logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

antela@sghn.org

line decor
INICIO    
line decor

 
 
 


 

Á PROCURA DO ABELLARUCO POR TERRAS DE VIANA DO BOLO

¡¡¡ TODO UN ÉXITO !!!

O que tivo a excursión, organizada pola Sección Antela de SGHN, que realizamos o pasado Sábado 16 de xullo de 2011 (só faltou algún participante máis).

No horario previsto, comenzamos no lugar de Augas Mansas, no encoro do Bao, repleto de auga, moito máis que nos censos invernais, mirade a diferencia:

Alí preparámonos , e mirando para o encoro apareceron as primeiras rapaces: Miñatos queimados –que andiveron connosco durante toda a xornada, dende a primeira á última hora, en tódalas posicións .... de vóo-. E apareceron as primeiras sorpresas: Águia Caudal, unha preciosidade en fase clara que nos deu un gran espectáculo, e tamén Miñato abelleiro, que pasounos rápido, aínda que deu tempo a miralo á perfección.

E partimos cara ao antigo balneario de Bembibre, hoxe sen uso, mantido con moito traballo e cartos polos herdeiros dos fundadores. Un paseo de casi 2 km por un camiño entre soutos, prados, regatos, e pequenos bosquetes caducifolios, parándonos coas bolboretas e outros insectos, paxaros, anfibios, deixando desta a vexetación para outra ocasión, e iso que os prados lucían cores espectaculares.

Xa no balneario probamos as augas (có permiso dos propietarios), tanto en bebida como en lavado –e ben que lle foi a un dos excursionistas que notou melloría case inmediata na súa man- e  volveunos a visitar a Águia caudal e, non podían faltar, os Miñatos queimados.

Á volta, polo mesmo camiño, escoitamos uns sonidos moi especiais e coñecidos, e buscando buscando apareceron a voar un grupo de ABELLARUCOS, vaia cores, que maxestuosidade, preciosos, e ao mesmo tempo voando a grande altura dúas cegoñas que marcharon logo cara ao encoro, e a punto de retirarnos, ao lonxe, parada no ar coma unha cometa, unha Águia albela ....... e que xa non podíamos pedir moito máis.

E mira ti que, preto do pobo de Fradelo, paramos a facer unha observación, e recreamonos có telescopio cun adulto de Picanzo real e con adulto e xuvenís de Picanzo rebordá, estaban radiantes e deixaron tempo para velos, sobre todo o Picanzo real. E escoitando o paspallás a moi poucos metros.

Sabiamos que esta era boa zona para os ABELLARUCOS, por iso fixemos a parada, máis non viñan, aínda que un dos expertos dicía que creía escoitalos moi ao lonxe, e a paciencia tivo un premio, perdón 10 ou 12 premios en forma de ABELLARUCOS, machos, femias e xuvenís, ¡¡¡QUÉ ESPECTÁCULO!!! Estaban a uns 15 metros os máis próximos, e có telescopio disfrutamos como enanos, véndoos pousados nos cables ou cebando aos xovenes nas polas de inmensos castiñeiros ¡¡¡UNHA GOZADA!!!, dixo incluso Berto, o rapaz de seis anos, “isto e xenial, vaia pasada”, ou algo polo estilo.

E despois .... A COMER .... ao Mirador da Ribeira, unha casa rural no centro de Viana do Bolo, moi ben restaurada, moi agradable e, o que tamén é importante, con aparcadoiro propio.

Xantamos de vicio e rematamos cunha exquisita tarta de queixo caseira, e, claro, a continuación, fomos dar un paseo pola vila para baixar algún que outro gramo.

Visitamos tamén a Torre do Homenaxe de Viana do Bolo...

... e o Museo Etnográfico, que está instaladon na propia Torre, con pezas de alto interese nos seus tres andares. Unha mágoa que estiveran a pintar e quitar humidades e que moito material estivera amoreado; precisaría unha mellora na súa presentación.

E rematamos percorrendo as Médulas de Caldesiños, tamén coñecidas como “As Borreas” ou “Barreiras”, recordan as famosas Médulas bercianas, salvando as dimensións, pois as nosas son bastante máis cativas, aínda que manteñen o aspecto e cór das outras. As dúas formadas pola explotación do ouro polos romanos mediante a técnica da “ruina montiun”.

 

Foi un paseo tranquilo, levemente esforzado, pois hai unha boa subida ata o alto, máis disfrutamos dos réptiles e insectos, como podedes ver nas fotografías.

E máis nada, despedímonos mirando de novo á Aguia albela e tres Garzas reais, e, como non, aos Miñatos queimados que nos viñeron despedir.

O DÍA FOI COMPLETO, incluso á volta, un dos grupos participantes avistou un Corzo macho á beira do coche, así que só pedimos:

QUE A VINDEIRA SEXA POLO MENOS TAN INTERESANTE COMO ESTA VISITA