logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

pontevedra@sghn.org

line decor
INICIO  
line decor
 
 
 
 


  

Resume Actividades Delegación Pontevedra ano 2014

Cadro resumo dos distintos tipos de cartas e escritos presentados en 2014.

 

RESUME CORRESPONDENCIA

 

Correspondencia ordinaria

 

Escritos á Admón.

 

Denuncias a Xulgados

 

Notas de Prensa

 

Outros

 

TOTAL

 

8

 

13

 

0

 

0

 

4+889 correos electrónicos

 

911

 

RESUME ACTUACIÓNS

 

Conferencias
/Charlas

 

nº asistentes

 

Excursións/saídas monitorizadas

 

nº asistentes

 

Visitantes Museo

 

Horas investidas

 

 

 

6

 

113

 

 

Informe de Situación

Os núcleos sobre os que se asentaron as actividades durante o ano 2014 foron o seguimento de varias actuacións sobre os LICs do Río Tea e Gándaras de Budiño, que volven evidenciar a incapacidade dalgúns sectores da Administración Pública para cumprir e facer cumprir a normativa legal en vigor.
Un dos exemplos é a fragmentación en dous dun proxecto de pista peonil no río Tea, feito por Augas de Galicia, organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, o órgano competente en vixiancia ambiental. Isto é un incumprimento do Real Decreto Lexislativo 1/2008, sobre avaliación do impacto ambiental (Real Decreto Lexislativo 1/2008) por non considerar os efectos acumulativos de varios proxectos.
Internamente incrementouse a participación de varios socios, o que proporcionou un incremento do dinamismo a través das actuacións en Gándas de Budiño, facebook e o calendario das estacións. Este dinamismo permitiu proxectar alén dos círculos habituais a presenza da SGHN, aínda que isto non tivo reflexo no número de asociados, que prácticamente mantense constante entre altas e baixas.

ESPACIOS LIC

LIC ES1140006 Río Tea. Realizouse o seguimento, vía denuncia ó Valedor do Pobo pola falta de resposta da Consellería de Medio Ambiente e Infraestruturas ante a solicitude do importe do orzamento e grao de colaboración con Concello de Ponteareas pola construción dun paseo fluvial no LIC Río Tea, con destrución de ripisilva. Tamén solicitouse o amparo ó Valedor do Pobo pola non contestación da Consellería de Cultura a nosa denuncia de alteración da zona de Castro da Croa de Ribadetea (Ponteareas).
LIC ES1140011 Gándaras de Budiño. Presentáronse catros escritos, en colaboración con Verdegaia e Asociación Herpetológica Española (AHE) por diversos temas. Débese destacar a implicación e empurre do socio Julio Valeiras Mota neste tema.
O primeiro foi solicitando a eliminación de Fallopia japonica, un perigoso vexetal incluído entre os 100 organismos invasores máis agresivos, pola súa capacidade de enraizamentos, resistencia á erradicación e danos ás infraestruturas civís. Informouse á Consellería de Medio Ambiente da localizacións exacta de varios núcleos na zona, para un tratamento temperá de control.
Recheo Hierros Arteta no LIC. Na parcela 105-A do Polígono das Gándaras, están localizadas dependencias da empresa Hierros Arteta. Na parte traseira desta parcela, limitando co LIC, obsérvase a destrución do bosque de ribeira por recheo de terras, cun muro de contención e parte das instalacións invadindo a superficie incluída na Rede Natura. Sobre esta infracción, existe sentencia administrativa que obriga á retirada do recheo de dentro do espazo natural. Solicitouse á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas que investigue e adopte as medidas administrativas oportunas para restituír a legalidade e se obrigue á reparación dos danos.
Recheo barreira do Cerquido, unha antiga explotación mineira (nº1297), onde se observara sapoconcho europeo (Emys orbicularis),  reñosa (Achondrostoma arcasii) e espiñento (Gasterosteus aculeatus), especie catalogada como “vulnerable” no C.G.E.A., así diversas especies de anfibios.
Na zona distribúense diversas especies de anfibios: limpafontes verde (Triturus marmoratus), limpafontes común (Lissotriton boscai), sapiño pinto (Discoglossus galganoi), ra patilonga (Rana iberica) catalogada como “vulnerable” no C.G.E.A., estroza (Hyla arborea), ra verde (Pelophylax perezi), sapo curriqueiro (Bufo calamita). Durante o recheo un membro de SGHN, xunto coa gardería da Xunta retirou e transcolocou diversas especies das citadas noutras áreas. Solicitouse á Consellería de dos motivos polos que non se seguiron as condicións determinadas no plan da obra, en especial no relativo á desecación completa do vaso da barreira e a retirada “in vivo” da fauna acuática e liberación en zona adecuada do L.I.C.
Obras efectuadas por TRAGSA dentro do “Proxecto de Restauración LIC Gándaras de Budiño”. Fíxose unhas solicitude de seguemento técnico das obras e retirada da pista de terra construída dentro do vaso da Lagoa de Orbenlle. A construción desta pista implicou arrincar unha parte importante de vexetación arbórea anexa e destruíse o carrizal perimetral da Lagoa de Orbenlle. Para a construción da pista empregáronse diversos materiais e observáronse áridos identificados como lodos de canteira. Actualmente a pista permite un acceso innecesario, incrementando as molestias á fauna, tanto herpetolóxica como á avifauna. Facilita o acceso de cánidos, gatos, visón americano e outros depredadores, así flora exótica. Estes dous factores reducen gravemente a zona de descanso e reprodución da avifauna residente e invernal do espazo natural: aves acuáticas de varias especies e paseriformes como a escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus) que ten un Plan de Recuperación en Galicia. Tamén afecta ó sapoconcho europeo (Emys orbicularis) observado na zona. Solicitouse a valoración da permanencia desta pista resultado das obras efectuadas por TRAGSA dentro do “Proxecto de Restauración LIC Gándaras de Budiño” polo grave impacto que causará na conservación do LIC. Igualmente solicitouse á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas os motivos polos que non se cumpriu o proxecto inicial dun dragado controlado na zona e retirada íntegra dos diques, para contrarrestar o proceso de colmatación que sofre a lagoa, tal como se especifica no “Convenio de Colaboración entre el Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente y la Comunidad Autónoma de Galicia relativo a Actuaciones de Conservación en la Red NATURA 2000” e no “Proxecto de Restauración LIC Gándaras de Budiño” cun investimento de 1.309.513.00 € cofinanciado nun 70% por fondos FEDER da UE. A resposta recibida da Consellería é que avalían a retirada da pista, isto quere dicir que a parte da alteración innecesaria da zona, enviáronse ó lixo 1.309.513.00 €.

