logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

sghn@sghn.org

line decor
  INICIO   
line decor
   

Dobre premio para a campaña e o video de "Salvemos Galicia da Megaminería"

Cangas, 18-10-2014

"Salvemos Galicia da megaminería" recibiu onte os premios nas dúas categorías para as que fóra elexida finalista na 3ª Edición do Festival Social Media de Galicia: "Mellor campaña social" e "Mellor video viral" organizados por MexilOnseTuits. Os premios recolleunos o Presidente de SGHN, Serafín González, quen salientou que eran dous fermosos recoñecementos a un inmenso traballo colectivo a prol da conservación do patrimonio natural galego.

 

Premio Ouro Azul

2ª Edición

Celanova, 22-03-2013

Con motivo da celebración do Día Internacional da Auga, "O Bosque Máxico" outorgou hoxe o "Premio Ouro Azul" que nesta segunda edición concedeu ao Presidente da Sociedade Galega de Historia Natural polos seus traballos na defensa dos ecosistemas acuáticos, entre eles o cauce do río Limia.

A entrega do premio tivo lugar no Auditorio de Celanova, co patrocinio da Plataforma da Baixa Limia, a Asociación de Veciños de As Conchas, o Concello de Celanova e o Bosque Máxico. Previamente a entrega do premio o Presidente de SGHN deu unha pequena conferencia sobre a "Crise da auga no río Limia", que pode descargarse en PDF premendo AQUÍ.