo a nosa cita cós abellarucos (Merops apiaster); cada ano un pouco máis complicado pois pouco a pouco imos alonxándonos das zonas habituais e coñecidas de cría da especie tentando de atopar novas localizacións e tomando datos da súa presencia na nosa provincia.

Segundo algúns participantes esto é "buscar unha agulla nun palleiro" pero é o obxectivo da xornada así que non queda outra que emprender a busca. Despois de percorrer uns kilómetros nos coches disfrutanto da paisaxe do concello de Riós, detemos os vehículos a beira dunha pista nun lugar con amplas vistas sobre un val cuberto por mato con árbores dispersas (afectado fai algúns anos por un lume) e cunha zona de cultivo de cepas e castiñeiros novos. Desde aquí a unha distancia suficiente para observar e non molestar atopamos unha colonia de abellarucos activa. Así que é baixar dos coches, coller prismáticos, montar telescopios e disfrutar mentras se fala brevemente da especie, ... e para sorpresa de todos esto é un "dous por un" un pousadoiro habitual do abellaruco tamén está sendo utilizado por unha parella de pito formigueiro ou retorcepescozo (Jynx torquilla) o que é unha ocasión única para a observación de esta especie tan discreta.

Abellaruco (Merops apiaster) cun abellón.

Despois dun bó rato de observación da actividade das aves o obxectivo da xornada estaba cumplido e xa só quedaba disfrutar das outras maravillas da zona, empezando polo río Mente, e nada mellor que escoitar a Xosé Ramón Reigada explicar a importancia natural deste lugar de transición entre os mundos atlántico e mediterráneo aderezado polos comentarios de Mara do Museo Arqueolóxico expoñendo a importancia da zona como área de encontro entre distintas culturas como corroboran os achados arqueolóxicos da contorna. Este momento de contemplación do val do Mente foi moi especial por esa "converxencia" dos elementos dos patrimonios natural e cultural nun mesmo espacio. A pesares de posuir valores de interese natural recoñecido, o Concello de Riós non conta con ningún espazo natural protexido nin incluído na Rede Natura e na última proposta de ampliación da rede natura SGHN solicitou, entre outras,  a creación do LIC río Mente como corredor biolóxico entre os Parques Naturais do Invernadeiro e o de Montesinho e co novo LIC de Penas Libres. Xosé Ramón Reigada defende especialmente a necesidade de protección dos aciñeirais típicos das zonas térmicas do río que están a sufrir unha enorme degradación entre outras cousas pola reforestación con especies de crecemento rápido especialmente con Pinus radiata.

Sendo un dos valores destacados os florísticos descendemos por un camiño de forte pendente hacia a zona máis accesible do cañón e no descenso xa imos apreciando o cambio da vexetación con aparición das aciñeiras. Unha vez nos lameiros na marxe do río basta unha pequena ollada ao redor para localizar especies singulares: Viburnum opulus, Viburnum lantana, Equisetum sp., Helleborus foetidus, Ulmus sp. O lugar precisaría adicarlle máis tempo para afondar no coñecemento da zona pero o tempo pasa moi rápido e xa é case a hora de xantar así que debemos voltar aos coches para chegar ao restaurante á hora prevista deixando sin facer algunhas das cousas previstas para a mañá.

Xantamos tranquilamente disfrutando das viandas e da compañía compartindo como sempre experiencias, opinións e sensacións da xornada, e tamén para non variar a sobremesa alargase un chisquiño e compre seguir có programa visitando a Iglesia de Santa María de Riós guiados por Mara que nos transmite os seus coñecementos coa paixón das personas que aman o que fan e disfrutan có seu traballo, todo elo aderezado có cariño polas cousas do seu Riós natal. A iglesia vista dende fora semella sinxela destaca no conxunto unha gran torre campanario, no interior o primeiro que compre salientar e a súa dimensión, o seu estado coidado, a conservación do chan, os elementos constructivos e, por suposto, os decorativos: un impresionante retablo moi traballado con columnas salomónicas con varias imaxes entre as que destacan unha talla da Virxen da Asunción ou unha talla de Santa Ana coa Virxe nena. Entre os retablos laterais chama a atención o Cristo crucificado articulado e restaurado recentemente obra da escola de Gregorio Fernández.

A maiores destes elementos relixiosos, Mara subliña a presencia dunha estela funeraria datada no século III que ata fai uns anos facía de dintel na casa rectoral; a estela é singular e de tipoloxía pouco frecuente en Galicia e está adicada por un pai ao seu fillo falecido aos 16 anos e consagrado aos deuses Manes. A visita deu para moito e para repasar outros moitos temas de importancia na zona, mesmo o detalle de que no concello de Riós atopouse a primeira cervexa de Galicia ….

