logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

pontevedra@sghn.org

line decor
INICIO  
line decor
 
 
 
 


  

Resume Actividades Delegación Pontevedra ano 2015

Cadro resumo dos distintos tipos de cartas e escritos presentados en 2015.

 

RESUME CORRESPONDENCIA

 

Correspondencia ordinaria

 

Escritos á Admón.

 

Denuncias a Xulgados

 

Notas de Prensa

 

Outros

 

TOTAL

 

2

 

14

 

0

 

1

 

1+802 correos electrónicos

 

830

 

RESUME ACTUACIÓNS

 

Conferencias
/Charlas

 

nº asistentes

 

Excursións/saídas monitorizadas

 

nº asistentes

 

 

Horas investidas

 

2

 

16

 

14

 

153

 

 

Informe de Situación


Durante o ano 2015 fíxose un seguimento e atención especial ó LICs Gándaras de Budiño, realizando varias actividades en colaboración diversas asociacións e presentando varios escritos sinados conxuntamente de Verdeegaia e a Asociación Herpetológica Española.
Realizouse o II Concurso de debuxo, calendario da natureza, no que practicamente duplicouse o número de colexios participantes así como as obras presentadas.
Internamente crearónse as vogalías de Botánica, Comunicación social e Gándaras, ampliando os membros da directiva e dando maior dinamismo ás actividades desenvolvidas.

ESPACIOS LIC

LIC ES1140011 Gándaras de Budiño.

Presentáronse seis escritos, en colaboración con Verdegaia e Asociación Herpetológica Española (AHE) por diversos temas.
O primeiro foi solicitando a restauración ambiental da Barreira de Orbenlle á Consellería de Medio Ambiente  e sinado conxuntamente por Verdegaia, Asociación Herpetológica Española (AHE) e SGHN.
Durante 2015 empezouse o desmantelamentoe do ex centro interpretación Natureza Gándaras, polo que se solicitou á Consellería de Media Ambiente e Infraestruturas, así como ó concello do Porriño que extremaran a atención ó tema, para garantir o menor dano posible á zona polas obras a realizar.
Por último presentáronse varios escritos por mor do Recheo explotación mineira das Gándaras 1297, expediente LU39/13, moi próximo ó LIC, polo perigo de chegada de lixiviados ó LIC, terras, etc. Os escritos foron enviados a Consellería de Innovación, Industria e Comercio, Consellería de Medio Ambiente, Infraestruturas e OT e concello do Porriño. Escrito presentado conxuntamente con Verdegaia.

08/02/2015      Actividade de restauración ambiental na barreira de Orbenlle dentro do LIC Gándaras de Budiño
2 febrero "Día Mundial de los Humedales"         Restauración hábitats     9 asistentes
08/03/2015      Actividade Herpetolóxica nas Gándaras de Budiño.
3 marzo "Dia mundial naturaleza"           Biodiversidade: herpetos            13 asistentes
26/04/2015      Saída Myxomycetes en Gandaras de Budiño.
22 abril "Día de la Tierra"           4 asistentes
24/05/2015      Inspección de primavera do Río Louro nas Gándaras de Budiño.
22 maio "Día Mundial de la Biodiversidad"         14 asistentes.
20/09/2015      Inspección de outono do Río Louro nas Gándaras de Budiño. Proxecto Ríos. 26 asistentes.

En total realizáronse 53 visitas ó ZEC Gándaras de Budiño para seguemento do espazo natural, traballo de documentación e preparación de actividades (km aproximados: 2438 km). Nas actividades programadas mensualmente en 2015 houbo unha asistencia total de 147 persoas, das que participaron un total de 83 persoas diferentes.

LIC ES1140004 Complexo Ons - O Grove
Presentáronse alegacións  ó proxecto de construción de instalacións naútico recreativas na Illa da Toxa, afección á fauna ornítica, bancos marisqueiros e flora acuática.

