logo

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

pontevedra@sghn.org

line decor
INICIO  
line decor

 
 
 


  

PRESTIGE

3

En 1996, a SGHN publicaba unha editorial na súa revista, pedindo uns mínimos para que non se repetira o desastre do "Aegean Sea". Dez anosdespois, no 2006, estas peticións case podáinse repetir na súa totalidade. ¿Que pasará no futuro próximo?.

O que aconteceu non foi desorganización, foi simple CAOS. Un caos propiciado por unha administración estatal e autonómica incompetente e despreocupada, botada a perder polo vicio de tapar todo o que non lle convén. Tanta soberbia para non saber que o fuel-oil flota no mar.

Existe un problema medioambiental e sobre todo social, que a longo prazo van sempre da man. Tal foi o dano que avistamos un horizonte mouro, escuro como a miseria que afectará a moitas familias e pobos enteiros. A xente non pide máis que vivir do seu, do traballo, non das axudas, anunciadas case como esmolas. O Goberno Español e Autonómico quedaron coa face descuberta ante os nosos veciños europeos, que asombrados non dan creto ós ollos e publican na súa prensa que España ten trinta anos de retraso respecto de Europa. Non cren que o exército Belga chegase antes que o Español (agás un grupo de Ferrol e Marín, dende os primeiros días e que o equiparon os concellos), comparan ó 1º ministro alemán vendo o desastre das riadas dende 1ª liña, co Presidente do Goberno de España. Comparan e non comprenden. Nós xa temos longa experiencia, aínda buscamos o albor da longa noite de pedra.

Dá vergonza allea e impotencia contempla-la falla de medios. Se cabe algunha esperanza no que está a pasar, é a dignificación da xente da pé, volcada na limpeza das praias, a loita titánica dos mariñeiros valéndose dos seus únicos medios e as máns para frea-la entrada da sombra negra nas rías. Pero todo ten un límite e as forzas físicas non son ilimitadas, e ou hai medios ou é fisicamente imposible aturar máis acometidas como esta.

recén estreado Parque Nacional está de loito. As novas contrastadas que chegaron falaban dun loito longo e a súa recuperación será lenta. Haberá que esperar para saber que pasa con arao dos cons (Uria aalge),  pero pódese ir esculpindo o seu epitafio. Pero non nos enganemos, o arao é un símbolo. O peor é o que non se ve, o que está nos fondos, os pequenos organismos que sustentan a cadea trófica e alimentan ás aves, ós polbos, ós percebes, ós mariñeiros, as redeiras, as conserveiras, os transportistas, os comercios...

A terra non pertence ó home, o home pertence á terra. Aquí a terra é o mar, e o home e natureza van xunguidas, para ben ou para mal.

Queda moito que facer e que aprender.

TÓDOLOS DATOS E INFORMACIÓNS AQUÍ EXPOSTOS, FORON CONTRASTADOS E/OU DISPOMOS DE DOCUMENTACIÓN ESCRITA QUE OS AMPARA

4

ENLACES DE INTERESE

- PLATAFORMA NUNCA MÁIS.

- CRONOLOXÍA DÍA A DÍA.

- ENLACE PÁXINA DO CENTRO LE-CEDRE (Francés) (en castelán, información veraz e de interese) [Centre de documentation de recherche et d'expérimentations sur les pollutions des eaux]

- ENLACE INSTITUTO HIDROGRÁFICO PORTUGUÉS.

- ENLACE AREA NEGRA

POSICIONAMENTO DO MOV. ECOLOXISTA PERANTE A CATÁSTROFE DO PRESTIGE. Declaración a dous meses da catástrofe.

* Informe Dr. Baert 29-11-02 (francés) (pdf 147K)

- INFORMES VARIOS

10 anos de control sobre los efectos del Exxon Valdez (inglés)

* Efectos das mareas negras sobre organismos. (inglés)

* Resolución do Parlamento Europeo sobre o accidente do "Prestige" (pdf)

Real Decreto 1220/2002, de 22 de novembro, polo que se crea a Comisión Interministerial para o seguimiento dos danos ocasionados polo buque “Prestige”. (BOE de 23 de novembro de 2002).

* Fondo COPE (pdf 31K)

ACTUACIÓNS SGHN

- Editorial SGHN hai 10 anos. (pdf 42 K)

- Informe SGHN Illa de Sálvora

- Informe SGHN Ons

- Resume ACTUACIÓNS SGHN

- Notas de Prensa emitidas pola SGHN

- Entrevista coa Comisaria de Medio Ambiente da UE Margot Wallström (12/12/02)

- Conclusión V Congreso Galego de Ornitoloxía 17/11/02 (pdf 111 K)

2 1
NUNCA MÁIS

Comunicado conxunto de ADEGA, CEMMA, FEG, SGEA e SGHN novembro 2002

Galicia é o país de Europa máis castigado polas mareas negras. A provocada polo Prestige é a quinta que sufrimos nos últimos 20 anos. Trátase dunha catástrofe sen paliativos. Os prexuízos ecolóxicos, sociais e económicos son gravísimos. Terán que pasar varios anos até que o litoral contaminado se recupere. A extensión de costa afectada é moi superior á danada por anteriores mareas negras.

