logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

pontevedra@sghn.org

line decor
INICIO  
line decor
 
 
 
 


  

Resume Actividades Delegación ano 2007

Informe de Situación

Ambientalmente o feito máis relevante foi a evolución da vaga de incencios forestais do ano 2006, coa perda de solo por arrastre pola chuvia, sen que se evidenciaran medidas efectivas por parte da administración, que publicamente enfocouse a unha repoboación, sen atender ó sustrato. Despois do accidente de Brenntag no río Umia (Caldas de Reis), non se evidenciaron medidas de recuperación do río, a efecto dos destrozos na ripisilva, nen no control de vertidos fecais varios.

A situación ambiental segue sendo preocupante no tocante ás obras civís, sen reflexionar sobre a necesidades reais de poboación (por exemplo AVE versus trens de cercanías) ou obras directamente destructivas, para calmar reindicacións mal plantexadas, como as "actuacións sobre ríos" consistentes no arrancado das ripisilvas e amurallado das ribeiras..

No tocante a SGHN-Pontevedra, é necesario replantexar o xeito de abordar os temas, dada a limitación dos recursos humanos e a posibilidade de adicar un tempo do que non se dispón.

Resumo de actividades 2007

HUMEDAIS

Río Oitabén.

Presentáronse sendos escritos por amurallamento do río e destruccións dun tramo de ripisilva para convertir un illote do río nunha illa amurallada nunha área recreativa. Ningunha das partes da administración requeridas para que deran explicacións o fixeron, polo que se lles insistirá para que emitar unha resposta.

XEIRAS NATURALISTAS

Continuaronse as xeiras naturalistas por varias zonas da Provincia, co doble obxectivo naturalista e recoller datos sobre o estado e flora e fauna asociada. Comunicouse vía e-mail a realización de dúas xeiras aínda que se fixeron máis que se informaron directamente ós socios que habitualmente acuden a elas.

ESPACIOS NATURAIS

Continuouse coas denuncias polas agresións nas bra as de Xestoso (LIC ES1140008), recibindo contestación ás mesmas. Pendente de facer seguimento para comporobar se se restaurou a braña drenada.

Presentación de escritos e acción directa simbólica para tratar de parar a destrucción dun dos reductos máis importantes de Galicia de reproducción do sapi o de esporóns (Pelobates cultripes). Recuperáronse 2.467 xuvenís que foron deitados noutras charcas coa presenza confirmada desta especie. As obras paráronse por uns días, pero logo continuaron ata destruir completamente a zona, presumiblemente con fondos da administración.

OUTROS

- Envío dun escrito común a tódolos concellos da provincia, solicitando unha serie de medidas protectoras respecto ó acibo (Ilex aquifolium) e xilbardeira (Ruscus aquleatus), así como propondo outras medidas para recuperación de arborado do nadal.

- Censos de aves invernantes en base ó proxecto desenvolvido por Wetlands International..

- Participación nos censos de Anfibios, Réptiles e Insectos.

- Apoio ó CES na súa campa a en contra do tiro ó pombi o na Illa da Toxa (O Grobe).

- Apoio á APDR a favor da mellora ambiental da río de Pontevedra e o cambio de ubicación de Celulosas.