A visita as árbores senlleiras e monumentais é obligada sempre na medida do posible na maior parte das saídas que a SGHN realiza máis o Concello de Riós non conta con ningún exemplar incluído no Catálogo de árbores senlleiras de Galicia, eso sí ten soutos fermosos con árbores centenarias e precisamente no entorno do adro atópase "O paseo do talento" onde dende fai uns anos celébrase una festa na que os castiñeiros son bautizados có nome de persoeiros famosos de distintos eidos da cultura e da sociedade, como María do Ceo ou Carlos Sobera. Dende o noso punto de vista non nos parece moi axeitada a colocación das placas conmemorativas clavadas ou atornilladas nos castiñeiros pero, ... Unha vez máis apreciamos a incipiente presenza da avispilla do castiñeiro (Dryocosmus kuriphillus) nesta zona e debatimos a problemática das especies invasoras incluíndo o tratamento biolóxico contra esta praga baseado na introducción doutra invasora (Torymus sinensis) con efectos descoñecidos sobre as especies autóctonas.

Placa nun dos castiñeiros do "Paseo do talento".

Macho de rabirrubio real (Phoenicurus phoenicurus).

Río Mente.

Calopteryx virgo.

Iphiclides podalirius.

Femia de ouriolo (Oriolus oriolus).

E debemos continuar e achegarnos a outro punto do río Mente onde varias infraestructuras viarias sitúanse nun espazo relativamente corto sorteando mediante pontes ou viaductos este accidente xeográfico. Si a visita a igrexa deixounos abraidos non foi menos a visita a impoñente ponte vella do Navallo da man de Juan M. González, outra persoa que disfruta có seu traballo que nos transportou a diversos momentos da historia das estradas e as comunicacións no noso país destacando as dificultades de acceder a este lugar remoto que foi Galicia onde calquera desprazamento duns poucos kilómetros precisaba mesmo días para realizarse.

Tal como nos conta Juan as primeiras estradas eran de pedra, adoquín ou macadán moi similares ás vías romanas. A mediados do século XIX promúlgase a primeira Lei de Carreteras e comenza o desenvolvemento da rede viaria cunha mellora moi significativa do transporte e acceso a Galicia coa contrucción da estrada Villacastín-Vigo entre 1860 e 1863 e a principios do século XX coa chegada dos automóviles créase o “Circuito Nacional de Firmes Especiales” o que supón o inicio da moderna rede de transporte en España que leva parella a creación da Rede de Paradores Nacionais e os albergues de carretera para automovilistas. Có paso do tempo apróbanse diferentes plans de Obras Públicas e instruccións de carreteras coas primeiras normas técnicas de construcción adaptadas aos vehículos a motor mesmo a aprobación do plan Peña clasifícanse as estradas en Nacionais, comarcais e locais e ao mesmo tempo establecese a designación das seis estradas nacionais radiais que parten da Porta do Sol de Madrid. Tal como apunta Juan, así é a historia: có paso do tempo introducénse melloras e novos plans que fan que se abandonen as infraestructuras antigas como a ponte vella da estrada para dar paso a antiga N-525, a nova N-525 e ahora a Autovía A-52 todas elas deseñadas cun trazado similar atravesando os lugares máis axeitados para a construcción segundo a tecnoloxía dispoñible en cada momento.

Estas e outras moitas historias compartimos mentras avanzaba a tarde e xa sin tempo para moito máis subimos ata a curva do enxeñeiro onde un monumento da compañía de ferrocarriles lembra a memoria dun enxeñeiro. Trátase de D. José Fernández-España Vigil que estudiaba un trazado da línea de ferrocarril pasando por Verín e que faleceu neste lugar nun accidente de tráfico; as historias do ferrocarril fannos lembrar a excursión de celebración do día do medio ambiente por terras de Laza. As preguntas quedan no aire: ¿foi un accidente fortuito?, ¿foi un accidente provocado?, ¿conducía o enxeñeiro en lugar do chófer?, …. Pois con estas incognitas contemplamos un anaco da Serra da Urdiñeira a espera doutra visita no futuro para, a lo menos, apreciala como merece circulando pola estrada que dende a N-525 discurre hacia Parada da Serra.

Como vemos, as terras de Riós quedáronse grandes e xa nos percatamos de que vai ser precisa outra ou outras visitas a este concello; pero eso non é todo os organizadores xa temos previsto que a 8ª edición do abellaruco comenzará neste concello.

Moitas grazas a todos os que fixeron posible esta interesante e completa xornada.

Como sempre, tan interesante e bonito nos pareceu, que xa estamos a pensar na VIII Edición,
calquera idea que nos queirades transmitir a teremos en conta, e xa sabedes
AGARDÁMOSOVOS A TODOS ... E A MÁIS ...