|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| INICIO | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
PEIXE RODA OU LÚA – Ampliación dos fondos do Museo da Natureza |
|
![]() |
![]() |
O noso Museo conta desde este verán cunha nova peza, grazas á colaboración de Protección Civil de O Vicedo. Trátase dun Peixe lúa (Mola mola) de 72 centímetros de lonxitude e 20 kg de peso, que nos países de fala inglesa chaman Pez sol. En ambos casos, sen dúbida, pola forma do seu corpo. Este extraordinario animal que pode acadar máis de dous metros de lonxitude, cun peso duns 1.500 kg, é frecuente nas nosas costas, relacionado moi directamente coa Corrente do Golfo en todo o seu ciclo biolóxico. Ten corpo discoidal aplanado que remata de xeito abrupto no que podería ser o seu temón, ó carecer de aleta caudal propiamente dita, este aparece como un volante unido ás aletas dorsal e anal, altas e estreitas. Moi diferentes ás pectorais, pequeniñas e situadas tralas fendeduras branquiais. Avanzan mediante movementos das aletas, a modo de remos, situadas moi atrasadas no corpo. Vese frecuentemente, preto da costa en ocasións, situado de lado case na superficie e deixándose arrastrar polas ondas. As veces, cando o animal é vello ou esgotado ó atopar coas augas frías das nosas costas, aparecen coa aleta dorsal sobresaíndolle como se fora a vela dun barco e servindo de branco para as gaivotas. Non posúe escamas, presentando unha pel áspera, rugosa, elástica e grisácea, coa cara ventral máis clara. Profusamente parasitado, todo neste animal é fantástico e extremo: desde a moi pequena boca ata o elevado número de ovos que pon, ata 300 millóns de minúsculos óvulos dos que saen larvas con escasos dous milímetros de lonxitude, que claramente contrastan co gran tamaño do adulto. O Peixe lúa é un avistamento habitual entre os que percorremos os cabos na procura de mamíferos mariños e aves. As veces divisamos a súa aleta dorsal como se fose unha quenlla, confundindo a observación durante uns segundos. Deste exemplar fixéronse moldes, dos que proximamente se obterá unha réplica en resinas. Máis sobre o Museo da Natureza |
|
|
![]() |
FÓSILES MARIÑOSColaboración do Centro Oceanográfico de Gijón coa SGHN-Sección Mamíferos Mariños |
|
O doutor Javier Cristobo, Director do Centro Oceanográfico de Xixón (Instituto Español de Oceanografía) colabora coa SGHN na investigación de fósiles mariños, cedendo temporalmente e para o seu estudo, un exemplar recuperado no proxecto “Indemares. Banco de Galicia 2010”. Desexamos agradecer a boa disposición do Centro Oceanográfico en permitir este préstamo que se incluirá na investigación aberta sobre cifios ibéricos, e un agradecemento moi especial ó seu Director, Javier Cristobo, de quen recibimos sempre apoio para a consecución de proxectos relacionados co medio mariño. Investigacións do Museo da Natureza sobre fósiles mariños: máis. |
|
|
![]() |
Plan de Ordenación do Litoral (POL): as alegacións da SGHN |
|
COMENTARIOS XERAISA crúa realidade é que, 28 anos despois de asumir as competencias exclusivas sobre ordenación do territorio, Galicia aínda carece dunha ordenación real do territorio e que, de todas as rexións do “Espazo Atlántico” da Unión Europea, Galicia é a única que aínda carece dun instrumento de ordenación, protección e xestión do seu espazo costeiro. A política dos feitos consumados en moitos concellos, ese tristemente famoso “ti vai facendo” que en realidade era un “ti vai (des)facendo”, no ámbito do POL traduciuse nun caos urbanístico que devoraba o litoral galego ata que a Lei 6/2007 paralizou cautelarmente os desenvolvementos urbanísticos na franxa de 500 m desde a beiramar ata a elaboraciónd o POL. A moratoria chegou demasiado tarde para algunhas zonas sobranceiras da beiramar galega, pero aínda a tempo para outras moitas. Moito máis aló dun solar urbanizable, ou dun terreo a encher con infraestruturas enerxéticas, de comunicacións e plantas de acuicultura, o litoral de Galicia é parte do patrimonio natural, cultural, etnográfico e identitario dos galegos e de todos os europeos; como tal patrimonio común inalienable debemos ordenalo, aproveitalo de xeito sostible e protexelo por enrriba de calquera interese particular. Por iso, a SGHN da a benvida ó POL non só porque é necesario, senón porque, facendo da necesidade virtude, é en liñas xerais un bo plan, malia que a SGHN discrepa con algúns artículos, considera que outros deberan de mellorarse e bota en falla a inclusión dalgún adicional. |
|
![]() ![]() |
|
ASPECTOS NEGATIVOS DO POL
|
|
ASPECTOS A MELLORAR NO POL
|
![]() |
ASPECTOS POSITIVOS DO POL
|
Fotografía: Sapo de esporóns (Pelobates cultripes). |
Máis información en Alegacións_POL_SGHN e SGHN_Comisión_Parlamentaria_POL |
|
A Limia a piques do colapso hidrolóxico |
De acordo cos datos oficiais da Estación SAIH (ROEA) A046 (1805) “Río Limia en Puente Linares”, obtidos da páxina web da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (http://194.224.175.148/minosil/index.php?url=/datos/graficas_numeros/tag:A046_ACQRIO1):
|
Caudal (litros por segundo) |
Fonte da información | |
| Promedio mes de agosto periodo 1972-1997 | 1520 |
Datos oficiais históricos da antiga Estación de aforos 1805 “Río Limia en Puente Linares” |
| Caudal ecolóxico | 970 |
“Estudio hidrolóxico-ambiental de A Limia” (Ministerio de Medio Ambiente, 2007) |
| Dende finais xullo 2010 | menos de 880 |
Datos oficiais da Estación SAIH (ROEA) A046 (1805) “Río Limia en Puente Linares” |
| Promedio mes de agosto 2010 | 520 |
|
| Dende o 27 de agosto 2010 | menos de 280 |
Nunha visita xirada á Limia con ese motivo, un equipo da SGHN ven de documentar as seguintes situacións:
Á vista desta situación, e tras dous escritos infructuosos dirixidos ó Presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil con datas 11-08-2010 e 03-09-2010, a SGHN ven de solicitar á Directora Xeral da Auga do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño que ordene con carácter inmediato a suspensión de todos os aproveitamentos de auga non adicados a abastecemento de poboaciones na bacia do río Limia augas arriba de Ponte Liñares ata que se recupere o caudal ecolóxico mínimo de 0,97 m3 s-1 na Estación SAIH (ROEA) A046 (1805) “Río Limia en Puente Linares”. A petición da SGHN faise ó abeiro do Real Decreto Lexislativo 1/2001 (texto refundido da Lei de Aguas estatal) que, nos seus artigos 59.7 e 60, establece que os caudais ecolóxicos ou demandas ambientais deben considerarse como unha restricción que se impón con carácter xeral ós sistemas de explotación, supeditada só á regra sobre supremacía do uso para abastecemento de poboacións. |
|
![]() |
![]() |
Fotografías: Imaxes actuais do Río Limia seco ó seu paso pola vila de Xinzo de Limia (esquerda) e Río Limia cunha cota de auga de a penas 5 cm de altura na Estación SAIH (ROEA) A046 (1805) “Río Limia en Puente Linares” (dereita). |
|
Efemérides astronómicas outubro
Alegacións ZCP Anfeoz (Ourense)