logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

pontevedra@sghn.org

line decor
INICIO  
line decor
 
 
 
 


  

Resume Actividades Delegación Pontevedra ano 2010

Cadro resumo dos distintos tipos de cartas e escritos presentados en 2010.

 

RESUME CORRESPONDENCIA

 

Correspondencia ordinaria

 

Escritos á Admón.

 

Denuncias

 

Notas de Prensa

 

Outros

 

TOTAL

 

7

 

76

 

1

 

0

 

0

 

87

Informe de Situación

Durante o ano 2010 mantivo a tónica de anos anteriores, as obras do tren de alta velocidade e proxectos de autovías seguen o seu curso, con esporádicas aparicións nos medios de comunicación. A única novidade son os múltiples investimentos do Plan E, que nalgúns son altamente negativos, cando non despilfarradores. Coa idea de fomentar o emprego, erra na concepción e adícanse a diversas obras de segundo nivel, perdendo a posibilidade de enfocalos a mellorar a recollida de fecais, limpezas de entullo nas praias e montes, etc, que tamén aportan postos de traballo e atenderían necesidades primarias da poboación. As obras realizadas en Vigo arrincaron perto de 200 árbores, incluídos un tilo bicentenario, ou as obras no Parque de Compostela (Vilagarcía) afectan ás raizames do arborado. Tamén sería xusto recoñecer que outros concellos si enfocaron parte do plan á separación das redes de pluviais con fecais.
Facendo unha análise somera dos comportamentos sociais, cabe destacar a falla de estatura dos estamentos políticos e da sociedade en xeral, que salvo as excepcións habituais,  manteñen discursos enfocados a dicir o que outros queren oír.
Internamente (SGHN-Pontevedra) unha boa parte da actividade foi derivada en actividades da Xeral (Paspallás, revisión proxectos Xunta, xestión diaria...), mantendo en conxunto un nivel medio e pospondo a Asemblea anual por diversas razóns, entre elas a falla dun local axeitado, apesares de diversas xestións, tema que será arranxado durante o primeiro semestre de 2011.

Resumo de actividades 2010

XEIRAS NATURALISTAS
Continuáronse as xeiras naturalistas por varias zonas da Provincia e de Galicia, co dobre obxectivo naturalista e recoller datos sobre o estado e flora e fauna asociada. Comunicouse vía e-mail a realización de dúas xeiras aínda que se fixeron máis que se informaron directamente ós socios que habitualmente acoden a elas.
HUMEDAIS
-Denuncia diante a UE por destrución de hábitats protexidos en LIC (Umia-O Grove) e escrito á Consellería Medio Rural para que non aporten máis cartos para obras nunha antiga canteira  onde crían varias especies de anfibios e que foi destruída con fondos da UE.
OUTROS
- Censos de aves invernantes en base ó proxecto desenvolvido por Wetlands International.
- Participación nos censos de Anfibios, Réptiles e Insectos.
- Apoio á APDR a favor da mellora ambiental da ría de Pontevedra e o cambio de ubicación de Celulosas.
- Solicitude ó Ministerio de Medio Ambiente que non faga aportacións económicas para a praia de Silgar (Sanxenxo). Pediuse que informen de canto teñen investido.
- Alegacións a dúas canteiras (Cotobade e Rodeiro) e modificación liña Alta Tensión en Ponte Caldelas-Pazos de Borbén.