logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

pontevedra@sghn.org

line decor
INICIO  
line decor
 
 
 
 


  

Resume Actividades Delegación Pontevedra ano 2012

Cadro resumo dos distintos tipos de cartas e escritos presentados en 2012.

 

RESUME CORRESPONDENCIA

 

Correspondencia ordinaria

 

Escritos á Admón.

 

Denuncias

 

Notas de Prensa

 

Outros

 

TOTAL

 

Correos electrónicos

 

16

 

20

 

0

 

2

 

2

 

548

 

508


Informe de Situación

O ano 2012 careceu de situacións destacables, mantendo a tónica de ralentización da obra pública e privada, aínda que foron presentados varios proxectos altamente lesivos e caros para o medio ambiente, como diversos parques eólicos, un costoso e inútil camiño no río Umia cun custe de varios millóns de euros e outro en Ponteareas coa mesma idea lesiva ambientalmente, namentras queda descuidada a conservación ambiental seria e estrutural: biodiverisadade, auga, montes, etc.
Internamente (SGHN-Pontevedra) mantivo un nivel de actividade similar a outros anos, con varias salvedades, o cambio de directivas, a non realización da campaña de nadal para protección de especies vexetais, despois de case vinte anos, e positivamente o labor desenvolvido por un grupo de socios e simpatizantes en Nigrán para conservar un niño de píllara das dunas, conseguindo que voase un polo contra todo pronóstico. Un labor meritorio e de grande esforzo persoal, que merece ser recoñecido

Resumo de actividades 2012

Xeiras naturalistas
Comunicouse vía e-mail a realización de tres xeiras aínda que se fixeron máis que se informaron directamente ós socios que habitualmente acuden a elas.

Complexo Intermareal Umia-Ogrove

  • Escrito alegación canlenización gaseoducto polo istmo da Lanzada.
  • Alegacións nova canle captación auga dunha depuradora na zona do Facho (Cambados).
  • Alegacións senda fluvial río Umia. Queixa formal por denegación de información por parte da Xefatura de Costas de Pontevedra.

Infraestruturas e Biodiversidade

  • Adhesión denuncia UE a favor garranos.
  • Alegacións Salto de Eiras II, para salvagarda de poboación de morcegos.
  • Alegacións recuperación canteira Porriño.
  • Alegacións Vía rápida Morrazo.
  • Recopilación de datos de especies invasoras.
  • Campaña vixiancia protección niño Píllara das Dunas (socios área de Vigo en colaboración co particulares e CEMMA).