logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

pontevedra@sghn.org

line decor
INICIO  
line decor
 
 
 
 


  

Resume Actividades Delegación Pontevedra ano 2011

Cadro resumo dos distintos tipos de cartas e escritos presentados en 2011.

 

RESUME CORRESPONDENCIA

 

Correspondencia ordinaria

 

Escritos á Admón.

 

Denuncias

 

Notas de Prensa

 

Outros

 

TOTAL

 

Correos electrónicos

 

10

 

84

 

0

 

4

 

4

 

102

 

457

Informe de Situación

O ano 2011 estivo marcado por unha ralentización ou paralización da obra pública incluida o Plan E que no 2010 provocara varias disfuncións. Se ben medioambientamlente foi positiva esta frenada, a situación económica e social é aproveitada para sementar a idea de que calquera actuación que poida xerar emprego é imprescindible e a oposición á mesma é de privilexiados contrarios ó desenvolvemento e ó traballo.
Neste eido encádrase o proxecto de construcción dun campo de golf en terreso públicos e asemade zona LIC e ZEPA, tal é o Istmo da Lanzada.
Outro exemplo foi a declaración de ilegalidade do Polígono Industrial de Barro, xa coas obras de acondicionamento rematadas, o que testemuña o doble rasero da administración respecto ós seus actos e ós dos cidadáns a pé, nun claro nepotismo ó que é indiferente unha boa parte da poboación e sociedade civil.
Internamente (SGHN-Pontevedra) mantivo a mesma tónica, cun pequeno repunte a través de alegacións a diversos proxectos e colaborando con actuacións da Xeral (Paspallás, revisión proxectos Xunta, xestión diaria.

Resumo de actividades 2011

XEIRAS NATURALISTAS
Comunicouse vía e-mail a realización de tres xeiras aínda que se fixeron máis que se informaron directamente ós socios que habitualmente acuden a elas.

Complexo Intermareal Umia-Ogrove
- Escritos á Deputación, Xunta e Concello do Grove solicitando a renuncia a colaborar no proxecto de construcción dun campo de Golf no istmo da Lanzada.
- Últimas xestións coa denuncia diante da UE por uso inaxeitado de fondos FEOGA para a destrucción do hábitat do sapiño de esporóns en Ardia. Foi rexeitada.

Infraestruturas e Obras
- Alegacións á autovía A-59 (Pontevedra-Porriño).
- Alegacións canteira en Lalín.
- Plan Sectorización solo rústico A Trigueriza (Lalín)
- Depósitos hidrocarburos en Ferrazo (Vilagarcía)
- Modificación puntual PXOM Pontevedra

Biodiversidade
- Sendos escritos á Consellería de Medio Rural e Medio Ambiente para evitar obras nunha colonia de morcegos.
- Alegacións ó Parque Eólico no Acibal, que afectaría a dúas fragas e unha braña.
- Alegación ó proxecto de decreto sobre os Cabalos en Galicia. 

 OUTROS
- Censos de aves invernantes en base ó proxecto desenvolvido por Wetlands International.
- Poda Arborado Urbán.
- Verquido río Santa Mariña- O Con
- Participación nos censos de Anfibios, Réptiles e Insectos.
- Campaña de Protección vexetal no nadal.
- Apoio á APDR a favor da mellora ambiental da ría de Pontevedra e o cambio de ubicación de Celulosas.