logo
 
Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

sghn@sghn.org

line decor
  INICIO   
line decor
     

O sistema de mercado, como no que vivimos hoxe, é o que máis dano lle fai ó planeta, porque todo ten un precio, pero nada ten valor. Como o longo prazo non ten precio no mercado actual, o destino das futuras xeneracións non se ten en conta na ecuación económica. Debido a esta enorme confusión entre precio e valor, hai unha irrealidade fundamental na vida económica actual, que se converteu nunha abstracción. O sistema de mercado vólcase cada vez máis en cousas que non existen en lugar de en cousas que existen. O diñeiro é un marabilloso instrumento de cambio, pero é unha ameaza terrible para o planeta. O que o mercado produce hoxe é cordura ó por menor e tolería ó por maior. Jacques Ives Cousteau "foise ó mundo do silencio" o 25 de xuño de 1997

Só falta que alguén con capacidade de liderazgo e aglutinación de vontades lance o proceso que devolva a Galicia e ós galegos, aínda que sexa en parte, os valores e funcións que se perderon cando se desecou a lagoa de Antela. Delmar Blasco (Secretario Xeral da Convención de Ramsar, 1994-2001).

Sempre que o propietario non teña interese en que haxa árbores na súa facenda, non bastará toda a vixilancia do Goberno para vixilalo. M. Barba y Roca (1789). La plantación de árboles.

Falta carbón e leña; porque se corta, e non se planta. Faltan carnes: porque por ser máis regaladas as crías, cómense e apúranse. Falta o pasto: porque faltando xa a leña, arríncanse pro lume ata as mesmas raíces de todo combustible. Faltan os peixes no mar; porque se desprecian as leises da veda que se puxeron xustamente en favor da cría. Faltan nos ríos porque coa cal coca, torvisco e con outros inicuos medios de pescar péscase todo dun golpe, e dun golpe queda o río sin pesca. Pai Martín Sarmiento, 1757.

Unha nación que destrúe a súa terra, destrúese a si mesma. Franklin D. Roosevelt (1882-1945).