Cada día navegan fronte ás costas galegas 600 buques cargados con petróleo e outras mercadorías perigosas. As organizacións ambientalistas temos advertido en numerosas ocasións da ameaza para o litoral galego que representa o intenso tráfico destes barcos.Por iso, demandamos reiteradamente un control adecuado que minimizase o risco de accidentes de consecuencias desastrosas.
 
O accidente do Prestige revelou de forma dramática que as Administracións competentes –en particular, o Ministerio de Fomento, pero tamén o Ministerio e a Consellería de Medio Ambiente- non tiraron as leccións oportunas dos graves accidentes acontecidos no pasado. Non se tomaron as medidas necesarias e posíbeis para acabar coa indefensión da costa do noso país. Ignorouse que o litoral galego constitúe no seu conxunto un patrimonio ambiental de enorme valor do que depende unha parte moi importante da nosa economía,do noso benestar.

Censuramos a reacción dos Gobernos galego e central perante o accidente do Prestige,caracterizada pola precipitación, a descoordenación, a desorganización, a lentitude, a improvisación, a ocultación de información, os intentos patéticos de minimizar a gravidade do desastre, etc. A ausencia dun plano de emerxencia levou ao caos e á ineficacia. A falta de implicación desde o primeiro momento de Manuel Fraga, Carlos del Álamo, Jaume Matas ou Álvarez-Cascos é imperdoábel.

A carencia de medios e a desorganización impediron que os traballos de limpeza do fuel e de contención da marea negra se realizasen coa intensidade e eficacia necesarias para reducir na medida do posíbel os efectos da marea negra. As xenerosas ofertas de miles de voluntarios e voluntarias de Galicia e de fóra para participar nas tarefas de combate á marea negra non foron até agora ben aproveitadas polas Administracións. Mesmo non secontou desde o inicio coa axuda doutros Estados.

Malia ser menos espectacular, tamén é moi importante a contaminación por petróleo debida a pequenos, numerosos e continuados vertidos ocasionados polo lavado de sentinas de buques que navegan fronte ao noso país, denunciados polas organizacións ambientalistas desde hai moitos anos.

Hai que actuar xa.
As organizacións ambientalistas galegas seguiremos traballando para que se adopten as
seguintes medidas:
 
• Declaración das costas galegas como Zona Marítima Especialmente Sensíbel.
• Maior control do tráfico marítimo de mercadorías perigosas. Afastamento do dispositivo de separación do tráfico de Fisterra.
• Adianto dos prazos para a aplicación das Directivas Erika 1 e Erika 2. Prohibición inmediata de buques monocasco e con bandeira de conveniencia en augas comunitarias. Regulación internacional do tráfico marítimo que elimine as bandeiras de conveniencia, prohíba os petroleiros monocasco en todo o mundo, estableza stándares ambientais rigorosos para os barcos e garanta condicións de traballo dignas e a formación adecuada das tripulacións.
• Elaboración dun plano de emerxencia para facer fronte ás mareas negras, dotado con recursos suficientes (barcos anticontaminación, barcos para trasvases, remolcadores de potencia suficiente, barreiras,....). Aplicación rigorosa de protocolos adecuados de limpeza de praias e de protección de lagoas litorais.
• Ampliación das áreas mariñas e litorais propostas para formar parte da Rede Natura 2000. Incorporación da Costa da Morte e doutros tramos litorais de alto valor ecolóxico ao Parque Nacional das Illas Atlánticas para convertelo nun Parque da Costa Atlántica. Asunción das competencias en materia de conservación da biodiversidade nas augas litorais por parte da Consellería de Medio Ambiente.

Se ben coa aplicación das medidas anteriores ficaría moi reducido o risco de mareas negras, semella imposíbel evitalas totalmente. Por iso, para minimizar máis a contaminación por petróleo do noso mar, é preciso reducirmos a depedencia excesiva do petróleo a través da promoción do aforro e a eficiencia no uso da enerxía, das enerxías renovábeis e dun modelo de transporte non baseado no automóbil privado. Ademais, propomos que se acorden obxectivos de reducción do número de buques que transitan con mercadorías perigosas.

As organizacións ambientalistas galegas esiximos a demisión das autoridades galegas e españolas responsábeis da xestión desastrosa do accidente do Prestige e da ausencia de medidas de prevención. En especial, chamamos a atención sobre a responsabilidade do presidente da Xunta, Manuel Fraga, do seu conselleiro de Medio Ambiente, Carlos del Álamo, do ministro de Fomento, Francisco Álvarez-Cascos, e do ministro de Medio Ambiente,Jaume Matas.
 
Novembro de 2002