OUTROS ESPACIOS


Debido á vertido de diversos residuos, algúns deles caracterizables como industriais, presentáronse catro escritos polo recheo incontrolado no “Proxecto de restauración da Canteira Peneiriñas”. Debido ó vertido do entullo e o perigo de contaminación dos acuíferos, os escritos foron presentados diante da Consellería de Sanidade, Consellería de Medio Ambiente, Infraestruturas e OT, Consellería de Innovación, Industria e Comercio e Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

O 6/05/2015 presentouse un escrito ó Ministerio de Fomento informado da presenza deFallopia japonica en estrada N-550 (Mos) nunha zona sensible para as infraestruturas e á beira dun regato.

XEIRAS NATURALISTAS

10-05-2015 Mostraxe de Myxomycetes nas Gándaras de Budiño
Mostraxe de Myxomycetes na Zona de Especial Conservación (ZEC) As Gándaras de Budiño, organizada polo Grupo Micolóxico Galego e a Sociedade Galega de Historia Natural.

22-05-2015. Co gaio do Día Europeo da Rede Natura 2000 e o Día Internacional da Diversidade Biolóxica, a SGHN organizou o pasado 24 de marzo 2015 a Inspección do Río Louro, co obxetivo de contribuír ós obxectivos de conservación da biodiversidade na Rede Natura 2000. Trátase da inspección de Primavera do PROXECTO RÍOS, organizada en colaboración con ADEGA.    14 asistentes

30/06/15. Conxuntamente e organizada pola Delegación de Ourense, Asoc. Estudos de Santa Mariña de Augas Santas e Ateneo de Ourense., visitá á zona húmida “Antonio Villarino” na Limia, Serra de Larouco, Castros de Saceda e San Millán e finalizando en Medeiros para ver as laudas alí conservadas. 6 asistentes.

9-08-2015. SGHN e Biodiversidad Virtual organizaron o III Testing fotográfico de biodiversidade no espazo natural das Gándaras de Budiño. A actividade consiste en fotografar o máximo número de especies de fauna e flora dunha zona para despois contribuír coas imaxes ó Proxecto ”Biodiversidad Virtual” e elaborar o Catálogo de Biodiversidade do LIC Gándaras de Budiño.

06/06/2015. Roteiros Ambientais das Gándaras de Budiño: Ruta circular dos ecosistemas: brañas, turbeiras e bosques aluviais            5 xuño "Día Mundial del Medio Ambiente"         Ecosistemas      19 asistentes.

25/07/2015. Roteiros ambientais das Gándaras de Budiño: Seguemento  dos habitats  acuáticos  do  complexo  de  lagoas  e  barreiras  de  Gandaras  de  Budiño e Ribeiras  do  Louro           Veran   Ecosistemas      5 asistentes

10/10/2015. Día das aves nas Gándaras de Budiño.       
6 outubro "Día Mundial del Hábitat" / "Día das aves"                 13 asistentes.

15/11/2015. Rota das Poldras e Pontellas nas Gándaras de Budiño.         25 asistentes.

12/12/2015. Ecoloxía e patrimonio de Faro Budiño.
11 decembro "Día Mundial de las Montañas"                  22 asistentes.

 

OUTROS

  • Mantenemento do facebook de SGHN Pontevedra, chegando a final de ano 2015 con 731 contactos, con picos de alcance 3.840.
  • Atención a consultar ambientais de socios e non socios (2)
  • Censos de aves invernantes, coa participación de 20 persoas.
  • Concurso de debuxo a nivel provincial: Calendario da Natureza 2015-2016. Participación final de trece  colexios e 251 participantes. Entrega de premios e diplomas e libros da SGHN para a biblioteca escolar.
  • Realización dun curselo de ornitoloxía enfocado ós censos de aves invernantes en dúas xornadas durante o mes de decembro.
  • Diversas xuntanzas por mor da construcción da nova autovía A-57 Pontevedra-Ponteareas.
  • Apoio público á manifestación organizada pola APDR en contra da permanenza da Celulosa de Pontevedra.