logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

pontevedra@sghn.org

line decor
INICIO  
line decor
 
 
 
 


  

Resume Actividades Delegación ano 2009

Informe de Situación

Durante o ano 2.009 non houbo cambios siñificativos na situación situación ambiental da Provincia, o cal implica unha situación negativa por canto as obras civís seguiron rillando o territorio (AVE, p. ex.) ou os intentos de legalizar situacións de facto (Depósitos do Ferrazo en Vilagarcía de Arousa). Detéctase unha apatía social xeralizada á cal non son alleas as entidades ambientais nin tampouco é unha situación nova.
A situación económica xeral está a ralentizar os proxectos de grandes infraestructuras (Autovías, ampliación autoestrada AP-9), pero isto non implica unha mellor xestión dos recursos económicos e ambientais. A sentencia declarando ilegais os recheos no porto de Marín-Pontevedra evidencian que a propia administación é a primeira en inclumplir as normas que lexisla, ocasionado un exemplo negativo á cidadanía.

Resumo de actividades 2009
XEIRAS NATURALISTAS

Continuaronse as xeiras naturalistas por varias zonas da Provincia e de Galicia, co doble obxectivo naturalista e recoller datos sobre o estado e flora e fauna asociada. Comunicouse vía e-mail a realización de dúas xeiras aínda que se fixeron máis que se informaron directamente ós socios que habitualmente acuden a elas.


OUTROS

- Censos de aves invernantes en base ó proxecto desenvolvido por Wetlands International..
- Participación nos censos de Anfibios, Réptiles e Insectos.
- Apoio á APDR a favor da mellora ambiental da río de Pontevedra e o cambio de ubicación de Celulosas.
- Alegacións á ampliación do parque empresarial do Pousadoiro e ó estudio de impacto ambiental no peirao do Ferrazo, ambolosdous en Vilagarcía de Arousa.