INFRAESTRUTURAS

No mes de abril presentáronse ó Ministerio de Fomento diversas alegacións ó proxecto de construción dun tramo da Autovía A-57, aportando como alternativa principal a liberación da AP-9.
SGHN ven presentando dende 2003 diversos escritos sobre esta autovía, debido a que o Ministerio presenta a construción desta autovía por tramos, con procedementos de avaliación ambiental independentes. O tramos elixido nesta ocasión afectará directamente alúmenos a tres ríos de volume considerable (Ponte Nova, Oitavén e Alvedosa), e numerosos ríos de menor tamaño. Isto inclúe a afección a varias comunidades de Chioglossa lusitanica (Salmandridae, Amphibia) especie recollida no Atlas e Libro Vermello dos Anfibios e Réptiles e clasificada como Vulnerable (VU A2c). Outro elemento ambiental potencialmente afectado é o LIC San Simón (ES1140016), por alteración das augas que desembocan nesta zona, ben por contaminación, alteración do réxime hídrico entre outros. A zona obxecto do estudo presenta unha elevada poboación de xabarís (Sus scrofa) así como outros mamíferos silvestres de gran tamaño como lobo (Canis lupus) e ponei galego (Equus ferus atlanticus), que contribúen ós riscos na circulación viaria se non existen axeitados pasos para a fauna.
Neste punto enviouse en setembro un escrito a tódolos partidos e coalicións con representación no parlamento galego contestando unicamente o BNG.

OUTROS ESPACIOS

Presentáronse tres escritos diante da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas solicitando a modificación do tendido eléctrico proxectado sobre a Fraga de Catasós (Lalín). Dentro destes escritos tamén informouse dun estudo da propia Consellería onde se propuña á Fraga de Catasós como reservorio xenético da poboación sur autóctona do castiñeiro (Castanea sativa).

XEIRAS NATURALISTAS


27/04/14 Cobas (Ourense) 17 persoas.
01/06/14 Gándaras de Budiño. Roteiro ecolóxico polos ecosistemas do LIC, conxuntamente con AHE e Verdegaia. 32 persoas
27/7/14 Gándaras de Budiño. Testing Biodiversidade conxuntamente con Biodiversidade Virtual, AHE e Verdegaia. 11 persoas
24/08/14 Fragas do Eume (A Coruña). 26 persoas
29/11/14 Gándaras de Budiño. Conxuntamente Grupo Micolóxico Galego (GMG) para recompilación datos micolóxicos da zona. 23 persoas
13/12/14 Faro de Budiño. Conxuntamente Asoc. Veciños de San Xurxo (Salceda de Caselas), Asociación treze Catorze, Asociación de Veciños de Picoña, Traídas de augas do entorno e a AHE. Visita ó Faro de Budiño nun routeiro que pasa pola canteira "Pereiriñas" onde se realizaron verquidos tóxicos, dentro da súa campaña de información e recollida de apoios. 21 persoas.

OUTROS

Solicitouse ó Ministerio de Fomento a relación de investimentos económicos realizados na praia de Silgar (Sanxenxo) para cubrir as continuas perdas de area. Recibimos contestación que dende o ano 2002 gastou o Ministerio 3.016.644 €. Reactivación do facebook de SGHN Pontevedra grazas á colaboración do socio José Rodrigo Dapena, chegando a final de ano 2014 con 475 contactos. Renovación da Directiva Local. Atención a consultar ambientais de socios e non socios (4). Censos de aves inventes, coa participación de 13 persoas. Concurso de debuxo a nivel provincial: Calendario da Natureza 2014-2015. Participación final de oito colexios e noventa e nove participantes. Entrega de premios e diplomas e libros da SGHN para a biblioteca escolar.