|
"O sistema de mercado, como no que vivimos hoxe, é o que máis dano lle fai ó planeta, porque todo ten un precio, pero nada ten valor. Como o longo prazo non ten precio no mercado actual, o destino das futuras xeneracións non se ten en conta na ecuación económica. Debido a esta enorme confusión entre precio e valor, hai unha irrealidade fundamental na vida económica actual, que se converteu nunha abstracción. O sistema de mercado vólcase cada vez máis en cousas que non existen en lugar de en cousas que existen. O diñeiro é un marabilloso instrumento de cambio, pero é unha ameaza terrible para o planeta. O que o mercado produce hoxe é cordura ó por menor e tolería ó por maior."
Jacques Ives Cousteau "foise ó mundo do silencio" o 25 de xuño de 1997
Máis...
|
|
Todos os contidos do dominio por S.G.H.N. |

Creative Commons 3.0 España: Recoñecemento - Non comercial - Sen obras derivadas. |
Estatísticas de visitas
|

 |
|

PRESENTACIÓN
A Sociedade Galega de Historia Natural (S.G.H.N.) é "unha asociación independiente e cientifica, dedicada ó estudio, divulgación, conservación e defensa do medio natural, que non tén na súa actuación fins lucrativos" (Art. 5º dos Estatutos). A S.G.H.N. é unha asociación legalmente recoñecida, está inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584.918, no Rexistro de Asociacións Culturais Galegas co nº AO/C-000/382 e no folio 11 do Rexistro de Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia).
A S.G.H.N., desenvolve unha intensa actividade en temas medioambientais:
- Tén un representante no "Consello Galego do Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible" dende a súa creación.
- Elaborou o Atlas de Vertebrados de Galicia publicado en 1995, que está a actualizar para os Anfibios e Réptiles.
- Realiza, dende 1973, os Censos Invernais de Aves Acuáticas
- Coordinou o "Programa de Conservación do Arao Iberico" da Union Europea.
- Organiza Xornadas e Congresos sobre temas medioambientais.
- Participa no Programa anual CoastWatch, avaliando o estado da beiramar.
- Publica revistas, monografías e boletíns de divulgación do medio ambiente.
- Organiza charlas e conferencias de educación ambiental.
- Persóase nos trámites de información pública e de Avaliación de Impacto Ambiental dos proxectos, públicos ou privados, con incidencia medioambiental.
UN POUCO DE HISTORIA
A Sociedade Galega de Historia Natural naceu co nome de Grupo Ornitolóxico Galego (G.O.G.) que, de acordo coa lei de asociacións de 24-12-1964, foi legalizado por resolución do Goberno Civil de A Coruña, que ordenou a súa Inscricion o 31 de Agosto de 1973. Aínda que o seu nome podería suxerir un ámbito de actuación restrinxido á ornitoloxía, a realidade é que o G.O.G. naceu xa cunha amplitude de miras adiantada ó seu tempo, como amosa con claridade ó artigo cuarto do seu regulamento:

As xestións que en 1976 comezara o G.O.G. para converterse na actual Sociedade Galega de Historia Natural cristalizaron o 7 de xuño de 1977 coa inscrición da S.G.H.N. polo Servicio de Asociacións da Dirección Xeral de Política Interior, do Ministerio da Gobernación.
O GOG-SGHN é a máis veterana das organizacións de defensa ambiental galegas e unha das máis antigas de España. Cando os nosos políticos e gobernantes comezaron a decatarse da importancia do medio ambiente (creación do Ministerio e da Consellería homónimas en 1996 e 1997, respectivamente) o GOG-SGHN levaba xa case un cuarto de século estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego.

|
|
|