logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

sghn@sghn.org

line decor
  INICIO    
line decor
   
 
 

NORMAS DE PUBLICACIÓN DO BOLETÍN BRAÑA DA S.G.H.N.

Descargar en PDF

 

Contido dos traballos a publicar en BRAÑA

O Boletín BRAÑA ten carácter anual e publica artigos, notas e reseñas bibliográficas non publicadas anteriormente, salvo os casos expresamente autorizados polo comité editorial e informados polo autor/es. Serán inéditos e tratarán sobre Flora, Fauna, Xea, Antropoloxía e Arqueoloxía galega ou redactada por galegos. Tamén poderán incluirse novas ou avisos de carácter científico.

A publicación ten dous formatos: electrónico e de libre acceso e unha impresión anual en formato papel que recolle a totalidade dos artigos publicados. A publicación electrónica será inmediata á aceptación final do traballo, figurando a data de recepción do traballo, a de aceptación e a da publicación electrónica. Na versión en papel engadiráse a data desta.

A publicación será bilingüe: en galego e en inglés. Na versión inglesa, o autor acreditará que o artículo foi revisado por un nativo ou persoa acreditada con nivel mínimo B1.

O documento enviarase exclusivamente en formato electrónico ó seguinte enderezo boletinbranha@sghn.org. Prefírese o arquivo en Formato de Texto Enriquecido (RTF). O texto debe estar realizado en Times, Times New Roman ou Garamond, a doble espacio, en formato A4, con marxes de 3 cm. Os debuxos, figuras ou gráficos presentaranse cunha resolución mínima de 1200 puntos para as figuras en branco e negro ou de 300 ppp (puntos por pulgada) para as fotografías.

 

Características dos traballos a publicar en BRAÑA

Artigo: traballo científico de máis de dúas páxinas de revista, articulado en apartados.
Nota: Traballo científico non articulado en apartados. Neste caso non poderán superar as tres páxinas. Máximo dúas ilustracións.
Comentario de Libro: Comentario dun libro aparecido nos doce meses anteriores ó envío do comentario.

As opinións que neles se manifiesten serán da enteira responsabilidade do(s) autor(es).

Os artigos que leven a descripción dun novo taxón de rango especie deberán mencionar explicitamente a institución científica na que queda depositado alomenos un exemplar da serie tipo, seguindo a Recomendación 16 C do Código Internacional de Nomenclatura Zoolóxica.

A revisión dos traballos realizarase por revisores elexidos polo Comité Editorial que aceptarán ou non. No caso de aceptarse con correccións, o autor/es asumirán estas e presentarán o artigo definitivo.

Os traballos serán publicados por estricto orde de aceptación. Cada persoa disporá anualmente de coarenta páxinas en cada número do boletín, salvo ampliación expresa do Comité Editorial. Non computarán as páxinas das reseñas bibliográficas e novas. Se se é sinante en solitario ou colaboración de máis dun artigo que apareza no mesmo boletín, entre cada dous do mesmo autor figurarán dous doutros autores. En caso de conflito terán preferencia os socios da SGHN.

 

Normas para os artigos

Os traballos que non cumpran estas normas serán devoltos ós autores.

Cada artigo comporase na orde seguinte:

  1. Título en galego e inglés, sen emprego continuo de maiusculas, cos nomes latinos das taxa pertencentes ás categorías de genera e especie en cursiva e con referencia, no seu caso, a un taxón de nivel familiar e doutro nivel superior e separados por unha vírgula (Ex.: Coleoptera, Tenebrionidae). Amais indicárse un título breve para titular de páxina.
  2. Nome do autor ou dos autores co nome propio e un ou dous apelidos completos (recoméndase que unan os dous apelidos mediante un guión). En páragrafo a parte engadiranse os enderezos completos da cada autor.
  3. Resume ou Abstract en galego, español e inglés, opcionalmente noutra lingua a maiores elixida polo/s autor/es. Breve e con 12 liñas coma máximo. O resume será breve e condensará as conclusións do traballo; non incluirá puntos e aparte.
  4. Palabras clave en galego e inglés, 10 como máximo, ordeadas no seu caso de maior a menor rango, separadas por vírgulas e formando un paragrafo a parte do resume.
  5. Texto do artigo. Deberá estruturarse nos apartados de Introducción, Material e Métodos, Resultados, Discusión, Agradecementos, Bibliografia e Apéndices, debendo aterse en último caso ó que o Comité Editorial determine. Os encabezamentos e títulos principais irán xustificados á marxe e os secundarios centrados.
    1. Deberán respectarse as normas dos códigos Internacionais de Nomenclatura e a ser posible as súas recomendacións.
    2. Tódalas taxa das categorías de genera e especie que se mencionen no texto deberán levar, alomenos a primeira vez que se mencionen, o nome do autor en minúsculas e o ano da súa inclusión na literatura biolóxica.
    3. As abreviaturas gen. n., sp. n., syn. n., combo n., ou similar, deberán empregarse explicitamente para tódalas innovacións taxonómicas. Na descripción dun novo genera, a especie tipo nominal debe ser designada na combinación orixinal e con referencia á descripción orixinal e inmediatamente despois do novo nome.
    4. No caso de presentar unha lista ou táboa con tódola taxa, será suficiente que nelas figuren os datos anteriores, non sendo necesario que se inclúan estes datos no texto. Os nomes latinos destas taxa irán en cursiva.
    5. Recoméndase o emprego das coordenadas UTM das localidades de mostraxe.
    6. As citas bibliográficas no texto faranse co apelido do autor en maiusculas, seguido do ano entre paréntese separado por unha vírgula. Exemplos: "...como indica GARCÍA (1990)" ou ben HARRY (in MOORE, 1980), "...vo simpátrico (GARCÍA, 1975)”. Cando os autores sexan máis de dous utilizarase a abreviatura et alii/ et al. (Ej: GARCÍA et al. 1987). De haber máis dunha referencia do mesmo autor e año distinguiranse mediante unha letra minúscula situada inmediatamente detrás do ano (Ex: GARCÍA, 1975a).
    7. As citas agruparanse por: países (cando sexa necesario), provincias e localidades, indicando as capturas por orde cronolóxica e, se procede, altitude, número, sexo dos ejemplares e recolector. As datas escribiranse cos días e anos en números arábigos e os meses en romanos: 5-V-2005.
  6. Bibliografía, nela incluiránse unicamente as referencias citadas no texto e expresaránse do seguinte xeito:
    1. Para un artigo:
      BORDERA, S., J. SELFA, & R. JIMÉNEZ, 1987. Contribución al conocimiento del género Enicospilus Stephens, 1835 (Hymenoptera: Ichneumonidae). Boletin Asociación Española de Entomología, 1.1: 221-233. O nome da revista se reseñará completo e en cursiva.
    2. Para un libro ou publicación non periódica:
      COBOS, A., 1979. Fauna ibérica de coleópteros Buprestidae. Consejo Superior de Investigaciones Científicas. Madrid. 364 pp., 60 lám.
      As teses doctorais deben estar publicadas; as teses inéditas non constituen publicación e polo tanto debe evitarse o seu emprego como referencia bibliográfica.
    3. Para un artigo de libro:
      BERGSTROM, J., 1969. Morphology ofFossil Arthropods as a Guide to Phylogenetic Relationships. In GUPTA, A.P. (Ed.): Arthropod Phylogeny: 3-56. Van Nostrand Reinhold Company. New York.
    Os títulos dos artigos ou libros que foran escritos na súa orixe en caracteres distintos do alfabeto romano, indicaranse na lingua do subtítulo e no seu caso, de non existiren éste, escribiranse na lingua do texto. En calisquer caso reseñarase entre paréntese a lingua orixinal.
  7. Apéndices. De existir é recomendable nos traballos biolóxicos, incluir un apéndice coa relación de localidades mencionadas e, no seu caso, as coordenadas UTM.
  8. Ilustracións e táboas. Compostas en función do tamaño da caixa ou mancha do texto (aproximadamente 26 x 18 cm). No texto as figuras chamaranse entre parénteses coa abreviatura Fig.
    As ilustracións gráficas, mapas, debuxos e fotografías deberán ser orixinais ou libres de dereitos de terceiros e correctamente compostas para a súa reproducción.
  9. Pés explicativos de ilustracións e táboas. Irán na lingua do artigo e traducidas ó inglés (ou no seu caso ó galego).
    Nas táboas a falla de datos consignarase cun guión, nunca cun 0. Os mapas publicaranse como figuras, no caso de ser necesario para mellor comprensión do texto, recomendase o emprego dos que leven coordenadas UTM. Non se admitirá o sistema sexaxesimal.
  10. Normas para as notas. Coma as dos artigos. Comporanse unicamente dos apartados 1, 7 e algunha ilustración de ser preciso, coas referencias bibliográficas a renglón seguido e os nomes dos autores co enderezo completo.
  11. Normas para as reseñas bibliográficas. Semellantes ás dos artigos e comporanse de: Referencia completa do libro a comentar, incluido o ISBN.
    Texto do comentario e os nomes dos autores co enderezo completo.
  12. Táboas. Levarán a súa propia numeración correlativa en cifras romanas, en partes ou arquivos independentes sen paxinar.

Correccións: Despois da aceptación do artigo e realización das modificacións que dera lugar, os autores recibirán unha proba para corrixir posibles erros tipográficos sen que se permitan de estilo. Será devolto no prazo de 15 días a partires da data de recepción. Transcurrido este tempo, o Comité Editorial decidirá entre retrasar a súa publicación ou rexeitar o traballo.